Reino de Nápoles

O Reino de Nápoles foi un reino que ocupou os territorios da Italia meridional (Nápoles) e durante algúns períodos tamén a illa de Sicilia. En 1442 Afonso V, rei de Aragón, conquistou Nápoles que foi un dominio da dinastía Anxevina dende o ano 1266. Dende o século XV, Nápoles estivo en poder tanto de Aragón, Francia (durante un curto prazo), España e Austria e finalmente independente dende 1734 ata 1860, ano no que quedou incorporado ao proceso de unificación de Italia. Respecto de Sicilia foi un dominio da dinastía normanda de Hauteville desde o ano 1071, pasou a ser dominio dos Hohenstaufen en 1194, da dinastía Anxevina en 1266 e dominio aragonés dende 1282.

Este artigo é parte da serie:

Historia de Italia

LocationItaly
Por período histórico
(Terramaras · Villanovanos)
  • Italia prerromana (ata o século -VIII)
(Italos ·Latinos · Etruscos · Gregos · Galos)
(Monarquía · República · Imperio)
Guerras italianas (1494—1559)
Por tema
  • Categoría:Historia de Italia
  • Antigos estados

Historia

Artigo principal: Reino de Sicilia.

Afonso V, Rei de Aragón conquistou en 1443 o Reino de Nápoles controlado ata entón pola Dinastía Anxevina. A Afonso V sucedeuno o seu fillo Fernando I quen sería tan só Rei de Sicilia. Este reino continuou en mans dos seus descendentes ata que, en 1504, Fernando o Católico (Rei de Aragón, de Sicilia e de Castela), reintegrou o Reino de Nápoles á Coroa de Aragón. Logo integráronse os territorios á recentemente nada España.

Dende 1504 ata 1713 o Reino de Nápoles é parte do Reino de España. Á morte de Fernando o Católico, o seu neto Carlos herdou o trono, comezando así a Casa de Austria. A Carlos sucedéronlle os seus herdeiros aínda que cabe sinalar que os Reinos de Nápoles e Sicilia foron gobernados directamente por Vicerreis de nomeamento real.

Ao morrer Carlos II sen herdeiros, nomeou como o seu sucesor a Filipe de Borbón, neto de Luís XIV de Francia. A candidatura ao trono do arquiduque Carlos de Austria era apoiada por Inglaterra, Austria e as Provincias Unidas, que temían a unión de Francia e España, e, polos territorios da Coroa de Aragón, que temían o centralismo borbónico. Esta situación desencadeou a Guerra de Sucesión española (1700-1713). A contenda rematou coa Paz de Utrecht, pola que Filipe convertíase en Rei de España, mais tódalas posesións europeas cedíanse aos aliados. O Reino de Nápoles cedeuse a Austria e foi gobernado polo arquiduque Carlos, entón xa convertido en Carlos VI do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Os Borbóns nas Dúas Sicilias

Artigo principal: Reino das Dúas Sicilias.

En 1734, Carlos de Borbón, por entón Duque de Toscana e fillo de Filipe V de España, logo de vencer aos austríacos, apoderouse de Nápoles coa axuda española, recuperando o territorio para os Borbóns e sendo recoñecido moi pronto por Francia (en virtude do Primeiro Pacto de Familia). En 1737 recoñecérono tamén os Estados Pontificios e, a continuación, o resto dos Estados italianos.

Carlos VII de Borbón e a súa dona María Amalia de Saxonia foron moi queridos polos seus súbditos e eles traballaron para gañarse ese agarimo, ao pouco tempo de ser o Rei trouxo reformas e a modernidade ao seu novo país, logrando axiña a unidade do pobo e o favoritismo deste para o seu Rei. Tanto el como os seus descendentes lograron gobernar, reformar e modernizar ao novo estado e ademais lograron o que moi poucos gobernantes puideron que é o amor dos suxeitos que ningunha outra dinastía tivo no curso dos séculos (se non de xeito menor), e que se manifestou abertamente durante os anos da invasión napoleónica e durante os seguintes á caída do Reino en mans dos Savoia, para lograr a unificación de Italia. En 1816, o fillo e sucesor no trono napolitano de Carlos VII (III de España), Fernando IV cambiou a denominación do Reino, Nápoles-Sicilia, por Dúas-Sicilias.

Finalmente Francisco II, tras perder o apoio do pobo e sufrir varias derrotas a mans dos Camisas Vermellas de Garibaldi vese forzado a capitular e entregar os seus territorios a Víctor Manuel II de Piemonte-Sardeña en 1860, que nun futuro pasará a ser o novo rei dunha Italia unificada. Con esta conquista, o Reino das Dúas Sicilias deixa de existir como estado independente.

Véxase tamén

29 de agosto

O 29 de agosto é o 241º día do ano do calendario gregoriano e o 240º nos anos bisestos. Quedan 124 días para finalizar o ano.

Afonso V de Aragón

Afonso V de Aragón, nado en Medina del Campo (Coroa de Castela) en 1396 e finado no Castel dell'Ovo (Reino de Nápoles) o 27 de xuño de 1458, chamado o Magnánimo e o Sabio, foi, entre 1416 e 1458, rei de Aragón, de Valencia (Afonso III), de Mallorca (Afonso I), de Sicilia (Afonso I), de Sardeña (Afonso II) e conde de Barcelona, Rosellón, Cerdaña e Urgell, e entre 1442 e 1458, rei de Nápoles (Afonso I).

Bieito XIII, papa

Bieito XIII, nado co nome de Pietro Francesco Orsini en Gravina (reino de Nápoles) en 1649 e finado en Roma o 21 de febreiro de 1730, foi Papa da Igrexa católica entre 1724 e 1730.

Non debe confundirse co antipapa Bieito XIII (o famoso "Papa Luna") que reinou entre 1394 e 1423.

Carlos III de España

Carlos III (Carlos Sebastián de Borbón y Farnesio), nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1716 e finado o 14 de decembro de 1788, foi rei de Nápoles e Sicilia entre 1734 e 1759 e de España entre 1759 e 1788, pertencente á Casa de Borbón.

Era o terceiro fillo home de Felipe V, o primeiro que tivo coa súa segunda muller, Isabel de Farnesio, polo que foi o seu irmán paterno Fernando VI quen sucedeu ao seu pai no trono español. Carlos serviu á política familiar como unha peza na loita por recuperar a influencia española en Italia: herdou inicialmente da súa nai os ducados de Parma, Piacenza e Toscana (1731); pero máis tarde, ao conquistar Filipe V o Reino de Nápoles e Sicilia no curso da Guerra de Sucesión de Polonia (1733-1735), pasou a ser rei daqueles territorios co nome de Carlos VII. Contraeu matrimonio en 1729 con María Amalia de Saxonia, filla do Rei de Polonia.

Carlos IV de España

Carlos IV de Borbón, nado no Palacio Real de Portici (Reino de Nápoles) o 11 de novembro de 1748 e finado en Roma (Estados Pontificios) o 20 de xaneiro de 1819, foi rei de España desde o 14 de decembro de 1788 até o 19 de marzo de 1808 cando, como consecuencia do golpe de Estado que pasou á historia como o motín de Aranjuez, abdicou en favor do seu fillo Fernando, príncipe de Asturias.

Era fillo e sucesor de Carlos III e da súa esposa María Amalia de Saxonia.

Clemente VIII, antipapa

Clemente VIII, nado co nome de Gil Sánchez Muñoz y Carbón en Teruel entre 1369-1370 e falecido en Mallorca o 28 de decembro de 1446, foi un relixioso aragonés.

Coroa de Aragón

A Coroa de Aragón é un termo que adoita denominar á unión permanente de múltiples títulos e estados nas mans do Rei de Aragón. Os reinos compoñentes da Coroa nunca foron unidos politicamente excepto a nivel do rei. Polo tanto, a Coroa de Aragón non debería ser confundida co Reino de Aragón, sendo este mesmo un reino compoñente da Coroa de Aragón.

No cumio do esplendor da Coroa durante o Século XIV e XV, a Coroa de Aragón era unha talasocracia que controlaba unha boa parte do leste da Península Ibérica e o sueste de Francia, así como algunhas illas importantes e outros territorios continentais que se estendían a través do Mar Mediterráneo até Grecia.

En 1479, unha unión dinástica uniu a Coroa de Aragón coa Coroa de Castela, creando o que sería o Reino de España. Os títulos compoñentes da Coroa Aragonesa que herdaba o monarca español perduraron até 1716, cando foron suprimidos polos Decretos de Nueva Planta como unha consecuencia da derrota do pretendente preferido dos antigos gobernantes da Coroa de Aragón no curso da Guerra de Sucesión Española.

Fernando I das Dúas Sicilias

Fernando I de Borbón-Dúas Sicilias (bautizado como Fernando Antonio Pascual Juan Nepomuceno Serafín Jenaro Benedicto), nado Nápoles o 12 de xaneiro de 1751, e finado na mesma cidade o 4 de xaneiro de 1825, foi un infante de España que ocupou os tronos de Nápoles (como Fernando IV) en tres períodos de tiempo (1759-1799, 1799-1806 e 1815-1816), Sicilia (como Fernando III) (1759-1816) e das Dúas Sicilias, Estado formado polos dous anteriores en 1816, do que foi monarca, como Fernando I, até a súa morte en 1825.

Era o terceiro fillo de Carlos III de España e María Amalia de Saxonia. Cando seu pai herdou a coroa española (o seu medio irmán Fernando morrera sen descendencia), Fernando converteuse no herdeiro do reino napolitano do seu pai, pois os acordos internacionais impedían que se reuniran ambas as coroas. Ningún dos seus irmáns ou irmás o sobreviviron, sendo ademais o fillo de Carlos III que reinou por máis tempo, concretamente en Sicilia de forma ininterrompida durante 66 anos, entre 1759 e 1825.

Fernando foi nomeado á vez Fernando III de Sicilia e Fernando IV de Nápoles.

O 23 de xaneiro de 1799, o Reino de Nápoles foi declarado abolido para ser substituído pola República Napolitana ou República Partenopea, unha República irmá, satélite da Primeira República freancesa) que soamente duraría até o 13 de xuño de 1799. Fernando foi restaurado no trono por un curto espazo de tempo, porque o 30de marzo de 1806, o emperador Napoleón I de Francia declarou a Fernando deposto e nomeou rei ao seu irmán maior Xosé Bonaparte.

Fernando foi restaurado por terceira vez pola súa vitoria na batalla de Tolentino, o 3 de maio de 1815 sobre o monarca rival Xoaquín I, que sucedera a Xosé I cando este foi nomeado rei de España por Napoleón.

Despois da caída de Napoleón, e tras o Congreso de Viena, o 8 de decembro de 1816, Fernando, por acordo das potencias do Congreso, reuniu os tronos de Sicilia e Nápoles no Reino das Dúas Sicilias e continuiu rexendo como gobernante, como Frrnando I, até a súa morte o 4 de xaneiro de 1825.

Leonor de Anjou

Leonor de Anjou, tamén coñecida como Leonor de Nápoles e Leonor de Sicilia, nada en agosto de 1289 en Nápoles, Reino de Nápoles (Regnum Siciliae citra farum), e finada o 9 de agosto de 1341 en Nicolosi, preto de Catania, Reino de Trinacria (Regnum Siciliae ultra farum), foi unha princesa do Reino de Nápoles (R. s. citra farum) que foi consorte do rei Federico III de Sicilia (R. S. ultra farum).

Leonor de Sicilia

O nome de Leonor de Sicilia pode referirse a:

Leonor de Trinacria, princesa siciliana e raíña consorte da Coroa de Aragón (1349-1375);

Leonor de Anjou, tamén coñecida como Leonor de Nápoles, princesa do Reino de Nápoles, consorte do rei Federico III de Sicilia (1302-1337);

Leonor de Aragón e de Sicilia, princesa da Coroa de Aragón e raíña consorte do Reino de Castela (1379-1382).

Nápoles

Nápoles (Napoli en italiano e Napule en napolitano) é a cidade máis poboada do sur de Italia, capital da rexión de Campania e da provincia de Nápoles, situada a medio camiño entre o monte Vesuvio e outra área volcánica, os Campos Flégreos. A cidade de Nápoles administrativa ten pouco menos dun millón de habitantes, que, unidos aos da súa área metropolitana, chegan a 3,7 millóns. Os seus habitantes reciben o xentilicio de napolitanos. É o principal porto marítimo do sur Italia e esténdese por unha área de 243 km², cunha poboación de 984.242 (2005) habitantes (a meirande do sur e a terceira maior de Italia) e ten unha densidade de poboación de 8.457 hab/km².

Paulo IV, papa

Gian Pietro Carafa, (nado en Carpiglia Irpina o 28 de xuño de 1476 e falecido en Roma o 18 de agosto de 1559) foi Papa da Igrexa católica entre 1555 e 1559 co nome de Paulo IV.

Era membro dunha ilustre e influente familia napolitana, o que lle permitiu iniciar desde moi novo a súa carreira eclesiástica, na que sucedeu ó seu tío Oliverio Carafa como bispo de Chieti en 1504, para posteriormente ser designado arcebispo de Brindisi en 1518, destacando nestes cargos a súa actuación como embaixador do papa León X ante as cortes de España e Inglaterra.

En 1524, o entón papa Clemente VII autorizouno a renunciar ós seus privilexios e beneficios eclesiásticos para ingresar no "Oratorio do Amor Divino" de Roma, onde coñeceu a Gaetano de Thiene (San Caetano), co que fundou a orde de Clérigos Regulares, popularmente coñecida polos Teatinos.

En 1527, tralo Saqueo de Roma, a orde dos Teatinos foi trasladada a Venecia, pero Caraffa foi retido en Roma por Clemente VII, que lle encomendou a tarefa de participar nunha comisión de nove membros creada para a reforma da corte papal e que publicou o Consilium de emendanda Ecclesia (Ditame sobre a reforma da Igrexa).

En 1536 foi nomeado cardeal de título de San Pancracio polo papa Paulo III. Tamén foi nomeado arcebispo de Nápoles, e se lle encomendou a reorganización da Inquisición italiana, para o que creou a Congregación do Santo Oficio. En 1542 foi nomeado Inquisidor xeneral, cargo que ocupou ata a súa elección como papa.

Á morte de Marcelo II foi elixido para sucedelo, contra todo prognóstico, o xa octoxenario Gian Pietro Caraffa, que debido á súa idade estaba disposto a renunciar á tiara papal. Porén, a oposición á súa elección manifestada polo emperador e rei de España Carlos I fixo que, cedendo ó odio exacerbado que sentía cara España, que daquela gobernaba o Reino de Nápoles onde nacera, aceptou a elección.

Ó acceder ó solio pontificio, o xa dilatado concilio de Trento se encontraba paralizado, pero o recentemente elixido papa non fixo nada por reactivalo. No seu caso non por falta de tempo, como lle ocorrera ó seu antecesor Marcelo II que só gobernou a igrexa durante 22 días, senón porque o seu talante teocrático lle facía considerarse por riba dos emperadores, reis, prelados e demais dignidades deste mundo. El era o papa e ninguén ou nada estaba sobre el, e como tal se bastaba e sobraba para regulamentar a función da igrexa e a vida dos crentes. Non necesitaba Concilio algún, senón que el mesmo ditaba a verdade e o dogma, axudándose do Santo Oficio para evitar calquera tentación desviacionista.

Principado de Tarento

O Principado de Tarento foi un estado no sur de Italia creado en 1085 por Bohemundo I, o fillo maior de Robert Guiscard de Hauteville duque de Apulia, Calabria e Sicilia, como parte da paz entre el e o seu irmán menor, Roger Borsa despois dunha disputa sobre a sucesión ao Ducados de Apulia e Calabria.

Tarento converteuse na capital do principado, que cubría case todo o calcañar de Apulia. Durante os seguintes 377 anos de historia, ás veces era un feudo poderoso e practicamente independente do Reino de Sicilia (e despois do Reino de Nápoles), ás veces só era un título, dado a miúdo ao herdeiro da coroa ou ao esposo dunha raíña reinante. Cando a Casa de Anjou foi dividida, Tarento recaeu na casa de Durazzo (1394-1463).

Fernando I de Nápoles uniu o Principado de Tarento ao Reino de Nápoles á morte da súa esposa, Isabel de Tarento. O principado chegou ao seu fin, pero os reis de Nápoles continuaron dando o título de príncipe de Tarento aos seus fillos, primeiramente ao futuro Afonso II de Nápoles, o fillo maior de Isabel.

Reino de Nápoles e Sicilia

O Reino de Nápoles e Sicilia foi o nome oficial do Reino de Nápoles durante os anos en que estivo baixo o dominio de Napoleón, entre 1806 e 1815, baixo os gobernos de Xosé I Bonaparte (1806-1808) e Xoaquín I (1808-1815).

Tras a caída de Napoleón, en 1815 o Congreso de Viena devolveu estes territorios ao antigo rei Fernando IV de Borbón, que lle cambiou o nome ao reino polo de Reino das Dúas Sicilias, reinando co nome de Fernando I.

Reino de Sicilia

O Reino de Sicilia (en latín, Regnum Siciliae; en italiano, Regno di Sicilia) foi un estado que existiu desde o principio da Baixa Idade Media até o Congreso de Viena, despois da caída do emperador Napoleón Bonaparte.

A súa orixe remóntanse ao ano 1130, en que foi creado, para Roger II, polo antipapa Anacleto II, un reino que comprendía, ademais da illa de Sicilia, os territorios da península Itálica de Calabria, Puglia e Campania, onde se encontraba a cidade de Nápoles (que foi capital do reino durante vinte anos, entre 1266 e 1282).

Siracusa

Siracusa (/ˈsɪrəˌkjuːs, -ˌkjuːz/; italiano: Siracusa, siciliano: Sarausa/Seragusa; latín: Syrācūsae, grego antigo: Συράκουσαι, Syrakousai, grego medieval: Συρακοῦσαι) é unha cidade histórica na illa de Sicilia, é a capital da provincia italiana de Siracusa. A cidade é notable pola súa rica cultura grega, o anfiteatro, a arquitectura e como lugar de nacemento e morte do preeminente matemático, físico e enxeñeiro Arquímedes. Esta cidade de 2.700 anos de antigúidade desempeñou un papel fundamental nos tempos antigos, cando foi unha das grandes potencias do mundo Mediterráneo. Siracusa está situada no canto sueste da illa de Sicilia, ao lado do Golfo de Siracusa xunto ao Mar Xónico.

A cidade foi fundada polos antigos corintos gregos e teneos e converteuse nunha cidade estado moi poderosa. Siracusa aliouse con Esparta e Corinto e exerceu influencia sobre a totalidade de Magna Grecia, da que foi a cidade máis importante. Descrita por Cicero como "a maior cidade grega e a máis fermosa de todas", igualou a Atenas en tamaño durante o século V a. C. Máis tarde converteuse en parte da República Romana e do Imperio Bizantino. Co emperador Constante II foi a capital do Imperio Romano (663-669). Logo Palermo a superou en importancia, como capital do Reino de Sicilia. Eventualmente o reino uniríase co Reino de Nápoles para formar as Dúas Sicilias ata a unificación italiana de 1860.

O centro histórico da cidade está desde o ano 2005 na lista da UNESCO de Patrimonio da Humanidade xunto coa Necrópole de Pantalica. Na zona central, a propia cidade ten unha poboación de 121.318 habitantes (31-08-2018), sendo a cuarta cidade en número de habitantes de Sicilia. As festas locais celébranse o 13 de decembro en honor a Santa Lucía.

Xoana I de Nápoles

Xoana I de Nápoles, nada en Nápoles en 1326 e finada en 1382, foi raíña de Nápoles, condesa de Provenza e princesa de Acaia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.