Reino de Mallorca

O Reino de Mallorca foi un reino creado por Xaime I o Conquistador tras a súa conquista en 1231.

Reino de Mallorca en la Corona de Aragón
Mapa do reino na Coroa de Aragón.

Historia

En 1262 morreu Afonso, o primoxénito do rei (quen ía herdar Aragón e Valencia). Entón, Xaime redactou un novo testamento polo que outorgaba Mallorca ao seu fillo Xaime. Esta disposición constitúe a orixe do Reino privativo de Mallorca, estruturado de forma definitiva no testamento de 1272. Así, cando Xaime I faleceu en 1276, a Coroa de Aragón quedou para o fillo maior, Pedro (coñecido como Pedro o Grande), e o reino de Mallorca para o seguinte, Xaime, que reinaría co nome de Xaime II.

O reino comprendía as illas Baleares: Mallorca, Menorca (aínda baixo o poder dun soberano musulmán aínda que tributaria desde 1231), Eivissa e Formentera. O rei era así mesmo señor dos condados do Rosellón e a Cerdaña e os territorios que o Conquistador conservaba en Occitania (o señorío de Montpellier, o vizcondado de Carlades, en Auvernia, e a baronía de Omelades, contigua a Montpellier). En virtude da posesión destes dominios continentais, os reis de Mallorca serían vasalos dos de Aragón.

A herdanza de Xaime era escasa e débil pero significativa: un enclave mediterráneo estratéxico e uns territorios entre dous grandes reinos, a Francia dos Capetos e a Coroa de Aragón, os cales estaban tamén en constante loita. Consciente da fraxilidade do reino de Mallorca, Xaime I proxectou a conquista de Sardeña para unila ao novo reino. Igualmente entrou en negociacións para concertar o matrimonio do seu fillo Xaime con Beatriz de Savoia, filla do conde Amadeo de Savoia. Ningún dos plans tivo éxito.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aragón

Aragón (en aragonés e castelán: Aragón, en catalán: Aragó) é unha comunidade autónoma con estatuto de "nacionalidade histórica" situada no norte de España, resultante do reino histórico do mesmo nome, que abrangue o tramo central do val do Ebro, os Pireneos centrais e as Serras Ibéricas. Limita ao norte con Francia, ao oeste con Navarra, A Rioxa e Castela e León (provincia de Soria), ao sur con Castela-A Mancha (provincias de Guadalaxara e Cuenca) e a Comunidade Valenciana (provincias de Castelló e Valencia) e ao leste con Cataluña (provincias de Lleida e Tarragona).

O Reino de Aragón, canda o Condado de Barcelona, o Reino de Valencia e o Reino de Mallorca, formaron a histórica Coroa de Aragón; e foi un dos reinos que formaron o Reino de España. Dende 1978 é unha comunidade autónoma española, composta polas provincias de Huesca, Teruel e Zaragoza, e que se articulan en 32 comarcas e 1 delimitación comarcal. A capitalidade reside na cidade de Zaragoza, que concentra a metade da poboación da comunidade. O 23 de abril celébrase a festividade de San Xurxo, día de Aragón.

En Aragón fálanse variedades lingüísticas clasificadas dentro de tres idiomas: o castelán, única lingua oficial e maioritaria; o aragonés, lingua orixinal e histórica falada actualmente no norte da comunidade; e o catalán, falada na franxa oriental.

Casa de Aragón

A casa Real de Aragón foi a primeira dinastía que ostentou o título de reis de Aragón.

Ao longo dos seus cinco séculos de vixencia (desde o Século XI até o Século XVI) gobernaron vinte e un monarcas, mantendo, en liñas xenais, unha certa proxección mediterránea e unha política de acercamento a Francia e a outras grandes casas reais europeas.

Coroa de Aragón

A Coroa de Aragón é un termo que adoita denominar á unión permanente de múltiples títulos e estados nas mans do Rei de Aragón. Os reinos compoñentes da Coroa nunca foron unidos politicamente excepto a nivel do rei. Polo tanto, a Coroa de Aragón non debería ser confundida co Reino de Aragón, sendo este mesmo un reino compoñente da Coroa de Aragón.

No cumio do esplendor da Coroa durante o Século XIV e XV, a Coroa de Aragón era unha talasocracia que controlaba unha boa parte do leste da Península Ibérica e o sueste de Francia, así como algunhas illas importantes e outros territorios continentais que se estendían a través do Mar Mediterráneo até Grecia.

En 1479, unha unión dinástica uniu a Coroa de Aragón coa Coroa de Castela, creando o que sería o Reino de España. Os títulos compoñentes da Coroa Aragonesa que herdaba o monarca español perduraron até 1716, cando foron suprimidos polos Decretos de Nueva Planta como unha consecuencia da derrota do pretendente preferido dos antigos gobernantes da Coroa de Aragón no curso da Guerra de Sucesión Española.

Cruzada contra a coroa de Aragón

A cruzada contra a coroa de Aragón foi un conflito bélico que durou dende 1283 até 1285. A cruzada foi declarada polo papa Martiño IV contra Pedro o Grande, pola súa intervención nos asuntos sicilianos en contra da vontade papal. A maior parte do conflito desenvolveuse en terras catalás, malia que os primeiros episodios producíronse na fronteira navarro-aragonesa. En vinganza, a coroa de Aragón atacou Mallorca e Occitania.

Pedro o Grande tivo que loitar contra o exército cruzado que apoiaba a Filipe III de Francia, composto por tropas do Reino de Francia, o Reino de Mallorca e a República de Xénova, contando só coas tropas catalás e valencianas, e sen poder contar coa nobreza do Reino de Aragón que se abstivo de participar no conflito.

Eivisa

Eivisa ou Eivissa (en catalán e oficialmente: Eivissa, en castelán: Ibiza) é unha illa española situada no mar Mediterráneo e que forma parte da comunidade autónoma das Illas Baleares. É a segunda illa máis poboada do arquipélago tras Mallorca e a terceira en superficie, por detrás de Mallorca e Menorca.

A illa é coñecida a nivel internacional pola beleza das súas calas e praias e a calidade das súas augas. É coñecida tamén pola súa vida nocturna, as súas festas e discotecas, que atraen a numerosos turistas. Parte da súa superficie foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999 pola súa biodiversidade e cultura.

Filipe III de Francia

Filipe III de Francia, coñecido como Filipe o Atrevido, nado o 30 de abril de 1245 en Poissy, Illa de Francia, Reino de Francia, e finado o 5 de outubro de 1285 en Perpiñán, Rosellón, Reino de Mallorca, foi o Rei da Francia desde 1270 até a súa morte.

Era fillo do rei Luís IX (San Luís), que morreu durante a Oitava Cruzada na que Filipe o acompañaba.

Durante o seu reinado Filipe fixo varias adquisicións territoriais, principalmente o Condado de Tolosa, anexionado en 1271.

Despois das Vésperas Sicilianas iniciadas polo rei Pedro III de Aragón contra Carlos I de Sicilia, seu tío, liderou unha cruzada, sen éxito, para axudar Carlos.

Obrigado a retirarse, acabou morrendo en 1285, sendo sucedido polo seu fillo Filipe IV.

Foi enterrado inicialmente en Narbona, e despois na Basílica de Saint-Denis

Formentera

Formentera é unha illa mediterránea e concello español que forma parte das Illas Pitiusas, no arquipélago Balear. Cunha superficie de 77 km² é a illa habitada de menor extensión das Illas Baleares. Ocupa a posición máis meridional, separada da illa de Eivisa por un estreito paso de auga e de illotes chamado Es Freus, de 7 km de lonxitude.

Guillem Sagrera

Guillem Sagrera, nado en Felanitx cara a 1380 e finado en Nápoles en 1456, foi un arquitecto e escultor mallorquín dos períodos gótico e gótico internacional.

Illas Baleares

As Illas Baleares (en catalán e oficialmente: Illes Balears) son un arquipélago e unha comunidade autónoma española situada no Mar Mediterráneo, xunto á costa oriental da península Ibérica. A súa capital é Palma de Mallorca, e a lingua propia autóctona é o catalán. O seu principal recurso é o turismo, sobre todo procedente de Alemaña e do Reino Unido, quen o consideran coma destino de viaxes por excelencia.

O arquipélago está formado por dous grupos de illas e numerosos illotes:

As Gimnesias: Menorca, Mallorca e Cabrera e algúns illotes próximos.

As Pitiusas: Eivisa e Formentera e os distintos illotes que as rodean.Conta con importantes industrias de alfaias (as perlas de Majórica) e un parque nacional marítimo-terrestre en Cabrera.

Mallorca

Mallorca (do latín insula maior, posteriormente Maiorica "illa maior") é a illa maior do arquipélago balear, sendo este arquipélago a comunidade autónoma máis oriental de España, comunidade autónoma de carácter uniprovincial. Do mesmo xeito que Menorca e Eivissa, Mallorca é un destino turístico importante. Ten 3.625'75 km² e 790.763 habitantes (2006) (densidade: 218,09 hab./km²).

A capital da illa (e tamén da comunidade autónoma das Illas Baleares) é Palma ou como a coñecen os habitantes da "Part Forana" (a parte da illa que non é a capital): Ciutat. O arquipélago de Cabrera pertence administrativamente ao municipio de Palma.

Menorca

Menorca é a illa máis setentrional das Illas Baleares. Ten unha extensión de 701 km², situada no medio do Mediterráneo occidental, equidistante de África, a península itálica e a Península Ibérica.

Conta con 82.872 habitantes distribuídos nos oito concellos da illa. A capital é Maó. O seu nome provén de Minorica, que se debe a que é máis pequena que a illa de Mallorca.

Parlamento das Illas Baleares

O Parlamento das Illas Baleares (en catalán: Parlament de les Illes Balears) é, segundo o Estatuto de Autonomía, a representación do pobo de Baleares, ao que corresponde o exercicio do poder lexislativo, aproba os orzamentos, exerce o control do Goberno e elixe ao Presidente das Illas Baleares.

A súa sede atópase na rúa Conquistador de Palma de Mallorca, no edificio do antigo Círculo Mallorquín. A súa presidenta desde 2012 é Margalida Duran, do Partido Popular.

Perpiñán

Perpiñán (en francés: Perpignan; en catalán: Perpinyà) é unha cidade francesa. É a capital da Cataluña do Norte e da comarca do Rosellón. É tamén a capital do departamento dos Pireneos Orientais. A súa poboación alcanzaba 116.700 habitantes en 2004, e a área metropolitana superaba os 300.000 en 2007.

Príncipe de Asturias

Príncipe de Asturias é o principal dos títulos que ostenta o herdeiro da Coroa Española. Na actualidade é Leonor de Borbón. Regulados polo Real Decreto dende 1977 os títulos históricos dos herdeiros ao trono nos diferentes reinos hispanos son:

Príncipe de Asturias, como herdeiro do Reino de Castela e León con orixe en 1388;

Príncipe de Xirona, como herdeiro do Reino de Aragón con orixe en 1351;

Príncipe de Viana, como herdeiro do Reino de Navarra con orixe en 1423;

Duque de Montblanc, como herdeiro do Principado de Cataluña con orixe en 1387;

Conde de Cervera, como herdeiro do Reino de Valencia con orixe en 1351;

Señor de Balaguer, como herdeiro do Reino de Mallorca con orixe en 1413.Ademais por medio da fundación homónima, cuxa presidencia ostenta, entréganse anualmente os prestixiosos Premios Príncipe de Asturias nun solemne acto en Oviedo, capital do Principado de Asturias.

Ramon Llull

Ramon Llull (en latín Raimundus ou Raymundus Lullus), nado en Palma en 1235 e finado en 1315, foi un escritor, teólogo e filósofo mallorquín. Considérase o primeiro grande escritor en catalán, ademais tamén escribiu en árabe e latín.

Reis Católicos

Os Reis Católicos foi a denominación que recibiron os reis Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela, soberanos da Coroa de Castela (1474-1504) e da Coroa de Aragón (1479-1516).

Os Reis accederon ao trono de Castela trala Guerra de Sucesión Castelá (1475-1479) contra os partidarios da princesa Xoana a Beltranexa, filla do rei Henrique IV de Castela. En 1479 Fernando herdou o trono de Aragón ao morrer o seu pai, o rei Xoán II de Aragón. Isabel e Fernando reinaron xuntos ata a morte dela en 1504. Entón Fernando quedou unicamente como rei de Aragón, pasando Castela á súa filla Xoana, alcumada "a Tola", e ao seu marido Filipe de Austria, alcumado "o Fermoso", Arquiduque de Austria, duque de Borgoña e conde de Flandres. Con todo Fernando non renunciou a controlar Castela e, tras morrer Felipe en 1506 e ser declarada Xoana incapaz, conseguiu ser nomeado rexente do reino ata a súa morte en 1516.

A historiografía española considera o reinado dos Reis Católicos como a transición da Idade Media á Idade Moderna. Co seu enlace matrimonial uníronse provisionalmente, na dinastía dos Trastámara, dúas coroas: a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón dando nacemento ao Imperio Español e, apoiados polas cidades e a pequena nobreza, estableceron unha monarquía forte fronte ás apetencias de poder de eclesiásticos e nobres. Coa conquista do Reino de Granada, do Reino de Navarra, de Canarias, de Melilla e doutras prazas africanas conseguiron a unión territorial baixo unha soa coroa da totalidade dos territorios que hoxe forman España –exceptuando Ceuta e Olivenza que entón pertencían a Portugal–, que se caracterizou por ser persoal, xa que se mantiveron as soberanías, normas e institucións propias de cada reino e coroa.

Os Reis estableceron unha política exterior común marcada por enlácelos matrimoniais con varias familias reais de Europa que resultaron na hexemonía dos Habsburgo durante os séculos XVI e XVII.

Por outra banda, o descubrimento de América, en 1492, modificou profundamente a historia mundial.

Val de Arán

O Val de Arán (en aranés e oficialmente: Val d'Aran, en catalán: Vall d'Aran), ou simplemente Arán, é un pequeno val localizado no noroeste de Cataluña. Administrativamente é unha entidade territorial singular, considerada realidade nacional occitana, que ata 2015 foi unha comarca. A súa capital é Vielha e ten goberno autónomo, o Consello Xeral de Arán, en virtude da Lei 16/1990 sobre o réxime especial do Val de Arán, actualizada coa nova lei 1/2015.Limita ao norte co departamento francés da Alta Garona, ao suroeste coa provincia aragonesa de Huesca, ao sur coa comarca catalá da Alta Ribagorça e ao leste coa do Pallars Sobirà. Conta cunha poboación de 10.295 habitantes (2009).

Ten a súa lingua propia, o aranés, unha variedade occitana do grupo gascón, que é a lingua oficial xunto co catalán e o castelán. A súa festa nacional é o 17 de xuño.

Xaime I de Aragón

Xaime I de Aragón, o Conquistador, nado en Montpellier o 2 de febreiro de 1208 e finado en Valencia o 27 de xullo de 1276, foi rei de Aragón, de Valencia (1239-76) e de Mallorca (1229-1276), conde de Barcelona (1213-1276), señor de Montpellier (1219-1276) e doutros feudos en Occitania.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.