Reino de Lidia

Lidia (latín Lydia, grego Λυδία), o país dos lidios, foi un reino helenizado do oeste de Asia Menor. Foi mencionado por Homero como Meonia. A súa capital en todos o tempo foi Sardes. Falábase o lidio, que se perdeu no século -I.

Límites

Carte Lydie
Posición de Lidia en Asia Menor.

O reino de Lidia dominou a maior parte da Asia Menor agás Cilicia e Licia. Os límites do Reino de Lidia serían modificados baixo dominio persa, deixándoa reducida á parte occidental ata o río Licos (é dicir, incluía unha parte de Frixia) e co río Meandro como límite sur en dirección a Caria. É posíbel que as cidades carias de Aromata, Tralles, Nisa e Magnesia do Meandro fosen antes de Lidia. Estrabón menciona o río Meandro como límite entre Lidia e Caria.

Baixo dominio romano tiña ao norte a Misia ou Frixia Helespóntica da que estaba separada polo río Hermos e ao nordeste a Frixia, ás montañas Temnos; ao leste a Frixia; e ao sur a Caria co río Meandro e as montañas Messogis como límite. Polo oeste tiña ao mar Exeo, pero a Xonia, estritamente falando formaba un distrito diferenciado.

Montañas, ríos e lagos

As montañas principais do país serían:

  • as montañas Messogis.
  • o cordal de Tmolos.
  • as montañas Dracon e Olimpos co Monte Sipilos.

Os ríos máis importantes eran:

  • río Caistros.
  • río Hermos.
  • río Pactolos.

O lago máis importante era o Gygaea Lacus ao norte do Hermos. Había outros lagos próximos a Éfeso, se onde obtiña boa pesca.

Economía

As súas producións principais eran o viño, o azafrán e o ouro. A riqueza de Creso, lendaria, era supostamente debida ao ouro das areas do río Pactolos e das minas do Tmolos, pero comprobouse que ambas producían moi pouco ouro. As chairas do val do Hermos e do Caistros eran as partes máis fértiles, exceptuando o distrito empinado de Xonia. Estas chairas e vales levaban nomes característicos e os principais serían:

  • O val Cilbiana.
  • O val Caystriana.
  • O val Hircania.
  • E a chaira de Catacecaumene.

Historia

Pobos meonio e lidios

O primeiro que menciona aos lidios foi o poeta lírico Mimnermo, cuxa cidade natal, Colofón, foi sometida polo rei de Lidia. Herodoto di que o pobo se chamaba orixinalmente meonio, pero que adoptou o nome de lidios por Lidos, fillo de Atis. Pero outros autores pensan que meonios e lidios eran pobos diferentes, e que os primeiros estarían sometidos polos segundo. A distinción durou tempo e o territorio do alto Meandro era coñecido aínda no século -I como Meonia. Tolomeo xa fala de Meonia como parte de Lidia e sitúa aos maeonii (meonios) entre Filadelfia e Tralles. Os meonios serían nativos indoeuropeos.

Aos lidios asígnaselle unha orixe diferente dos meonios; a primeira dinastía lidia sería a heráclida, pero a orixe dos lidios non sería grega xa que eran diferentes en lingua e relixión, se ben adoptaron institucións parecidas ás dos gregos. Herodoto conecta a dinastía con Asiria. Os lidios, misios e carios terían unha orixe común e compartían algunhas características relixiosas e de linguaxe.

Dinastía mitolóxica

A historia de Lidia chegounos grazas aos escritos de Xanto de Sardes complementado coas informacións de Herodoto. Segundo iso, houbo unha dinastía primitiva de Meonia que iniciou Lido, fillo de Atis, da que non se dá o número de reis. Seguiu a dinastía mitolóxica xa co nome de Lidia establecida talvez co afundimento do Imperio Hitita, que comezou con Agrón e acabou con Candaules (chamado Mirsilos polos gregos). Herodoto relaciona a esta dinastía con Asiria e a fundación de Nínive, ben como dinastía sometida ben como descendente da familia real. Durou segundo a tradición máis de cinco séculos.

A última parte desta dinastía heracleida é coñecida como dinastía Sandónida ou Tolónida, rama da heracleida, pero mellor testemuñada de rebote polas fontes asirias, pero en parte aínda case lendaria, a partir do século -VIII, con Ardis I, Aliates I, Mirsos (Meles) e Candaules (Mirsilos), que durou case todo o século.

Mermnadas

Map of Lydia ancient times-es
Mapa do imperio lidio

A finais de século subiu ao poder unha nova dinastía, os Mermnadas, xa mellor documentada. A cabalería lidia era nesta época considerada a mellor do mundo. Segundo Xanto e Herodoto, esta dinastía subiu ao poder o -713 ou -716 (Eusebio sitúa o seu comezo sobre o -695 ou -690. O primeiro rei Xixes matou a Candaules e fíxose co poder. Xixes reinou ata entre o -682 ou -678 e conquistou Misia, a costa do Helesponto, e algunhas cidades gregas como Colofón ou Magnesia. Sucedeuno Ardis II, que reinou ata unha data entre o -633 e o -629 e continuou as conquistas de seu predecesor; conquistou Priene, pero as súas conquistas serían alteradas pola aparición dos cimerios, baixo o rei Treres; sucedeunoo rei Sadiates, do que nada se lembra, agás que reinou uns doce anos ata unha data entre o -621 e -617. O seu sucesor foi Aliates II (sobre -621/-617 a -564/-560), que logrou expulsar aos cimerios de Asia Menor e conquistou moitas cidades xónicas, chegando ao leste ata o río Halys, onde entrou en contacto cos medos, cuxo rei era Ciaxares de Media. Creso, o último rei (sobre -564/-560 ata o -546) estendeu as súas conquistas por toda a Asia Menor, agás Licia, onde foi rexeitado, e Cilicia, onde non chegou ou non puido conquistar. Gobernou seica con xustiza e moderación e as nacións sometidas non intentaron rebelarse.

Dominio persa

Os medos serían substituídos polos persas e só o río Halys separaba Persia de Lidia. Despois dunha batalla na que os persas obtiveron o triunfo, os persas entraron en Lidia e ocuparon todo o país; as cidades, tribos e pobos sometidos sometéronse ao rei de Persia (-546). Ciro II o grande prohibiu aos lidios utilizar armas e fixo que se dedicasen ao canto e a danza. O seu país foi considerado o centro vital de toda a Asia Menor persa. Lidia xunto con Misia e Meonia formou a satrapía II e contribuía ao tesouro persa con 500 talentos. Sardes, a capital real lidia, converteuse na capital do sátrapa persa, que tiña autoridade sobre outros sátrapas como o de Caria, o de Licia e o de Dascilios ou Frixia Helespóntica. O príncipe aqueménida Ciro o mozo era sátrapa de Lidia cando se sublevou con axuda dos dez mil mercenarios gregos.

Período helenístico

O -334 quedou sometida a Alexandre o grande. Asandro foi nomeado sátrapa, e o -331 seguiuno Menandro. Á morte de Alexandre conservou a satrapía, ata que o -321 foi doada a Clito. O -318 foi establecida como centro do dominio de Antígono o torto, que o -306 se proclamou rei. Derrotado e morto Antígono en Issos, o -301, pasou aos seléucidas despois dun intento de Aqueos de manterse independente. Os seléucidas conservárona ata o -189. O Tratado de Apamea cedeuna ao Reino de Pérgamo (-188). Foi parte principal do reino, e incorporouse a Roma cando o último rei legou os seus dominios ao Senado romano (-133).

Provincia romana

Baixo dominio romano formou o núcleo da provincia de Asia.

Neste tempo a lingua lidia perdérase ou estaba lista (Estrabón informa deste feito no século seguinte) e o grego era a lingua dominante.

Formou unha provincia separada en tempo de Diocleciano na súa reforma de 296, pero de dimensións reducidas, formada polo territorio próximo a Sardes.

Lista de reis

Reis mitolóxicos

Dinastía mítica heráclida

  • Heracles o heroe (Hércules)
  • Molono.
  • Cotis.
  • Atis.
  • Lido.
  • Aciasmo.
  • Ermono.
  • Alcimo.
  • Camblito.
  • Tmolo.
  • Teoclemeno.
  • Marsio.
  • Iardano.
  • Omfalo.
  • Filemeno.
  • Alceo.
  • Belo.
  • Nino.
  • Agrón.

Rama Sandónida ou Tolónida

  • Ardis I, sobre -800.
  • Aliates I.
  • Mirso (Meles).
  • Candaules, ata o -720.

Dinastía dos Mermnadas

Satrapía de Persia -546-333

Satrapía de Macedonia (-334-301) e do Imperio Seléucida (-301-189)

Bibliografía

Agrón

Agrón pode referirse a:

O agrón, unha planta crucífera.

Agrón, rei mitolóxico do reino de Lidia;Amais, como topónimo dá nome a:

Agrón, parroquia do concello de Ames;

Santalla de Agrón, parroquia do concello de Melide;

Agrón, concello da provincia de Granada;

Alpes Cotios (provincia romana)

Alpes Cottiae foi unha provincia romana do Imperio romano, unha das tres pequenas provincias que se atopan a carón dos Alpes, entre as actuais Francia e Italia. O seu nome sobrevive nos modernos Alpes cocios. Na antigüidade, a misión máis importante da provincia era a salvagarda das comunicacións sobre os pasos alpinos.

Alpes Cottiae estaba rodeada por Gallia Narbonensis cara ao oeste, Alpes Maritimae ao sur, Italia ao leste e Alpes Graiae cara ao norte. A capital provincial estaba en Segusio (moderna Susa en Piemonte).

Alpes Marítimos (provincia romana)

Alpes Maritimae foi unha provincia romana do Imperio romano. Foi unha das tres provincias situadas a carón dos Alpes entre a moderna Francia e Italia, xunto con Alpes Poeninae e Alpes Cottiae. A provincia incluía partes dos actuais departamentos franceses de Alpes-Maritimes, Alpes-de-Haute-Provence e Hautes-Alpes.

Alpes Peninos (provincia romana)

Alpes Poeninae, tamén coñecidos como Alpes Graiae, foi unha pequena provincia alpina do Imperio romano, unha das tres provincias dos Alpes occidentais entre Italia e Galia. Comprendía a rexión do Val d'Aosta (Italia) e o cantón Valais (Suíza).

A súa tribo indíxena máis forte eran os Salassos. O seu territorio foi anexionado polo emperador Augusto no 15 a.C. A súa principal cidade foi Augusta Praetoria Salassorum (Aosta).

Anatolia

Anatolia, tamén coñecida como Asia Menor, é unha península que se proxecta no sentido leste-oeste ao sur do Mar Negro, en dirección ao Mar Exeo. É unha rexión tradicionalmente limitada polo alto Eufrates ao leste e polos Montes Tauros ao sur, estando constituída gran parte da súa área por mesetas e montañas.

Balearica

A Balearica foi unha provincia romana constituída no Baixo Imperio ao separar da provincia Tarraconense as illas Baleares, a mediados do século IV, en época de Constancio I e Constantino II. O seu rango era pretorio, dependendo do vicarius da Diocese de Hispania.

A provincia desapareceu cando os vándalos de Xenserico ocupárona en 455.

Britania

Britania (Britannia en latín) é o nome dado polos romanos á provincia que ocupaba o sur da actual illa de Gran Bretaña. Como provincia romana, existiu entre os séculos I e V.

O xentilicio é britano/aBritania romana (latín: Britannia ou, posteriormente, Britanniae, "os Británicos") era a área da illa de Gran Bretaña que estivo gobernada polo Imperio romano, do 43 ao 410 d.C. Comprendía case a totalidade de Inglaterra e Gales e, por un curto período, o sur de Escocia.

Xulio César invadíu Gran Bretaña nos anos 55 e 54 a.C. como parte da súa Guerra das Galias. De acordo con César, os britóns, foran invadidos ou culturalmente asimilados por outras tribos celtas durante a Idade de Ferro británica e axudaron aos inimigos de César. Recibiu tributos, instalou ao rei amigo Mandubracio sobre os trinovantes e volveu á Galia. As invasións planificadas por Augusto canceláronse nos anos 34, 27 e 25. No ano 40, Calígula reuniu 200.000 homes na parte da canle do continente, só para recoller cunchas ('Mexillóns segundo Suetonio, quizais como un xesto simbólico para proclamar a vitoria de Calígula sobre o mar. Tres anos máis tarde, Claudio dirixiu a catro lexións para invadir Gran Bretaña e restaurar ao rei exiliado Verica sobre os Atrebates. Os romanos derrotaron aos Catuvellaunos, e logo organizaron a súa conquista como a Provincia de Gran Bretaña (latín: Provincia Britannia). No ano 47, os romanos ocuparan as terras ao sueste da Fosse Way. O control de Gales demorouse polos reveses e os efectos da revolta de Boadicea, pero os romanos estendéronse de forma constante cara ao norte.

A conquista romana de Gran Bretaña continuou baixo o mando de Cneo Xulio Agrícola (77–84), que expandiu o Imperio Romano ata Caledonia. No verán do 84, Agrícola enfrontouse aos exércitos dos Caledonianos, liderados por Calgaco, na Batalla do monte Graupius. Tácito estimou que as vítimas de batalla estaban en torno aos 10.000 homes no lado caledonio e ao redor de 360 homes do lado romano. O baño de sangue de Monte Graupius concluíu a conquista durante corenta anos de Gran Bretaña, un período que causou a morte de entre 100.000 e 250.000 británicos. No contexto da guerra preindustrial e dunha poboación total de cerca de 2 millóns de británicos, estas son cifras moi elevadas.Baixo os emperadores do século II, Adriano e Antonino Pío, construíronse dous muros para defender a provincia romana dos caledonianos, cuxos reinos nas Highlands escocesas nunca foron controlados. Ao redor do 197, as reformas de Septimio Severo dividiron a Gran Bretaña en dúas provincias: Britannia Superior e Britannia Inferior. Durante as reformas de Diocleciano, a finais do século III, Britannia foi dividida en catro provincias baixo a dirección de un vicario, que administrou a Diocese dos Britanicos. Unha quinta provincia, Valentia, é testemuñada no século IV. Durante gran parte do período posterior da ocupación romana, Britania estivo suxeita a invasións bárbaras e a miúdo estivo baixo o control de usurpadores romanos imperiais e pretendentes imperiais. O fin do dominio romano en Britania ocorreu ao redor do 410. Considérase que os reinos nativos da Britania posromana se formaron entón.

Trala conquista dos británicos, xurdiu unha cultura romano-británica distintiva cando os romanos introduciron melloras na agricultura, planificación urbana, producción industrial, e arquitectura. A deusa romana Britannia converteuse na personificación feminina de Gran Bretaña. Despois das invasións iniciais, os historiadores romanos xeralmente mencionan a Gran Bretaña de pasada. Deste xeito, a maioría dos coñecementos actuais derivan de investigacións arqueolóxicas e evidencias epigrafcas ocasionaisalabando os logros en Britania dun emperador romano. Roman citizens settled in Britain from many parts of the Empire.

Bética

Hispania Baetica, abreviada a miúdo como Baetica, foi unha das tres provincias romanas en Hispania (a Península Ibérica). Debía o seu nome ao río Betis ou Baetis, hoxe Guadalquivir). Baetica limitaba ao oeste con Lusitania, e ao nordés con Hispania Tarraconensis. Baetica seguiu sendo unha das divisións básicas de Hispania baixo os visigodos no 711. Baetica (castelán: Bética) formaba parte de Al-Andalus baixo os mouros no século VIII.

A capital era Hispalis (actual Sevilla). A provincia viña equivaler á actual Andalucía, aínda que algunhas zonas non estaban incluídas como as actuais comarcas de Linares ou Almería).

A Bética foi provincia senatorial. Era gobernada por pretores. As finanzas eran administradas por un cuestor.

Caria

Caria foi un país do sueste da Asia Menor, habitado polos carios.

Abrazaba a cunca media e baixa do río Meandro, limitando ao noroeste con Frixia (Carura formaba o límite), ao nordeste cos montes Cadmos; ao leste co río Indos (o punto máis oriental era Daedala), e ao sur e oeste o mar. Na costa había algunhas posesións de Rodas (Perea e un territorio ao sur de Cnidos) e talvez algunha cidade grega. Ao sur vivían os caunios, con capital en Caunos; este pobo Herodoto considerábao nativo do país, pero engade que eles mesmos dicían que eran descendentes dos cretenses; vestían diferentes dos carios e doutros pobos e falaban unha lingua diferente ao cario; como Herodoto era nativo de Caria é preciso supoñer que a información sobre lingua e vestidos era boa. Herodoto di que Mileto e Micala serían antigamente carias.

Os carios eran talvez un pobo autóctono, pero a lenda de Creta di que antigamente vivían nas illas do mar Exeo, que se dedicaban á pirataría, e que serían sometidos por Minos de Creta e logo expulsados para a costa continental por dorios e xonios. Entón chamábanse lélexes. Tucídides di que cando os atenienses sacaron os cadáveres de Delos, a metade eran carios que serían recoñecidos polo seu armamento e serían enterrados de acordo ao seu costume.

O establecemento dos xonios desprazou aos carios de Mileto e Micala. Preto desta última fundouse Priene. Os dorios establecéronse en Cnidos e Tropia e expulsaron aos carios de Halicarnaso. Na mesma época Rodas apoderouse dalgúns territorios costeiros, pero boa parte da costa debía de seguir en mans dos carios pois no -480 achegaron 70 barcos á frota de Xerxes I de Persia, mentres que as cidades dorias tan só achegaron 30.

As pequenas cidades de Caria (komai) vivían nunha especie de confederación. A súa capital, é dicir, o lugar onde se reunían os delegados das cidades, estaba no interior, no lugar onde máis tarde se fundou Estratónice, onde estaba o templo de Zeus Crisáreos, do nome do cal a federación chamouse Crisarea. Tamén tiñan un templo a Zeus Stratios que estaba en Labranda.

Os carios pertenceron ao reino de Lidia e, despois da conquista persa do reino, foron súbditos do Imperio de Ciro II o grande. Darío I o grande incluíu o país na primeira satrapía con Licia e outros. O -499 participaron na revolta de Xonia e resistiron aos persas. Libraron unha gran batalla ao sur do Meandro ao bordo do río Marsyas, na que serían derrotados, pero os persas tiveron moitas baixas. Nunha segunda batalla que libraron xunto cos milesios, volveron a seren derrotados. Pero o comandante persa Daurises sufriu unha emboscada preparada polo xefe cario Heracleides de Milasa, un grego: o xefe persa foi sorprendido unha noite e morreu xunto aos seus homes. Despois da conquista de Mileto por Persia o -494 as cidades carias sometéronse, primeiro só algunhas pero finalmente seguiron todas.

Os persas estableceron un goberno dirixido por un sátrapa e un subsátrapa, que de feito se volveron independentes. Residiron en Halicarnaso. Artemisia, a filla de Lígdamis e dunha muller de Creta, salientou á fronte das forzas de Caria ao servizo de Persia e tomou parte na batalla de Salamina.

Ciaxares

Ciaxares, tamén coñecido como Uvarkhshattra, foi o gran reformador e centralizador do poder medo, que aos poucos medrara ao leste do Imperio Asirio.

Cirenaica

A Cirenaica (en grego antigo Κυρηναία, en latín Cyrenaica), foi unha provincia romana de África do Norte, situada entre as provincias de Exipto e de Numidia. Actualmente Cirenaica forma parte do moderno estado de Libia. O seu nome provén da antiga cidade de Cirene (latinizado Cyrene).

Ciro II

Ciro II o Grande (antigo persa Kurash, persa moderno کوروش بُزُرگ Kurosh-e Bozorg), nado c. -600 e finado no -530, foi un rei iniciador da dinastía aqueménida de Persia e fundador do Imperio aqueménida que gobernou desde c. -559 ata a súa morte en -530.

Creseida

Creseida é a denominación das moedas da Antiga Grecia con valor dun estatero cuñadas en ouro, electro e prata no século VI a. de C. no Reino de Lidia, na Asia Menor, baixo a autoridade do seu derradeiro monarca, Creso (ca. 561-547 a. de C.), de quen toman o nome.

Halicarnaso

Halicarnaso (do grego: Ἁλικαρνασσός, Halikarnassos, latín Halicarnassus ; actual Bodrum, en Turquía), é unha antiga cidade grega situada na costa sur-occidental de Caria (Asia Menor) no mar Exeo, nunha posición privilexiada entre o golfo Cerámico e o golfo de Cos. Orixinalmente só ocupaba unha pequena illa próxima á costa, onde actualmente se atopa o Castelo de San Pedro de Halicarnaso.

Reino de Bitinia

O Reino de Bitinia foi un estado monárquico na rexión de Bitinia, de cultura helenística.

Río Kızılırmak

O río Kızılırmak, para os gregos antigos Halis ou Halys, é o principal río de Asia Menor. Nace nas montañas de Armenia Menor, pobo da fronteira co Ponto, cordal coñecida como Antitauro. Despois de pasar polo Ponto e por Capadocia xiraba ao norte e nordeste, formando ao final o límite entre Paflagonia (que quedaba ao oeste) e Galacia e Ponto (ao leste) ata desembocar no mar Negro (Euxino). Segundo Estrabón o seu nome derivaba dunhas salinas, pero crese que este detalle non é correcto.

Baixo os hititas foi coñecido como Marasantiya. O 585 a.C. librouse unha batalla entre lidios e persas na súa beira (coñecida como batalla da eclipse) e desde entón foi a fronteira oriental do reino de Lidia co Imperio persa; o 547 a.C. o rei Creso cruzou o río para atacar aos persas, pero foi derrotado polo rei Ciro II o grande, que gañou a decisiva batalla coñecida como Batalla do Halis, que vai poñer fin ao reino de Lidia e levou o dominio persa ata o mar Exeo.

Baixo dominio turco desde o século XI, foi chamado Kizil Irmak (río vermello), nome conservado baixo os otománs e que aínda porta. Hoxe en día o seu caudal úsase para producir electricidade.

O seu curso é de 1150 km e os seus principais afluentes son o Delice Irmak (grego Cappadox) e o Devrez.

Sardes

Sardes (Σάρδεις o Σάρδις) foi unha cidade de Asia Menor, capital do reino de Lidia, dos sátrapas persas, de Antígono, dos sátrapas seléucidas e capital rexional cos romanos. Estaba situada ao pé da vertente norte do monte Tmolo, preto do río Hermo e á beira do seu afluente, o Pactolo que pasaba pola cidade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.