Reino de Italia (1861-1946)

O Reino de Italia (en italiano, Regno d'Italia) foi o nome asumido o 17 de marzo de 1861 polo estado surxido trala unificación nacional italiana (1848-1870) liderada por Víctor Manuel II que se coroou Rei de Italia en 1861. A creación do Reino de Italia foi o resultado dos esforzos concertados dos nacionalistas italianos e monárquicos leais á Casa de Savoia, reinante ata ese momento no estado predecesor ao Reino de Italia, o Reino de Sardeña, para establecer un reino unido que abarcase toda a península italiana.

Dende 1922 ata 1943 denominase Italia fascista, xa que é a época do goberno do Partido Nacional Fascista entre 1922 e 1943 con Benito Mussolini como xefe de goberno. Precisamente a súa participación na segunda guerra mundial levouno á súa desaparición, despois de celebrarse un referendo en 1946 no que o sistema republicano saliu gañador debido ao descontento civil e ao desprestixio de este durante a guerra. Finalmente o 2 de xuño de 1946 proclamase a República Italiana, a forma de estado que ten Italia hoxe en día.

Baixo a soberanía do Reino de Italia constituiuse un imperio colonial que comprendía amplos dominios en África oriental, en Libia e o Mediterráneo, e tamén en Tianjin, en China (neste caso de maneira compartida con outras nacións europeas e cos Estados Unidos e Xapón).

Reino de Italia
1861–1946
 

 

 

Bandeira Escudo
Bandeira Escudo
Lema: Avanti Savoia!
Himno: "Marcia Reale"
"Marcha Real
Localización de {{{nome_curto}}}
O Reino de Italia en 1919
Capital Roma (dende 1871)
Lingua Italiano
Goberno Monarquía constitucional
Rei de Italia
 • 1861-1878 Víctor Manuel II
 • 1878-1900 Humberto I
 • 1900-1946 Víctor Manuel III
 • 1946 Humberto II
Primeiro Ministro
 • 1861 Camillo Benso
 • 1922-1943 Benito Mussolini
 • 1943-1944 Pietro Badoglio
 • 1945-1946 Alcide De Gasperi
Historia
 • Unificación de Italia 1861
 • Marcha sobre Roma 22 de outubro, 1922
 • Pacto de Acero 22 de maio, 1939
 • Proclamación da República Italiana 1946
Superficie
 • 1946 310,120 km²
Poboación
 • 1861 est. 26,328,000 
 • 1946 est. 42,399,000 
     Densidade 0,1/km²
Moeda Lira italiana
Precedido por
Sucedido por
Flag of Italy (1861–1946).svg Reino de Sardeña
Flag of the Kingdom of the Two Sicilies (1860).svg Reino das Dúas Sicilias
Flag of Kingdom of Lombardy-Venetia.gif Reino de Lombardía-Venecia
Blank.png Gran Ducado de Toscana
Flag of the Papal States (1808-1870).svg Estados Pontificios
Flag of the Free State of Fiume.svg Estado libre de Fiume
Italia Flag of Italy.svg
República Socialista de Eslovenia Flag of Slovenia (1945–1991).svg
Croacia na segunda Iugoslavia Flag of Croatia (1947–1990).svg
Territorio libre de Trieste Free Territory Trieste Flag.svg

Reis

  • (1861-1878) Víctor Manuel II
  • (1878-1900) Humberto I
  • (1900-1946) Víctor Manuel III
  • (1946 - ) Humberto II

Transformación política

Transformouse nunha ditadura fascista con Benito Mussolini como primeiro ministro.

En política exterior, o Reino de Italia foi mentres tanto, excluído (debido á súa tardía unificación) da repartición colonial de África na Conferencia de Berlín. Logra porén establecer colonias en Eritrea, Somalia, Etiopía e Libia.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Altare della Patria

O Altare della Patria, tamén coñecido como Monumento Nazionale a Vittorio Emanuele II ou Il Vittoriano, é un monumento construído na honra de Vítor Manuel, o primeiro rei da Italia unificada. Atópase en Roma e ocupa a área entre a Piazza Venezia e o Capitolino.

Foi deseñado por Giuseppe Sacconi en 1885, e inaugurado en 1911, pero os traballos remataron moito despois, entre 1924 e 1927.

Bandeira de Italia

A bandeira de Italia (en italiano: bandiera d'Italia, popularmente: il Tricolore) foi adoptada oficialmente o 1 de xaneiro de 1948, aínda que a súa actual forma xa se utilizaba dende o 19 de xuño de 1946.

Casa de Savoia

A Dinastía Savoia ou Casa de Savoia é unha dinastía que tradicionalmente tiña a súa orixe en Savoia, e que reinou en Italia, dende a súa fundación coma reino en 1861 despois da súa unificación ata a instauración da República Italiana no ano 1946.

Coroa (ornamento)

A coroa para ornamento da cabeza considerouse en todas as épocas como distintivo da autoridade real e nalgunhas das súas formas, como premio ou condecoración debida a méritos moi singulares.

A coroa radiante ou con puntas no bordo superior foi entre os romanos un atributo dos deuses e dos emperadores a quen se tributaron honores divinos.

A coroa triunfal ou de laurel, xa natural, xa metálica, dábase polos romanos aos xenerais victoriosos

A coroa cívica ou de rama de encina concedíase en Roma aos cidadáns beneméritos.

A coroa obsidional ou gramínea (de grama) serviu para os valentes que obrigaran ao inimigo a levantar o cerco dalgunha praza.Os emperadores romanos aparecen frecuentemente figurados nas moedas levando coroa triunfal e, ás veces, coroa radiante. Logo de Constantino I, e no Imperio bizantino, adoitan levar diadema pero algúns destes últimos adoptan a tiara persa modificada.

Os Reis de Occidente, na Idade Media, utilizban coroas en forma de aro cilíndrico de ouro, adornado con pedrería e, ás veces, con pendurantes; desde o século IX ao XIII adoitan montarse sobre o aro uns floróns ou puntas con bólas e desde o século XIII estréitase o aro e convértense os floróns en trifolios, o cal é moi común nos dous séculos seguintes. Desde o século XVI fíxase a distinción entre coroas de reié, príncipes e nobres.

A coroa europea máis antiga aínda existente é a Coroa de Ferro do século VII.

Durante toda a Idade Media, as coroas heráldicas, moi variadas consideráronse un simple elemento decorativo. Durante o século XIV aínda adornaban a miúdo o casco e non tiñan carácter nobiliario. As primeiras coroas dos reis de Francia deriváronse destas. No século XV apareceu o costume de pechar as coroas con arcos, pero non foi apenas nos séculos XVII e XVIII cando os autores heráldicos comezaron a codificar as coroas nobiliarias, cuxa xerarquía e aspecto variaban dun país a outro. Algunhas coroas honoríficas podíanse colocar sobre o casco ou remate do escudo.Por exemplo, a circunferencia da coroa de valas é un valado de estacas, mentres que a coroa mural, que data de Napoleón Bonaparte, representa cidades, reminiscencia da Antigüidade. Segundo a importancia da cidade, ten tres, catro ou cinco torres. A heráldica urbana contemporánea utiliza a coroa naval e a de aviación para timbrar os escudos de armas das cidades dotadas de aeroporto ou porto naval.

Estados Pontificios

Os Estados Pontificios ou Estados da Igrexa estiveron formados por un conglomerado de territorios basicamente centroitalianos que se mantiveron como un estado independente entre os anos 752 e 1870 baixo a directa autoridade civil dos papas, e cuxa capital foi Roma.

Historia de Italia

A historia de Italia é unha das máis importantes de toda Europa e de todo o mundo. Herdeira de múltiples culturas antigas como a dos etruscos e latinos, e receptora da colonización grega e cartaxinesa, viu nacer o Imperio Romano, legador dunha grande parte da cultura occidental e un dos maiores da historia. Trala caída do Imperio, Italia sufriu unha serie de invasións xermanas alternadas con intentos bizantinos e francos de reconstruír a unidade do Imperio Romano.

Durante a Idade Media Italia converteríase nun mosaico de cidades-estado que loitaban entre si para conseguir a hexemonía sobre o resto, con frecuentes intervencións das potencias circundantes e da Igrexa. Nos séculos XV e XVI converteuse no centro cultural de Europa dando orixe ao Renacemento e foi un dos campos nos que se decidiu a supremacía europea do Imperio Español.

Tralo declive da monarquía hispánica, o Imperio Austrohúngaro pasaría a controlar a rexión. Transformada nun campo de batalla durante as guerras revolucionarias, pasaría a loitar pola súa independencia. Entre 1856 e 1870 levou a cabo a Unificación de Italia logo dunha serie de guerras que implicou enfrontarse ao Imperio Austríaco e os Estados Pontificios. Posteriormente, Italia levaría a cabo políticas imperialistas que a levaron a participar na primeira guerra mundial ao lado do Acordo, á invasión de Abisinia e a participar na segunda guerra mundial como aliado de Hitler.

Na actualidade Italia é un país democrático, pertencente a organizacións tan importantes como a Unión Europea ou o G-8, e unha das principais potencias económicas da Terra.

Imperio Austrohúngaro

O Imperio Austrohúngaro, Austro-húngaro ou Austria-Hungría (Österreichisch-Ungarische Monarchie en alemán, Osztrák–Magyar Monarchia en húngaro) foi un estado histórico europeo nado en 1867, tralo Compromiso austrohúngaro que reconoñecía o Reino de Hungría como unha entidade autónoma dentro do Imperio Austríaco, a partir dese intre, austrohúngaro. En 1914 tiña unha extensión de 676.615 km² e contaba con 52 799 000 habitantes.

O que fora o Imperio Austrohúngaro repártese na actualidade en trece estados europeos: Austria, Hungría, República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina e as rexións de Voivodina en Serbia, Bocas de Kotor en Montenegro, Trentino-Alto Adige e Trieste en Italia, Transilvania e parte do Bánato en Romanía, Galitsia en Polonia e Rutenia (rexión Subcarpática na Ucraína).

Imperio Italiano

O colonialismo italiano iniciouse en 1882 coa posesión do porto de Assab, na futura Colonia eritrea e alcanzou a súa máxima expansión na época fascista, nos primeiros meses de 1940, cando as posesións coloniais italianas incluían catro territorios de África (Libia, Somalia, Etiopía e Eritrea), as illas do Dodecaneso (grupo de illas gregas no extremo leste do mar Exeo, xunto á costa suroeste de Turquía), Albania e a pequena concesión chinesa na cidade de Tianjin.

Tras a conquista italiana de Etiopía, o 9 de maio de 1936, cuñouse a expresión Imperio colonial italiano ou, simplemente Imperio Italiano, cando se declarou a soberanía plena do Reino de Italia sobre o imperio de Eiopía e a asunción por parte do rei de Italia Vítor Manuel III do título de emperador de Etiopía.Este imperio colonial caeu como consecuencia dos fracasos de Italia durante a segunda guerra mundial.

Na posguerra, soamente a Somalia italiana permaneceu baixo administración fiduciaria de Italia até o ano de 1960, cando se declarou a independencia deste país e a súa unión coa Somalia británica.

Mundial de Fútbol de 1934

O Mundial de Fútbol de 1934 (en italiano: Campionato Mondiale di Calcio) foi a segunda edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol asociación, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse en Italia entre o 27 de maio e o 10 de xuño de 1934. Para este torneo trinta e catro asociacións solicitaron participar, polo que esta vez realizáronse eliminatorias preliminares para determinar as dezaseis seleccións participantes. Só participaron catro equipos non europeos: a Arxentina, o Brasil, Estados Unidos e Exipto, que foi a primeira selección africana en participar do certame.

O campión foi Italia que se impuxo a Checoslovaquia na final por 2 a 1. Como protesta ao boicot do torneo anterior, Uruguai negouse a participar e converteuse no único equipo campión que non defendeu o seu título. Nesta edición o torneo sufriría un cambio de formato, substituíuse a fase de grupos por dúas fases de eliminación directa. Os partidos definiríanse en 90 minutos, cunha prórroga en caso de empate. Se o partido continuaba empatado logo dos 120 minutos, xogábase un partido desquite en lugar dunha rolda de penaltis. O torneo foi utilizado por Benito Mussolini como propaganda fascista, do mesmo xeito que o faría Adolf Hitler cos Xogos Olímpicos de 1936.

Participantes
Cronoloxía
Aspectos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.