Reino de Gran Bretaña

O Reino de Gran Bretaña foi un reino da Europa Occidental, entre 1707 e 1800. Foi creado a partir da unión das coroas de Escocia e Inglaterra, baixo a Acta de Unión de 1707 (Union Act, 1707), que fora establecido para formar un único país na illa de Gran Bretaña. Un novo parlamento e goberno foi creado en Westminster, Londres. Os dous antigos reinos compartían as súas monarquías e Xacobe VI de Escocia, pasando a ser Xacobe I de Inglaterra en 1603.

En 1707 deixaron de existir ambas as monarquías, pasando a haber só unha, a Coroa de Gran Bretaña e tamén que deixou de existir o Parlamento de Escocia e o Parlamento de Inglaterra, substituídos polo Parlamento de Gran Bretaña: parlamentarios de ambas as nacións tiñan asento en Londres, na Cámara dos Comúns e na Cámara dos Lores. A representación escocesa era menor porque a súa poboación era menor. Baixo os termos do "Union Act" Escocia elixía 45 parlamentarios para a Cámara dos Comúns e enviaba 16 á Cámara dos Lores. A Acta de Unión de 1800 uniu o reino de Gran Bretaña co reino de Irlanda, que fora tomado gradualmente polo control británico entre 1169 e 1691, para formar o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. Esta tamén foi unha decisión impopular, levándose a cabo xusto despois da infrutuosa Rebelión dos Irlandeses Unidos de 1798. A ocasión elixida para esta unión, cando se temeu unha intervención ou invasión napoleónica, foi debida principalmente a problemas de seguridade.

Great Britain
Gran Bretaña

 

1707–1801
Bandeira Escudo
Bandeira Escudo
Lema: Dieu et mon droit
(Francés: Deus e o meu dereito)
Himno: God Save the King
Localización de Gran Bretaña
Capital Londres
Lingua Inglés (oficial de facto), escocés, gaélico escocés, galés, norn, córnico.
Goberno Monarquía parlamentar
King / Queen
 • 1707-1714 Ana I
 • 1714–1727 Xurxo I
 • 1727–1760 Xurxo II
 • 1760-1801 Xurxo III
Lexislatura Parlamento de Gran Bretaña
 - Cámara alta Cámara dos Lores
 - Cámara baixa Cámara dos Comúns
Historia
 • Unión de 1707 1 de maio de 1707
 • Unión de 1800 1 de xaneiro de 1801
Superficie
 • 1801 315.093 km²
Poboación
 • 1801 est. 16.345.646 
     Densidade 51,9/km²
Moeda Libra esterlina
O lema utilizado en Escocia era In My Defens God Me Defend (Na miña defensa Deus protéxeme)

Orixe do nome

A miúdo o Reino de Gran Bretaña[1][2] recibe o nome alternativo de Reino Unido de Gran Bretaña, que adoita reducirse a Reino Unido. Hai un debate sobre se o segundo nome é aceptable. Na sinatura da Lei de Unión de 1707 faise referencia a United Kingdom of Great Britain (en galego: "Reino Unido de Gran Bretaña"), o que pode supor que a palabra United (en galego: "Unido") teña un carácter sinxelamente descritivo e non forme parte do título oficial, significando así que Inglaterra e Escocia uníronse nun reino de nome Gran Bretaña" (United into One Kingdom by the Name of Great Britain).

O nome "Reino Unido" ás veces prefírese para efectos da continuidade, especialmente no ámbito militar e colonial. No momento da Lei de Unión de 1800, que cunha premeditada ambigüidade denominaron United Kingdom ("Reino Unido"), os británicos estaban involucrados na Gran Guerra francesa e o Imperio Británico posuía moitas colonias a América, India e Australia. Con todo o nome de "Reino Unido" entrou en uso popular, de forma que no momento da firma da acta da Unión con Irlanda o nome foi adoptado oficialmente.

Estrutura política

O Reino da Gran Bretaña foi gobernado por un único monarca,[2] igual que a illa de Gran Bretaña desde 1603 despois da Unión das Coroas, coa excepción do interregno inglés e durante o goberno conxunto de Guillerme III e María II. A partir de 1707, mediante a sinatura da Lei de Unión, o monarca do Reino da Gran Bretaña tiña por poder dunha soa coroa unificada, que até o momento a pesar de compartir o mesmo rei mantíñanse como dúas entidades completamente separadas e coa súa propio parlamento. A sucesión ao trono foi determinada polo Acta de Establecemento inglesa de 1701, en substitución da Acta de Seguridade escocesa de 1704. A adopción da Acta de Establecemento significou que o herdeiro ao trono británico tiña que ser un protestante descendente de Sofía do Palatinado, iniciadora da futura Casa de Hannóver reinante no trono inglés.

O poder lexislativo estivo en mans do Parlamento da Gran Bretaña,[3] que substituíu ao Parlamento de Inglaterra e o Parlamento de Escocia. Do mesmo xeito que no moderno Parlamento do Reino Unido, o Parlamento da Gran Bretaña incluía tres elementos: a Cámara dos Comúns, a Cámara dos Lores e a Coroa no Parlamento (a presenza do monarca no Parlamento). Os territorios de Inglaterra e Escocia tiveron representantes en ambas as cámaras do novo parlamento. Aínda que a representación de Escocia en ambas as cámaras foi máis pequena que a súa poboación real, a representación no parlamento foi naqueles momentos baseada na fiscalidade e non na poboación, un feito que provocou que Escocia tivese uns maior números de escanos dos que realmente lle tocarían. En virtude dos termos da unión política Escocia tiña 16 escanos á Cámara dos Lords e 45 membros á dos Comúns, sendo o resto polos representantes de Inglaterra e Gales.

Política

Véxase tamén: Imperio Británico.

No ano 1714 ascendeu ao trono de Xurxo I, o primeiro rei da Casa de Hannóver no trono británico. Cunha gran participación activa na política europea, en 1717 contribuíu á creación da Tripla Alianza co Reino de Francia e as Provincias Unidas contra o Reino de España, alianza que en 1718 foi ampliada coa incorporación do Sacro Imperio Romano Xermánico e que se denominou Cuádrupla Alianza. A consecuente Guerra da Cuádrupla Alianza tivo os mesmos motivos que os da Guerra de Sucesión Española, finalizando coa firma do Tratado de Utrecht polo cal Filipe V foi recoñecido rei de España e o Reino da Gran Bretaña gañou toda unha serie de territorios (Menorca, Xibraltar ou Nova Escocia entre outros) e vantaxosos acordos comerciais (o monopolio do tráfico de escravos na América española).

Xurxo II iniciou unha nova guerra contra o Reino de España, o Sitio de Cartaxena de Indias, que finalizou coa derrota británica, e que pasou a formar parte da Guerra de Sucesión Austríaca, pola cal Xurxo II axudou a María Tareixa de Austria a conseguir o trono romanoxermánico por medo a un aumento do poder francés en Europa.

As relacións entre o Reino de Gran Bretaña e as Trece Colonias durante o século XVIII foron empeorando, tendo que encarar Xurxo III durante o seu reinado a Guerra de Independencia dos Estados Unidos. Coa firma da Lei da Unión de 1800, pola cal o Reino da Gran Bretaña se anexiona ao Reino de Irlanda, estabeleceuse o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda.

Notas

  1. "Rough guide ton British history"
  2. 2,0 2,1 Acta da Unión 1707, artigo 1
  3. Acta da Unión 1707, artigo 3

Véxase tamén

Outros artigos

1 de maio

O 1 de maio é o 121º día do ano do calendario gregoriano e o 122º nos anos bisestos. Quedan 244 días para finalizar o ano.

Ana de Gran Bretaña

Ana de Gran Bretaña, nada en Londres o 6 de febreiro de 1665 e finada o 1 de agosto de 1714, foi a raíña de Gran Bretaña e Irlanda de marzo de 1702 ata a súa morte.

Gran Bretaña xurdiu da unión de Inglaterra e de Escocia nun único reino, en maio de 1707. Ana era a segunda filla do rei Xacobe II de Inglaterra, deposto en 1689 pola Revolución Gloriosa. Sucedeu ao xenro, o príncipe Guillerme de Orange, viúvo da súa irmá máis vella María II, sendo a última monarca da Casa de Estuardo. Foi substituída por un curmán afastado, o futuro rei Xurxo I, da Casa de Hannóver.

Bandeira do Reino Unido

A bandeira do Reino Unido (en inglés: Union Flag ou Union Jack) é unha combinación das cruces dos santos patróns de Inglaterra, de Escocia e de Irlanda do Norte, tres das catro rexións que, con Gales, forman o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte. A cruz vermella sobre fondo branco do centro é a de San Xurxo, de Inglaterra. A aspa branca sobre fondo azul é a cruz de Santo André, de Escocia. E a aspa vermella sobre fondo branco é a cruz de San Patricio, de Irlanda.

Bandeira dos Estados Unidos de América

A bandeira dos Estados Unidos de América, tamén chamada bandeira americana, consta de 13 barras horizontais, sete vermellas e seis brancas alternadas, e un rectángulo azul no cantón con 50 estrelas brancas. As 50 estrelas da bandeira representan os 50 estados do país, e as 13 barras representan ás Trece Colonias orixinais que se independizaron do Reino de Gran Bretaña e se converteron nos primeiros estados da Unión. Ten varios alcumes, como "Stars and Stripes" (estrelas e barras), "Old Glory" (vella gloria), e "The Star-Spangled Banner" (A bandeira das estrelas escintilantes).

Estados Unidos de América

Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) son un estado federal composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico. O país tamén posúe cinco territorios poboados e nove non poboados no Pacífico e no Caribe. Con 9,85 millóns de km2 e 318 millóns de persoas, os Estados Unidos son o terceiro ou cuarto meirande país por área total e o terceiro país por poboación. É un dos países máis multiculturais e diversos etnicamente do mundo, debido á inmigración de moitos países. A xeografía e o clima son moi diversos, e o país é tamén o fogar dunha variada vida salvaxe.

Os paleoindios migraron dende Eurasia ata os actuais Estados Unidos hai 15 000 anos, e a colonización europea comezou no século XVI. Os Estados Unidos xurdiron das Trece Colonias Británicas localizadas na Costa Atlántica. As disputas entre o Reino de Gran Bretaña e as colonias levaron á Revolución Americana. O 4 de xullo de 1776, mentres as colonias estaban a loitar contra Gran Bretaña na guerra de independencia, os delegados das 13 colonias asinaron a Declaración de Independencia. A guerra rematou en 1783 co recoñecemento da independencia dos Estados Unidos dende o Reino de Gran Bretaña, e foi a primeira guerra de independencia exitosa contra un imperio colonial europeo. A actual Constitución foi adoptada o 17 de setembro de 1787. As primeiras dez emendas, chamadas colectivamente Declaración de Dereitos, foron ratificadas en 1791 e deseñadas para garantir os dereitos e liberdades civís fundamentais.

De acordo coa doutrina do destino manifesto, os Estados Unidos embarcáronse nunha grande expansión en Norteamérica ó longo do século XIX. Isto supuxo o desprazamento das tribos nativas, adquisicións de novos territorios e a admisión gradual de novos estados. Durante a segunda metade do século XIX, a guerra civil estadounidense acabou coa escravitude legal no país. A finais dese século, os Estados Unidos estendéronse ata o Océano Pacífico, e a súa economía comezou a evolucionar. A guerra hispano-estadounidense e a primeira guerra mundial confirmaron o status do país como potencia militar. Os Estados Unidos emerxeron da segunda guerra mundial como superpotencia mundial ó ser o primeiro país en desenvolver armas nucleares, o único en usalas en guerra, e como membro permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. A fin da guerra fría e a disolución da Unión Soviética permitiron que os Estados Unidos ficaran como a única superpotencia.Os Estados Unidos son un país desenvolvido e a meirande economía do mundo. A economía aliméntase da abundancia de recursos naturais e a produtividade da man de obra. Mentres a economía estadounidense está considerada como post-industrial, continúa a ser un dos manufactureiros máis importantes do mundo. O 37% dos orzamentos do país corresponden a gasto militar, sendo a primeira potencia económica e militar, unha gran forza cultural e política, e o líder en investigación científica e innovación tecnolóxica.

Guillerme IV do Reino Unido

Guillerme IV do Reino Unido, membro da da Casa de Hannover, nado o 21 de agosto de 1765 e finado o 20 de xuño de 1837, foi Rei do Reino Unido e de Hannover de 1830 até 1837.

Isabel II do Reino Unido

Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu.

Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.

Asumiu os seus títulos despois da morte do seu pai, o rei Xurxo VI o 6 de febreiro de 1952. É filla de Elizabeth Bowes-Lyon, irmá de Patrick, 15º conde de Strathmore.

Lei de Unión (1707)

A Lei de Unión de 1707 (Union Acts) foron as leis aprobadas polos parlamentos dos Reinos de Inglaterra e Escocia, para formalizar o Tratado de Unión entre ambos os países. Os efectos principais foron dous:

Primeiro, crear un novo país, coñecido en diante co nome de Reino de Gran Bretaña. Hai que sinalar que este nome era utilizado intermitentemente desde o 24 de marzo de 1603, cando a coroa de ambos os reinos (non así os seus parlamentos e institucións nacionais) quedaron reunidos na persoa de Xacobe I de Inglaterra, primo da raíña Sabela.

Segundo, disolver os parlamentos nacionais e establecer un Parlamento de Gran Bretaña, que funcionou no Palacio de Westminster.

Parlamento escocés

Para a cámara lexislativa escocesa anterior a 1707, véxase Estados de Escocia

O Parlamento escocés (en inglés, Scottish Parliament, en gaélico escocés Pàrlamaid na h-Alba e en escocés Scots Pairlament) é o lexislativo unicameral de Escocia. Atópase situado na zona de Holyrood, na cidade de Edimburgo ao remate da Milla real, a principal arteria histórica da capital. Por iso ao parlamento escocés se lle coñece informalmente por Holyrood. Está composto por 129 deputados que se escollen democraticamente cada catro anos por un sistema mixto proporcional e directo, isto é, 73 deputados proceden da elección de 73 circunscricións e 56 repártense proporcionalmente conforme oito rexións distintas.

Ver artigo principal Eleccións ao Parlamento escocés.O primeiro parlamento de Escocia, tamén chamado os Estados de Escocia, foi a cámara lexislativa do Reino de Escocia, e funcionou dende comezos do século XIII ata que a monarquía independente se fusionou co Reino de Inglaterra conforme a Lei da Unión de 1707, para formar o Reino de Gran Bretaña. Como consecuencia, tamén o Parlamento de Escocia se fusionou co Parlamento de Inglaterra para formar o Parlamento de Gran Bretaña, que ten a súa sede en Westminster, en Londres.

Logo do referendo escocés de 1997 onde os escoceses respaldaron amplamente a recuperación da institución lexislativa, o actual parlamento estableceuno a Lei de Escocia de 1998, que lle devolve algunhas capacidades a esta nación. Esta lei define tamén as competencias da cámara sinalando explicitamente aqueles asuntos que lle corresponden unicamente xestionalos a Westminster, entre os que se atopan a lei que rexe esta cámara así como a capacidade para aumentarlle ou reducirlle competencias. A primeira sesión do novo parlamento tivo lugar o 12 de maio de 1999.

O seu presidente actual (en funcións) é George Reid, que renunciou voluntariamente a súa militancia nacionalista para poder desempeñar mellor o seu cargo de presidente.

Pobo británico

Os británicos son os cidadáns do Reino Unido, dos Territorios Británicos de Ultramar das dependencias da Coroa e o seu descendentes. A lei nacional británica é a que goberna ás persoas de cidadanía e nacionalidade británica, que pode ser adquirida, por exemplo, por ser descendente de británico. Cando o termo é usado nun contexto histórico pode refererirse ós britanos celtas, os habitantes indíxenas de Gran Bretaña e Bretaña, cuxos superviventes son os modernos pobos galés, córnico e bretón.Malia que as primeiras identificacións como británicos datan da Baixa Idade Media, non foi até a creación do Reino de Gran Bretaña en 1707 cando xurdiu o sentido de identidade nacional británica. A noción británica forxouse durante as guerras napoleónicas entre o Reino Unido e o Primeiro Imperio Francés, e desenvolveuse durante a época vitoriana. A complexa historia de formación do Reino Unido creou un "sentido particular de nacionalidade e pertenza" en Gran Bretaña e Irlanda; A británica converteuse nunha "identidade superimposta en identidades anteriores", como a inglesa, a escocesa, a galesa e a irlandesa, cuxas particularidades culturais resistiron a homoxeneidade da identidade británica. Por mor das duradeiras divisións etnosectarias, a identidade británica en Irlanda do Norte é controvertida, pero é mantida firmemente polo sector unionista da sociedade.Os británicos modernos son descendentes de diversos grupos étnicos que se asentaron nas Illas Británicas antes do século XI: poboacións prehistóricas, britanos, romanos, anglosaxóns, nórdicos e normandos. A progresiva unificación política das Illas Británicas facilitou o intercambio migratorio, cultural e lingüístico, ademais dos matrimonios mixtos entre ingleses, escoceses e galeses durante a Idade Media, a Idade Moderna e posterior. Dende 1922 produciuse un proceso de inmigración cara ó Reino Unido por xente procedente da República de Irlanda, da Commonwealth, da Europa continental e doutros lugares. Eles e os seus descendentes son maioritariamente británicos, e manteñen unha identidade británica, dobre o dual ou múltiple.Os británicos son unha sociedade diversa, multinacional e multicultural, con "fortes acentos, expresións e identidades rexionais". A estrutura social do Reino Unido cambiou radicalmente dende o século XIX, cun declive da relixiosidade, un crecemento da clase media, e a partir da década de 1950, un incremento da diversidade étnica. A poboación do Reino Unido rolda os 62,5 millóns, cunha diáspora de 140 millóns concentrada en Australia, o Canadá, Suráfrica, Hong Kong, Nova Zelandia, os Estados Unidos de América, Irlanda, Francia e España.

Pobo inglés

Os ingleses (inglés: english people), son unha nación e grupo étnico nativo de Inglaterra, que fala a lingua inglesa. A identidade inglesa ten orixe medieval, cando eran coñecidos en inglés antigo como Angelcynn ("familia dos anglos"). O seu etnónimo provén dos anglos, un dos pobos xermánicos que migraron cara a Gran Bretaña durante o século V. Inglaterra é un dos países do Reino Unido.

Historicamente, a poboación inglesa descende de diferentes pobos — os antigos britanos e as tribos xermánicas que se asentaron en Britania despois da marcha dos romanos, incluíndo os anglos, os saxóns, os xutos e os frisóns. Coñecidos colectivamente como anglosaxóns, fundaron o que se convertería en Inglaterra (do inglés antigo Englaland) xunto cos dinamarqueses, normandos e outros grupos. Na Lei de Unión (1707), o Reino de Inglaterra foi sucedido polo Reino de Gran Bretaña. Co paso dos anos, a identidade e costumes ingleses foron identificados coa identidades e os costumes británicos en xeral.

O pobo inglés son os responsables da lingua inglesa, do sistema Westminster, do dereito anglosaxón e de numerosos deportes, como o crícket, o fútbol, o rugby e o tenis. Estas e outras características da cultura inglesa espalláronse por todo o mundo, en parte por mor do Imperio Británico.

Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda

O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda foi un estado que existiu entre o 1 de xaneiro de 1801 e o 12 de abril de 1927 nas Illas Británicas formado pola fusión do Reino de Gran Bretaña e o Reino de Irlanda coa sinatura da Lei de Unión de 1800.

Despois da independencia de Irlanda, o 6 de decembro de 1922, cando o Tratado Angloirlandés de 1921 entrou en vigor, o nome oficial continuou en uso ata que foi cambiado polo de Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte mediante a Lei de Títulos Reais e Parlamentarios de 1927. A parte da illa de Irlanda que se separou do Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda en 1922 hoxe constitúe a República de Irlanda.

Reino de Escocia

O Reino de Escocia foi un estado localizado no oeste de Europa, ao norte da illa de Gran Bretaña no territorio do que hoxe é o país constituínte do Reino Unido de Escocia. Existiu entre aproximadamente o ano 843 até a Lei de Unión de 1707 cando se uniu ao Reino de Inglaterra (927-1707) para formar o Reino de Gran Bretaña (1707-1800). A súa poboación cara o ano 1700 era de aproximadamente 1,1 millóns de habitantes.

A coroa da Escocia e a súa formación ten unha longa e complexa historia: dende os diferenciados gobernos autónomos (clans), até o xurdir dun único Rei ao redor do século XII para reinar a maior parte do que hoxe se coñece como Escocia. O século XIII foi duro e difícil para a coroa escocesa xa que mantiña complicadas loitas para manter súa independencia do Reino de Inglaterra, máis extenso e habitado. Esa loita se estendería durante moito tempo, con episodios como o de William Wallace (recreado no filme Braveheart), e non sería até o reinado de Robert the Bruce cando acadarían a tranquilidade despois de derrotar ás forzas inglesas do Rei Eduardo II na Batalla de Bannockburn en 1314. En 1603 o rei escocés Xacobe VI ascende ao trono de Inglaterra, esta unión de coroas foi seguida pola unión dos parlamentos no ano 1707.

Reino de Inglaterra

O Reino de Inglaterra foi un estado soberano e país insular, situado o noroeste dá Europa continental, que existiu desde a caída do Imperio Romano (927) e os seus asentamentos na Britania Romana ata a súa fusión co Reino de Escocia (1707) creando así o Reino de Gran Bretaña.

No seu cénit, o Reino de Inglaterra formábano as dúas terceiras partes do sur da illa de Gran Bretaña (incluíndo País de Gales) e varias illas pequenas periféricas, que é hoxe a unidade legal de Inglaterra e País de Gales. Inglaterra como un estado de nación comezou entre o século IX ou o século X, pero amplamente remonta as súas orixes á invasión anglosaxoa de Gran Bretaña e a Heptarquía anglosaxoa dos pequenos estados que a seguiron e en última instancia unificaron. A invasión normanda do País de Gales de 1067-1283 (formalizado co Estatuto de Rhuddlan en 1284) puxo ao País de Gales baixo o control de Inglaterra, e baixo as normas de administración inglesas, cos actos das leis de Gales (Laws in Wales Acts) de 1535-1542.

O Reino de Inglaterra continuou como un estado independente ate o 1 de maio de 1707, cando mediante a Lei de Unión, levando a cabo os termos acordados no Tratado de Unión o ano anterior, rematou en unión política co Reino de Escocia para crearen o Reino de Gran Bretaña.

Reino de Irlanda

O Reino de Irlanda (en irlandés: Ríoghacht Éireann) refírese ao país de Irlanda no período comprendido entre a proclamación de Henrique VIII como Rei de Irlanda pola Lei da Coroa irlandesa de 1542 e a Lei de Unión de 1800. O Reino substituíu ao Señorío de Irlanda, que fora creado en 1171. Henrique VIII foi recoñecido como Rei de Irlanda por parte dalgúns poderes protestantes en Europa, aínda que non polas monarquías católicas. Con todo, a súa filla María I, foi recoñecida como a raíña de Irlanda polo Papa en 1555. O reino independente de Irlanda deixou de existir se uniu co Reino de Gran Bretaña para formar o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda en 1801.

Rocha de Xibraltar

A Rocha de Xibraltar (en castelán: Peñón de Gibraltar, en inglés: Rock of Gibraltar) é unha península angosta e rochosa que sobresae de xeito pronunciado nun dos ángulos da baía de Alxeciras. Trátase dun fe­nómeno xeolóxico, colocado no paso entre o Atlántico e o Mediterráneo. A Rocha é propiedade da Coroa do Reino Unido e limita ao norte con España. A soberanía sobre Xibraltar foi transferida ao reino de Gran Bretaña en 1713 mediante o Tratado de Utrecht tras a guerra de sucesión española.Ten 6,8 quilómetros de superficie e na súa parte máis larga só 1,2 quilómetros. As súas paredes son moi verticais e caen sobre o mar dende a súa máxima altura de 426 metros. Estas características fan que fose un paso marítimo moi importante e que dende el se puidese controlar o tráfico de barcos polo Estreito. A rocha aparece mencionada no mito das columnas de Hércules, que o heroe grego separaría para crear o paso do Estreito, lenda que se recolle no escudo de España.

A rocha está unida á terra firme por un baixo istmo areoso de 1.600 metros de longo e 800 metros de largo. Integramente dentro do territorio de Xibraltar, pertence ao Reino Unido.

Xurxo III do Reino Unido

Xurxo III do Reino Unido, nado co nome de George William Frederic de Hannover o 4 de xuño de 1738 e finado o 29 de xaneiro de 1820, foi Rei da Gran Bretaña desde 1760 ata 1801. A partir da Acta de Unión de 1800, Xurxo III pasou a ser Rei do Reino Unido. Foi tamén Duque de Brunswick-Lüneburg e, a partir de 1814, Rei de Hannover. Xurxo III é coñecido como o Louco debido a demencia mental causada pola doenza crónica que sufría (porfiria). Era fillo de Federico, Príncipe de Gales e da princesa Augusta de Saxe-Gotha, e sucedeu ao avó Xurxo II

No reinado de Xurxo III produciuse a independencia dos Estados Unidos de América, ata entón unha colonia británica.

Xurxo IV do Reino Unido

Xurxo IV do Reino Unido, nado o 12 de agosto de 1762 e finado o 26 de xuño de 1830, da Casa de Hannover, foi Rei do Reino Unido e do Reino de Hannover de 1820 ata a súa morte. Antes de tornarse rei, Xurxo IV foi rexente do seu pai Xurxo III, o Louco debido a inestabilidade mental que este sufría, causada pola porfiria.

As Guerras Napoleonicas desenvolveranse nos períodos da súa rexencia e reinado. Xurxo IV foi un monarca extravagante en termos de gostos persoais e relacións familiares, especialmente coa muller, a princesa Carolina de Brunswick. A relación dos dous era mala e resultou nunha única filla, a Princesa Carlota de Gales, que casou co Duque Leopoldo de Saxonia-Coburgo (futuro Rei dos Belgas). Foi sucedido polo seu irmán, Guillerme IV.

Xurxo I de Gran Bretaña

Xurxo I de Gran Bretaña, nado en Osnabrück o 28 de maio de 1660 e finado o 11 de xuño de 1727, foi príncipe de Hannóver desde 23 de xaneiro de 1698 ata a súa morte, e rei de Gran Bretaña e Irlanda dende o 1 de agosto de 1714 ata a súa morte.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.