Reino de Castela

O Reino de Castela foi un dos reinos medievais da Península Ibérica. Castela xurdiu como entidade política autónoma no século IX baixo a forma dun condado vasalo do Reino de León. Non será ata o século XI cando acade a categoría de reino. O seu nome débese á gran cantidade de castelos que había naquela zona.

Reino de Castilla
Reino de Castela

1065–1230
Bandeira Escudo
Bandeira Escudo
Localización de Castela
Capital Burgos
Lingua Latín;
Castelán.
Relixión Cristiá
Goberno Monarquía
Historia
 • Establecido 1065
 • Unión co Reino de León 1230
Moeda Marabedí

Historia

Séculos IX-XI: inicios

Artigo principal: Condado de Castela.

A primeira mención a «Castela» aparece nun documento do ano 800: «levantamos unha igrexa en honor a San Martín, en Área Patriniano, no territorio de Castela».

Na Crónica de Afonso III (Rei de Asturias, século IX) dise: «As Vardulias agora son chamadas Castela».

Pyreneiska halvön historisk
Castela en 843 formando parte de Asturias e independente en 1150.

O condado de Castela repóboase maioritariamente por habitantes de orixe cántabra, astur, vasca e goda cun dialecto romance propio, o castelán, e cunhas leis diferenciadas.

O primeiro conde de Castela é Rodrigo no 860 (baixo Ordoño I de Asturias e Afonso III o Magno). O condado de Castilla experimenta unha grande expansión durante o goberno do conde Rodrigo, que se dirixe cara ao sur ata chegar a Amaya (860) e a costa dos cordobeses pola Rioja. Ademais, a partir da sublevación do conde alavés Eglyón, Álava incorpórase ao condado de Castela. No ano 931, o condado de Castela unifícase co conde Fernán González, facendo dos seus dominios un condado hereditario ás costas dos reis de León.

Séculos XI-XII: expansión e unións ao Reino de León

No 1028, Sancho III O Maior de Navarra adquire o Condado de Castela trala morte do conde García Sánchez, pois está casado coa irmá deste. Como herdanza, no ano 1035 deixa un minguado Condado de Castela ao seu fillo Fernando.

Map Iberian Peninsula 1030-es
Castela incorporada ao reino de Sancho III (de 1029 a 1035).
Map Iberian Peninsula 1037-es
Castela en 1037 trala partición do reino de Sancho III entre os seus fillos).

Fernando I estaba casado con Sancha, irmá á súa vez de Vermudo III de León. Fernando provoca unha guerra na que morre o soberano leonés na batalla de Tamarón contra a coalición castelán-navarra. Ao non ter descendencia Bermudo III, o seu cuñado Fernando I aprópiase da coroa leonesa esgrimindo os dereitos da súa muller. O 22 de xuño de 1038 foi unxido rei de León. Á morte de Fernando I no 1065, o seu testamento segue a tradición navarra de dividir os reinos entre os herdeiros:

  • Ao primoxénito, Sancho II, légalle Castela elevando de forma oficial a súa condado hereditario a condición de reino.
  • A Afonso VI outórgalle o territorio achegado pola nai: o Reino de León.
  • Ao terceiro, García, entrégalle o Reino de Galicia.
  • Á súa filla, Urraca, déixalle a praza de Zamora.
  • Á súa filla Elvira, a cidade de Toro.

Sancho II de Castela alíase con Alfonso VI e entre ambos conquistan Galicia. Sancho non contento con Castela e media Galicia ataca ao seu irmán e ocupa León coa axuda de O Cid, co que producese a primeira unión entre os reinos de Castela e León. Grazas a Urraca, en Zamora refúxiase o groso do exército leonés, ao que Sancho pon cerco e onde o rei castelán é asasinado en 1072 polo nobre leonés Vellido Dolfos, retirándose as tropas castelás. Deste xeito Afonso VI recupera todo o territorio, gobernando como Rei de León, Castela e Galicia, mantendo a unión dos reinos de León e Castela efectuada polo seu irmán Sancho. Con todo, seguen existindo dous reinos diferenciados en administración, linguas romances e leis.

Con Afonso VI prodúcese un achegamento ao resto de reinos europeos, especialmente a Francia. Casa ás súas fillas Urraca e Tareixa con Raimundo de Borgoña e Henrique. No concilio celebrado en Burgos no 1080 substitúese o típico rito mozárabe polo romano.

Á morte de Afonso VI sucédelle no trono a súa filla Urraca. Esta casou, en segundas nupcias, con Afonso I de Aragón, pero ao non lograr a unificación dos reinos e debido aos grandes enfrontamentos de clases entre os dous reinos, Afonso I repudiou a Urraca no 1114, o que agudizou os enfrontamentos entre os dous reinos. Aínda que o papa Pascual II anulara o matrimonio anteriormente, seguiron xuntos ata esa data. Urraca tamén tivo que enfrontarse ao seu fillo, rei de Galicia, para facer valer os seus dereitos sobre ese reino, e á súa morte o mesmo fillo sucédelle como Afonso VII, froito do seu primeiro matrimonio. Afonso VII consegue anexionarse terras dos reinos de Navarra e Aragón (debido á debilidade destes reinos causada polo seu secesión á morte de Afonso I de Aragón).

Renuncia ao seu dereito á conquista da costa mediterránea en favor da nova unión de Aragón co Condado de Barcelona (Petronila e Ramón Berenguer IV). Afonso VII intitulase no 1135 Imperator Legionensis et Hispaniae en León.

Século XIII: unión final co Reino de León

Artigo principal: Coroa de Castela.

Afonso VII volve á tradición real da división dos seus reinos entre os seus fillos. Sancho III pasa a ser rei de Castela e Fernando II, rei de León.

De novo a rivalidade entre os dous reinos faise presente ata o ano 1230, cando Fernando III o Santo recibiu da súa nai Berenguela (en 1217) o Reino de Castela e do seu pai Afonso IX (en 1230) o de León. Así mesmo, aproveitou o declive do imperio almohade para conquistar o val do Guadalquivir mentres que o seu fillo Afonso tomaba o Reino de Murcia.

As Cortes de León e Castela fundíronse, momento o que se considera que xorde a Coroa de Castela, formada por dous reinos: Castela e León, así como taifas e señoríos conquistados aos árabes (Córdoba, Murcia, Xaén, Sevilla). Os reinos conservaron o seu dereito (por exemplo, ás persoas do Reino de Castela que eran xulgadas no Reino de León aplicábaselles o dereito daquel Reino).

Goberno: Monarcas, Concellos e Cortes

Como todo reino medieval, o poder supremo pola graza de Deus recaía no rei. Pero comezan a xurdir comunidades rurales e urbanas para tomar decisións sobre problemas da vida cotiá.

Estes Concellos evolucionarán aos que unha parte dos veciños representará ao resto. Así mesmo conseguirán un maior poder como a elección de maxistrados e oficiais, alcaldes, pregoneros, escribanos etc.

Ante o crecente poder dos Concellos, xorde a necesidade da comunicación entre o rei e estes, xurdirán as Cortes no ano 1188 no Reino de León, o cal terá a súa correspondente versión no Reino de Castela no ano 1250. Nas Cortes medievais, os habitantes das cidades eran un grupo reducido, coñecidos como laboratores e non tiñan facultades lexislativas, pero era un punto de unión entre o rei e o reino, algo no cal os reinos de León e Castela foron pioneros.

Pendon del Reino de Castilla
Pendón de Castela

Símbolos do Reino de Castela

No reinado de Afonso VIII de Castela comenzouse a empregar un castelo de ouro, aclarado de azur e mazonado de sable, en campo de gules, como símbolo do Reino de Castela, en escudos e pendóns.

Notas

  1. Nota 13 de FONTES ESPAÑOLAS ALTOMEDIEVALES

Véxase tamén

Outros artigos

Afonso VI de León

Afonso VI, nado contra 1040, e finado entre o 29 de xuño e o 1 de xullo de 1109, foi un nobre do Reino de León.

Era fillo de Fernando I de Castela, o Magno, (1035-1065) e de Sancha I de Galicia, e foi rei de León desde o 27 de decembro de 1065, e de Galicia e de Castela a partir do 6 de outubro de 1072.Así, a partir de 1072 intitulouse rex Adefonsus in Castella et in Legione et in Gallecia (rei Afonso en Castela, en León e en Galicia) ou simplemente en tota Gallecie (toda Galicia). Despois da conquista de Toledo en 1085 autoproclamouse Victoriosissimo rege in Toleto, et in Hispania et Gallecia (Vitoriosísmo rei de Toledo, e de Hispania e Galicia). O papa Urbano II, personaxe perfectamente informado, dirixíuselle nunha carta de 1088 como Regi Ildefonso Gallitia e, na primeira metade do século XII, as crónicas anglo-normandas de Guillerme de Malmesbury titulárono Gallicae Regie mentres a Historia Ecclesiástica de Orderico Vital denominouno rex Galliciae.Os historiadores alcumárono como O Bravo.

Alcalde

Non confundir con alcaide.

Alcalde, termo derivado do árabe قاضي, qāḍī, que significa "xuíz", é un funcionario público que se atopa á fronte da administración local básica dun país ou forma parte dela.

Nos distintos países existe unha ampla variedade de regulacións legais ou consuetudinarias, tanto no relativo ás competencias e responsabilidades do alcalde como na forma en que é elixido.

Historicamente, en partes de Castela o alcalde tamén exercía tamén as funcións de xuíz. Os poboados que ostentaban ese privilexio tiñan o título de vila (ou de cidade). A administración municipal das outras poboacións estaba nas mans dun corrixidor. Por esta razón, as vilas tiñan dereito a erixir un rollo, lugar de axustizamento. Existiu ademais, no Reino de Castela, o cargo de Alcalde de Casa e Corte da súa Maxestade, funcionario xudicial que impartía xustiza na Sala de Alcaldes de Casa e Corte.

O cargo de alcalde ten unha duración normalmente de 4 a 6 anos e pode ser reelixido na maioría dos países. Habitualmente está ao cargo de velar polos intereses dos seus concidadáns, representándoos ante a autoridade xerárquica maior, ademais de impulsar políticas locais para mellorar a súa calidade de vida, como programas de saúde ou deporte, e combater contra a delincuencia, entre outras tarefas.

Berenguela de León e Castela

Berenguela, ou Berengaria, de Castela, nada en Segovia, Reino de Castela en 1179, ou en 1180, e finada o 8 de novembro de 1246 no Mosteiro de las Huelgas, Burgos, Reino de Castela, foi raíña de Castela en 1217, e raíña consorte de León e Galicia entre 1197 e 1204, polo seu matrimonio co rei Afonso VIII de León e Galicia.

Burgos

Burgos é unha cidade española de Castela e León, capital da provincia de Burgos. Conta cunha poboación de 179.097 habitantes, segundo os datos demográficos de 2013, repartidos nunha superficie de 107,08 km², converténdose na 37ª cidade máis poboada de España, e a segunda da comunidade.

Aínda que hai probas de asentamentos neolíticos e da Idade de Ferro, a cidade como tal fundouna o conde castelán Diego Porcelos no ano 884 para frear o avance musulmán. No ano 930 converteuse en capital do condado de Castela primeiro dependente do reino de León e independente despois por actuación do conde Fernán González. Foi a capital do reino de Castela, e de xeito intermitente da Coroa de Castela, desde 1230 ata o reinado dos Reis Católicos. Estes ditaron na cidade, en 1512, as Leis de Burgos; as primeiras leis que a Monarquía Hispánica aplicou en América para organizar a súa conquista. Posteriormente foi a capital da antiga rexión histórica de Castela a Vella, e primeira capital provisional da comunidade autónoma de Castela e León.

Conta cun anel verde e un amplo conxunto monumental entre os cales destacan a catedral de Santa María, expoñente da arquitectura gótica declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, o mosteiro de Santa María la Real de las Huelgas e a cartuxa de Miraflores. Ademais, a cidade é atravesada polo Camiño de Santiago, outro Patrimonio da Humanidade e atópase a menos de 15 km de Atapuerca, tamén baixo a protección da UNESCO desde o ano 2000. O día 13 de xullo de 2010, abriu as súas portas o Museo da Evolución Humana.

Castela

Castela (en castelán: Castilla) é o nome dunha rexión histórica española que se corresponde con parte dos territorios pertencentes ao antigo Reino de Castela.

A primitiva Castela xurdiu durante as orixes da Reconquista na cabeceira do Ebro, ante o pulo de cántabros e vascóns. Dependendo dos autores e as épocas, considérase composto de territorios diferentes. A evolución histórica fai aínda máis imprecisos os seus compoñentes: o Reino de Castela foi nun primeiro momento un condado dependente do Reino de León, que finalmente se separou deste, e posteriormente formou parte, xunto a outros reinos, da Coroa de Castela.

Así, o nome de Castela empregouse na Baixa Idade Media para denominar á Coroa de Castela, o conxunto de todos os territorios dos monarcas da Coroa (por contraposición ao resto de reis hispánicos, os de Aragón, Navarra e Portugal).

Coroa de Castela

A Coroa de Castela foi unha entidade histórica da Península Ibérica que desde o 1230 comprendía un conxunto de reinos asociados dinasticamente baixo a figura dun común monarca, que tiñan o seu centro de decisión no reino de Castela. A súa orixe remóntase ao ano 1230, cando Fernando III o Santo, rei de Castela e de Toledo desde 1217, usurpou o goberno dos reinos de Galicia e León ás súas medias-irmás e previsibles futuras raíñas Sancha e Aldonza..

Nacionalismo castelán

O nacionalismo castelán (tamén chamado castelanismo) é unha ideoloxía orientada a preservar e promover os valores propios e distintivos do que se considera Castela: tradicións, cultura, recursos naturais e humanos, integridade territorial, e o cuestionamento das políticas centralistas de índole identificadora entre o español e o castelán.

Esisten diversos movementos que poden cualificarse de nacionalistas casteláns: xa sexan de índole rexionalista ou nacionalista, á marxe da súa orientación política (esquerdas, socialdemócrata, dereitista...). Remontan as súas raigumes políticas ao Pacto Federal Castelán de 1869, asinado polos representantes e delegados do partido procedentes de 17 provincias castelás. Propúgnase desde entón a unificación deses territorios, considerados de raíz milenaria ou de evolución secular castelá, que estarían compostos por un total de cinco comunidades autónomas actuais: as dúas autonomías nominalmente castelás (Castela e León e Castela-A Mancha), máis Cantabria, Madrid e A Rioxa, ademais diversas comarcas que non pertencen a devanditas comunidades autónomas, pero que formaron parte historicamente do Reino de Castela, situadas ao sueste e suroeste dese mapa pretendido.

Orde do Temple

A Orde dos Templarios foi unha orde medieval, creada en 1118 na cidade de Xerusalén, por nove cabaleiros de orixe francesa, cuxo nome completo era Orde dos Pobres Cabaleiros de Cristo e do Templo de Salomón. Nos séculos seguintes volveuse nunha institución de enorme poder político, militar e económico. A súa divisa era: Non nobis, Domine, non nobis, sed nomini Tuo da gloriam, o que significa «Non a nós, Señor, non a nós, dade a gloria ao Voso nome». Inicialmente as súas funcións limitábanse aos territorios cristiáns conquistados na Terra Santa durante o movemento das Cruzadas, e visaban á protección dos peregrinos que se desprazaban aos lugares sagrados. Nas décadas seguintes, a Orde beneficiouse de innúmeras doazóns de terra na Europa que lle permitiron estabelecer unha rede de influencias en todo o continente.

Pero García de Ambroa

Pero García de Ambroa foi un trobador galego do século XIII.

Natural de Ambroa (Irixoa) e membro da pequena nobreza, participou baixo o mando de Rodrigo Gómez de Tratámara na toma de Córdoba e Sevilla por parte do reino de Castela. Estivo en Montpellier e Rochamadour, ao parecer facendo tempo mentres facía unha suposta peregrinación a Terra Santa.

Estivo activo como xograr na corte de Fernando III , e relacionouse con trobadores do seu tempo na corte de Afonso X o Sabio, onde parece que residiu. Consérvanse del 15 textos: 1 cantiga de amor, 1 cantiga de amigo, 11 cantigas de escarnio e 2 tenzóns con Johan Baveca e Lourenço. Adicoulle unha cantiga de mestría a María Balteira.

Pobo vasco

O pobo vasco (en éuscaro: Euskaldunak) é un grupo étnico que habita na área tradicionamente coñecida como País Vasco (en éuscaro: Euskal Herria), localizada na zona oeste dos Pireneos e na costa do Golfo de Biscaia, na parte norte de España e o suroeste de Francia. Caracterízanse por ter uha lingua, unha cultura e uns devanceiros comúns, os vascóns e os aquitanos.

Príncipe de Asturias

Príncipe de Asturias é o principal dos títulos que ostenta o herdeiro da Coroa Española. Na actualidade é Leonor de Borbón. Regulados polo Real Decreto dende 1977 os títulos históricos dos herdeiros ao trono nos diferentes reinos hispanos son:

Príncipe de Asturias, como herdeiro do Reino de Castela e León con orixe en 1388;

Príncipe de Xirona, como herdeiro do Reino de Aragón con orixe en 1351;

Príncipe de Viana, como herdeiro do Reino de Navarra con orixe en 1423;

Duque de Montblanc, como herdeiro do Principado de Cataluña con orixe en 1387;

Conde de Cervera, como herdeiro do Reino de Valencia con orixe en 1351;

Señor de Balaguer, como herdeiro do Reino de Mallorca con orixe en 1413.Ademais por medio da fundación homónima, cuxa presidencia ostenta, entréganse anualmente os prestixiosos Premios Príncipe de Asturias nun solemne acto en Oviedo, capital do Principado de Asturias.

Real español

Coñécense polo nome de real a dúas unidades monetarias distintas cuñadas, o real de prata e o real de billón, que circularon, ás veces de forma paralela, tanto en España como nos seus dominios coloniais.

A primeira moeda cuñada con esa denominación data do século XIV no reino de Castela.

Reino de León

O Reino de León foi un dos reinos medievais da Península Ibérica que perviviu administrativamente ata o século XIX e que tivo a súa orixe no chamado territorio legionese, aquel que circundaba a cidade de León e que lle deu o nome ao reino.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.