Reino de Aragón

O Reino de Aragón nace en 1035, pola unión dos condados de Aragón, Sobrarbe e Ribagorza na figura de Ramiro I. Prolongarase ata 1707, cando Filipe IV (V de Castela) promulgou os Decretos de Nueva Planta, polos que o reino se integra no Reino de España.

Reino d'Aragón
Regnum Aragoniae

 

 

1035–1707
Bandeira Escudo
Bandeira Escudo
Localización de
Localización do Reino na Coroa de Aragón
Capital Corte itinerante.¹ Desde 1118 Zaragoza é unha da capitais da Coroa de Aragón.
Lingua Latín vulgar, aragonés, catalán e castelán.
Relixión Cristiá
Goberno Monarquía
Rei de Aragón
 • 1035-1063 Ramiro I
 • 1700-1746 Filipe IV
Historia
 • Establecido 1035
 • Disolución 1707
1:Jaca e Huesca foron antigas capitais antes de conquistar Zaragoza.

Orixe: O condado de Aragón

O matrimonio de Andregoto, filla do conde Galindo II de Aragón, co rei García Sánchez I de Navarra, conduciu á unión de ambas as entidades políticas. O Condado de Aragón seguiu conservando unha certa personalidade que fora reforzada polo renacer da vida monástica e a organización dunha diocese coincidente cos límites do condado.

En 1035 Ramiro, fillo de Sancho III de Navarra, une os condados de Aragón, Sobrarbe e Ribagorza, converténdose no primeiro rei de Aragón.

A lexitimidade da nova dinastía lógrana os reis Sancho Ramírez e Pedro I ao pór o reino baixo o amparo da Santa Sé. Así o Reino de Aragón pasou a formar parte dos estados occidentais.

Séculos XI-XII: Expansión do reino

A proxección de Ramiro I para a reconquista da terra chaira viuse excedida con fartura polos seus inmediatos sucesores.

O rei de Navarra, Sancho Garcés IV de Navarra foi asasinado polo seu propio irmán en 1076. Os navarros, non querendo ser gobernados polo fratricida, elixiron polo seu rei a Sancho Ramírez de Aragón, o cal incorporou a coroa de Pamplona á de Aragón.

O rei Pedro I de Aragón (1070-1104) conquistou Huesca en 1095, logo de derrotar a Al-Musta'in II de Zaragoza na batalla do Alcoraz. En 1101 tomou Barbastro e Sariñena, e tomou Tamarite de Litera en 1104. Neste reinado se regulamentou o foro dos infanzóns.

Durante o reinado de Afonso I o Batallador (1104 -1134), no curso de poucos anos, coa valiosa colaboración da nobreza feudal do sur de Francia, conquistáronse os núcleos urbanos e comarcas de Tudela, Tarazona, Calatayud, Daroca e Zaragoza. A toma de Zaragoza supuxo a caída de todo o reino musulmán, cambiando deste xeito radicalmente as estruturas sociais e os horizontes espirituais do pequeno reino de montañeses que ata entón fora Aragón.

O rei Batallador, quen fracasara no seu matrimonio coa reina castelá Urraca, non tivo descendencia. No seu singular testamento, fixo herdeiras dos seus reinos ás ordes militares, pero ninguén pensou en cumprir devandito testamento e os nobres aragoneses, reunidos en Jaca recoñeceron ao seu irmán Ramiro como rei. Pola súa banda, os navarros elixiron a García Ramírez, o que determinou a separación do Reino de Navarra. Nese momento Ramiro era bispo de Roda-Barbastro, pero tivo que ocupar o trono.

A Coroa de Aragón

En 1150 Petronila de Aragón, a única descendente do rei Ramiro o Monxe, contraeu matrimonio con Ramón Berenguer IV, conde de Barcelona. O fillo de ambos, Afonso II, foi o primeiro monarca en herdar os títulos de rei de Aragón e conde de Barcelona.

Fernando II (1479 - 1516) casou con Isabel I de Castela. O neto de ambos, Carlos I, herdou ambas as coroas, pero mantendo cada unha as súas propias leis e costumes.

En 1700, coa morte de Carlos II, foi proclamado rei de Castela e de Aragón Filipe de Anjou, o que provocou a Guerra de Sucesión Española. A Coroa de Aragón púxose de parte do arquiduque Carlos, o outro pretendente. Cando a guerra rematou, Filipe V promulgou os Decretos de Nueva Planta, polos que quedaban abolidas todas as institucións da Coroa de Aragón, que desaparecía e se integraba nun Estado moderno e centralizado.

Véxase tamén

Outros artigos

Aragón

Aragón (en aragonés e castelán: Aragón, en catalán: Aragó) é unha comunidade autónoma con estatuto de "nacionalidade histórica" situada no norte de España, resultante do reino histórico do mesmo nome, que abrangue o tramo central do val do Ebro, os Pireneos centrais e as Serras Ibéricas. Limita ao norte con Francia, ao oeste con Navarra, A Rioxa e Castela e León (provincia de Soria), ao sur con Castela-A Mancha (provincias de Guadalaxara e Cuenca) e a Comunidade Valenciana (provincias de Castelló e Valencia) e ao leste con Cataluña (provincias de Lleida e Tarragona).

O Reino de Aragón, canda o Condado de Barcelona, o Reino de Valencia e o Reino de Mallorca, formaron a histórica Coroa de Aragón; e foi un dos reinos que formaron o Reino de España. Dende 1978 é unha comunidade autónoma española, composta polas provincias de Huesca, Teruel e Zaragoza, e que se articulan en 32 comarcas e 1 delimitación comarcal. A capitalidade reside na cidade de Zaragoza, que concentra a metade da poboación da comunidade. O 23 de abril celébrase a festividade de San Xurxo, día de Aragón.

En Aragón fálanse variedades lingüísticas clasificadas dentro de tres idiomas: o castelán, única lingua oficial e maioritaria; o aragonés, lingua orixinal e histórica falada actualmente no norte da comunidade; e o catalán, falada na franxa oriental.

Bieito XIII, antipapa

Pedro Martínez de Luna, nado en Illueca (actual provincia de Zaragoza) en 1328 e finado en Peñíscola (actual provincia de Castelló en 1423, máis coñecido co alcume de Papa Luna, foi papa na obediencia de Avignon co nome de Bieito XIII, e cardeal desde decembro de 1375. Actualmente está considerado como antipapa.

Condado de Aragón

O Condado de Aragón xorde co matrimonio de Andregoto, filla do conde Galindo II de Aragón, co rei García Sánchez I de Navarra, o que conduciu á unión de ambas as entidades políticas.

O Condado de Aragón seguiu conservando unha certa personalidade que fora reforzada polo renacer da vida monástica e a organización dunha diocese coincidente cos límites do condado.

En 1035 Ramiro I de Aragón, fillo de Sancho III de Navarra, une os condados de Aragón, Sobrarbe e Ribagorza, converténdose no primeiro rei de Aragón.

A lexitimidade da nova dinastía lógrana os reis Sancho Ramírez e Pedro I ao pór o reino baixo o amparo da Santa Sé. Así o Reino de Aragón pasou a formar parte dos estados occidentais.

Coroa de Aragón

A Coroa de Aragón é un termo que adoita denominar á unión permanente de múltiples títulos e estados nas mans do Rei de Aragón. Os reinos compoñentes da Coroa nunca foron unidos politicamente excepto a nivel do rei. Polo tanto, a Coroa de Aragón non debería ser confundida co Reino de Aragón, sendo este mesmo un reino compoñente da Coroa de Aragón.

No cumio do esplendor da Coroa durante o Século XIV e XV, a Coroa de Aragón era unha talasocracia que controlaba unha boa parte do leste da Península Ibérica e o sueste de Francia, así como algunhas illas importantes e outros territorios continentais que se estendían a través do Mar Mediterráneo até Grecia.

En 1479, unha unión dinástica uniu a Coroa de Aragón coa Coroa de Castela, creando o que sería o Reino de España. Os títulos compoñentes da Coroa Aragonesa que herdaba o monarca español perduraron até 1716, cando foron suprimidos polos Decretos de Nueva Planta como unha consecuencia da derrota do pretendente preferido dos antigos gobernantes da Coroa de Aragón no curso da Guerra de Sucesión Española.

Deputación Xeral de Aragón

A Deputación Xeral de Aragón ou Goberno de Aragón (oficialmente: Diputación General de Aragón) é o órgano de goberno que representa o poder executivo da Comunidade Autónoma de Aragón, nacido durante a Transición Española como órgano executivo preautonómico, e unha das institucións propias que integran a Comunidade Autónoma, xunto ás Cortes de Aragón (poder lexislativo), e o presidente da Deputación Xeral, elixido polas Cortes.

A súa sede principal áchase na Real Casa da Misericordia en Zaragoza, edificio tamén chamado El Pignatelli. Ten a súa orixe histórica na Deputación do Xeneral do Reino de Aragón ou Generalidad de Aragón, vixente entre 1364 e 1708.

Década de 1040

A década de 1040 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1040 e remata o 31 de decembro de 1049.

Década de 1350

A década de 1350 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1350 e remata o 31 de decembro de 1359.

Década de 1700

A década de 1700 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1700 e remata o 31 de decembro de 1709.

Galego-portugués

O galego-portugués (tamén chamado galaico-portugués) é a lingua medieval que se falou no noroeste da Península Ibérica que deu lugar ó galego e portugués actuais. Procedía do latín falado na Gallaecia e foi introducido polos colonizadores romanos. É polo tanto unha lingua romance. Tivo especial relevancia cultural durante varios séculos, e disto dan fe os textos medievais conservados nesta lingua.

A lingua considérase formada no século VIII, principalmente coma desenvolvemento do latín vulgar falado polos conquistadores romanos a partir do século II d. C.[Cómpre referencia]O documento da lírica galego-portuguesa máis antigo parece ser a cantiga satírica "Ora faz ost'o senhor de Navarra" de Johan Soarez de Pávia, datado en 1196 por algúns expertos. As recompilacións líricas medievais galego-portuguesas máis importantes que se conservan hoxe son o Cancioneiro da Ajuda, o Cancioneiro da Vaticana, o Cancioneiro Colocci-Brancutti e as Cantigas de Santa María.

O rei Afonso X o Sabio, de Castela, coordinou as Cantigas de Santa María en galego-portugués, que daquela era a lingua por excelencia para a lírica nos reinos de Galicia, León e Castela (estando o reino de Aragón na zona de influencia da literatura occitana). Tamén compuxo algunhas cantigas de amor, mais ningunha de amigo.

Algúns poetas salientábeis incline Bernal de Bonaval, Airas Nunez, Pero da Ponte, Pero Amigo, Xohán de Cangas, e Martín Codax.

O galego-portugués tivo a súa máxima importancia dende finais do s. XII ata mediado o s. XIV.

Languedoc-Rosellón

Languedoc-Rosellón ou Languedoc-Roselló (en catalán: Llenguadoc-Rosselló, en francés: Languedoc-Roussillon, en occitano: Lengadòc-Rosselhon) é unha antiga rexión francesa que agrupaba cinco departamentos. Estaba bordeada ao sur por España e o mar Mediterráneo (golfo de León), e as seguintes rexións francesas: Provenza-Alpes-Costa Azul, Ródano-Alpes, Auvernia e Mediodía-Pireneos. Moitos elementos naturais a rodean: os Pireneos, despois as terras do Lauragais, os Cévennes e o río Ródano. Moitos xeógrafos falaban dun anfiteatro que mira ao mal, en relación ás montañas e as chairas languedocianas e rosellonesas.

Os seus cinco departamentos eran herdeiros das provincias do Antigo réxime do Languedoc e Rosellón. Eran: o Aude (número 11), o Gard (número 30), o Hérault (número 34), o Lozère (número 48) e os Pireneos Orientais (número 66).

No 2004, o consello rexional adoptou un novo logotipo simbolizando o sol, e que levaba a divisa: "Vivir na Septimania".

Dende o 1 de xaneiro de 2016, forma parte da nova rexión de Occitania.

Lingua aragonesa

O aragonés é unha lingua románica falada nas zonas máis setentrionais da Comunidade autónoma de Aragón, ao nordeste de España, onde ten o rango de lingua propia.

Actualmente fálase nas comarcas da Jacetania, Alto Gállego, Sobrarbe e na parte occidental da Ribagorza, aínda que se fala tamén, algo castelanizado, noutras comarcas do norte de Aragón.

Lista de monarcas de Aragón

Lista de reis de Aragón

Príncipe de Asturias

Príncipe de Asturias é o principal dos títulos que ostenta o herdeiro da Coroa Española. Na actualidade é Leonor de Borbón. Regulados polo Real Decreto dende 1977 os títulos históricos dos herdeiros ao trono nos diferentes reinos hispanos son:

Príncipe de Asturias, como herdeiro do Reino de Castela e León con orixe en 1388;

Príncipe de Xirona, como herdeiro do Reino de Aragón con orixe en 1351;

Príncipe de Viana, como herdeiro do Reino de Navarra con orixe en 1423;

Duque de Montblanc, como herdeiro do Principado de Cataluña con orixe en 1387;

Conde de Cervera, como herdeiro do Reino de Valencia con orixe en 1351;

Señor de Balaguer, como herdeiro do Reino de Mallorca con orixe en 1413.Ademais por medio da fundación homónima, cuxa presidencia ostenta, entréganse anualmente os prestixiosos Premios Príncipe de Asturias nun solemne acto en Oviedo, capital do Principado de Asturias.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.