Reino de Alxeciras

O reino de Alxeciras aparece tras a anexión en 1344 do reino meriní de Alxeciras á Coroa de Castela por parte de Afonso XI.

Desde ese momento o título de "Rei de Alxeciras" figurou entre os títulos dos monarcas casteláns, e até a actualidade faino entre os títulos da Coroa de España. Con todo tras a morte de Afonso XI mentres cercaba Xibraltar en 1350, grazas ao enfraquecemento que sufría a Coroa de Castela polas loitas dinásticas que sufría, Muhammed V de Granada puido cercar e reconquistar a cidade en 1369. O rei nazarí reconstruíu as súas murallas e repoboouna, pero en 1379 comprendendo que Castela xa se repuxo das súas loitas internas e que non podería conservar a cidade moito tempo, preferiu destruíla a que volvese a mans castelás.

Tras a destrución de Alxeciras o territorio do seu antigo reino pasou a pertencer sucesivamente a Tarifa, a Xerez da Fronteira e finalmente a Xibraltar, tras a súa conquista definitiva en 1462.

Afonso XI de Castela

Afonso XI de Borgoña, o Xusticeiro, nado en Salamanca o 13 de agosto de 1311 e finado en Xibraltar o 26 de marzo de 1350, foi rei de Castela, Galicia, León e Toledo entre outros reinos, ademais de ser bisneto de Afonso X o Sabio.

Ó morrer, era Rei de Castela, León, Toledo, Galicia, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén, o Algarve, Alxeciras, e Señor de Molina.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.