Refinería da Coruña

Refinería da Coruña é unha empresa galega de refinado de petróleo, inaugurada na Coruña o 11 de setembro de 1964. Está situada nos vales de Bens e Nostián entre os concellos de Arteixo e A Coruña, e actualmente é propiedade de Repsol, con sede en Madrid. Ten unha capacidade de refinado de 120.000 barrís/día e unha extensión dunhas 150 ha.

Coordenadas: 43°21′5″N 8°26′54″O / 43.35139, -8.44833

Repsol
TipoSociedade Anónima
Fundación1964
MatrizRepsol
LocalizaciónA Grela Bens, s/n A Coruña 15008 A Coruña Galicia Galicia
Persoas claveLuis Llamas (director)
IndustriaPetróleo
ProdutosRefinado
Derivados do petróleo
Gas GLP
Número de empregados600 (en 2009)[1]
Páxina webrepsol.com
Pastoriza, Arteixo Galiza 09
A refinería de petróleo de Repsol, no Polígono Industrial da Grela-Bens (A Coruña). Vista dende Pastoriza.

Historia

En 1961 o Ministerio de Industria autorizou a Marathon Oil Company (antiga The Ohio Oil Company) e á Compañía Ibérica de Petróleos, S.A. (PETROLIBER) a construción dunha refinaría de petróleo no norte de España. En 1962 decidiuse a súa construción na Coruña. A normativa de 1964 suxería unha distancia mínima de 2.000 metros ao núcleo de poboación máis próximo. Ese terreo baleiro que separaba a refinaría da cidade da Coruña sería o futuro polígono da Grela. En ampliacións sucesivas a refinaría chegou ata o concello de Arteixo.

Cruzando a cidade dende o porto ata a refinaría hai 14 tubos dun diámetro dende 15 cm ata 60 cm. Un oleoduto de 6,5 km que cruza toda a cidade para levar o petróleo dende o porto á refinaría e os produtos refinados dende a refinaría ata o porto[2].

Repsol ten en concesión a terminal petroleira no porto da Coruña ata 2027 e pendente fixar a data para o seu traslado a Punta Langosteira (Arteixo)[3].

O 12 de maio de 1976 o Urquiola encallou na agulla do baixo das Xacentes partindo en dous. O 3 de decembro de 1992 o buque Aegean Sea encallaba e ardía preto da Torre de Hércules.

En 2011 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fallou a favor do concello de Arteixo na repartición do imposto de actividades económicas que paga Repsol[4]. A Coruña queda co 74,6% e Arteixo co 25,4% do imposto de actividades económicas.

É a primeira refinaría do mundo en obter a certificación enerxética ISO 50001[5].

O 10 de outubro de 2012 produciuse un incendio na refinaría sen danos persoais[6]. En 2018 obtivo certificación ISO 45001 por AENOR.[7]

Produtos

  • Propileno.
  • Nafta.
  • Queroseno.
  • Gases GLP.
  • Gasolina e Gasóleo.

Coque Asfaltos

Notas

  1. "45 años viviendo junto a la "bomba controlada"", El País, 12 de setembro de 2009 (en castelán).
  2. "Un río de oro negro bajo la ciudad", La Opinión, marzo de 2009 (en castelán).
  3. "Repsol mantiene el suspense sobre el traslado a Langosteira", La Voz de Galicia (en castelán).
  4. "A Coruña se persona en el pleito por el reparto del IAE de la refinería", La Opinión, maio de 2012 (en castelán).
  5. "A refinaría de Repsol A Coruña é a primeira do mundo en obter a ISO 50001 de Xestión Enerxética". repsol.com. 13 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2013. Consultado o 17 de xullo de 2012.
  6. Un incendio pone en alerta a la refinería de Repsol laopinioncorna.es
  7. "La refinería logra la certificación de su sistema de seguridad".

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Coruña

A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.850 habitantes (2018); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612) e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.

Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal, sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

Arteixo

Arteixo é un concello costeiro da comarca da Coruña. A súa superficie é de 95,9 km². Segundo o IGE en 2015 tiña 30.950 habitantes (15.471 homes e 15.479 mulleres) (En 2012 30.725, 30.255 no 2010, 27.713 no 2007, 26.739 no 2006, 26.272 no 2005, 25.295 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arteixán».

A súa economía é principalmente industrial. Conta con varios polígonos, coa sede corporativa do grupo téxtil Inditex e a refinería de Repsol. En Punta Langosteira construíuse o Porto Exterior da Coruña.

Castro de Nostián

O castro de Nostián é un poboado pertencente á cultura castrexa situado no lugar de Nostián, cerca da refinería da Coruña.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Meicende, Pastoriza, Arteixo

Meicende é un lugar da parroquia de Pastoriza, no concello coruñés de Arteixo. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 3.669 habitantes (1.860 homes e 1.809 mulleres), o que supón un descenso de 40 habitantes en relación ao ano anterior.

A pesar da súa pertenza ao concello de Arteixo, o núcleo de Meicende atópase 7 km afastado do centro do concello, lindando xa co concello da Coruña e nas proximidades da Refinería da Coruña e da factoría de Alcoa no polígono de Agrela-Bens.

Nostián

O topónimo galego Nostián pode referirse a:

Nostián, lugar da parroquia de Pastoriza no concello de Arteixo;

Nostián, lugar da parroquia de Visma, no concello da Coruña;

Castro de Nostián, un poboado castrexo situado neste último lugar, preto da refinería da Coruña.

Polígono industrial A Grela - Bens

O polígono industrial A Grela - Bens é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no concello da Coruña, promovida polos antecesores da SEPES. Foi creado en 1961, o que o converte no máis antigo de Galicia, e conta cunha superficie de 1 421 818 metros cadrados. Leva o nome das localidades próximas da Grela e Bens.

Nel están instaladas máis de 550 empresas, que xeran máis de 20 000 empregos directos, algunhas de grande relevancia a nivel autonómico como Alcoa, Comar, Hijos de Rivera, R, Alba Conde, Cafés Siboney, Dielectro Industrial, Kina Fernández, Eulen, Ipasa, Repsol, SGL Carbon, Vodafone, Marineda City ou Voz Audiovisual. No polígono teñen sede os concesionarios de Toyota, Opel, Fiat, Ford e Nissan.

Refinaría de petróleo

Unha refinaría de petróleo é unha planta industrial destinada á refinación do petróleo, por medio da cal, mediante un proceso adecuado, se obteñen diversos combustibles fósiles capaces de ser utilizados en motores de combustión: gasolina, gasóleo etc. Ademais, e como parte natural do proceso, obtéñense diversos produtos tales como aceites minerais e asfaltos. O primeiro paso no proceso de refinación é a destilación atmosférica realizada nas unidades de cru. O cru quentado entra na torre de cru na que se separan os diferentes compoñentes do petróleo segundo os seus puntos de ebulición. Obtemos GLP, nafta, queroseno, gasóleo e un compoñente residual chamado refugallo atmosférico. Este residuo quéntase e entra ás unidades sen carga nas que se extrae o gasóleo sen carga, e deixa como produto residual o residuo sen carga.

Repsol

Repsol S.A. é unha sociedade anónima, fundada en 1987 e na súa orixe formada pola agrupación dunha serie de compañías, previamente pertencentes ao Instituto Nacional de Hidrocarburos (INH), con actividades na exploración, produción, transporte e refino de petróleo e gas. Tamén fabrica, distribúe e comercializa derivados do petróleo, produtos petroquímicos e gas licuado e vende gas natural.

O seu nome deriva da marca de lubricantes comercializada por REPESA (Refinería de Petróleos de Vertedoiros), pola súa notoriedade e fácil pronuncia en diferentes idiomas e co obxectivo de transformarse nunha marca líder, de prestixio e recoñecemento mundial. En 1991, o Instituto Nacional de Hidrocarburos (INH) ante a inminente desaparición do monopolio estatal de petróleos fixouse o obxectivo de crear unha empresa de capital mixto público - privado que explotase os activos petroleiros do Estado. Á hora de buscarlle nome realizouse unha enquisa a nivel de rúa e as dúas únicas palabras que a xente recoñeceu e asociou co mundo do petróleo foron CAMPSA (distintivo do antigo monopolio) e REPSOL. Obviamente, elixiuse esta última para dar nome á nova sociedade.

Cando en 1999 Repsol adquiriu practicamente a totalidade das accións da petroleira estatal arxentina YPF, a sociedade pasou a chamarse Repsol YPF, S.A. constituíndo unha empresa multinacional integrada de petróleo e gas natural, converténdose nunha das maiores petroleiras privadas do mundo, con operacións en máis de trinta países, e sendo a maior compañía privada enerxética en Hispanoamérica, en termo de activos.

Repsol opera en máis de 30 países e emprega a máis de 37.000 persoas de múltiples nacionalidades.

O grupo Repsol YPF opera principalmente nas áreas de:

Exploración e produción.

Refino e comercialización.

Química.

Gas e Electricidade.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.