Referendo do estatuto de autonomía de Galicia de 1980

O referendo de autonomía de Galicia de 1980 celebrouse o 21 de decembro, no que votou o 28,26% do censo electoral (2 172 898 electores inscritos). Dos 614 218 votos emitidos, 450 556 foron a prol (o 73,35%), 121 448 en contra e 28 381 en branco. A pregunta do referendo foi “Acepta o proxecto de autonomía para Galicia?”.[1]

A participación xa se supuña que sería baixa[2] polo que na campaña oficial se empregou o lema “Aínda que chova, vota”.[1]

             Galicia             
Referendo do estatuto de autonomía
21 de decembro de 1980
Debate(s) Plebiscito do estatuto

Demografía electoral
Hab. inscritos 2 172 898
Votantes 614 218
Si
  
73.35%
Non
  
19.77%
Branco
  
4.62%

Resultados

Opción Votos %
A prol 450 556 73,35[3]
En contra 121 448 19,77
En branco 28 381 4,62
Nulos 13 833 2,25
Total 614 218 100
Votantes rexistrados/Participación 2 172 898 28,26
Fonte: Congreso.es

Notas

  1. 1,0 1,1 Fernández, Carlos (8-11-2005). "Hemeroteca. Convocado para el 21 de diciembre el referéndum sobre el estatuto de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán).
  2. La abstención, tendencia básica ante el referéndum del Estatuo gallego
  3. Sánchez González, Santiago. "Referéndum sobre el Estatuto de Autonomía de Galicia" (en castelán).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Estatuto de autonomía de Galicia de 1981

O Estatuto de autonomía de Galicia (ou sinxelamente Estatuto de Galicia), é a norma institucional básica de Galicia. No marco da Constitución española de 1978, o Estatuto de Galicia, recoñece a esta comunidade autónoma a súa condición de nacionalidade histórica. Di que os poderes nos que se basea son o propio Estatuto, a Constitución e o pobo galego. Establece un marco democrático de solidariedade entre todos cantos integran o pobo galego.

Tivo o seu precedente no Estatuto de autonomía de Galicia de 1936, aprobado o 28 de xuño de 1936 por maioría en referendo, cando era xefe do goberno da Segunda República Española o galego Santiago Casares Quiroga.

No estatuto recóllese entre outras cousas:

O recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia (e a cooficialidade co castelán)

Os símbolos propios do país galego: bandeira, escudo,...

A división e organización administrativa do territorio en provincias, comarcas e parroquias rurais

O recoñecemento das comunidades galegas no estranxeiro

Facenda e patrimonio propios

Diversas competencias de acordo coa Constitución e as leis de solidariedade entre as comunidades que conforman España.Logo de ser aprobado en referendo polo pobo galego o 21 de decembro de 1980, aínda que cunha moi baixa participación na votación, o 6 de abril de 1981, este estatuto foi asinado por O rei Xoán Carlos I de España, e polo presidente do goberno Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo, no Palacio Real de Madrid.

Bandeira de Galicia Eleccións e referendos de Galicia
Eleccións parlamentarias
Referendos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.