Rede ferroviaria española

Os inicios da rede ferroviaria española remóntanse a mediados do primeiro terzo do século XIX, e desde entón seguiu desenvolvéndose continuamente ata o presente.

Red actual de ferrocarriles de España
Rede actual de ferrocarrís en España, coa excepción de FEVE
La red de ferrocarriles
Rede de ferrocarrís en España durante o século XIX

Historia

Desde finais de 1829 sucedeuse en España unha serie de peticións de construción de ferrocarrís ao Goberno, a través do Ministerio de Fomento e o seu ministro Francisco de Luxán. A primeira liña férrea concedida en España, aínda que non chegou a construírse entón, foi a chamada liña da Raíña María Cristina de Borbón, cuxo tendido debía ir desde Xerez da Fronteira a El Puerto de Santa María e desde esta cidade a Rota e Sanlúcar de Barrameda. O proxecto foi aprobado pola Real Orde do 28 de marzo de 1830. Existe un caderno impreso na Imprenta Española de don M. Calero, en Londres, aquel ano 1830, onde se contén a regulamentación e o plano. O empresario era Marcelino Calero y Portocarrero. Si que se chegou a realizar, en cambio, a que se pode dicir que é a primeira liña de ferrocarril na Península Ibérica, con 28 km, o 28 de outubro de 1848, de Barcelona a Mataró, como concesionario José María Roca, que se abriu ao público o 1 de novembro de 1848. En 1849 solicitouse a concesión á liña de Madrid a Aranjuez, con 49 km; a partir de aí, o número de solicitudes obrigaronn o Goberno a realizar un proxecto de lei de ferrocarrís.

Porén, a primeira liña ferroviaria española foi propiamente en Ultramar, en Cuba: o ferrocarril da Habana a Güines, inaugurado o primeiro tramo ata Bejucal o 19 de novembro de 1837, financiado con capital público e tecnoloxía estadounidense e estreitamente vinculado ás explotacións azucreiras do occidente da illa.

Ancho das vías férreas

Coa Lei de Ferrocarrís declarouse estándar en España un ancho de vías superior ao europeo, que aínda se usa nos nosos días. Equivocadamente crese que esta maior anchura se elixiu para evitar unha posible invasión por vía férrea, pero a realidade é que a xeografía montañosa do noso territorio requiría unha maior potencia nas máquinas de vapor, e iso facíaas máis grandes e pesadas. Isto foi un erro: a potencia dunha máquina de vapor é maior canto máis longo sexa o cilindro; bastaría con empregar locomotoras máis longas, non máis anchas. Esta decisión impediu ata agora a comunicación directa da nosa rede coa de países veciños, motivo polo cal cando se proxectou o AVE se decidiuse usar o ancho de vías europeo.

As compañías ferroviarias

Logo de establecido o marco legal comezaron a crearse en España unhas compañías de explotación ferroviaria; as máis importantes foron:

Descrición da rede ferroviaria Española

Vía doble electrificada
Vía dobre electrificada

Polo tipo de vía

En España distínguense catro tipos:

  • Vía única non electrificada.
  • Vía única electrificada.
  • Vía dobre non electrificada.
  • Vía dobre electrificada.

Polo tipo de control do tráfico

En España distínguense:

  • Bloqueo de sinalización lateral (BSL)
  • Bloqueo telefónico (BT)
  • Bloqueo telefónico centralizado (BTC)
  • Bloqueo eléctrico manual (BEM)
  • Bloqueo automático en vía única (BAU)
  • Bloqueo automático en vía dobre (BAD)
  • Bloqueo automático en vía única con control de tráfico centralizado (BAUctc)
  • Bloqueo automático en vía dobre con control de tráfico centralizado (BADctc)
  • Bloqueo automático banalizado (BAB)
  • Bloqueo automático banalizado con control de tráfico centralizado (BABctc)
  • Control de circulación por radio (CCR)
  • Bloqueo de control automático (BCA)
  • Bloqueo de liberación automática en vía única (BLAU)
  • Bloqueo de liberación automática en vía única con control de tráfico centralizado (BLAUctc)
  • Bloqueo de liberación automática en vía dobre con control de tráfico centralizado (BLADctc)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Anuncio de Sinais e Freada Automática

O ASFA (Anuncio de Sinais e Freada Automática) é un sistema de alarma automático amplamente difundido na rede ferroviaria española. Consiste nun mecanismo que detén o tren en caso de que o maquinista non respecte o indicado nos sinais.

Apeadoiro de Cecebre

Cecebre é un apeadoiro ferroviario de Adif situado na parroquia de Cecebre, no concello de Cambre, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Apeadoiro de Cesantes

Cesantes é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Cesantes, no concello de Redondela, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Estación da Escravitude

A Escravitude é unha estación de tren de Adif, situada no lugar da Escravitude, no concello de Padrón, provincia da Coruña.

Non ten servizos dende que entrou en servizo o eixe atlántico de alta velocidade. Na nova liña e preto da estación da Escravitude construíuse a nova estación de Padrón-Barbanza.

Estación de Baamonde

Baamonde é unha estación de tren de Adif situada en Baamonde, no concello de Begonte, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Estación de Franza

Franza foi unha estación e posteriormente un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Franza, no concello de Mugardos, provincia da Coruña. Actualmente non ten servizos de pasaxeiros.

Estación de Laxosa

Laxosa é un apeadoiro de Adif, situado en Laxosa, no concello do Corgo, provincia de Lugo. Actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de León

A estación de León é unha estación de tren de Adif situada na cidade de León. É de carácter terminal e provisional. Substitúe desde o 18 de marzo do 2011 á histórica Estación do Norte, clausurada ao tráfico con motivo das obras que supoñerán o soterramento das vías férreas coincidiento coa chegada da alta velocidade á cidade leonesa.

A estación está situada xunto á prolongación da avenida Ordoño II e a escasos metros da antiga estación. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Louredo-Valos

Louredo - Valos é unha estación de tren de Adif situada en Louredo, no concello de Mos, provincia de Pontevedra. Actualmente non presta servizos de viaxeiros.

Estación de Miño-Castro

Miño-Castro foi unha estación e posteriormente apeadoiro de tren de Adif situada na localidade de Miño, na provincia da Coruña. Está situado na estrada AC-154, a un quilómetro cara Ferrol e na actualidade non ten paradas comercias.

Estación de Pedrelo-Céltigos

Pedrelo-Céltigos é un apeadoiro de Adif, situado no lugar de Céltigos, no concello de Sarria, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Estación de Rubián

Rubián é un apeadoiro de Adif, situado na vila de Rubián, no concello de Bóveda, provincia de Lugo. Actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Sobradelo

Sobradelo é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Sobradelo, no concello de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense. Ten servizos de Media distancia operados por Renfe.

Estación do Oural

O Oural é un apeadoiro de Adif, situado no Oural, no concello de Sarria, provincia de Lugo. Actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Liña Betanzos - Ferrol

A liña Betanzos Infesta-Ferrol, tamén coñecida como O Ramalillo, é unha liña de ferrocarril de 42,7 km de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. É un trazado curto que busca conectar a cidade de Ferrol e toda a súa área portuaria á rede na estación de Betanzos-Infesta. Segundo a catalogación do Adif é a liña 804.Entrou en funcionamento o 5 de maio de 1913. Foi construída polo propio Estado ao quedar desertas as diferentes subhastas que se celebraron para outorgar a concesión.

Liña León - A Coruña

A liña León-A Coruña é unha liña de ferrocarril de 428,2 quilómetros de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. Une a Meseta con Galicia polo leste percorrendo as provincias de León, Ourense, Lugo e A Coruña. Seguindo a catalogación de Adif é a liña 06-800.

Liña Zamora - A Coruña

A liña Zamora - A Coruña é unha liña de ferrocarril de 453 km de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. Une a Meseta con Galicia polo sur percorrendo as provincias de Zamora, Ourense, Pontevedra e A Coruña.

Seguindo a catalogación de Adif é a liña 822. Foi aberta ao tráfico na súa totalidade por Renfe en 1958 tras unhas longas e complexas obras que duraron máis de trinta anos e se viron afectadas por diversos avatares históricos.En 2015 estase a construír neste corredor a liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.

Longa distancia Renfe

Renfe AVE - Longa Distancia, é a denominación comercial do conxunto de servizos ferroviarios de longo percorrido ofertados por Renfe. Son os trens anteriormente operados baixo a Unidade de Negocio de Grandes Liñas, para comunicar grandes cidades de tódala xeografía española.

Circulan servizos de Longa Distancia por tódala rede ferroviaria española, tanto pola rede de largo ibérico, como por vías de largo estándar internacional. Algúns servizos poden operar nas redes portuguesa e francesa. No pasado tamén se teñen operado servizos até Suíza e Italia.

Renfe

Renfe ou RENFE, acrónimo de Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles, foi o nome comercial do antigo organismo paraestatal español de transporte ferroviario existente como tal entre 1941 e 2004. En 2005 dividiuse en Adif, ente xestor das infraestruturas ferroviarias españolas, e Renfe Operadora, compañía que quedou coa explotación dos ferrocarrís.

Foi fundada o 24 de xaneiro de 1941 por mor da nacionalización de diversas compañías ferroviarias españolas, entre as que destacaban a Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España (1858-1941), a Compañía de los Ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante, M.Z.A, (1856-1941) e a Compañía Nacional de los Ferrocarriles del Oeste e Ferrocarriles Andaluces, xa baixo tutela estatal, desde 1928 e 1936, respectivamente.

O obxecto da creación de RENFE foi rehabilitar a rede ferroviaria española, gravemente danada como consecuencia da guerra civil, ante a situación de quebra económica das empresas ferroviarias que ata entón explotaran a rede. RENFE explotou a rede ferroviaria española desde a súa creación en réxime de monopolio ata o día 31 de decembro de 2004.

A partir da década dos 70 e principalmente na dos 80, RENFE empezouse a rexer por unha política de rendibilidade económica, polo que todas aquelas liñas que non eran rendibles foron pechándose ao tráfico progresivamente. O 1 de xaneiro de 1985 pecháronse máis de 900 km de vías e liñas. Sirvan como exemplo o Santander-Mediterráneo, Andalucía-Levante (ferrocarril do Almanzora), o Valladolid-Ariza, a Vía da Prata etc.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.