Rede de estradas de Galicia

A Rede de estradas de Galicia ou, na súa denominación pola Xunta de Galicia, Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEGA) comprende o conxunto de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia.

Está formada polas estradas cuxo itinerario discorre integramente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que non sexan de titularidade do estado español ou doutros organismos.

Nomenclatura

As estradas da rede reciben unha nomenclatura de acordo coas súas calidades:

Termos Descrición
AG-XX Son as vías que entran na definición de autoestrada e de autovía. Sinalízanse coa cor azul. A velocidade máxima é de 120 km/h.
VG-X.x
CG-X.x
Son as infraestruturas que cumpren moitas das condicións das AG, agás por que só dispoñen dunha calzada. Sinalízanse coa cor verde. A velocidade máxima é de 90 km/h. Podendo ter interseccións a nivel.
AC-XXX
LU-XXX
OU-XXX
PO-XXX
Son as estradas convencionais, ás que se lles asigna unha función segundo como vertebren o territorio. Identifícanse coas cores laranxa, verde e amarelo. A velocidade máxima é de 90 km/h.

Mapa de estradas

O mapa da Rede Autonómica de Estrada de Galicia recolle as estradas de titularidade da Comunidade Autónoma, pintadas en diferentes cores segundo o tipo de rede á que pertencen.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazón externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre estradas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
AC-100

A AC-100 é unha estrada da rede secundaria, de 7 km de distancia. Une as localidades coruñesas do Porto do Barqueiro e O Porto de Bares, ambas as dúas no concello de Mañón.

AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-526

A AC-526 ou Acceso ao Porto de Lorbé da Vía Ártabra é unha estrada da rede primaria básica dependente da Xunta de Galicia. Considerado como o "treito III" da Vía Ártabra, foi aberto ao tráfico o 3 de abril de 2017, logo de que as obras fosen adxudicadas en 2009.

Este vieiro ten 1,1 quilómetros. Consta dunha sección de dous carrís de 3,5 metros de largo e beiravías de 1,5 m. A obra foi executada grazas a un convenio asinado en 2008 por Portos de Galicia e as Consellarías de Mar e Infraestruturas e tivo un investimento de 1,689,881.11 euros .

AC-527

A AC-527 ou Variante de Oleiros da Vía Ártabra é unha estrada da rede primaria básica dependente da Xunta de Galicia.

As obras para a súa construción empezaron no outono de 2009. En 2011 decidiuse que este ramal sería de vía convencional para lle dar maior permeabilidade á capital municipal, dotándoo de rotondas e pasos peonais, porén si se levou finalmente a cabo a instalación dun valado como corresponde a unha vía de alta capacidade.

O 30 de xuño de 2012, inaugurouse un primeiro tramo de 700 metros, o resto entraría en servizo canda a AG-13, en setembro de 2013.

AC-550

A AC-550 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Cee e Ribeira, logo de 107 quilómetros. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

AC-862

A estrada autonómica AC-862 é unha vía pertencente á Rede Primaria Básica convencional da Rede de estradas de Galicia. Parte do límite municipal de Ferrol con Narón e termina o seu trazado no límite coa provincia de Lugo, no termo municipal do Vicedo, tras cruzar o Río Sor. Anteriormente denominábase C-642.

LU-109

A LU-109 é unha estrada da rede secundaria, ramal da LU-546, correspondente á antiga C-546 ao seu paso por Ribas Altas (Lugo) antes da construción da actual circunvalación.

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-642

A LU-642 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-546 no Oural (Sarria) con Ferrería do Incio.

LU-643

A LU-643 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-652 en Bóveda coa LU-644 en Laiosa (O Incio).

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

OU-540

A estrada OU-540 é unha vía que une a cidade de Ourense con Portugal. Esta estrada é a principal vía de comunicación coa cidade das Burgas para os 29.975 habitantes (2009) que residen nas comarcas da Terra de Celanova e a Baixa Limia, onde se atopan vilas como Celanova, Bande ou Lobios.

Orixinalmente formou parte da estrada nacional N-540.

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

PO-307

A PO-307 é unha estrada convencional que vai da parroquia de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa, ata a Illa de Arousa, sendo a ponte que forma parte desta estrada a única que une a illa co continente. A Xunta de Galicia é a administración propietaria da estrada, formando parte da súa rede primaria complementaria.

PO-960/AC-960

A PO-960 (na provincia de Pontevedra)/AC-960 (na provincia da Coruña), é unha estrada que une as localidades de Vila de Cruces e A Susana (Santiago de Compostela); atravesando os concellos de Boqueixón e Touro. Ten unha lonxitude de 32 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-525 na Susana (Santiago de Compostela) e finaliza nun cruzamento coa PO-905 (Vila de Cruces-Arzúa). Ten conexión con outras vías como a AC-240 e a AC-261.

VG-2.1

A VG-2.1 é unha vía galega de altas prestacións que serve de enlace entre o corredor CG-2.1 e a estrada LU-617 de acceso á cidade de Monforte de Lemos. É propiedade da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia.

Ten un percorrido de 2,59 quilómetros entre o punto quilométrico 4,3 do CG-2.1 e a rotonda que enlaza coa LU-617, que no tramo urbano de Monforte recibe o nome de rúa de Chantada.

Galicia Rede de estradas de Galicia Galicia
Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.