Rede Natura 2000

A Rede Natura 2000 é o proxecto de conservación de hábitats naturais e de especies raras ou en risco de extinción da Unión Europea.[1] A rede creouse para protexer hábitats e especies coñecendo que a cantidade de especies animais en perigo de extinción ou en retroceso eran arredor do 25% do total de especies existentes.[1][2] No 2017 esta rede compoñíase de 27 mil espazos e 1 millón de km2 protexidos, chegando a ser o 18,4% do territorio terrestre e o 6% do espazo mariño da Unión Europea. Con iso, é a maior rede coordinada de espazos naturais protexidos do planeta.[1][3]

A Rede Natura componse de zonas especial de conservación (ZEC) e de zonas de especial protección para as aves (ZEPA). Inicialmente, logo de ser propostos polos gobernos rexionais, decláranse lugares de importancia comunitaria (LIC) que a Unión Europea avalía e acepta. Unha vez que esa avaliación inicial remata os gobernos locais proceden a lexislar e converter os lugares de importancia comunitaria en zonas de especial conservación.[4]

Os espazos da Rede Natura están en estados iniciais de planificación da súa conservación e son polo xeral de áreas protexidas pequenas e con alta presión agrícola, de medios de transporte ou urbanización. Os espazos varían tanto en extensión que van só da protección dunha árbore, como o espazo Kačja smreka esloveno ata rexión como a de 97 millóns de ha. de Groenlandia.[5] A Rede Natura non pretende só illar aos espazos da sociedade senón darlle outro valor produtivo ao entorno, desde o aproveitamento de terras tradicional ata o turismo só que son de xeito sustentable para o entorno natural, e evitar riscos derivados dun mal asentamento das poboacións no territorio como son as inundacións ou as secas.[3]

As Illas Cíes
As Illas Cíes, o espazo natural declarado como ZEPA en 1988 e agora dentro da Rede Natura 2000.

Historia da Rede Natura 2000

O Consello da Unión Europea creou a Rede Natura 2000 en 1992 coa aprobación do decreto 92/43/CEE e coa intención de conservar os hábitats que pola súa pola súa flora e fauna teñen un interese de conservación da biodiversidade. Amparados por esa nova lei, declaráronse dentro da rede aqueles espazos da Directiva de Aves que se creara en 1979 e a nova Directiva de Hábitats de 1992.[3][4] Esta iniciativa xorde da necesidade de cumprir os obxectivos da lei de 1979 para a conservación de aves e do compromiso adquirido no Convenio sobre da Diversidade Biolóxica das Nacións Unidas no Cumio da Terra dentro da Conferencia de Río de Xaneiro en 1992, evento que a Unión Europea fomentou e no que se comprometeu a preservar a biodiversidade do continente.[3]

O tratado de constitución da Unión Europea xa incluíra o obxectivo común de conservar e protexer o medio natural.[6] Coa aprobación da lei DC 92/43/CEE inicia o proxecto que denomina Natura 2000 para protexer ou restablecer o estado de conservación de zonas que designa como de interese.[6]

A Rede Natura 2000

Asignación dos espazos

A Directiva Hábitat 92/43/CEE europea establece que os membros da unión deben entregar unha Lista Nacional de lugares (pLIC), onde se especifican os espazos naturais e o motivo de interese para a súa conservación e protección. Esa lista é avaliada por unha comisión europea específica e aqueles lugares que se valoran positivamente reciben a mención de lugares de importancia comunitaria (LIC, en inglés SAC de Special Areas of Conservation). Os gobernos locais, en sucesivos procedementos, deben declarar e xestionar eses espazos LIC declarándoos e converténdoos en zonas especial de conservación (ZEC, ou SPA do inglés Special Protection Areas).[7]

Aos espazos ZEC súmanselle as zonas de especial protección para as aves (ZEPA), formando ambas a Rede Natura 2000.[7]

Rexións

A Rede Natura considera de interese de conservación ata 230 tipos hábitats.[3] A grandes rexións que nas que se clasifican os espazos protexidos na Rede Natura son:[8]

  • Rexións bioxeográficas:
  • Rexións Mariñas:
    • Mariña Atlántica
    • Mariña Mediterránea
    • Mariña Mar Negro
    • Mariña Macaronésica
    • Mariña Mar Báltico

As rexións mariñas introducíronse a partir da aprobación en 2010 do plano estratéxico de conservación de 2011 a 2020. Enfocouse en 11 estados e marcou como obxectivo a conservación do 10% das augas mariñas, cando para os espazos terrestres se estableceu no 17%.[9]

Especies protexidas pola Directiva Hábitat

Enseada de San Simón, Rede Natura 2000
Sinalización da Rede Natura 2000 na Enseada de San Simón.

O programa de conservación considera un listado de 1.000 especies con diferente interese de conservación: 587 especies vexetais, 324 de fauna, e 195 especies de aves, e outros taxons.[3] Delimitáronse as áreas considerando esas especies do seguinte xeito:[10]

  • Designáronse como áreas conservación principais aquelas nas que arredor de 900 desas especies estaban presentes.[11]
  • Designáronse como áreas en estrito réxime de protección aquelas que habitan arredor de 400 especies con alto interese de preservación.[12]
  • Designáronse como áreas nas que os estados teñen que velar dun xeito estrito e ver a compatibilidade da preservación coa de explotación dos recursos dese espazo natural.[13]

Considéranse como especies de interese cinco especies de grandes carnívoros e as especies da lista vermella de especies en perigo de extinción que desenvolveu a IUCN, tras un estudo de conservación de 6.000 especies en posible risco.[10] Dende a aprobación da Directiva de Aves de 1979 se prestou interese de conservación de aves, e iso reflectiuse no inicio da rede en 1992 con prestar especial interese na súa conservación. Arguméntase que o desenvolvemento urbano e de transportes en Europa supón un risco elevado para a riqueza de aves en Europa, e que iso se reflicte en que o 43% das especies de aves está en decadencia ou en risco de extinción. As listas da rede natura consideran como de prioridade de conservación 193 especies de aves.[14]

Xestión dos espazos

Os obxectivos da designación dos espazos na Rede Natura que se marcaron como obxectivo para o 2020 teñen son, por orde de importancia e prioridade, a:[15]

  • Protección de especies e hábitats,
  • O mantemento e a restauración de ecosistemas,
  • Acadar unha agricultura e aproveitamento forestal sostible,
  • Chegar a un sistema de pesca sostible,
  • Acadar coa perda da biodiversidade global.

Acadar estes obxectivos é unha obriga das administracións que teñen competencia sobre dos territorios a conservar.[15]

A Rede Natura 2000 en España e Galiza

España

En España hai 1.467 ZECs ocupando rexións bioxeográficas Atlánticas, Alpinas, Macaronésicas e Mediterráneas, e augas de rexións mariñas Atlánticas, Macaronesias e Mediterráneas. Supoñen unha zona de conservación do 27% do territorio, que son 210.000 km2 de medio terrestre e 72.500 km2 de mar. Os hábitats catalogados son 118 e o listado de especies de interese de conservación é de 263, das cales 125 son de conservación prioritaria. As zonas de especial protección das aves son 644 espazos. Segundo as directrices europeas, a rede estatal de conservación foi declarada como incompleta en 2011 e actualmente está no proceso de ampliación.

Galicia

A rede galega de espazos naturais, que ampara todos aqueles declarados por normativas autonómicas, estatais ou da Unión Europea ou convenios internacionais; supoñen o 12% da superficie do territorio galego. A rede galega ampara a costas e o medio mariño, lagoas e ríos, serras ou fragas. O fomento, a consolidación, a promoción e o control de actividades na Rede Natura no territorio galego correspóndelle á Goberno de Galicia. Porén, correspóndelle ao Goberno Español a realizar as propostas de LICs, e declarar os ZECs e ZEPAs cando os espazos considerados son áreas mariñas de soberanía e xurisdición estatal. A base reguladora dos espazos é a Lei 9/2001 da conservación da natureza.[6][16][17] O goberno galego establece a través do "plan de ordenación de recursos naturais (PORN)" o xeito de aplicación da lei do 2001 e o regulamento de conservación da natureza do 2007 como se implementan os obxectivos da Rede Natura 2000 no territorio galego.[4]

Galicia conta con 59 ZECs, que son 375.754,19 ha. (348.308,69 terrestres e 27.445,50 mariñas) e con 16 ZEPAs, que son 101.469,41 ha. (88.405,34 terrestre e 13.064,07 mariñas).[7] Estas zonas están clasificadas a nivel bioxeográfico como de área litoral, zonas húmidas, corredores fluviais ou áreas de montaña.[6] 55 do 59 ZECs están dentro da rexión bioxeográfica Atlántica, e os demais na Mediterránea.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Natura 2000 - Environment - European Commission". Consultado o 2017-07-14.
  2. "PLANO DE ACÇÃO DA UE SOBRE BIODIVERSIDADE: AVALIAÇÃO DE 2010 (Luxemburgo: Oficina de Publicacións da Unión Europea, 2010)." (PDF)..
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 María Soledad Gallego Bernad (2014). La Red Natura 2000 en España. Régimen jurídico y análisis jurispridencial. (PDF). SEO/Birdlife, Life+ Activa tu auténtica riqueza. Red Natura 2000. p. 440.[Ligazón morta]
  4. 4,0 4,1 4,2 "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Decreto do DOG nº 62 do 2014/3/31. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-14.
  5. "Protected areas". Biodiversity Information system for Europe. Consultado o 2017-07-14.[Ligazón morta]
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 (Dirección Técnica) Ricardo García-Borregón Millán, Rogelio Fernández Díaz, Belén Bris Marino (Redacción) Pablo Ramil Rego, Rafael Crecente Maseda, Javier Ferreiro da Costa, Boris Alejandro Hinojo Sánchez, Belén de Nóvoa Fernández, Marco Antonio Rubinos Román, Manuel Antonio Rodríguez Guitián, Enrique Valero Gutiérrez del Olmo, Juan Picos Martín, Xana Álvarez Bermúdez, Víctor Estévez González, Enrique Urcola Fernández-Miranda, Patricio Aguilar Cavanillas, Lucía Martínez de la Fuente (Xuño de 2012). Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia, Documento de síntese (PDF). Santiago de Compostela. p. 253.
  7. 7,0 7,1 7,2 "Red Natura 2000 - Información disponible - Banco de Datos de la Naturaleza (BDN) - Servicios - Biodiversidad - mapama.es". Consultado o 2017-07-14.
  8. "BOE.es - Documento DOUE-L-2011-81472". Consultado o 2017-07-14.
  9. "Marine protected areas". Biodiversity Information system for Europe. Consultado o 2017-07-14.[Ligazón morta]
  10. 10,0 10,1 "The Habitats Directive - Environment - European Commission". Consultado o 2017-07-14.
  11. Listado do Anexo II do acordo da Directiva do Consello DA 92/43/EEC do 21 de maio 1992 que versa sobre da conservación de hábitats naturais e de flora e fauna salvaxe, O.J. L206, 22.07.92
  12. Listado do Anexo IV do acordo da Directiva do Consello DA 92/43/EEC do 21 de maio 1992 que versa sobre da conservación de hábitats naturais e de flora e fauna salvaxe, O.J. L206, 22.07.92
  13. Listado do Anexo V do acordo da Directiva do Consello DA 92/43/EEC do 21 de maio 1992 que versa sobre da conservación de hábitats naturais e de flora e fauna salvaxe, O.J. L206, 22.07.92
  14. "Wild Birds - Conservation - Environment - European Commission". Consultado o 2017-07-14.
  15. 15,0 15,1 "Natura 2000 - Environment - European Commission". Consultado o 2017-07-14.
  16. "A Dirección Xeral de Patrimonio Natural - CMAOT, Xunta de Galicia.". Consultado o 2017-07-14.
  17. "La Red Natura 2000 en España - Red Natura 2000 - Espacios protegidos - Biodiversidad - mapama.es". Consultado o 2017-07-08.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Complexo Intermareal Umia-O Grove

O Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira é un espazo natural terrestre e mariño declarado como catalogado zona especial de conservación e zona de protección de aves desde 1990. Está situado na ría de Arousa e esténdese polos concellos de Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia e a Illa de Arousa, cunha extensión total de 7490 hectáreas. Como espazo comprendido dentro da Rede Natura 2000, inclúe tamén as illas Ons e Onza.

Cíes

As Illas Cíes, chamadas no pasado Illas de Baiona forman un arquipélago situado na boca da ría de Vigo, pertencente ás Rías Baixas, na provincia de Pontevedra, Galiza. As illas pertencen ao concello de Vigo, aínda que eclesiasticamente pertencen á parroquia de Santiago de Cangas e Illas Cíes de Cangas. Foron declaradas parque natural en 1980, e están incluídas no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza creado o 1 de xullo de 2002. Son tamén unha zona especial de conservación (ZEC) e, polas importantes colonias de aves mariñas, contan coa declaración de Zona de Especial Protección para as Aves da Rede Natura 2000.

Espazo natural protexido

Un espazo natural protexido, área protexida ou espazo de conservación, é unha paraxe terrestre ou mariña definida xeograficamente e que se protexe coa finalidade de conservar a súa biodiversidade e os seus hábitats. Préstaselles atención pola súa importancia no ecosistema ou o seu valor engadido de importancia cultural.

Nestes espazos, ben por interese gobernamental ben asociativo, aplícanse accións de preservación do ecosistema para manter os seus servizos ou melloralos, se é que teñen zonas degradadas por actividade humana. A finalidade da protección soe ser a de paliar o impacto humano nos procesos do ecosistema, que provocan unha redución da biodiversidade, e a de garantir que os ecosistemas se conserven para as futuras xeracións.

Hai diferentes tipos de espazos naturais protexidos segundo a categoría que as leis de cada país lle outorguen ou a regulación de convenios de organizacións internacionais, como a Rede Natura 2000 da Unión Europea ou as Reservas da biosfera da UNESCO. Moitos dos espazos mariños protexidos soen incluír áreas mariñas extensas e ser transfronteirizos, polo que a súa conservación é un compromiso internacional.

En 2016 só o 14,8% (161 millóns km2) da superficie terrestre e as augas continentais, o 12,7% (3,6 millóns de km2) da costa e o 5,1% (3,6 millóns de km2) das augas oceánicas estaba protexidas por algunha categoría de espazo natural.

Lugar de importancia comunitaria

Os Lugares de importancia comunitaria (LIC) son espazos naturais europeos que foron designados polos estados membros europeos como candidatos a ser declarados zona especial de conservación da Rede Natura 2000.Estes lugares, seguindo a directiva 92/43/CEE da Unión Europea, foron propostos polos estados membros perante un comité científico avaliador. O comité avalía o interese de conservación do espazo, polas súas características dos seus ecosistemas ou a súa biodiversidade, fauna ou flora silvestres; ou do se potencial contribuíndo a restaurar hábitats. Se o proceso de avaliación finaliza de xeito positivo, os lugares de importancia comunitaria poden ser declarados polo estado membro onde se atopa como zonas especiais de conservación (ZEC), o cal significa a súa entrada na Rede Natura 2000. Desde o momento de aprobación polo comité europeo ata a declaración de ZEC polo estado membro non poden pasar máis de seis anos. Unha vez declarado ZEC, a Unión Europea realizará un seguimento continuo do cumprimento de conservación dese espazo natural.

Lugares de importancia comunitaria en Galicia

En Galicia existen 21 novas propostas de lugares de importancia comunitaria (LIC) e 28 de ampliación de zonas especiais de conservación (ZEC) desde 2011. Esta proposta da Xunta de Galicia, e por solicitude da Comisión Europea, suporía aumentar a Rede Natura 2000 galega en 154.174 ha. e acadar, se se aprobase, un total de 528.609 ha. protexidas polos ZEC e ZEPAs.

Macizo Central ourensán

O Macizo Central ourensán é un espazo natural montañoso formado pola serra de Queixa, serra de San Mamede, serra do Fial das Corzas e os Montes do Invernadeiro. Este macizo é unha área protexida coa cualificación de zona especial de conservación (ZEC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso cualificación como parque natural.O Macizo Central ourensán esténdese polos concellos do O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Maceda, Castro Caldelas e Montederramo.

A zona acolle a beira do seu cumio máis alto, Cabeza de Manzaneda (1.780 m), a única estación de esquí de Galicia (Estación de montaña Manzaneda).

Monte Pindo

O monte Pindo é un macizo granítico de 627 metros de altura que se atopa no concello coruñés de Carnota.O monte Pindo xunto con outros ecosistemas como as praias de Carnota, forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Carnota - Monte Pindo dentro da Rede Natura 2000. Ese ZEC de Carnota - Monte Pindo ten unha superficie de 4 629 ha e abrangue os concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.

Parque Nacional de Cabañeros

O Parque Nacional de Cabañeros é un parque nacional de España, situado entre as provincias de Cidade Real e Toledo, en Castela-A Mancha. O territorio conta tamén con outras figuras de protección no marco da Rede Natura 2000: é unha zona de especial protección para as aves (ZEPA) e un lugar de importancia comunitaria (LIC).

Constituíuse como parque nacional o 20 de novembro de 1995, sendo o segundo de Castela-A Mancha despois do das Tablas de Daimiel. En 1988 xa fora declarado parque natural polo Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha.

O parque alberga unha das mellores representacións españolas de bosque mediterráneo, tanto polo seu elevado grao de conservación, como pola representatividade dos distintos sistemas ecolóxicos asociados. Entre os seus principais valores naturais están os bosques e matogueiras mediterráneos, algúns enclaves relícticos de vexetación atlántica, bosques de ribeira, turberas e herbais, coa flora e fauna asociada a cada uns destes ecosistemas, entre as que se atopan algunhas especies en perigo de extinción como a aguia imperial.

Debe o seu nome ás chozas utilizadas tradicionalmente por pastores e carboeiros como refuxio temporal dos seus labores no campo. Estas cabanas de forma cónica teitábanse utilizando vexetación da contorna e eran usadas polos poboadores dos Montes de Toledo.

Parque Nacional do Arquipélago de Cabrera

O Parque Nacional Marítimo - Terrestre del Arquipélago de Cabrera é un conxunto de illotes españois pertencente ao arquipélago balear que foi declarado Parque Nacional Marítimo Terrestre o 29 de abril de 1991 mediante a Lei 14/1991.Ten un gran valor natural, xa que, debido ao seu illamento ao longo da historia, chegou ata os nosos días practicamente inalterado: a paisaxe litoral de Cabrera pódese considerar un dos mellor conservados das costas españolas, e un dos mellores de todo o Mediterráneo. Acubilla así mesmo importantes colonias de aves mariñas e especies endémicas.

O parque é tamén é zona especial de conservación (ZEC) e, debido á súa riqueza biótica e á abundancia e variedade de aves, unha zona de especial protección para as aves (ZEPA), co cal está integrado na Rede Natura 2000. Ten tamén a categoría de Zona especialmente protexida de importancia para o Mediterráneo (ZEPIM) do protocolo de áreas mariñas protexidas do Convenio de Barcelona para a protección do Mar Mediterráneo.

Parque nacional

Un parque nacional é, no marco lexislativo español, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente. Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.

O único parque nacional galego é o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O termo de parque nacional pode ser unha figura legal similar noutros estados para a conservación de espazos naturais.

Parque natural

Un parque natural é, no marco lexislativo galego, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente. Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.

Praia de Carnota

A praia de Carnota é un areal localizado no litoral do concello coruñés de Carnota. Cos seus máis de sete quilómetros de lonxitude, está considerada como a máis grande de Galicia. Con baixamar o areal supera os 500 metros de longo nalgúns tramos.

A súa lagoa interior e zona de marismas e dunas dálle acubillo a unha grande variedade de aves migratorias, o que fai especialmente perigoso a deterioración ecolóxica á que vén sendo sometida nos últimos anos -foi unha das afectadas pola marea negra do Prestige-.

A praia de Carnota forma un espazo natural xunto co Monte Pindo o espazo natural Carnota-Monte Pindo catalogado coma Lugar de Importancia Comunitaria e que se atopa incluído na Rede Natura 2000. O espazo ten unha superficie de 4.629 ha. e abrangue aos concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.

Pola súa riqueza e variedade de ecosistemas, así como pola súa inestimable beleza, a praia de Carnota foi considerada pola revista xermana Traum Sträde unha das cen mellores do mundo. Así mesmo o boletín de novas rentalia.com, nunha sondaxe na que contaron máis de dúas mil opinións, sitúaa entre as tres mellores de Galicia.

Reserva da biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é unha reserva da biosfera declarada o 28 de maio de 2013, que abrangue 17 concellos das comarcas da Coruña, Betanzos e Terra de Melide. A reserva ten unha superficie de 113.970 hectáreas e nela vive unha poboación dunhas 190.000 persoas.

Dentro da reserva inclúense varias zonas de especial conservación da Rede Natura 2000 e un monumento natural.

Ría de Ribadeo

A ría de Ribadeo, ou ría do Eo, é formada a partir do río Eo xunto con outros ríos menores, como o río Grande, como un entrante do Cantábrico. Está situada no nordeste de Galiza e oeste de Asturias, actuando como fronteira natural. Ten 10 km de lonxitude e unha largura abondo constante duns 800 m, estreitándose ata os 600 m preto da boca, circunstancia aproveitada para construír sobre ela a Ponte dos Santos, e abríndose abondo máis á altura da enseada de Arnao, xusto á beira da súa boca, ou na enseada da Liñeira, fronte a Ribadeo, ambas na parte oriental.

A ría e o seu espazo natural da parte galega están amparados polas figuras de protección de zona especial de conservación, zona de especial protección para as aves e zona húmida protexida, e a parte asturiana como reserva natural parcial. O conxunto da ría de Ribadeo está dentro da Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón e dentro do programa internacional de zonas húmidas Ramsar.

Serra do Careón

A serra do Careón é unha serra e espazo natural declarada como zona especial de conservación (ZEC) que abrangue as concas dos río Furelos e Seco ata que chegan ao río Tambre polo sur. Así é que a maior área do espazo está nos concellos de Toques, Melide e Santiso, na Terra de Melide. Ten parte na áreas próximas da comarca da Ulloa e de Lugo: en Friol e Palas de Rei.Como así o recoñece o Instituto Xeolóxico e Mineiro, este espazo destaca por ser o máis extenso afloramento de rochas ultrabásicas na península Ibérica, que vai desde Sobrado ata o sur de Melide, e catalogouse como o PIG C-17: Pregamentos tombados no complexo ultrabásico de Melide. Destacan tamén a súas extensas áreas de matogueiras, como nas Gándaras de Melide.

Zona de especial protección dos valores naturais

As zonas de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) foron unha categoría de espazo natural protexido dentro dentro da lexislación galega cunha finalidade de conservación e protección ambiental. Esa categoría introduciuse coa da Lei 9/2001 de conservación da natureza para acoller a espazos como os da rede Rede Natura 2000. Porén, retirouse coa revisión desa lei, trala aprobación da Lei 5/2019 do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, por coincidir todos os ZEPVN cos espazos da rede natura aprobados. Isto é, todos os espazos naturais galegos da Rede Natura 2000, que son as zonas especial de conservación e as zonas de especial protección para as aves, foron ata ese ano zonas de especial protección dos valores naturais.Esa categoría amparaba aos espazos naturais, culturais e de interese científico que non gozan dunha categoría superior na lexislación estatal. Nas áreas nomeadas como ZEPVN podíanse seguir levándose a cabo actividades tradicionais sempre e cando non poñan en risco o espazo natural ou patrimonio cultural protexido.

Zona de especial protección para as aves

As Zonas de especial protección para as aves (ZEPA), son catalogadas polos estados membros da Unión Europea como "zonas naturais de singular relevancia para a conservación da avifauna ameazada de extinción", de acordo co establecido na directiva comunitaria 79/409/CEE e modificacións subseguintes («Directiva das Aves» da UE).A convención parte do recoñecemento de que as aves do territorio europeo son patrimonio común e han de ser protexidas a través dunha xestión homoxénea que conserve os seus hábitats. Por iso, nas zonas de protección prohíbese ou limítase a caza de aves, regúlase a posíbel comercialización; e asúmese a obriga dos estados de actuar para conservar os hábitats e preservar as condicións ambientais que as aves precisan para o seu descanso, reprodución e alimentación.

Zona especial de conservación

As zonas especiais de conservación (ZEC) son, segundo a Directiva de Hábitats (92/43/EEC), espazos naturais con interese de conservación polos seus hábitats e especies de interese ou en risco e que declara a Comisión Europea. Protexen a máis de 220 hábitats e máis de 1000 especies catalogadas nos anexos I ou II da directiva.As zonas especiais de conservacións son espazos naturais escollidos polos estados membros da Unión Europea dentro das candidaturas de lugares de importancia comunitaria (LIC) que propuxeron os estados membros. Unha vez declarados, correspóndelle aos estados aplicar as medidas de conservación e protección dos hábitats.

As ZEC, e igual que as zonas ZEPAs para aves, están dentro da Rede Natura 2000 e poden complementar a outras áreas protexidas dentro das redes de conservación de cada estado membro. As ZEC forman parte doutro compromiso de "áreas de especial interese de conservación" da Rede Esmeralda dentro da Convención de Berna: "Convención de conservación da vida salvaxe e hábitats naturais".

Zonas especiais de conservación en Galicia

A Rede Natura 2000 galega conta con 59 zonas especiais de conservación (ZECs) que foron aceptadas e declaradas pola Comunidade Europea e que son xestionadas pola Xunta de Galicia. Ademais á fronte da costa galega está tamén o Banco de Galicia, que foi declarado como ZEC e que está xestionado polo Goberno de España, xa que está en augas da súa competencia.

Desde 2011 existe unha proposta de ampliación de 21 novos lugares de importancia comunitaria (LICs) e de ampliación do espazos que ocupan outros 28 ZECs xa declarados, tal e como lle suxeriu a Unión Europea a Galicia. Considerando tamén a área dos LICs, contaríase así con 389.737 ha. protexidas de territorio litoral e terrestre (excluíndo ao Banco de Galicia).

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.