Recinto Feiral de Pontevedra

O Recinto Feiral de Pontevedra é un edificio deseñado polo arquitecto Manuel Casas e inaugurado en decembro de 1998. O seu propietario é o Concello de Pontevedra.

Coordenadas: 42°26′09″N 08°38′22″O / 42.43583, -8.63944

Feira Pontevedra
Feira semanal ao pé do recinto.

Características

Está situado nun terreo recheo á beira do río Lérez. Está unido ao Pazo da Cultura, co cal forma un único conxunto arquitectónico.

Ten unha lonxitude de 163 metros, 34,4 de largo e 15,2 de altura; en total ten 7500 m² de superficie, conta cun aparcadoiro descuberto con capacidade para 230 vehículos. Os sábados pola mañá alberga a feira. É sede doutros eventos, como o Cultur.Gal ou a feira de moda Pontus Veteris.

Pazo da Cultura de Pontevedra

O Pazo da Cultura de Pontevedra é un edificio que funciona como pazo de congresos e exposicións, sito na zona norte da cidade, á beira do río Lérez, á altura da ponte dos Tirantes.

Forma parte dun conxunto de edificios unidos construídos en 1998, cunha superficie de case 10.000 m², que alberga un auditorio con capacidade para 772 persoas, un restaurante, salas de prensa, sala de exposicións, oito aulas, aparcadoiro para 1.300 vehículos, a sede da Policía Local e o recinto feiral de Pontevedra.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Xosé Cuíña

Xosé Cuíña Crespo, nado en Prado (Lalín) o 25 de febreiro de 1950 e finado en Santiago de Compostela o 28 de decembro de 2007, foi un empresario e político galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.