Reciclaxe

A reciclaxe[1] é a transformación das formas e presentacións habituais dos obxectos de cartón, papel, lata, vidro, algúns plásticos e residuos orgánicos, en materias primas que a industria de manufactura pode utilizar de novo. Tamén se refire ao conxunto de actividades que pretenden reutilizar partes de artigos que no seu conxunto chegaron ao termo da súa vida útil, pero que admiten un uso adicional para algún dos seus compoñentes ou elementos.

Ciclo de reciclaxe

Contenedores selectivos de residuos urbanos en Sevilla
Colectores selectivos de recollida de residuos
20080804 freight bicycle Shanghai 2383
Ciclista que gaña a vida reciclando en Shangai

O ciclo da reciclaxe posúe varios elos como:

  • Orixe: que pode ser doméstica ou industrial.
  • Recuperación: que pode ser realizada por empresas públicas ou privadas. Consiste unicamente na recolección e transporte dos residuos para o seguinte elo da cadea.
  • Plantas de transferencia: trátase dunha etapa voluntaria ou que non sempre se usa. Aquí mestúranse os residuos para realizar transportes maiores a menor custo (usando colectores máis grandes ou compactadores máis potentes).
  • Plantas de clasificación (ou separación): onde se clasifican os residuos e se separan.
  • Reciclador final (ou planta de valoralización): onde finalmente os residuos se reciclan (papeleiras, plastiqueiros...) ou onde se almacenan (vertedoiros) ou se usan para a produción de enerxía (cementeiras, biogás etc.)

Para a separación en orixe doméstica úsanse colectores de distintas cores situados nas poboacións:

  • Colector amarelo (envases): neste débense depositar todo tipo de envases lixeiros como os envases de plásticos (botellas, recipientes, bolsas, bandexas de cortiza branca, envoltorios de plástico...), de metal (latas de bebidas, latas de conservas, tapas e tapóns de botellas, papel de aluminio...) e envases tipo brik.
  • Colector azul (papel e cartón): neste colector débense depositar os envases de cartón (caixas, bandexas...), así como os xornais, revistas, papeis de envolver, propaganda etc. É aconsellábel pregar as caixas de maneira que ocupen o menor espazo.
  • Colector verde (vidro): neste colector bótanse envases de vidro (botellas, tarros e frascos de vidro).
  • Colector negro (orgánico): neste bótase o resto de residuos que non vai nos grupos anteriores, fundamentalmente materia biodegradábel.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para reciclaxe.

Véxase tamén

Outros artigos

Aluminio

O aluminio é o elemento químico, de símbolo Al e número atómico 13. Co 8,13 % é o elemento metálico máis abundante na codia terrestre. O aluminio é demasiado reactivo quimicamente como para que apareza só, polo que se atopa combinado na natureza cuns 270 minerais distintos.

A súa lixeireza, condutividade eléctrica, resistencia á corrosión e baixo punto fusión convérteno nun material idóneo para multitude de aplicacións, especialmente en aeronáutica. Así a todo, a elevada cantidade de enerxía necesaria para a súa obtención dificulta a súa maior utilización; dificultade que pode compensarse polo seu baixo custo de reciclado, a súa dilatada vida útil e a estabilidade do seu prezo.

Arte lixo

Arte lixo é un evento cultural que se celebra na vila de Redondela durante os últimos días de agosto e os primeiros de setembro e organizado polo colectivo Sengashoil. Integra diversos actos culturais, todos eles enfocados no concepto de sustentabilidade e responsabilidade medioambiental, fomentando a reciclaxe e o desenvolvemento sustentábel.

As Somozas

As Somozas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o INE en 2014 tiña 1211 habitantes (1382 no 2009, 1392 no 2006, 1411 no 2005, 1403 no 2004, 1407 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é somocense.

Bacterias

As bacterias ou bacterios son organismos unicelulares procariontes, que se poden atopar illados ou en colonias. Pertencen ao reino Monera e constitúen un dos dominios dos seres vivos.

Este microorganismo está constituído soamente por unha célula, non ten un verdadeiro núcleo celular, e xeralmente carece de orgánulos membranosos.

Foron descubertas por Antoni van Leeuwenhoek en 1683, e clasificadas inicialmente entre as plantas. En 1894, Ernst Haeckel incluíunas no reino Protista, e actualmente as bacterias compoñen un dos tres Dominios do sistema de clasificación cladístico. Antes todos os procariotas eran considerados bacterias e vulgarmente, utilizase o termo "bacteria" para designar tamén as archaebacteria, que actualmente constitúen un dominio separado (Archaea), pero, falando con rigor, bacteria hoxe non é sinónimo de procariota. As cianobacterias (as algas azuis) son actualmente consideradas dentro do dominio Bacteria.As bacterias son normalmente microscópicas ou submicroscópicas (estas últimas detectábeis só ao microscopio electrónico), con dimensións máximas tipicamente da orde dos 0,5 a 5 micrómetros. Excepcións son unha bacteria illada no tubo dixestivo dun peixe, a Epulopiscium fishelsoni, co tamaño do punto final desta frase, ou a Thiomargarita namibiensis, que chega aos 0,75 mm de longo, o que supera a moitas células eucariotas.A maioría das bacterias non foron aínda caracterizadas e só a metade dos filos bacterianos teñen especies que se poidan cultivar no laboratorio. O estudo das bacterias chámase bacterioloxía.

As bacterias estaban entre as primeiras formas de vida que apareceron na Terra, e están presentes practicamente en todos os hábitats, crecendo no chan, auga, fontes termais ácidas, residuos radioactivos, e a grandes profundidades na codia terrestre, e tamén na materia orgánica e nos corpos dos seres vivos, onde constitúen magníficos exemplos de mutualismo, como as que viven nos tractos dixestivos humanos, de ruminantes, de térmites e de cascudas.

En 1998 atopáronse bacterias vivindo na estación espacial Mir, que lograron vivir en ingravidez na humidade condensada entre os paneis da nave.Normalmente hai uns 40 millóns de bacterias nun gramo de solo e un millón nun mililitro de auga doce; en conxunto considérase que debe de haber 5×1030 bacterias na Terra, que forman unha biomasa que supera a de todas as plantas e animais xuntos. As bacterias son vitais para a reciclaxe de nutrientes, e moitos dos pasos do ciclo dos nutrientes dependen destes organismos, como no caso da fixación do nitróxeno atmosférico e a putrefacción. Nas comunidades biolóxicas que rodean as fontes hidrotermais e surxencias frías, as bacterias proporcionan os nutrientes necesarios para soster a vida doutros organismos ao converteren os compostos disolvidos como sulfuro de hidróxeno e metano. En 2013, obtivéronse datos da foxa das Marianas que suxiren que as bacterias poden prosperar a esas profundidades, que son as maiores da Terra. Outros investigadores informaron que estes microbios poden vivir dentro das rochas da codia terrestre oceánica situadas a case 600 m de profundidade desde o fondo do mar.Hai aproximadamente dez veces máis células bacterianas na flora humana que células do noso propio corpo, sobre todo na pel e na flora intestinal. A gran maioría das bacterias do noso corpo son inofensivas e mesmo algunhas son beneficiosas. Porén, unhas poucas especies de bacterias son patóxenas e causan enfermidades infecciosas, como o cólera, sífilis, tuberculose, lepra, ou a peste bubónica. As enfermidades infecciosas trátanse con antibióticos, que se usan tamén na gandería e agricultura, polo que se está dando o fenómeno crecente da resistencia a antibióticos polo mal uso e abuso dos mesmos. Na industria as bacterias son importantes no tratamento de augas residuais e na eliminación de vertidos de petróleo, produción de queixo e iogur grazas ás súas fermentacións, a obtención de ouro, paladio, cobre e outros metais no sector mineiro, e tamén en biotecnoloxía, e na fabricación de antibióticos e outros produtos químicos.

Bazo

O bazo é un órgano presente practicamente en todos os vertebrados con capacidades rexenerativas e con importantes funcións relacionadas cos glóbulos vermellos do sangue e o sistema inmunitario. Para referirse ao bazo utilízase o adxectivo esplénico, que deriva do grego σπλήν splēn. Nos humanos é un órgano castaño-púrpura localizado no cuadrante superior esquerdo do abdome, que forma parte do sistema linfático. Encárgase de eliminar os glóbulos vermellos vellos do sangue, serve como reserva de sangue para casos de fortes hemorraxias, e tamén é un centro de reciclaxe de ferro. Como parte do sistema de sistema fagocitario mononuclear, metaboliza a hemoglobina dos glóbulos vermellos senescentes. Os linfocitos que contén sintetizan anticorpos na súa polpa branca e elimina bacterias. Recentemente, viuse que contén na súa reserva de sangue case a metade dos monocitos do corpo na súa polpa vermella. Estes monocitos, cando viaxan aos tecidos danados (como o corazón), convértense en células dendríticas e macrófagos e promoven a curación dos tecidos. É un dos centros de actividade do sistema reticulo endotelial e pode considerarse análogo a un gran ganglio linfático, e a súa ausencia predispón a contraer certas infeccións.

Cobre

O cobre (do latín cuprum, e este do grego kypros), é o elemento químico de número atómico 29 e símbolo Cu. Trátase dun metal de transición de cor arrubiada e brillo metálico que, canda a prata e o ouro, forma parte da denominada familia do cobre, caracterizada por ser os mellores condutores de electricidade. Grazas á súa alta condutividade eléctrica, ductilidade e maleabilidade, converteuse no material máis utilizado para fabricar cables eléctricos e outros compoñentes eléctricos e electrónicos.

O cobre forma parte dunha cantidade moi elevada de aliaxes que xeralmente presentan mellores propiedades mecánicas, aínda que teñen unha condutividade eléctrica menor. As máis importantes son coñecidas co nome de bronces e latóns. Por outra banda, o cobre é un metal duradeiro porque se pode reciclar un número case ilimitado de veces sen que perda as súas propiedades mecánicas.

Foi un dos primeiros metais en ser utilizado polo ser humano na Prehistoria. O cobre e a súa aliaxe co estaño, o bronce, adquiriron tanta importancia que os historiadores chamaron Idade do Cobre e Idade de Bronce a dous períodos da Antigüidade. Aínda que o seu uso perdeu importancia relativa co desenvolvemento da siderurxia, o cobre e as súas aliaxes seguiron sendo empregados para facer obxectos tan diversos como moedas, campás e canóns. A partir do século xix, concretamente da invención do xerador eléctrico en 1831 por Faraday, o cobre converteuse de novo nun metal estratéxico, ao ser a materia prima principal de cables e instalacións eléctricas.

O cobre posúe un importante papel biolóxico no proceso da fotosíntese das plantas, aínda que non forma parte da composición da clorofila. O cobre contribúe á formación de glóbulos vermellos e ao mantemento dos vasos sanguíneos, nervios, sistema inmunitario e ósos e xa que logo é un oligoelemento esencial para a vida humana.

Eficiencia enerxética

A eficiencia enerxética refírese á relación entre a cantidade de enerxía consumida e os produtos e servizos finais obtidos. Pódese optimizar mediante a introdución de diversas medidas e investimentos a nivel tecnolóxico, de xestión e de hábitos culturais na comunidade.

Lixo

Lixo é calquera material, residuo ou conxunto de substancias ou de cousas, que é considerado inútil.

Mosca

Mosca é o nome común dun extenso grupo de especies de insectos pertencentes á orde dos dípteros (Diptera). Foron clasificadas unhas 120.000 especies de moscas, e algúns científicos estiman que hai un millón de especies vivas hoxe en día. Así pois, unha de cada dez especies animais recoñecidas pola ciencia é unha mosca, e existen máis especies distintas de moscas que de vertebrados.

As moscas posúen un corpo con cabeza, tórax e abdome; o primeiro par de ás están completamente formadas e o segundo par está transformado nuns apéndices chamados hapterios que lle serven para o equilibro no voo; ollos compostos por centos de facetas sensibles á luz individualmente, e pezas bucais adaptadas para succionar, lamber ou perforar. Ningunha mosca é quen de morder ou mastigar, pero moitas especies pican e succionan sangue. O seu ciclo de vida é holometábolo, isto é, que pasa por varias fases morfolóxicas, que no caso da mosca son catro: o ovo, a larva, a ninfa, e o adulto. Algunhas especies completan este ciclo nuns poucos días e outras nun ou dous meses.

As moscas forman parte de case todos os ecosistemas, en todos os hábitats terrestres. As consecuencias da súa presenza para a sociedade humana son de importancia porque xunto cos mosquitos, e só despois do propio ser humano e os microorganismos patóxenos, as moscas son os seres vivos que causan máis dano e morte na especie humana. Son axentes de transmisión dunha gran cantidade de enfermidades, incluíndo cólera, dengue, disentería, febre amarela, malaria, salmonelose e febre tifoide; e causan perdas significativas na produción de froitas e outros vexetais.

As moscas son tamén organismos moi importantes na reciclaxe dos refugallos de orixe animal e vexetal, un proceso esencial para a permanencia da vida na terra. Son tamén necesarias como alimento de paxaros, ras e outros réptiles, morcegos, arañas, e insectos varios. Moitas moscas participan tamén na polinización das plantas.

Narcotráfico

O narcotráfico é unha actividade ilegal e globalizada que radica no cultivo, fabricación, distribución, venda, control de mercados, consumo e reciclaxe de utilidades inherentes á droga de procedencia ilegal. Non obstante, dito concepto de ilegalidade pode variar dependendo da normativa dalgúns países ou organizacións internacionais, que poden determinar de maneira estrita a prohibición da produción, transporte, venda e consumo dalgúns estupefacientes ou de igual modo poden permitila.

O narcotráfico opera de maneira similar a outros mercados subterráneos. Varios cárteles de drogas especialízanse en procesos separados ao largo da cadea de subministración, a miúdo focalizados para maximizar a súa eficiencia. Dependendo da rendibilidade de cada parte do proceso, os cárteles varían en tamaño, consistencia e organización. A cadea vai dende os traficantes da rúa de baixo rango, os cales ás veces son consumidores de drogas eles mesmos, tamén chamados "camellos", ós xefes dos cárteles que controlan e dominan a produción e distribución. Estes son os que, xunto ós intermediarios financeiros que lles axudan a "potabilizar o diñeiro conseguido" ou "lavar os activos de procedencia ilegal", dominan o baixo mundo das drogas.

Os imperios multinacionais do narcotráfico loitan polo control do mercado global e a obtención de beneficios económicos que garantan a estabilidade das súas organizacións, valéndose para isto de: subornos a persoal xudicial ou de pequenas entidades privadas de seguridade, contratación de pequenas unidades distribuidoras, contratación de bandas criminais ou suxeitos armados (sicarios) que manipulen o mercado a pequena escala e realicen varias actividades a prol das organizacións (homicidio de líderes políticos, entre outros), se encarguen da seguridade dos cultivos e puntos de distribución do material ilícito.

Os imperios multinacionais do narcotráfico desenvolven consecuencias problemáticas para a sociedade, principalmente asociadas ós fenómenos de corrupción das estruturas políticas e xudiciais das nacións, control dos medios de comunicación, lavado de activos, violencia, terrorismo e drogadicción.

Narón

Narón (xentilicio «naronés/naronesa») é un concello da provincia da Coruña situado entre a ría de Ferrol e o océano Atlántico e pertencente á comarca de Ferrolterra, sendo na actualidade a área de expansión urbana máis importante da comarca. Narón limita cos concellos de Ferrol, Valdoviño, San Sadurniño e Neda. Segundo o IGE en 2016 tiña 39.426 habitantes, o que a converte na oitava vila de Galicia (38.285 no 2010, 35.664 no 2006, 35.083 no 2005, 34.404 no 2004, 33.825 en 2003), sendo o cuarto núcleo de poboación na provincia da Coruña despois da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.

É un concello mixto, con sete parroquias (Castro, Doso, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes, Trasancos e O Val) eminentemente rurais nas que viven menos da cuarta parte da poboación e cun núcleo urbano de máis de 29.000 hab. formado polos barrios da Gándara, A Solaina, O Alto do Castiñeiro, Piñeiros, O Couto, Freixeiro e Xuvia, destacando pola súa poboación as catro primeiras. Reordenado polo Concello de Narón baixo o nome de Narón ou Cidade de Narón, que agrupa máis das 3/4 partes da poboación de Narón.

Papel

O papel é un composto de fibras unidas tanto física (por estaren entrelazadas como malla) como quimicamente (por pontes de hidróxeno).

As fibras para a súa fabricación requiren algunhas propiedades especiais, como alto contido de celulosa, baixo custo e fácil obtención: razóns polas cales as máis comunmente usadas son as vexetais. O material máis comunmente usado é a polpa de madeira de árbores, principalmente piñeiros (polo prezo e pola calidade da fibra, moi longa) e eucaliptos (moi barata e resistente). Outros materiais como o algodón e o cáñamo tamén poden ser utilizados na confección do papel.

Pepe o inglés

Pepe o inglés é unha serie da Televisión de Galicia que comezou a emitirse o 13 de febreiro de 2006. Comedia de situación, céntrase en Pepe, propietario dun taller de reciclaxe, home fascinado por todo o inglés, con Suso, un seu axudante, fai pequenos inventos. Todo mudará coa chegada de Pilar ó barrio.

Renfe Operadora

Renfe Operadora, ou simplemente Renfe, é unha entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Fomento de España, e a operadora ferroviaria hexemónica de viaxeiros pola rede de Adif, onde só se internan para servizos internacionais Comboios de Portugal e SNCF. Tamén mantén unha importante presenza no tráfico mercadorías.

Tomou o nome da antiga RENFE (Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles), empresa creada en 1941 e da que se desprendeu Renfe Operadora o 1 de xaneiro de 2005, pasando RENFE a se chamar Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias). Renfe heredou o groso do material rodante e persoal relacionado (maquinistas, interventores, ...) mentres que Adif quedou coa infraestrutura, superestutura, a maior parte dos predios e naves (agás talleres) e persoal relacionado coa circulación ferroviaria (factores, xefes de estación, persoal dos Postos de Mando e CTC, ...).

A creación de Renfe Operadora veu dada pola Lei do Sector Ferroviario, que apuntaba á separación da explotación dos servizos de transporte, da administración das infraestruturas, polo que se tiveron que conformar dúas empresas: Adif e Renfe Operadora.

Sogama

Sogama, a Sociedade galega do medio ambiente, é unha empresa pública da Xunta de Galicia ao 51% e o outro 49% de Gas Natural Fenosa. Foi creada en 1992 polo Decreto 111/1992 e depende da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Tradución (proteínas)

En bioloxía a tradución é a síntese de proteínas nos ribosomas a partir da información contida nun ARNm, o cal é unha copia realizada por transcrición dun xene do ADN. Por tanto, a tradución é o segundo proceso da expresión xénica despois da transcrición.

A tradución só se pode producir nos ribosomas do citoplasma da célula, que están formados por dúas subunidades, que rodean o ARNm que se vai traducir. Na tradución, o ARN mensaxeiro descodifícase para producir un polipéptido específico de acordo coas correspondencias do código xenético, que asocian cada codón (triplete de nucleótidos) do ARNm cun determinado aminoácido. Deste modo tradúcese a "linguaxe" de nucleótidos do ARN á "linguaxe" de aminoácidos das proteínas. A tradución comeza no codón de inicio AUG e acaba nun codón de parada (UGA, UAA, UAG). No proceso da tradución distinguimos catro fases: activación, iniciación, elongación e terminación.A enerxía requirida para traducir proteínas é considerable. Para unha proteína que conteña n aminoácidos, o número de enlaces fosfato de alta enerxía necesarios para traducila é 4n-1.

Vertedoiro (lixo)

Un vertedoiro é un lugar onde se acumulan o lixo e os residuos. Poden ser autorizados ou clandestinos.

Vesícula sináptica

As vesículas sinápticas ou vesículas de neurotransmisor son vesículas presentes nas neuronas que almacenan varios neurotransmisores que son liberados na sinapse. A liberación está regulada por unha canle de calcio dependente de voltaxe. As vesículas son esenciais para propagar o impulso nervioso entre neuronas e están sendo constantemente xeradas pola célula. A área do axón que contén grupos de vesículas é o terminal axónico ou "botón terminal". En cada botón poden libberarse ata unhas 130 vesículas nun período de dez minutos de estimulación a 0,2 Hz. No córtex visual do cerebro humano, as vesículas sinápticas teñen un diámetro medio de 39,5 nanómetros (nm) cunha desviación estándar de 5,1 nm.

Vidro

Na súa forma pura, vidro é un material transparente, relativamente forte, resistente, esencialmente inerte e bioloxicamente inactivo, que pode ter superficies moi lisas e impermeables. Estas propiedades desexables conducen a un gran número de usos. O vidro é fráxil e quebra en anacos afiados. Estas propiedades poden modificarse, ou mesmo mudar enteiramente, coa adición doutros compostos ou con tratamento de calor.

O vidro é un material duro, fráxil e transparente. A pesar de comportarse como sólido, é un líquido arrefecido, amorfo (sen estrutura cristalina). O vidro común obtense por fusión, arredor dos 1.250 ºC, de dióxido de silicio , (SiO2), carbonato de sodio (Na2CO3) e carbonato de calcio (CaCO3). A súa manipulación só é posible mentres está fundido, quente e maleable.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.