Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago

A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (RSEAP de Santiago) é unha das Sociedades Económicas que xurdiron en España e noutros países, como Irlanda e Suíza, a partir da segunda metade do século XVIII no marco das ideas da Ilustración.

Esta sociedades, nacidas nos círculos culturais como organismos non estatais, tiñan como fin promover o desenvolvemento de España, estudando a situación económica de cada unha das provincias e buscando solucións aos problemas que houbera. Encargábanse de impulsar a agricultura, o comercio e a industria, e de traducir e publicar as obras estranxeiras que apoiaban as ideas da fisiocracia e o liberalismo.

Moitas persoas, os pensadores liberais e os chamados afrancesados (administradores e pensadores influídos pola chegada da dinastía dos Borbóns, e despois termo despectivo para referirse aos partidarios da ocupación de España por Napoleón), percibiron que España tardaba en desenvolver a súa potencia económica. Lamentaban a falta de industria e a baixa produtividade, e buscaron difundir os avances e o pensamento da Ilustración.

As Sociedades económicas contaban con licenza real para constituírse e reunirse, e na súa fundación interviron os sectores máis dinámicos da sociedade: importantes figuras da nobreza e fidalguía e numerosos cargos públicos, da Igrexa, do mundo dos negocios e os artesáns. A primeira en constituírse foi a Sociedade Bascongada de Amigos do País, fundada polo conde de Peñaflorida en 1765.

Count of Campomanes
Campomanes, impulsor das RSEAP, por Francisco Bayeu (1777).

Traxectoria

Fundación da RSEAP de Santiago

Antonio Páramo y Somoza, Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, Luís Marcelino Pereira, Benito Gil Lemus e Antonio Gil Lemus presentáronlle ao Consello de Castela, o 13 de decembro de 1783, unha petición co obxectivo de que se lles concedese a licenza para establecer en Santiago unha Sociedade Patriótica de Amigos do País, baixo o título de Sociedade Económica do Reino de Galicia, e que se aprobasen os Estatutos que elaboraran para o seu réxime e goberno.

O Consello de Castela, o 22 de decembro de 1783, acordou dar a orde ao concello compostelán para que lle facilitase á Sociedade unha peza da dependencia das súas casas consistoriais, para que puidese celebrar nela as súas xuntas e, ademais diso, solicitou do deán do cabido catedralicio a súa colaboración nos fins desta Sociedade.

O 24 de decembro de 1783 o rei Carlos III expide a Real Cédula pola que aproba a constitución da Sociedade Económica de Santiago e non do Reino de Galicia (como se solicitara) por considerar que se podían fundar outras en Galicia, como así aconteceu, aínda que tiveron pouca duración, polo que a de Santiago é a única que existe en Galicia, co obxecto de fomentar as artes e industrias. Os fundadores da Sociedade remitíronlle á súa vez un oficio ao alcalde de Santiago, Pedro María de Cisneros, conde de Ximonde, o 2 de xaneiro de 1784, no que solicitaban que se lles proporcionase a peza suficiente para poder celebrar nela as súas xuntas, e que apoiase o establecemento da nova Sociedade.

A resposta do alcalde non satisfixo aos fundadores, que viron nela unha maneira de evadirse, poñer tachas e de ningunha maneira unha sincera mostra de colaboración e, por iso, comunicáronlle ao Consello de Castela a resposta do alcalde, e o Consello, mediante dunha orde aclaratoria dirixida ao Concello de Santiago, sinalou de novo o lugar das reunións e o bo camiño que se debía seguir. A sesión inaugural foi o 15 de febreiro de 1784, e o discurso inaugural pronunciouno Antonio Páramo y Somoza, que foi designado director.

Primeiros anos

Os primeiros anos da Económica estiveron marcados por varias desaparicións e rexurdimentos; tras o seu nacemento oficial en 1784, a mediados de 1789 comeza unha etapa de decadencia, que non permitiu concluír o século con actividades dignas de mención, decadencia provocada principalmente pola desconfianza que provocaba todo o novo e o descoñecido na España daquela época, con inestabilidade política e guerras.

Os outros dous rexurdimentos da Sociedade, antes do definitivo en decembro de 1833, ocorreron nos anos 1813 e 1821, en ambas as ocasións polos intentos das Cortes Extraordinarias (As Cortes de Cádiz) de tratar de revitalizar as sociedades económicas. A restauración definitiva da Sociedade foi a finais de 1833, coa particularidade de que nesta ocasión non foi, como en 1784, unha iniciativa particular, senón que foi de iniciativa Real e promovida polo Concello de Santiago de Compostela, atendendo o mandato real.

Séculos XIX e XX

O verdadeiro funcionamento da RSEAP de Santiago comezou coa acta de restauración, datada do 28 de decembro de 1833, e a acta de nomeamento da Xunta Directiva, o 29 de decembro dese ano.

A Lei electoral para senadores do ano 1877 concedeulles ás Sociedades Económicas de Amigos do País grande importancia, ao comprendelas entre as corporacións públicas que tiñan dereito a designar senadores, distribuíndo para estes efectos a esas sociedades en cinco rexións, onde cada unha delas tiña dereito a elixir un senador. A rexión 3ª das así creadas, comprendía as Sociedades Económicas de Amigos do País de León, Ribadeo, Liébana, Oviedo, Palencia, Santander, Santiago de Compostela e Zamora.

As actividades da RSEAP de Santiago tiveron unha tónica de cooperación co Concello, a Universidade, o Seminario Conciliar, os bispos das distintas dioceses, o arcebispo de Santiago etc. O rei Afonso XII chegou a presidir unha sesión extraordinaria da sociedade.

Entre as actividades patrocinadas pola Real Sociedade Económica de Santiago pódense citar as exposicións rexionais e a fundación de escolas, entre outras. Por outra parte, o Concello e a Universidade de Santiago participan á Real Sociedade dos festexos e reunións organizados por eles, actos nos que a Económica cooperaba dándolles brillantez coa organización de xogos florais, exposicións de gandos e produtos agrícolas e exhibicións de museos. Estas relacións amosan a grande integración da Real Sociedade na vida local.

En canto á consideración que se tiña da Económica de Santiago no exterior, dános boa proba diso o gran número de informes solicitados pola Administración central e rexional, sobre cuestións como a ensinanza, a industria, os impostos, os monopolios e a agricultura e gandaría. No tocante á influencia da Real Sociedade, é moi significativo que certos reitores da clase obreira galega pediron o apoio da Económica nas súas reivindicacións salariais, ou que os penados de Ceuta pediran a axuda da Sociedade na súa solicitude de indulto ou de rebaixa de condena.

A RSEAP de Santiago era coñecida por organismos estranxeiros, e foi convidada a asistir a exposicións universais en distintos países.

No ano 1984, celebrou a Sociedade o seu bicentenario con varias conferencias e coa convocatoria dun premio literario, ao que se debían presentar traballos de investigación científicos inéditos sobre as actividades da RSEAP de Santiago.

Coincidindo co Ano Santo compostelán de 1993, a RSEAP de Santiago convocou un Congreso de Reais Sociedades Económicas os días, ao que asistiron numerosas das Sociedades Económicas existentes naquel momento en España.

Principais actuacións

As principais realizacións da Sociedade dirixíronse principalmente a fomentar a agricultura, gandaría, industria, pesca, financiamento, ensino e cultura. Cómpre destacar a súa preocupación pola instrución pública, promovendo numerosas escolas.

1785
  • Establecemento das Escolas de Primeiras Letras.
  • Establecemento da Escuela de Hilazas (Escola de Fiados).
1834
  • Abril, comezan as clases de debuxo e xeometría e química das artes.
  • Outubro. Fúndase a Academia de Debuxo.
1871
  • Establecemento do Ateneo Popular, no que se impartían clases de física, economía política, historia de España, historia natural, xeografía e hixiene.
  • Establecemento da Escola de Francés.
1877
  • Establecemento da Escola de Música.
  • Establecemento da Escola de Modelado.
1886
1887
  • A petición da Económica o goberno central autoriza unha Escola de Comercio en Santiago.
1893
  • Proponse que na Escola de Debuxo se estableza a ensinanza do gravado, e que se amplíe co estudo do baleirado en xeso, a Escola de Modelado.
Século XX
  • Establecemento da Escola de Administración, con clases de mecanografía, taquigrafía, inglés e cálculo e contabilidade.
  • Establecemento da Escola de Vidraría Artística.
  • En 1953, a Escola de Música convértese no Conservatorio de Música de Santiago, que permaneceu vinculado á Sociedade económica até 2005.

Entre os anos 1843 a 1889 a Económica elaborou varios informes, traballos e ditames sobre agricultura, pesca, gandaría, vías de comunicación, cuestións xurídico-administrativas e medios de financiamento. Elaborou unha serie de estudos e traballos encaminados á difusión do ferrocarril en Galicia, promoveu o establecemento da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Santiago e contribuíu ao establecemento dunha sucursal do Banco de España en Santiago.

Por iniciativa da Sociedade, celebráronse en Santiago, entre 1864 e 1885 tres Congresos Agrícolas.

Biblioteca

Pódese establecer o comezo do desenvolvemento da Biblioteca da RSEAP de Santiago en 1838 pola Real Orde de 11 de maio na que se lle concedían á Económica os libros procedentes dos conventos composteláns tras a desamortización dos seus bens.

Iniciouse esta biblioteca con algúns volumes que xa posuía a Sociedade e estes 807 dos conventos coa seguinte procedencia:

  • Santo Agostiño, 327
  • San Domingos de Bonaval, 169
  • San Francisco, 156
  • Santa Maria de Conxo, 152
  • San Lourenzo, 3

O problema principal para o desenvolvemento da Biblioteca era que non contaba cunha sede propia. En 1897 elaborouse un "Catálogo de libros que existen na Biblioteca da SEAP", no que se incluían 5.600 volumes entre libros, folletos, cadernos, publicacións e revistas.

Neste século XXI, case 10.000 volumes procedentes da Biblioteca da RSEAP están depositados na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.

Presidentes

Primeiros anos

  • Antonio Páramo e Somoza (1784-1786)
  • Sebastián Malvar Pinto (1786-1789)
  • Pedro Antonio Sánchez Vaamonde (1789)
  • Francisco de Borja Ulloa (1789-1821)
  • Manuel Flórez (1821)

Desde 1834

Recoñecementos

  • O Concello de Santiago concedeulle á Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago a Medalla de Ouro ao Mérito Cidadán o 27 de decembro de 1990.
  • A RSEAP de Santiago foi declarada de Utilidade Pública por Orde ministerial do 24 de febreiro de 1998.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rodríguez Campomanes, Pedro: Discurso sobre el fomento de la industria popular e Discurso sobre la educación poular de los artesanos, ed. John Reeder, Instituto de Estudios Fiscales, Ministerio de Hacienda, 1975, ISBN 84-7196-140-7.
  • Franco Rubio, Gloria A. (2002): "Hacia una re-construcción de la sociabilidad ilustrada: las Sociedades gaditanas de Amigos del País". Cuadernos de Historia Moderna. Anejos, nº 1, 2002,(Exemplar dedicado a: De mentalidades y formas culturales en la Edad Moderna). ISSN 15793821. ISBN 84-95215-37-3, pp. 177–209. (Texto completo dispoñíbel en Dialnet).
  • Negrín Fajardo, Olegario (1987): Educación popular en la España de la segunda mitad del siglo XVIII. Madrid: UNED. ISBN 84-362-2264-4.

Outros artigos

Ligazóns externas

Antonio Casares Rodríguez

Antonio Jacobo Casares Rodríguez, nado en Monforte de Lemos o 28 de abril de 1812 e finado en Santiago de Compostela o 12 de abril de 1888, foi un químico galego.

Antonio Páramo e Somoza

Antonio Montenegro Páramo e Somoza, coñecido como Antonio Páramo e Somoza, nado en Santa María de Ferreira, (actual concello de Pantón) o 7 de setembro de 1731 e finado en Santiago de Compostela o 8 de marzo de 1786, foi un eclesiástico e xurista galego.

Benito María Hermida Verea

Benito María Hermida Verea, nado en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1825 e finado o 2 de xuño de 1905, foi un político galego.

Camilo Díaz Baliño

Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889 e asasinado en Saa, Meixide, Palas de Rei, o 14 de agosto de 1936, foi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.

Cleto Troncoso Pequeño

Cleto Troncoso Pequeño, nado en Santiago de Compostela o 16 de decembro de 1849 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1922, foi un avogado e político galego.

Felipe Gutiérrez de la Peña

Felipe Gutiérrez-de la Peña Tostado, finado en Santiago de Compostela o 17 de abril de 1907, foi un avogado e político galego.

Francisco Javier Rodríguez Gil

Francisco Javier Rodríguez Gil, nado en Bermés (Lalín) o 17 de abril de 1797 e finado en Santiago de Compostela o 19 de xullo de 1857, foi un filólogo galego, autor do primeiro dicionario galego moderno.

Francisco Portela Pérez

Francisco Portela Pérez, nado en Pontevedra en 1864 e finado na mesma cidade o 12 de xullo de 1948, foi un xornalista galego.

Gerardo Neira Flórez

Gerardo Neira Flórez, nado en 1839 e finado na Pobra do Caramiñal o 10 de abril de 1913, foi un político galego.

José Peña Meléndez

José Peña Meléndez, coñecido como Pepe Peña, finado en Vilagarcía de Arousa o 17 de xuño de 1895, foi un debuxante e xornalista galego.

Juan Gil Armada

Juan Gil-de Araujo Armada, marqués de Figueroa, nado en 1900 e finado en Abegondo o 12 de febreiro de 1981, foi un político galego.

Luís Blanco Rivero

Luís Blanco Rivero-de Aguilar, nado en Santiago de Compostela en 1877 e finado na mesma cidade o 8 de marzo de 1942, foi un médico e político galego.

María Dios

María Dios, nada na Pobra do Caramiñal o 30 de outubro de 1870 e finada no mesmo concello en agosto de 1943, foi unha mestra galega.

Maximino Teijeiro Fernández

Maximino Teijeiro Fernández, nado en Monforte de Lemos o 30 de setembro de 1827 e finado en Santiago de Compostela o 5 de xuño de 1900, foi un médico e político galego.

Miguel Ferro Caaveiro

Miguel Ferro Caaveiro, nado contra 1740 en Santiago de Compostela, e finado na mesma cidade o 1 de xullo de 1807, segundo declaración feita polo seu sobriño o avogado Franciso Ferro Caaveiro de Pazos, foi un arquitecto galego.

Home da Ilustración, con amplos coñecemectos en varias ramas do saber (arquitectura, debuxo, matemáticas, mecánica) e de gran capacidade de traballo, estaba preocupado, como todos os ilustrados, polo atraso económico e social de España.

O seu labor arquitectónico iniciouse, da man do seu pai, no estilo barroco, pero pronto entrou no mundo do neoclasicismo, seguindo as propostas da Real Academia de Belas Artes de San Fernando (pese á disputa que mantivo, non sendo el académico, con Melchor de Prado, que o era).

Deseñou e dirixiu numerosas obras nas cidades de Santiago, Lugo e A Coruña, e en numerosas vilas de toda Galicia, e foi benefactor da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.

Pedro Pais Lapido

Pedro Pais Lapido, nado en Santiago de Compostela o 2 de setembro de 1841 e finado en Barcelona o 8 de febreiro de 1917, foi un xurista e político galego.

Revista de Ciencias Pedagógicas

Revista de Ciencias Pedagógicas foi un semanario editado en Santiago de Compostela entre 1894 e 1895.

Santiago de Andrés Moreno

Santiago de Andrés Moreno García, nado en 1843 e finado en Santiago de Compostela o 19 de marzo de 1901, foi un avogado e político galego.

Semanario Instructivo

Semanario Instructivo foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1838.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.