Real Madrid Baloncesto

O Real Madrid Baloncesto, coñecido comunmente como Real Madrid, é un equipo profesional de baloncesto con sede na cidade de Madrid (España). É a sección de baloncesto do Real Madrid Club de Fútbol, creada en 1932 da man de Angel Cabrera. É o club máis laureado de España e do baloncesto FIBA, e o único xunto ao Club Baloncesto Estudiantes de Madrid e ao Club Joventut de Badalona que, unha vez nela, nunca baixou da máxima categoría do baloncesto español.

Real Madrid
Escudo real madrid 1941b
Información xeral
Liga ACB / Euroliga
Fundación 8 de marzo de 1931
Cores                Branco, negro
Presidente España Florentino Pérez
Adestrador España Pablo Laso
Patrocinador Universidad Europea
Vestimenta Adidas
Localización
Cidade España Madrid, España
Pavillón WiZink Center
Capacidade 15.000
Inauguración 1960
Campionatos
Euroliga 10 (1964, 1965, 1967, 1968, 1974, 1978, 1980, 1995, 2015, 2018)
Saporta 4 (1984, 1989, 1992, 1997)
Eurocup 1 (2007)
Copa Korać 1 (1988)
Liga 35 (1957, 1958, 1960−1966, 1968−1977, 1979−1980, 1982, 1984−1986, 1993, 1994, 2000, 2005, 2007, 2013, 2015, 2016, 2018, 2019)
Copa 27 (1951−1952, 1954, 1956−1957, 1960−1962, 1965−1967, 1970−1975, 1977, 1985−1986, 1989, 1993, 2012, 2014−2017)
Supercopa 5 (1985, 2012−2014, 2018)
realmadrid.com/basquetebol

Pavillóns

  • Fronton Fiesta Alegre (1955–65).
  • Colegio Maravillas (1965), usado durante a construción do novo pavillón.
  • Pavillón da Cidade Deportiva do Real Madrid (1966–86)
  • Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid (1986–1998)
  • Polideportivo Parque Corredor en Torrejón de Ardoz (1998–1999), usado temporalmente para os partido de casa durante a renovación do Pavillón Raimundo Saporta.
  • Pavillón Raimundo Saporta (1999–04), coñecido anteriormente coma Pavillón da Cidade Deportiva do Real Madrid (1966–1999)
  • Palacio de Vistalegre (2004–2010)
  • Caja Mágica (2010–2011)
  • Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid (2011–presente)

Xogadores

Cadro actual

Real Madrid 2018−2019
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
E 1 Francia Causeur, Fabien 1.95 m (6 ft 5 in) 91 kg (201 lb) Brose Bamberg (2017)
AP 3 Flag of the United States.svgFlag of Slovenia.svg Randolph, Anthony 2.11 m (6 ft 11 in) 104 kg (229 lb) Lokomotiv Kuban (2016)
A 5 España Fernández, Rudy 1.96 m (6 ft 5 in) 84 kg (185 lb) Denver Nuggets (2012)
AP 9 España Reyes, Felipe (C) 2.04 m (6 ft 8 in) 109 kg (240 lb) Adecco Estudiantes (2004)
B 11 Flag of Argentina.svgEspaña Campazzo, Facundo 1.81 m (5 ft 11 in) 88 kg (194 lb) Peñarol Mar del Plata (2014)
P 14 Flag of Mexico.svg Ayón, Gustavo 2.07 m (6 ft 9 in) 113 kg (249 lb) Atlanta Hawks (2014)
A 16 España Yusta, Santiago 2.00 m (6 ft 7 in) 83 kg (183 lb) Obradoiro (2017)
E 20 Flag of the United States.svgFlag of Azerbaijan.svg Carroll, Jaycee 1.88 m (6 ft 2 in) 84 kg (185 lb) Gran Canaria 2014 (2011)
P 22 Flag of Cape Verde.svg Tavares, Edy 2.20 m (7 ft 3 in) 120 kg (265 lb) Raptors 905 (2017)
B 23 España Llull, Sergio 1.90 m (6 ft 3 in) 95 kg (209 lb) Ricoh Manresa (2007)
A 24 Flag of Argentina.svg Deck, Gabriel 1.98 m (6 ft 6 in) 105 kg (231 lb) San Lorenzo de Almagro (2018)
E 25 Flag of Slovenia.svg Prepelič, Klemen 1.91 m (6 ft 3 in) 75 kg (165 lb) Levallois Metropolitans (2018)
P 32 Bosnia e HercegovinaFlag of Serbia.svg Kuzmić, Ognjen 2.14 m (7 ft 0 in) 114 kg (251 lb) Crvena zvezda mts (2017)
AP 33 Flag of the United States.svg Thompkins, Trey 2.08 m (6 ft 10 in) 100 kg (220 lb) Nizhny Novgorod (2015)
A 44 Flag of Sweden.svgFlag of the United States.svg Taylor, Jeffery 2.01 m (6 ft 7 in) 102 kg (225 lb) Charlotte Hornets (2015)
Adestrador
  • España Pablo Laso
Asistente(s)
  • España Chus Mateo
  • España Paco Redondo
Preparador(es) físico(s)
  • España Juan Trapero

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 04−092018

Dorsais retirados

Dorsais retirados do Real Madrid
Xogador Posición Etapa
10 Fernando Martín Pivote 1981–1986, 1987–1989

Palmarés

Galardóns individuais

MVP da ACB

MVP das Finais da ACB

Mellor Equipo da ACB

Segundo Mellor Equipo da ACB

Campión do Concurso de Triplas da ACB

  • Alberto Herreros – 1998, 1999
  • Alberto Angulo – 2000
  • Louis Bullock – 2004, 2006, 2008
  • Jaycee Carroll – 2015, 2016

Campión do Concurso de Mates da ACB

  • Mickaël Gelabale – 2004, 2005

Xogador máis espectacular da ACB

MVP da Copa do Rei

MVP da Supercopa de España

MVP da Euroliga

MVP da Final Four da Euroliga

Primeiro Equipo All-Euroleague

Segundo Equipo All-Euroleague

Xogador revelación da Euroliga

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aleksandar Đorđević

Aleksandar "Saša" Đorđević (en serbio cirílico: Александар Ђорђевић Саша, transcrito habitualmente como Sasha Djordjevic), nado o 26 de agosto de 1967 en Belgrado, Iugoslavia (actual Serbia) é un ex-xogador profesional de baloncesto serbio. Está considerado un dos trinta e cinco mellores xogadores da historia da Euroliga. Cunha altura de 1,88 metros xogaba na posición de base. Actualmente traballa como adestrador do Panathinaikos.

Ante Tomić

Ante Tomić, nado o 17 de febreiro de 1987 en Dubrovnik, RFS Iugoslavia, é un xogador croata de baloncesto profesional que xoga no FC Barcelona da Liga ACB. Mide 2.18 metros e xoga na posición de pivote.

Anthony Randolph

Anthony Erwin Randolph, Jr., nado o 15 de xullo de 1989 en Wurzbach, Alemaña do Oeste, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Real Madrid da Liga ACB.

Bojan Bogdanović

Bojan Bogdanović, nado o 18 de abril de 1989 en Mostar, RS Bosnia e Hercegovina, RFS de Iugoslavia, é un xogador croata de baloncesto profesional que xoga nos Utah Jazz da National Basketball Association (NBA).

Dejan Bodiroga

Dejan Bodiroga (en serbio cirílico: Дејан Бодирога), nado o 2 de marzo de 1972 en Zrenjanin, Iugoslavia (actual Serbia) é un ex-xogador profesional de baloncesto serbio. Está considerado un dos mellores xogadores da historia de Europa. Cunha altura de 2,05 metros xogaba na posición de escolta, aínda que podía desenvolverse ben como base ou aleiro, e mesmo axudar no xogo interior.

Facundo Campazzo

Facundo "Facu" Campazzo, nado o 23 de marzo de 1991 en Córdoba, é un xogador profesional de baloncesto arxentino que xoga para o Real Madrid da Liga ACB. Cunha altura de 1,80 metros xoga na posición de base.

Jeffery Taylor

Jeffery Matthew Taylor, nado o 23 de maio de 1989 en Norrköping, é un xogador sueco-americano de baloncesto profesional que xoga no Real Madrid (ACB).

Jordan Mickey

Jordan Grayson Mickey, nado o 9 de xullo de 1994 nos Dallas, Texas, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Real Madrid da Liga ACB.

Jorge Sanz

Jorge Sanz Rodríguez, nado o 1 de abril de 1993 en Madrid, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga para o Leyma Natura Básquet Coruña da Liga LEB Ouro. Cunha estatura de 1,88 metros xoga na posición de base.

Kyle Singler

Kyle Edward Singler, nado en Medford, Oregón, o 4 de maio de 1988, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Iberostar Tenerife da Liga ACB.

Morris Almond

Morris Almond, nado en Dalton (Xeorxia) o 2 de febreiro de 1985, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

Nikola Mirotić

Nikola Mirotić (en cirílico: Никола Миротић), nado en Titogrado (Montenegro, daquela pertencente á RFS Iugoslavia) o 11 de febreiro de 1991, é un xogador montenegrino de baloncesto profesional que xoga no FC Barcelona da Liga ACB.

Ognjen Kuzmić

Ognjen Kuzmić (en serbio cirílico: Огњен Кузмић), nado o 16 de maio de 1990 en Doboj, República Socialista de Bosnia e Hercegovina (Iugoslavia), é un xogador profesional de baloncesto serbio que xoga no Real Madrid da Liga ACB e Euroliga. Tras ser drafteado na segunda rolda do draft de 2012 polos Golden State Warriors, conseguiu gañar o anel de campión da National Basketball Association (NBA) en 2015 co equipo californiano. Cunha altura de 2,13 m, xoga na posición de pivote.

Rudy Fernández

Rodolfo "Rudy" Fernández Farrés, nado en Palma (Illas Baleares) o 4 de abril de 1985, é un xogador de baloncesto español que milita nas filas do Real Madrid Baloncesto da Liga Endesa e da selección española. Cunha altura de 1,96 metros, xoga habitualmente na posición de escolta, aínda que tamén xoga ás veces como aleiro.

Sergio Llull

Sergio Llull Melià, nado o 15 de novembro de 1987 en Maó, é un xogador de baloncesto profesional español que xoga para o Real Madrid da Liga ACB. Mide 1,92 metros, pesa 95 kg e pode xogar nas posicións de base e escolta.

Sergio Rodríguez Gómez

Sergio Rodríguez Gómez, nado o 12 de xuño de 1986 en San Cristóbal de La Laguna, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga para o Olimpia Milano da Lega Basket Serie A. Cunha estatura de 1,91 metros xoga na posición de base.

Trey Thompkins

Howard "Trey" Samuel Thompkins III, nado en Lithonia (Xeorxia) o 29 de maio de 1990, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente xoga no Real Madrid da Liga ACB.

Walter Tavares

Walter Samuel Tavares da Veiga, coñecido como Edy Tavares, nado o 22 de marzo de 1992 en Maio, é un xogador de baloncesto profesional caboverdiano. Con 2.21 metros de altura xoga de pivote. Pertence ao persoal do Real Madrid da liga ACB e é internacional coa selección de baloncesto de Cabo Verde.

Foi elixido no Draft da NBA de 2014 no posto 43º de segunda rolda polos Atlanta Hawks, cos que xogou 11 partidos.

Willy Hernangómez

Guillermo Gustavo "Willy" Hernangómez Geuer, nado o 27 de maio de 1994 en Madrid, é un xogador de baloncesto profesional español que xoga nos Charlotte Hornets da National Basketball Association (NBA).

Liga ACB 2019−20

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.