Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia é unha orquestra filharmónica con base en Santiago de Compostela. Comezou a súa andaina en febreiro de 1996 cun concerto dirixido polo mestre Helmuth Rilling. Actualmente o seu director principal é Paul Daniel. Ten a súa sede no Auditorio de Galicia, onde presenta a súa tempada de concertos.

Real Filharmonía de Galicia
Auditorio de Galicia
Auditorio de Galicia
AlcumeRFG
PaísGalicia Galicia
CidadeSantiago de Compostela
TeatroAuditorio de Galicia
Anos de actividadeDende 1996
Tipo de formaciónOrquestra filharmónica
XéneroMúsica sinfónica, ópera
EnderezoAv. Burgo das Nacións, s/n
15705 Santiago de Compostela
Membros actuaisPaul Daniel (director)
Christoph König (principal director convidado)
Circunstancias de creación
1996
Efectivo~50 músicos
Sitio webwww.rfgalicia.org

Historia

A Real Filharmonía de Galicia naceu en 1996, sendo o seu primeiro director Helmuth Rilling, que traballou partindo do repertorio sinfónico clásico austro-alemán. Tralas súas actuacións en 1996 no Auditorio Nacional en Madrid, e en 1997 na Coruña, Valencia e León, a orquestra realizou unha xira por Europa en xaneiro de 1998 con concertos en Alemaña e Austria baixo a dirección de H. Rilling, sendo acompañada polo coro Gächinger Kantorei de Stuttgart. As Estacións de J. Haydn e O Mesías de Haendel, na versión de Mozart, foron interpretados ante máis de 7.000 espectadores. No peche da xira, a Real Filharmonía de Galicia converteuse na primeira orquestra do Estado español en actuar no Grosses Festspielhaus de Salzburgo durante a sonada Semana Mozart.

En marzo de 1998, a Real Filharmonía de Galicia comezou a gravar con Rilling as sinfonías completas de Franz Schubert para a prestixiosa compañía discográfica Hänssler Classic. Este proxecto culminou coa saída ó mercado dos dous primeiros CDs coas Sinfonías nº 1, 2, 3 e 4. En xullo do mesmo ano, baixo a dirección de Zumalave, a orquestra actuou no marco da Expo-98 de Lisboa, e en agosto inaugurou, co Mesías de Haendel, a primeira edición do Compostela Millenium Festival, concerto ofrecido na Catedral de Santiago ante máis de 2.000 persoas.

A comezos de 1999 realizou a súa segunda xira internacional, na que interpretou o Elías de Mendelssohn no Auditorio Nacional de Madrid, como parte do ciclo Orquestas del Mundo de Ibermúsica, e no Festival Europeo da Música de Stuttgart. O alto nivel amosado pola orquestra, coro e solistas converteu á interpretación do oratorio do compositor alemán nun inesquecible e altamente louvado concerto.

A Real Filharmonía de Galicia foi ademais unha das orquestras convidadas no XXIV Festival Internacional de Música de Segovia, do Festival Internacional de Música de Galicia e na II Edición do Compostela Millenium tocou baixo a batuta de Neville Marriner.

A partir do ano 2001 a orquestra, xa baixo a dirección de Antoni Ros-Marbà, ofreceu concertos por diferentes cidades españolas como Sabadell, Bilbao, Madrid ou Barcelona, salientando na tempada 2001-2002 os das óperas Fidelio de Beethoven e Così fan tutte de Mozart, que se representaron con grande éxito en Santiago, Vigo, Barcelona e A Coruña. A RFG tamén foi convidada ao Concurso Internacional de Piano de Santander "Paloma O’Shea". Dende xaneiro de 2013 o británico Paul Daniel é o director titular.

Nunha enquisa realizada no 2005 entre directores de orquestra, solistas, críticos e músicos elixiu á Real Filharmonía de Galicia como a cuarta mellor orquestra do Estado español, unicamente por detrás da Orquesta Sinfónica de Tenerife, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquesta Ciudad de Granada[Cómpre referencia].

A Real Filharmonía de Galicia presentou dous traballos discográficos inéditos adicados a Manuel de Falla e Frederic Mompou, editados polos selos Claves e Warner respectivamente. O seu último disco, editado en 2013, leva por título “Variaciones”, no que a orquestra e a soprano María Bayo renden homenaxe a Antón García Abril.

A Real Filharmonía de Galicia está xestionada administrativamente polo Consorcio de Santiago e forma parte da Asociación Española de Orquestras Sinfónicas (AEOS).

Repertorio

O amplo repertorio da RFG, que vai de J.S. Bach a compositores da actualidade, séguese enriquecendo con especial atención aos compositores do clasicismo vienés, e recuperando e asumindo asemade a obra de compositores galegos como Rogelio Groba, Xavier de Paz, Paulino Pereiro, O. Rodríguez, Xoán Viaño, Manuel Balboa, Andrés Gaos, Juan Durán ou J.J. Castro.

Proxectos

A Real Filharmonía de Galicia ten un protagonismo central nos "Concertos Didácticos para Xoves" que ofrece o Auditorio a colexios e institutos galegos. Tamén potenciou a súa actividade en Compostela en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela: co ciclo de cámara Música na Compañía e no proxecto son[UT]opías. Dende 2008 inicia diferentes actividades coordinadas co Conservatorio Profesional de Música de Santiago. Además, a orquestra intervén, cada mes de agosto, no ciclo de música española co que o Auditorio de Galicia se suma á celebración de Música en Compostela, o curso internacional de música máis antigo do Estado español.

O traballo e obxectivos da Real Filharmonía de Galicia vense reforzados coa Escola de Altos Estudos Musicais, un proxecto pedagóxico de formación de músicos de alto nivel estreitamente vinculado á Real Filharmonía de Galicia (sendo algúns membros da orquestra os seus profesores) e xestionado polo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM).

Directores

Directores titulares

Directores convidados

Ademais dos mestres Rilling, Ros-Marbá e Paul Daniel, así como do seu director asociado, o compostelán Maximino Zumalave, foron directores convidados: García Navarro, Odón Alonso, Enrique García Asensio, Edmon Colomer, Pedro Alcalde, e outros como Neville Marriner, David Shallon, Jeffrey Kahane, Gilbert Varga, Leopold Hager, Kryzstof Penderecki, Christoph Poppen, Jan Latham-Koenig, Antonio Florio e Peter Maxwell Davies.

Solistas

Como solistas, actuaron coa Real Filharmonía de Galicia, entroutros, os violinistas Frank Peter Zimmermann e Ulrike-Anima Mahté, o violonchelista M. Rostropovich, a mezzosoprano Teresa Berganza, os pianistas Alicia de Larrocha, Tzimon Barto, Nikolaus Lahusen, Jeffrey Kahane, Rudolf Buchbinder, Robert Levin, Joaquín Achúcarro, Katia e Marielle Labèque, Evgeni Koroliov e György Sebök, e o frautista Jean-Claude Gérard.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Abraham Cupeiro

Abraham Cupeiro, nado en Sarria en 1980, é un músico e musicólogo galego, coñecido por recuperar e reconstruír instrumentos da antigüidade.

Amancio Prada

Amancio Prada, nado o 5 de febreiro de 1949 en San Pedro de Devesas (Ponferrada), comarca do Bierzo, é un destacado cantautor español.

Antoni Ros-Marbà

Antoni Ros-Marbà, nado en L'Hospitalet de Llobregat (provincia de Barcelona) o 2 de abril de 1937, é un director de orquestra catalán.

Auditorio de Galicia

O Auditorio de Galicia é un edificio situado en Santiago de Compostela, deseñado por Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos. Inaugurouse o 20 de outubro de 1989.

Encadrado no Programa nacional de auditorios, a obra foi financiada polo Ministerio de Cultura, a Xunta de Galicia e o concello de Compostela, coa colaboración de entidades privadas.

Desde 1996 é a sede permanente da Real Filharmonía de Galicia.

Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

Carmen Gurriarán

Carmen Gurriarán, nada no Barco de Valdeorras, é unha soprano galega.

Carnyx

O carnyx foi un instrumento de vento da Idade de Ferro Celta, entre os anos -300 e o 500. Era unha especie de trompeta de bronce, suspendida verticalmente e coa campá en forma de cabeza de xabaril. Empregouse na guerra, probablemente para incitar as tropas á batalla e intimidar ós inimigos. O porte vertical do instrumento permitía que as súas notas se elevasen por riba das cabezas dos participantes nas batallas e cerimonias.

Cristina Bruno

Cristina Bruno Almqvist nada na Coruña, é unha pianista galega.

Cuarteto Caramuxo

nO Cuarteto Caramuxo é un grupo galego creado en Vigo no ano 1989 que se sitúa no novo folk.

Fernando Buide del Real

Fernando Buide del Real, nado en Santiago de Compostela en 1980, é un compositor e mestre galego. En 2013 acadou o premio Nacional de composición [AEOS]-BBVA pola súa obra Fragmentos del satiricón.

Jacobo Gaspar Grandal

Jacobo Gaspar Grandal, nado en Mos en 1975, é un compositor musical e profesor galego.

Juan Durán

Juan Pedro Durán Alonso, máis coñecido como Juan Durán, nado en Vigo en 1960 é un compositor e profesor de música galego.

Juan Eiras

Juan Eiras, nado en Vigo o 30 de maio de 1977, é un músico, compositor e profesor de composición galego. O profesor Roberto Relova incluíuno na Xeración Sensible de novos compositores galegos.

Maximino Zumalave

Maximino Zumalave Caneda, nado en Santiago de Compostela o 22 de xaneiro de 1956, é un director de orquestra e pianista galego. Actualmente é o director asociado da Real Filharmonía de Galicia e da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia.

Melchor López

Melchor López Ximénez, nado en Hueva (Guadalaxara) o 19 de xaneiro de 1759 e finado en Santiago de Compostela o 19 de agosto de 1822, foi un compositor musical castelán radicado en Galiza.

Octavio Vázquez

Octavio Vázquez Rodríguez, nado o 10 de setembro de 1972 en Santiago de Compostela, é un compositor galego afincado en Nova York (Estados Unidos).

Orquestra

Unha orquestra é unha formación instrumental típica da música académica que se divide tradicionalmente nas seccións de corda, de vento e de percusión. Nace no século XVII e toma coma base a corda fretada. Pouco a pouco iranse engadindo instrumentos ata chegar á orquestra sinfónica actual. O termo emprégase tamén para facer referencia a conxuntos instrumentais diversos, falándose de orquestras de jazz, de baile, de vento, etc.As principais orquestras galegas son a Orquestra Sinfónica de Galicia (con sede na Coruña) e a Real Filharmonía de Galicia (con sede en Santiago de Compostela).

Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela

A Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela (OUSC), creada no curso 2010-2011 co nome de Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela, e unha orquestra de cámara que naceu co obxectivo de impulsar nos universitarios e, por extensión, na cidadanía de Compostela, un proxecto educativo e cultural no que o eixo fundamental é a música. O seu director, desde a data da súa fundación, é o mestre Mario Diz.

Orquestra sinfónica

A orquestra sinfónica ou orquestra filharmónica é unha agrupación ou conxunto musical de gran tamaño que conta con varias familias de instrumentos musicais, como o vento madeira, vento metal, percusión e corda. Unha orquestra sinfónica ou filharmónica ten, xeralmente, máis de oitenta músicos na súa lista. Só nalgúns casos chega a ter máis de cen, pero o número de músicos empregados nunha interpretación particular pode variar segundo a obra que vai ser executada.O termo «orquestra» derívase dun termo grego que se usaba para nomear á zona fronte ao escenario destinada ao coro e significa ‘lugar para bailar'.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.