Real Club Náutico de Vigo

O Real Club Náutico de Vigo é un club náutico da cidade de Vigo. O seu club de remo compite actualmente na Liga Galega de Traiñeiras, competición que gañou no 2008.

Real Club Náutico
Sede do club, do arquitecto Castro Represas.

Historia

Escudo do club en versión SVG e o da fachada da sede. Escudo do club en versión SVG e o da fachada da sede.
Escudo do club en versión SVG e o da fachada da sede.

O 17 de abril de 1906 fúndase o Real Club Náutico de Vigo coa ilusión principal dos seus fundadores de aglutinar aos deportes náuticos na cidade. A filosofía daqueles deportistas de principios de século era que unha cidade como Vigo, que vivía do mar e cara ao mar, esixía e merecía ter un Club Náutico. O seu primeiro Presidente foi Antonio Conde quen ofreceu ao rei Alfonso XIII a presidencia de Honra do novo Club Náutico de Vigo. O 7 de agosto daquel mesmo ano aceptou, polo que se incorporou o termo Real ao nome do club.

Entre 1926 e 1929 a sede do club foi un gran barco de tres paus e 800 toneladas de rexistro, chamado Klosofic, fondeado fronte ao peirao actual. Nas súas cubertas celebrábanse festas de alto nivel social, e nas adegas gardábanse as embarcacións.

O 4 de agosto de 1945 inaugurouse o seu edificio social no centro da cidade ao lado do mar. Os arquitectos da sede social foron Francisco Castro Represas e Pedro Alonso Pérez. En 1967 o Náutico abre a súa piscina cuberta climatizada, a primeira da Galiza. A nova piscina dá un enorme impulso ao deporte de natación e wáter-polo no club permitindo aos deportistas adestrar todo o ano.

Fotografía antiga do RCNV
Fotografía antiga do RCNV.

En 1987 o club amplía as súas instalacións ao comprar o antigo Club chamado Los Abetos no Concello de Nigrán. O maior éxito da súa sección de remo foi o título da Liga Galega de Traiñeiras acadado en 2008, mais non puido acadar o ascenso á Liga ACT no play-off.

Regatas

Entre as numerosas regatas que organiza, destacan as seguintes:

Palmarés

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Fernando Alonso Amat

Fernando Alonso Amat, nado o 3 de decembro de 1918 en Madrid e finado na mesma cidade o 3 de xaneiro de 1990, foi un escritor e avogado galego.

Francisco Castro Represas

Francisco Castro Represas, nado en Vigo o 11 de xuño de 1905 e finado ibídem o 23 de abril de 1997, foi un arquitecto galego.

Gerardo Campos

Gerardo Campos Ramos, nado en Vigo en 1881 e finado o 11 de setembro de 1964, foi un ciclista, comerciante, emprendedor e xornalista galego.

Juan Zunzunegui Guimeráns

Juan Zunzunegui Guimeráns, nado en Vigo o 31 de marzo de 1976, é un remeiro galego.

Memorial Cholo Armada

O Memorial Cholo Armada é unha competición de vela para embarcacións da clase internacional snipe que se disputa en Vigo, Galicia dende 2007, organizada polo Real Club Náutico de Vigo.

Pedro Alonso Pérez

Pedro Alonso Pérez, nado en Madrid o 27 de maio de 1907 e finado en Vigo o 20 de abril de 1990, foi un arquitecto español, que traballou en Galicia.

Unión Musical de Valladares

A Unión Musical de Valladares é unha banda de música da parroquia de Valadares (Vigo).

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

Viguesa de Transportes S. L.

Viguesa de Transportes S. L. (Vitrasa), é unha empresa de transportes viguesa, responsable do transporte público urbano nesa cidade en réxime de concesión municipal desde 1968. Actualmente mudou o seu nome a Urbanos de Vigo S.L, aínda que o seu nome comercial continúa sendo VITRASA.

Ademais explota en réxime de concesión autonómica, dúas liñas, entre o Alto da Encarnación e Vigo, e entre Negros e Bouzas (liñas C3 e 28, respectivamente), unindo o concello de Vigo co de Redondela.

En 2007 contaba cunha frota de 118 autocares, cubrindo un total de 35 liñas. Debido ás cláusulas da concesión para a explotación do servizo, Vitrasa non pode aumentar o tamaño da súa frota dedicada ó transporte urbano de pasaxeiros.

No ano 2006 transportou 22,5 millóns de pasaxeiros, o que supuxo un aumento dun 4% respecto ó ano anterior, supoñendo o cuarto ano consecutivo que rexistraba un aumento de viaxeiros.

Nese ano a media de viaxeiros de Vitrasa situábase nuns 80.000 usuarios diarios, sendo a liña Circular Centro a máis utilizada, cunha media de 5.500 usuarios. Nese mesmo período os autocares de toda a rede percorreron entre 23.000 e 24.000 quilómetros, realizando aproximadamente uns 7 millóns de viaxes.

Vitrasa foi creada como sociedade anónima, en maio de 1968, logo de resultar adxudicataria da concesión municipal do transporte público urbano.

Ese mesmo ano, en xullo, presentou os seus primeiros autocares ó público, nun acto celebrado na explanada fronte ó Real Club Náutico de Vigo. Eran trinta autocares e dous microbuses, de cor azul, que daban servizo en 16 liñas.

En decembro de 1994, finalizada a concesión municipal, convocouse un novo concurso, resultando novamente adxudicataria Vitrasa, por un período de 25 anos.

Unha das condicións desta nova concesión foi o cambio da cor dos autocares, da vermella que tiña desde 1986, á verde e branca que levan desde entón.

En 2001 empezou unha remodelación da rede, buscando potenciar as liñas circulares e a implantación dun "billete de transbordo" entre diferentes liñas para completar a viaxe.

En marzo de 2002, xunto coas sociedades Tuzsa (que explota o servizo de transporte urbano de Zaragoza) e Auto Res (sociedade de transporte de viaxeiros por estrada), creou o consorcio Avanza Grupo, co obxectivo de competir no sector de transportes a nivel estatal, converténdose no segundo operador de transportes por estrada no momento da súa creación, tralo grupo Alsa.

Traiñeiras en Galicia
Clubs 2013
Tempadas
De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.