Real Burgos Club de Fútbol

O Real Burgos Club de Fútbol é un club de fútbol da cidade de Burgos, Castela e León, España.

A súa fundación levou a cabo no ano 1983 tras a desaparición do Burgos Club de Fútbol, e partindo do seu filial, o Burgos Promesas.

O club existe na actualidade, aínda que leva sen competir desde a tempada 1995/96.

Real Burgos
NomeReal Burgos Club de Fútbol S.A.D.
Alcume(s)Rojipardillos
Fundación4 de agosto de 1983
EstadioMunicipal de El Plantío,
Burgos, España España
Inauguración1964
Capacidade12.200
PresidenteEspaña Juan Antonio Gallego
LigaNon compite
1995-9610º (Terceira División Española)
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

Historia

O club nace o 4 de agosto de 1983 como consecuencia da desaparición do Burgos Club de Fútbol e partindo da súa filial, o Burgos Promesas.

As dúas primeiras tempadas da súa curta historia, logra competir desde a Terceira División quedando campión en ambas as edicións. Na primeira cae no play-off de ascenso ante o filial do FC Barcelona, o Barcelona Atlètic; pero na segunda, consegue o ascenso á Segunda División B a costa do Huesca.

Na Segunda División B compite outros dous anos conseguindo o ascenso a Segunda División ante a UD Salamanca.

As dúas primeiras tempadas en Segunda División son complicadas, salvándose o equipo do descenso e sentando as bases do que sería a terceira tempada consecutiva en Segunda División. Esta tempada, a 1989/90, fixo unha gran actuación. O club dominou a competición de principio a fin e consumou o ascenso á elite do fútbol español en San Mamés, ante o filial do Athletic de Bilbao, o Bilbao Athletic. O equipo acabou cantando o alirón e a cidade recuperou a ilusión perdida sete anos atrás.

Os dous primeiros anos en Primeira División foron os máis gloriosos do club. O club debutou na tempada 1990-91 nun partido en El Plantío ante o Cádiz CF, ao cal gañou por 1-0 con gol de Ivica Barbarić. Ese mesmo ano foi alcumado como o "mataxigantes" debido aos bos resultados cultivados ante os equipos máis importantes de España como a dobre vitoria cultivada ante o Real Madrid tanto en El Plantío (2-1) como no Santiago Bernabéu (0-1). Cabe destacar nesta primeira tempada na máxima categoría a solidez defensiva do equipo, conseguindo ser o equipo menos goleado da Primeira División con tan só 27 goles encaixados en 38 partidos.

A segunda tempada do club na máxima categoría, a 1991-92, saldouse cun espléndido 9º posto, salvándose o equipo do descenso varias xornadas antes de acabar o campionato e quedándose ás portas da extinta Copa da UEFA.

A tempada 1992/93, a última do club na elite do fútbol español, arrincou cun espectacular (4-0) ante a Real Sociedad, póndose líder na primeira xornada da Primeira División. A partir de aquí o equipo dirixido baixo a batuta de Theo Vonk, comezou a encadear unha serie de resultados que acabaron co equipo nas últimas posicións das cales non puido saír, a pesar do baile de adestradores que sufriu o club ata o final de tempada. O equipo despediuse da máxima categoría cun triunfo (1-0) sobre o Club Atlético Osasuna con gol de Loren.

O equipo descendeu a Segunda División, quedando inmerso nunha grave crise económica agudizada pola obrigatoriedade de ter que converterse o club en Sociedade Anónima Deportiva o que fixo que descendese, ao ano seguinte, directamente ata a Terceira División. Tras un ano sen competir e tras pasar un verán problemático, no cal pensábase que o equipo ía desaparecer, o club conseguiu finalmente competir na Terceira División, manténdose na categoría. Sería esta a última tempada na que competiu o club.

O club aínda existe na actualidade, aínda que leva sen competir desde a tempada 1995/96. De feito, Juan Antonio Gallego, presidente da entidade, enviou unha carta ao Concello de Burgos para poder inscribir ao equipo en Terceira División; pero polo momento non houbo movementos e o Real Burgos tería que empezar a competir en Primeira División Provincial Afeccionados.

Datos do club

  • Tempadas en : 3
  • Tempadas en : 4
  • Tempadas en 2ªB: 2
  • Tempadas en : 3
  • Mellor posto en Primeira: 9º (tempada 1991-92)
  • Peor posto en Primeira: 20º (tempada 1992-93)
Tempada Categoría Posición Copa do Rei
1983-84 3ª División -
1984-85 3ª División Green Arrow Up.svg 3ª Eliminatoria
1985-86 2ª División B 1/8
1986-87 2ª División B Green Arrow Up.svg 2ª Eliminatoria
1987-88 2ª División 13º 4ª Eliminatoria
1988-89 2ª División 14º 4ª Eliminatoria
1989-90 2ª División Green Arrow Up.svg 1ª Eliminatoria
1990-91 1ª División 11º 4ª Eliminatoria
1991-92 1ª División 1/8
1992-93 1ª División 20º Red Arrow Down.svg 4ª Eliminatoria
1993-94 2ª División 19º Red Arrow Down.svg 3ª Eliminatoria
1994-95 Non competiu
1995-96 3ª División 10º -

Palmarés

Presidentes

  • España Felix Castrillo
  • España Antonio Marañón
  • España Antonio Martínez Laredo
  • España Miguel Jérez
  • España Juan Antonio Gallego

Adestradores

Véxase tamén

Ligazóns externas

Burgos (homónimos)

O topónimo Burgos pode referirse a:

Burgos, cidade española capital da provincia de Burgos, en Castela e León;

Burgos, concello italiano da provincia de Sassari en Sardeña;

Burgos, vila filipina de Ilocos Norte;

Burgos, vila filipina de Ilocos Sur;

Burgos, vila filipina de Isabela;

Burgos, vila filipina de La Unión;

Burgos, vila filipina de Pangasinan;

Burgos, vila filipina de Surigao del Norte;

Padre Burgos, vila filipina de Quezon;

Padre Burgos, vila filipina de Leyte del Sur;Amais, como apelido pode referirse a:

Javier de Burgos, político, xornalista, dramaturgo e tradutor andaluz (1778-1848);

Tomás Burgos, político español (n. en 1962).

Burgos Club de Fútbol

O Burgos Club de Fútbol é un club de fútbol da cidade de Burgos, en Castela e León. Fundado en 1922, foi refundado en 1994 e xoga no grupo II da Segunda División B Española.

Conta con doce equipos de categorías inferiores e unha sección de fútbol sala que milita en na Primeira Nacional A.

Estadio Municipal de El Plantío

O Estadio Municipal de El Plantío é o estadio de fútbol da cidade de Burgos. Neste estadio disputa os partidos o equipo da cidade, o Burgos CF. Tamén foi sede do desaparecido Real Burgos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.