Real Academia da Historia

A Real Academia da Historia é unha institución encargada do estudo da Historia de España e ten a súa sede na Vila de Madrid.

Real Academia de la Historia (España) 03
Sede, entre as rúas León, Huertas, Amor de Dios e Santa María de Madrid.

Historia

Real Cédula (17 de junio de 1738)
Real Cédula de 1738, pola que se aprobaron os primeiros estatutos da Academia.

As orixes da Real Academia da Historia están nos faladoiros nos que participaban varios eruditos, dende 1735, no casa de Julián Hermosilla, avogado dos Reales Consejos, para tratar asuntos de Historia.

Posteriormente, trasladaron os faladoiros aos salóns da acabada de crear Real Biblioteca e solicitaron a protección do rei Filipe V, que lla outorgou creando oficialmente a Real Academia de la Historia mediante Real Decreto o 18 de abril de 1738, e aprobando os seus estatutos mediante Real Célula o 17 de xuño do mesmo ano, onde se establecía que a finalidade da Academia era a de aclarar «a importante verdade dos sucesos, desterrando as fábulas introducidas pola ignorancia ou pola malicia, conducindo ao coñecemento de moitas cousas que escureceu a antigüidade ou ten sepultado o descoido».

En 1785, Carlos III ordena o seu traslado á Casa de la Panadería, na Plaza Mayor de Madrid, onde xa estaba situada a biblioteca da Real Academia da Historia desde 1775.

En 1836, o goberno de Mendizábal, concedeulle á Academia gran número de códices, documentos e libros, ademais do caseirón chamado Nuevo Rezado na madrileña rúa do León, número 21, que pertencera aos monxes xerónimos do Escorial ata a desamortización dos bens das ordes relixiosas, onde se trasladou oficialmente por Real Orde de 23 de xullo de 1837, aínda que na práctica non se trasladaría a el ata 1874.

Desde o 1 de xaneiro de 1938, data da súa creación, forma parte do Instituto de España.

Sede

A actual sede foi deseñada polo arquitecto Juan de Villanueva, e o edificio tiña como finalidade albergar os libros de rezos (de aí o nome do caseirón de Novo Rezado) dos monxes xerónimos do mosteiro do Escorial, por iso hai unha grella, símbolo do martirio de San Lourenzo, na fachada do edificio. As obras de construción comezaron en 1788, con austeridade na ornamentación, mais con grandes proporcións e valiosos materiais. As crónicas da época contan a admiración das xentes, cando viron entrar por Madrid as carretas que conducían as xambas e o lintel da porta tirados por vinte e oito pares de bois.

En 1836, o edificio foi desamortizado polo goberno de Mendizábal e adxudicado á Academia.

Entre 1871 e 1874, leváronse a cabo obras de reforma, a cargo do arquitecto Eduardo Saavedra, e foi declarado Monumento Nacional en 1945.

Ao caseirón do Nuevo Rezado anexionáronse en 1974 o palacio do Marqués de Molins e unha pequena casa da rúa das Huertas, completando así toda a mazá entre as rúas León, Huertas, Amor de Dios e Santa María.

Críticas

A Academia foi criticada polos seus métodos de cooptación restrinxida, o escaso número de mulleres, a hexemonía centralista (apenas hai académicos da periferia), o predominio de especialistas en tempos gloriosos de reis e conquistadores e algunhas funcións anacrónicas, como a de censor.[1][2][3]

No seu libro de 2006 Unha historia das línguas e os nacionalismos, o historiador Xabier Zabaltza escribe: «[...] moitos traballos que se presentan como "científicos" son simples racionalizacións que mal disimulan unha interpretación mítica e teolóxica da historia, comezando polas propias publicacións da Real Academia da Historia, que pretende demolir os construtos intelectuais dos nacionalismos periféricos, mais considera bos os tópicos mais toscos do nacionalismo español». Zabaltza refírese especificamente a tres publicacións da Real Academia da Historia: Reflexiones sobre el ser de EspañaDe Hispania a España; y España como nación.[4]

En 2011, a academia publicou o Diccionario Biográfico Español que provocou críticas e denuncias polo contido e conclusións discutibles dalgunhas biografías. Na de Francisco Franco, do historiador Luis Suárez Fernández (presidente da Hermandad del Valle de los Caídos), non se describe o franquismo como ditatorial, dise que Franco foi: "autoritario, pero no totalitario"[5]. Apesares das críticas a biografía non foi modificada e publicouse. A biografía do expresidente do Goberno español Felipe González foi elaborada por Juan Luis Cebrián, presidente do grupo PRISA.

Membros

A Academia está composta por trinta e seis membros de número, así como de académicos correspondentes asignados a tódalas provincias de España e ao resto do mundo. Son membros numerarios (por orden do número de medalla):[6]

  1. Vicente Pérez Moreda
  2. Hugo O'Donnell y Duque de Estrada
  3. Francisco Rodríguez Adrados
  4. Luis Suárez Fernández
  5. Feliciano Barrios Pintado
  6. José Ángel Sánchez Asiaín
  7. Josefina Gómez Mendoza
  8. José Remesal Rodríguez
  9. María del Pilar León-Castro Alonso
  10. Luis Miguel Enciso Recio
  11. Martín Almagro Gorbea
  12. Carlos Seco Serrano (decano)
  13. José María Blázquez Martínez
  14. Francisco Javier Puerto Sarmiento
  15. vacante
  16. Antonio Cañizares Llovera
  17. José Alcalá-Zamora y Queipo de Llano
  18. José Antonio Escudero López
  19. Luis Ribot García
  20. Fernando Díaz Esteban
  21. José Ángel Sesma Muñoz.[7]
  22. Enriqueta Vila Vilar
  23. Carmen Iglesias Cano (directora dende o ano 2014)
  24. Fernando Marías Franco [8]
  25. Miguel Ángel Ladero Quesada
  26. Serafín Fanjul García
  27. Miguel Ángel Ochoa Brun
  28. Luis Alberto de Cuenca y Prado
  29. José Luis Díez García
  30. Carmen Sanz Ayán
  31. Faustino Menéndez Pidal de Navascués
  32. Carlos Martínez Shaw
  33. vacante
  34. Miguel Artola Gallego
  35. Xavier Gil Pujol
  36. Luis Agustín García Moreno

Notas

  1. «Retrato de una Academia anclada en la Historia. Ritos religiosos, cargos vitalicios, rotunda hegemonía masculina y una desatención por la España contemporánea lastran la institución» 1/6/2011, El País, consultado o 1/6/2011.
  2. «Los historiadores se alarman ante la hagiografía de Franco» 30/5/2011, Público, consultado o 1/6/2011.
  3. «Un ex alto cargo del Gobierno del PP firma elogiosas biografías sobre José María Aznar y Esperanza Aguirre» 31/5/2011, La Vanguardia.
  4. Zabaltza, Xabier (2006). Una historia de las lenguas y los nacionalismos. Gedisa. ISBN 84-7432-809-8.
  5. Campos, Pedro: «A Academia da Historia canoniza a Rajoy e destaca o seu labor durante o Prestige» Praza Pública, 1/11/2013.
  6. "Académicos Numerarios". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2010. Consultado o 16 de xullo de 2014.
  7. «José Ángel Sesma Muñoz, nuevo académico de número de la Real Academia de la Historia», Europa Press, Madrid, 5/10/2012.
  8. El historiador del arte y catedrático de la UAM ingresa en la Real Academia de la Historia Arquivado 26 de xullo de 2014 en Wayback Machine. 24/6/2012.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

10 de febreiro

O 10 de febreiro é o 41º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 324 días para finalizar o ano, 325 nos anos bisestos.

Antonio Aguilar Correa

Antonio Aguilar Correa, Marqués de la Vega de Armijo, nado en Madrid o 30 de xuño de 1824 e finado na mesma cidade o 13 de xuño de 1908, foi un político español, Presidente do Goberno de España entre 1906 e 1907.

Foi Grande de España, Marqués de la Vega de Armijo dende 1847, Marqués de Atos, Conde de la Bobadilla e vizconde de Pegullal. Tamén foi cabaleiro do Vélaro de Ouro e da Orde Pontificia de Cristo.

Antonio Blanco Freijeiro

Antonio Blanco Freijeiro, nado en Marín o 6 de setembro de 1923 e finado en Madrid o 6 de xaneiro de 1991, foi un arqueólogo e numismático galego.

Antonio Cánovas del Castillo

Antonio Cánovas del Castillo, nado en Málaga o 8 de febreiro de 1828 e finado en Arrasate (Guipúscoa) o 8 de agosto de 1897, foi un político e historiador español coñecido principalmente polo seu apoio á Restauración borbónica de 1874 e por converterse no máximo dirixente dos conservadores no "sistema de quendas" por el establecido. Foi presidente do goberno español nos períodos 1874-1875, 1875-1879, 1879-1881, 1884-1885, 1890-1892 e 1895-1897.

Antonio Romero Ortiz

Antonio Romero Ortiz, nado en Santiago de Compostela o 24 de marzo de 1822 e finado en Madrid o 18 de xaneiro de 1884, foi un político liberal, ministro de Gracia y Justicia durante o Sexenio e ministro de Ultramar durante os gabinetes de Zavala e de Sagasta. Tamén foi un persoeiro importante no movemento do provincialismo galego.

Armando Cotarelo Valledor

Armando Cotarelo Valledor, nado na Veiga (Asturias) o 22 de decembro de 1879 e finado en Madrid o 8 de decembro do ano 1950, foi un dramaturgo e escritor galego. En 1984 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Claudio Sánchez-Albornoz

Claudio Sánchez-Albornoz y Menduiña, nado en Madrid o 7 de abril de 1893 e finado en Ávila o 8 de xullo de 1984, foi un historiador e político español.

Dámaso Alonso

Dámaso Alonso Fernández de las Redondas, nado en Madrid o 22 de outubro de 1898 de pai de Ribadeo e nai de Castropol, e finado o 25 de xaneiro de 1990, foi un escritor, crítico literario e filólogo español. Membro da xeración do 27 e Premio Miguel de Cervantes 1978.

Emilio Castelar

Emilio Castelar Ripoll, nado en Cádiz o 7 de setembro de 1832 e finado en San Pedro del Pinatar (Murcia), o 25 de maio de 1899, foi un político e escritor español, último presidente da Primeira República Española.

Eugenio Montero Ríos

Eugenio Montero Ríos, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1832 e finado en Madrid o 12 de maio de 1914, foi un destacado xurista e político galego, alcumado o "cuco de Lourizán" onde residiu até pouco antes de morrer.Foi partidario da separación entre Igrexa e Estado, e á súa iniciativa débense a Lei do Rexistro Civil e a Lei do Matrimonio Civil.

Francisco Javier Sánchez Cantón

Francisco Javier Sánchez Cantón, nado en Pontevedra o 14 de xullo de 1891 e finado o 27 de novembro de 1971, foi un historiador galego.

Francisco Martínez de la Rosa

Francisco de Paula Martínez de la Rosa Berdejo Gómez del Arroyo, nado en Granada o 10 de marzo de 1787 e finado en Madrid o 7 de febreiro de 1862, foi un poeta, dramaturgo e político español.

Gregorio Marañón

Gregorio Marañón y Posadillo, nado en Madrid o 19 de maio de 1887 e finado ibídem o 27 de marzo de 1960, foi un médico endocrinólogo, científico, historiador, escritor e pensador español, pertencente á xeración de 1914. As súas obras científicas e históricas tiveron relevancia internacional. Dirixiu a cátedra de endocrinoloxía no Hospital Central de Madrid. Foi académico de número de cinco das oito Reais Academias de España (Lingua, Historia, Belas Artes, Nacional de Medicina e de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais).

Luís López Ballesteros

Luis López Ballesteros Varela, nado en Vilagarcía de Arousa o 21 de xuño de 1782 e finado en Madrid o 13 de outubro de 1853, foi un militar e político galego, Señor do pazo da Golpilleira.

Marcelino Menéndez Pelayo

Marcelino Menéndez Pelayo, nado en Santander o 3 de novembro de 1856 e finado na mesma cidade o 19 de maio de 1912, foi un escritor, político e erudito español, consagrado fundamentalmente á historia das ideas, a crítica e historia da literatura española e hispanoamericana e a filoloxía hispánica en xeral, aínda que tamén cultivou a poesía, a tradución e a filosofía, irmán do escritor Enrique Menéndez Pelayo.

Olga Gallego

Olga Gallego Domínguez, nada en Ourense o 8 de decembro de 1923 e finada na mesma cidade o 4 de setembro de 2010, foi unha historiadora galega. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia Galega.

Ramón Menéndez Pidal

Ramón Menéndez Pidal, nado na Coruña o 13 de marzo de 1869 e finado en Madrid o 14 de novembro de 1968, foi un lingüista, crítico literario, folclorista e historiador español.

Salustiano Olózaga

Salustiano de Olózaga Almandoz, nado en Oion (Áraba) o 8 de xuño de 1805 e finado en París o 26 de setembro de 1873, foi un militar, escritor, avogado e político español.

Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta

Álvaro de Figueroa Torres Mendieta, Conde de Romanones, nado en Madrid o 9 de agosto de 1863 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1950, foi un político español. Foi 17 veces ministro e 3 veces presidente do goberno con Alfonso XIII.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.