Reacción nuclear

As reaccións nucleares son aquelas reaccións onde se altera a composición dos núcleos atómicos liberándose enormes cantidades de enerxía. Algúns núcleos son inestables, emiten espontaneamente partículas e radiación electromagnética. Tales emisións espontáneas provenientes do núcleo dun átomo reciben o nome de radioactividade. Nos reactores nucleares ocorre isto, pero en condicións controladas; porén nas armas nucleares non hai control, de aí o seu gran poder destrutivo.

Un exemplo é o U-238, que espontaneamente emite raios alfa (núcleos de helio) e libera Th-234.

Li6-D Reaction
Gráfico da reacción nuclear Li6+D.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.