Razo, Carballo

San Martiño de Razo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños, o cal ocupa un pequeno val á beira do mar. Segundo o IGE en 2013 tiña 812 habitantes (422 mulleres e 390 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 887 habitantes, aínda que os turistas, atraídos pola coñecida praia e polo surf, multiplican a súa veciñanza durante a tempada estival. Estes ocupan moitas das novas construcións situadas preto do areal que se estende ata Baldaio.

Coordenadas: 43°17′16.4″N 8°42′30.2″O / 43.287889, -8.708389

Razo
Praia-e-porto-razo-carballo
Vista de Razo
ConcelloCarballo
Poboación812 hab. (2013)
Entidades de poboación10

Lugares de interese

Nesta parroquia, situada a 9 km da vila de Carballo, destaca a praia de Razo, un areal de 1300 metros de lonxitude e de area fina, moi coñecido e visitado por turistas. Esta praia destaca polas actividades relacionadas co surf, debido a que ao ser unha praia de mar aberto, ten boas ondas para a súa práctica. Ademais, está practicamente unida coa praia lindeira, a praia de Baldaio, conformando ambas as dúas un espazo natural de enorme interese.

Tamén merecen ser visitados a capela e o pequeno porto pesqueiro situados no lugar de Santa Mariña ou a igrexa parroquial de San Martiño, situada no lugar de Nétoma.

Razo ten ademais outros lugares de grande interese a poucos quilómetros, como poden ser as localidades de Malpica e Caión, ademais da xa mencionada praia de Baldaio ou a Pedra do Sal.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Razo, Carballo.
Hórreo, Razo, Carballo
Razo, Carballo 2
Merganso (Mergus), Razo, Carballo

Merganso.

Praia-e-porto-razo-carballo

Vista panorámica da praia e porto de Razo.

Rio praia razo

Regueiro na praia de Razo

Vista cara o mar Razor

Vista cara o mar, véndose as Illas Sisargas ó fondo

Lugares e parroquias

Parroquias de Carballo

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Arnados, Razo, Carballo

Arnados é un lugar da parroquia de Razo no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 306 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 144 homes e 162 mulleres.

Cambrelle, Razo, Carballo

Cambrelle é un lugar da parroquia de Razo no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 27 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 16 homes e 11 mulleres.

Carlos Díaz Gestal

Carlos Díaz Gestal, máis coñecido como O Xestal, nado na Coruña o 8 de agosto de 1933 e finado na mesma cidade o 4 de xaneiro de 1993, foi un humorista e cantante galego.

Depresión Meridiana

A Depresión Meridiana é unha formación natural da xeografía de Galicia. Esta depresión xeolóxica podería ter a súa orixe nunha falla, e vai de norte a sur desde a costa atlántica en Razo (Carballo) até o río Miño ao seu paso por Tui, a unha lonxitude de 8º 40' oeste. Está formada por unha liña de fracturas que se encaixan nas bocas da ría de Arousa, a ría de Pontevedra e a ría de Vigo, onde comeza a desembocadura dos ríos Ulla, Lérez e Verdugo respectivamente.

Leiloio, Malpica de Bergantiños

Santa María de Leiloio é unha parroquia situada ao leste do concello coruñés de Malpica de Bergantiños, na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 547 habitantes (266 homes e 281 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 757 habitantes.

Nión, Razo, Carballo

Nión é un lugar da parroquia de Razo no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 27 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 14 homes e 13 mulleres.

Nétoma, Razo, Carballo

Nétoma é un lugar da parroquia de Razo no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 172habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 78 homes e 94 mulleres.

Paco Souto

Francisco José Souto Barreiro, nado na Coruña o 12 de outubro de 1962 e finado en Razo (Carballo) o 30 de marzo de 2017, foi un escritor e político galego.

Pardiñas, Razo, Carballo

Pardiñas é un lugar da parroquia de Razo no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 11 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 5 homes e 6 mulleres.

Praias da provincia da Coruña

Esta é unha lista parcial das máis de 360 praias da provincia da Coruña dos concellos litorais de: Ares, Arteixo, Bergondo, Boiro, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Carballo, Cariño, Carnota, Cedeira, Cee, Corcubión, A Coruña, Dumbría, Ferrol, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mañón, Miño, Mugardos, Muros, Muxía, Noia, Oleiros, Ortigueira, Outes, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Sada e Valdoviño.

Razo da Costa, Razo, Carballo

Razo da Costa é un lugar da parroquia de Razo no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 199 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 94 homes e 105 mulleres.

Santa Mariña, Razo, Carballo

Santa Mariña é un lugar da parroquia de Razo no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 10 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 6 homes e 4 mulleres.

Vernes, Razo, Carballo

Vernes é un lugar da parroquia de Razo no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 19 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 9 homes e 10 mulleres.

Vilar de Cidre, Razo, Carballo

Vilar de Cidre é un lugar da parroquia de Razo no concello coruñés de Carballo (Comarca de Bergantiños). Tiña 77 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 33 homes e 44 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.