Raymond Queneau

Raymond Queneau, nado e Le Havre o 21 de febreiro de 1903 e finado o 25 de outubro de 1976, foi un poeta e novelista francés.

Raymond Queneau
Raymond Queneau S
Nacemento21 de febreiro de 1903
 O Havre
Falecemento25 de outubro de 1976
 París
CausaCancro de pulmón
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
Alma máterUniversidade de París
Ocupaciónpoeta, dramaturgo, novelista, tradutor, guionista, matemático, escritor e autor
FillosJean-Marie Queneau
PremiosPrix des Deux Magots e Straelen Translator’s Prize provided by Kunststiftung NRW
SignatureQueneau

Traxectoria

Graduado en 1919 en latín e grego, trasladouse a estudar na Sorbona de París, onde estudou tanto matemáticas como letras. Graduouse en filosofía e psicoloxía. Aí sentiuse atraído polo movemento surrealista. Despois dunha viaxe a Grecia en 1932, empezou a reflexionar sobre as diverxencias existentes entre as linguas faladas e as linguas escritas, diverxencia evidente no grego pero tamén no francés. Estas reflexións plasmounas en diversos artigos sobre o "neofrancés" e utilizounas nas súas novelas. Escribiu a súa primeira novela Le Chiendent, publicada en 1933.

Viviu do seu traballo como xornalista, realizando pequenos traballos, e logo, a partir de 1938, da súa colaboración coa editorial Gallimard na que foi tradutor, lector, membro do comité de lectura etc. En 1947 publicáronse os seus Exercicios de estilo[1] (na lingua orixinal, Exercices de Style). Foi tamén o inicio das primeiras publicacións que realizou baixo o pseudónimo de Sally Mara, imitando ao Vernon Sullivan do seu amigo Boris Vian e que lle valeu diversos problemas coa censura.

Tras a liberación, frecuentou tamén os medios de Saint-Germain-des-Prés. Escribiu libretos para comedias musicais e os diálogos de diversas películas como Monsieur Ripois realizada por René Clément.

En 1950, entrou no Colexio de Patafísica e en 1951 na Academia Goncourt. Amante das ciencias, en 1948 entrou na Sociedade Matemática de Francia. Raymond Queneau sempre tentou aplicar normas aritméticas na construción das súas obras. Con motivo dun coloquio, fundou en 1960, xunto a François Le Lionnais, un grupo de investigación literaria e científica que se converteu no OuLiPo.

Notas

  1. Ficha da obra, traducido por Henrique Harguindey e Xosé Manuel Pazos e publicada por Xerais en 1995.

Véxase tamén

Ligazóns externas

'Patafísica

A 'Patafísica é un sistema pseudo-filosófico inventado polo escritor francés Alfred Jarry que este definiu como "a ciencia das solucións imaxinarias". A 'patafísica é unha parodia das teorías e métodos da ciencia moderna e utiliza habitualmente expresións sen sentido. Jarry foi un precursor do surrealismo.

1976

1976 foi Ano Santo Xacobeo.

21 de febreiro

O 21 de febreiro é o 52º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 313 días para finalizar o ano, 314 nos anos bisestos.

25 de outubro

O 25 de outubro é o 298º día do ano do calendario gregoriano (299º nos anos bisestos). Quedan 67 días para finalizar o ano.

A escuma dos días

A escuma dos días é unha novela en francés de Boris Vian, escrita en 1946 e publicada en 1947 por Éditions Gallimard co título orixinal de L'Écume des jours. Foi traducida ao galego por Henrique Harguindey e publicada en 2007 por Edicións Laiovento.

Malia que foi promovida por Raymond Queneau e Jean-Paul Sartre (que publicou extractos en Temps Modernes), non tivo éxito en vida de Vian. Trata un universo poético e confuso, sendo os seus temas principais o amor, a enfermidade e a morte, cunha atmosfera de música jazz e boa gastronomía.

Alzamento de Pascua

O Alzamento de Pascua (en gaélico: Éirí Amach na Cásca) foi unha rebelión que tivo lugar en Irlanda durante a Pascua de 1916. O alzamento foi un intento de republicanos irlandeses co obxectivo de rematar co dominio británico en Irlanda e establecer unha República Irlandesa nun momento no que o Imperio Británico estaba inmerso na primeira guerra mundial. Foi a sublevación máis significativa que houbo en Irlanda tras a rebelión irlandesa de 1798.

Organizado polo Consello Militar da Irmandade Republicana Irlandesa, o alzamento durou dende o luns santo do 24 de abril ata o 30 de abril de 1916. Membros dos Voluntarios Irlandeses, liderados polo profesor e avogado Patrick Pearse, xunto co pequeno Exército Cidadán Irlandés de James Connolly e mais 200 membros da Liga das Mulleres, tomaron lugares clave en Dublín e proclamaron unha República Irlandesa independente de Gran Bretaña. Houbo algunhas accións máis noutras partes de Irlanda aínda que foron de escasa relevancia, agás o ataque aos barracóns da Policía Real Irlandesa en Ashbourne, no condado de Meath.

O Alzamento foi sufocado tras sete días de loita, e os seus líderes foron sometidos a consellos de guerra e posteriormente executados, pero tiveron éxito en facer que os políticos irlandeses volveran a tomar en consideración unha vía de republicanismo irlandés a través das armas.

O acontecemento acostuma interpretarse como o momento clave do proceso de independencia irlandesa, aínda que tamén marcou a división entre republicanismo e nacionalismo irlandés, que ata o momento aceptara a promesa dunha autonomía limitada baixo a coroa británica. Tal autonomía fora plasmada na terceira Acta de Goberno de Irlanda, ou Home Rule en inglés, aprobada en 1914 e suspendida durante a primeira guerra mundial.

Georges Perec

Georges Perec, nado en París o 7 de marzo de 1936 e finado en Ivry-sur-Seine o 3 de marzo de 1982, foi un escritor francés.

Novelista, poeta, ensaísta, guionista, dramaturgo e autor de obras misceláneas, é un dos autores principais da literatura francesa do século XX, membro do grupo OuLiPo e abandeirado da Nouveau roman. A súa obra estivo baseada na experimentación e en certas limitacións formais como forma de creación, incluíndo elementos matemáticos.

Giorgio de Chirico

Giorgio De Chirico, nado o 10 de xullo de 1888 en Volos en Tesalia, Grecia, e falecido o 20 de novembro de 1978 en Roma, Italia, foi un pintor italiano.

Henrique Harguindey

Henrique Harguindey Banet, nado en Lugo o 4 de xaneiro de 1946, é un escritor e tradutor galego.

Italo Calvino

Italo Calvino, nado en Santiago de las Vegas (Cuba) o 15 de outubro de 1923 e finado en Siena o 19 de setembro de 1985, foi un escritor italiano.

Os seus traballos máis coñecidos son a triloxía I nostri antenatti ("Os nosos devanceiros", 1952-1959), a colección de relatos curtos Cosmicomics, de 1965, e as novelas Cidades invisibles, de 1972, e Se nunha noite de inverno un viaxeiro, de 1979. De estilo difícil de clasificar, as súas obras ás veces fan lembrar os contos de fadas (Cosmicomiche), e outras son máis realistas (Amores difíciles). Algunhas das súas novelas foron clasificadas como posmodernas, outras como exemplos do realismo máxico e outras como realistas.

Jacques Bens

Jacques Bens, nado en Cadolive (Bocas do Ródano) o 25 de marzo de 1931 e finado en Vaucluse o 26 de xullo de 2001, foi un escritor francés.

Jacques Rivette

Jacques Rivette ([ʒak ʁivɛt]), nado en Ruán (Sena Marítimo) o 1 de marzo de 1928 e finado en París o 29 de xaneiro de 2016 foi un director, guionista e crítico cinematográfico francés, membro do grupo da Nouvelle Vague.

Latín macarrónico

Latín macarrónico (en latín Latinitas culinaria) é unha locución que se utiliza para referirse a textos que están nun latín moi pouco académico desde o punto de vista gramatical, ortográfico etc, ou nun latín cun vocabulario de orixe moderna latinizado. En xeral, utilízase por ignorancia ou con finalidade humorística.

Tamén, por analoxía, fálase algunhas veces de francés macarrónico, inglés macarrónico, italiano macarrónico etc.

Luis Buñuel

Luis Buñuel Portolés, nado en Calanda (provincia de Teruel) o 22 de febreiro de 1900 e finado en Cidade de México o 29 de xullo de 1983, foi un director de cinema aragonés, nacionalizado mexicano e considerado un dos máis importantes e orixinais na historia do cinema mundial. A meirande parte da súa obra foi realizada en México e Francia.

OuLiPo

OuLiPo (acrónimo de «Ouvroir de littérature potentielle», que se traduce como "Obradoiro de literatura potencial") é un grupo de principalmente escritores en francés e matemáticos que busca crear obras usando técnicas de escritura limitada (Littérature à contraintes). Foi fundado en novembro de 1960 por Raymond Queneau e François le Lionnais. Estes refundan o Seminario de Literatura Experimental (Sélitex), ao redor do cal se reuniu un grupo de creadores non convencionais, e pasan a denominalo Ouvroir de littérature potentielle, ou Taller de literatura potencial.

Premios Cálamo

Os Premios Cálamo son uns galardóns literarios organizados pola Librería Cálamo de Zaragoza desde o ano 2001, e que contan coa colaboración do Concello de Zaragoza, Universidade de Zaragoza, Goberno de Aragón, Fundación CAI-ASC, Institut Français de Saragosse, Sansueña Industrias Gráficas, KreftBrubach GmbH, Restaurante Garden e Bodegas Guelbenzu.

Desde o seu inicio prémianse dúas categorías:

Premio Libro del año: A Librería Cálamo fai unha lista dos libros que lles gustaron especialmente durante o ano e a someten a votación popular entre tódolos lectores asiduos á librería durante os meses de decembro e xaneiro. O libro máis votado é o que recibe o galardón.

Premio Otra mirada: Premio elixido directamente pola Librería Cálamo para promocionar a súa lectura, por ser diferente, orixinal ou polémico.A partir do ano 2004, sumaron outra categoría:

Premio Extraordinario.

Quim Monzó

Joaquim Monzó i Gómez, coñecido como Quim Monzó, nado en Barcelona o 24 de marzo de 1952, é un escritor e xornalista catalán.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.