Raposo

Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).

O raposo ou golpe é un mamífero omnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara arriba, e unha longa e espesa cola.

Doce especies pertencen ó grupo monofilético do xénero Vulpes ou "raposos verdadeiros". Arredor doutras 25 especies vivas ou extintas foron chamadas tamén raposos; estes raposos forman parte do grupo parafilético de raposos de América do Sur, ou do grupo formado polo raposo orelludo, o raposo gris e o raposo gris das illas.[1] Os raposos viven en tódolos continentes, agás na Antártida. A especie máis común e espallada de lonxe é o raposo común (Vulpes vulpes) con 47 subespecies recoñecidas.[2] A distribución mundial dos raposos, xunto coa súa reputación de astucia, contribuíu a que estean presentes en moitas culturas de sociedades de todo o mundo.

Raposo
Raposo común (Vulpes vulpes) deitado na neve.

Raposo común (Vulpes vulpes) deitado na neve.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
xéneros
  • Vulpes
  • Cerdocyon
  • Dusicyon
  • Lycalopex
  • Otocyon
  • Urocyon

Clasificación

Os cánidos coñecidos como raposos aparecen entre os seguintes xéneros e especies:[2]

Canis simensis
Lobo etíope, nativo das terras altas etíopes.
Cerdocyon thous MG 9503
Raposo cangrexeiro de América do Sur.
FalklandIslandFox2
Raposo das Illas Malvinas. Ilustración de John Gerrard Keulemans (1842–1912)
Fox pan de azucar
Raposo gris suramericano no deserto de Atacama.
Urocyon littoralis full figure
Raposo gris das illas (Urocyon littoralis).
Fennec Fox
O fennec é a especie máis pequena de raposo.

Notas

  1. Oxford University Press, ed. (2004). The biology and conservation of wild canids (Nachdr. d. Ausg. 2004. ed.). Oxford. p. 49. ISBN 0198515561.
  2. 2,0 2,1 Lloyd, H.G. (1981). Batsford, ed. The red fox (2. impr. ed.). Londres. p. 21. ISBN 0-7134-11902.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Camiño do Raposo, Dexo, Oleiros

Camiño do Raposo é un lugar da parroquia de Dexo no concello de Oleiros, na provincia da Coruña.

Cogomelo

Un cogomelo ou cogumelo ( pronunciación ) (do latín cucumellum, diminutivo formado sobre cucuma -ae denominación dun recipiente de cociña) é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. Habitualmente, encádranse dentro do filo Basidiomicota (Basidiomicetos).

A época na que se fan visíbeis en superficie é, para a maior parte deles, o outono, especialmente cando quenta o sol despois dunha choiva intensa. Aínda que algúns (o champiñón e o pleuroto) son cultivábeis todo o ano baixo certas condicións de iluminación, temperatura e humidade, a maior parte e os máis saborosos (níscaro, boleto, matacandil etc.) só medran no monte e non se ten acadado o seu cultivo controlado. Un cogomelo comestíbel moi común no noso país é a zarrota.

A maior parte medran ao abeiro dunha árbore, ben no chan ou nas súas pólas.

Cánidos

Os cánidos (Canidae) son unha familia de mamíferos da orde Carnivora, de réxime carnívoro ou omnívoro. Inclúe a cans, lobos, raposos, coiotes, e chacais. Estes animais son todos dixitígrados.

Eleccións municipais en Pedrafita do Cebreiro

Corporacións democráticas en Pedrafita do Cebreiro desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Xesús Luís López González — BN-PG

1983 Alcalde: Xesús Luís López González — PSdeG-PSOE

1987 Alcalde: José Luis Raposo Magdalena — PSdeG-PSOE

1991 Alcalde: José Luis Raposo Magdalena — PSdeG-PSOE

1995 Alcalde: José Luis Raposo Magdalena — PSdeG-PSOE

1999 Alcalde: José Luis Raposo Magdalena — PSdeG-PSOE

2003 Alcalde: José Luis Raposo Magdalena — PSdeG-PSOEModelo:Pedrafita do Cebreiro 2003

2007 Alcalde: José Luis Raposo Magdalena — PSdeG-PSOEModelo:Pedrafita do Cebreiro 2007

2011 Alcalde: José Luis Raposo Magdalena — PSdeG-PSOE

2015 Alcalde: José Luis Raposo Magdalena — PSdeG-PSOECandidatos: José Luis Raposo Magdalena (PSdeG-PSOE) e José Fernández López (PP).

Erwin Rommel

Erwin Rommel, nado en Heidenheim o 15 de novembro de 1891 e finado en Herrlingen, o 14 de outubro de 1944, foi un mariscal alemán durante o terceiro Reich, alcumado O raposo do deserto.

Eurocopter Fennec

Os Eurocopter AS550 Fennec (agora Airbus Helicopters H125M) e AS555 Fennec 2 son helicópteros militares lixeiros multipropósito fabricados polo Eurocopter Group (agora Airbus Helicopters). Baseados nas series AS350 Ecureuil e AS355 Ecureuil 2 reciben o seu nome do fenec ou raposo do deserto. As versións armadas do AS550 e do AS555 poden ser equipadas con armas coaxiais, foguetes, torpedos ou outro tipo de munición.

Golparro

Golparro foi un xograr galego de finais do século XIII. Golparro sería un alcume que significaría "raposo vello". É autor dunha cantiga de amigo, sobre o santuario de San Treeçon.

José Luis Raposo Magdalena

José Luis Raposo Magdalena, nado en Riocereixa (Pedrafita do Cebreiro) en 1956, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Lagoa de Fúquene

A lagoa de Fúquene é un corpo de auga doce que se atopa na localidade de Fúquene, entre os departamentos de Cundinamarca e Boyacá, ó leste dos Andes colombianos, a unha altitude de 2.540 metros, e a unha distancia duns 80 km da cidade de Bogotá.

Posúe numerosas illas, unha delas foi santuario dos muiscas; ademais, existían varios adoratorios atendidos por cen sacerdotes, así como un templo que seguramente foi erixido a Fu, un deus con cabeza e cola de raposo e figura humana que personificaba ó demo. Segundo conta a lenda, oculto baixo as augas e disposto a defender dos muzos, os seus dominios no val de Ubaté e Chiquinquirá, permanece Fu, o deus tutelar das augas desta lagoa.A lagoa é alimentada polo río Susa e desalimentada polo río Suárez.

Monterroso

Monterroso é un concello da provincia de Lugo, capital da Comarca da Ulloa. Segundo o INE en 2015 tiña 3778 habitantes (1880 homes e 1898 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é monterrosino.

O Chan da Ferradura

O Chan da Ferradura é un conxunto de gravados rupestres, situados na parroquia de San Pedro de Trasalba, pertencente ao concello de Amoeiro e parte no concello de Punxín, a poucos quilómetros da capital provincial Ourense.

As rochas foron descubertas ao longo dos traballos de seguimento arqueolóxico da construción do gasoduto Pontevedra - Ourense, realizados na segunda metade da década de 1990 polo Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela. Durante estes traballos localizáronse unhas 30 rochas con gravados distribuídas en vinte grupos nunha área de 500 m².

O raposo na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada do raposo na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Os cogomelos na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada dos diferentes tipos de cogomelos na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Raposo común

O raposo común (Vulpes vulpes), tamén coñecido simplemente como raposo, ou golpe nalgunhas zonas ó norte de Galicia, é a meirande especie de raposo e un dos membros máis espallados no mundo da orde dos carnívoros, estando presente en todo o hemisferio norte dende o círculo polar ártico até o norte de África, América do Norte e Eurasia. Está clasificada como unha especie pouco preocupante pola IUCN. A súa área de distribución medrou paralelamente coa expansión humana, sendo introducido en Australia, onde é considerado prexudicial para os mamíferos nativos e as poboacións de aves. Por mor da súa presenza en Australia, está incluído na lista das 100 especies invasoras máis daniñas do mundo.O raposo común provén de devanceiros máis pequenos de Eurasia durante o período Villafranchiense medio, e colonizou América do Norte pouco despois da glaciación de Wisconsin. Entre tódolos raposos, o raposo común representa a forma máis evolucionada en termos de alimentación carnívora. Ademais do seu tamaño maior, o raposo común diferénciase doutras especies de raposo pola súa grande habilidade de adaptarse a novos ambientes. Malia que tamén é coñecido como raposo vermello, a especie a miúdo produce individuos con outras cores, incluíndo exemplares con leucismo e melanismo. No presente están recoñecidas corenta e cinco subespecies, que están divididas en dúas categorías: os meirandes raposos do norte, e os máis cativos, os raposos basais de Asia e o norte de África.Os raposos adoitan estar xuntos en parellas ou pequenos grupos formados por familias, como dous pais adultos e as súas crías, ou un macho con varias femias con relacións de parentesco. As crías permanecen a carón dos seus pais para axudarlles a coidar novas crías. Aliméntanse principalmente de pequenos roedores, malia que tamén poden cazar coellos, galináceas, réptiles, invertebrados e crías de ungulados. En ocasións tamén comen froitas e vexetais. Malia que o raposo común adoita matar depredadores máis pequenos ca el, como outras especies de raposos, é vulnerable ó ataque de depredadores meirandes, como lobos, coiotes, chacais dourados e félidos de tamaño medio e grande.A especie ten unha longa historia de asociación cos humanos, sendo cazada extensivamente como unha praga e pola súa pelaxe durante séculos, así como a súa representación no folclore e na mitoloxía de moitas culturas. Por mor da súa ampla distribución e gran poboación, o raposo común é un dos animais máis importantes para a industria da peletaría. Pequeno de máis para supoñer unha ameaza para os humanos, beneficiouse amplamente da presenza de hábitats humanos, e tivo moito éxito na colonización de áreas urbanas e suburbanas. A domesticación do raposo común está en proceso en Rusia, e deu como resultado o raposo doméstico.

Raposo do mar

Raposo do mar, raposo de mar, peixe raposo, tiburón raposo ou simplemente raposo, camarín ou golpe son, entre outros, os nomes cos que se coñece en galego a especie Alopias vulpinus, peixe cartilaxinoso elasmobranquio da orde dos lamniformes (Lamniformes), familia dos alopíidos —tamén grafada alópidos— (Alopiidae) integrante do xénero Alopias, único co que conta dita familia, especie caracterizada pola súa extraordinaria cola, que mide case tanto como o resto do corpo.

Raposo ártico

O raposo ártico ou raposo polar (Vulpes lagopus) é un mamífero pertencente á familia dos cánidos.

Refraneiro galego sobre o lobo

A muller e a loba do máis feo se namora .

Alégrase o lobo cos couces da ovella.

Avisade ó lobo e deixade o gando soilo.

Ben parva é a ovella que co lobo se confesa.

Ben se aleda o lobo do que come o zorro .

Ben se alegra o lobo do que come o zorro.

Ben vai a ovella coxa, coma o lobo non a colla.

Burro de moitos cómeno os lobos.

Cabalo que ha de ir á guerra, nin o come o lobo, nin o malpare a égoa .

Can que lobos mata, lobos o matan .

Cando co fato anda o dono, nin dá o teo nin vén o lobo.

Cando mata o lobo, mata pra todos.

Cando o lobo non vai polo seu pé, non come do que quer.

Cando o lobo vai roubar, lonxe das casas vaino buscar.

Cando un lobo come a outro, non hai que comer no souto.

Coa auga en san Xoán xa se revolve o lobo ó can.

Come o lobo de toda a carne, menos da súa, que a lambe.

Con un lobo non se mata outro.

Cousa de moitos cómena os lobos.

Cousa de moitos, cousa de lobos.

Da conta que saca o pegureiro, o lobo / monte sábelle sabe o erro .

Día da Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado .

Dios nos libre da boca do lobo.

Do contado come o lobo.

Do lobo, un pelo.

Do lobo un pelo, e ese no medio do lombo.

Dou ó demo todos, dixo o que araba cos lobos .

Dous lobos a un can, ben o comerán .

En abril cátanos no cubil, en maio xa son bo galo, en san Xoán xa lle dou a carreira ó can, en santa Mariña xa vou pola cabritiña, en agosto xa vou co meu pai polo rostro, en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro.

En abril está a loba no cubil, en maio sae co pai ó lado, en san Xoán atrévese co can, en Santa Mariña xa colle a cabritiña, en agosto sae co pai ó rostro.

En maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo ben empolado.

En terra de lobos ouvear coma todos.

En xaneiro, sete lobos no carreiro.

En xaneiro, sete lobos polo carreiro.

Faite ovella e comerate o lobo.

Gárdate de home mal barbado e de lobo esfameado .

Lobo famento non ten asento.

Lobo tardeiro non volve baleiro.

Mal lle vai á ovella que co lobo se aconsella.

Marzo marzán, á noite cara de lobo e a mañán cara de can.

Mentras o can dorme, o lobo mata e come .

Muda o lobo os dentes, mais non as mentres.

Na terra dos lobos ouvear coma eles .

Na terra dos lobos, ouvear coma todos .

Non come o lobo besta branca.

Non soilo o lobo come carne crúa.

Nunca o lobo mata ó lobo.

Nunca un lobo come a outro.

O fillo do lobo lobiño é .

O fillo do lobo logo adeprende a ouvear .

O fillo do lobo tira sempre ao monte.

O lobo e o raposo non son bos compañeiros.

O lobo famento non pode estar contento.

O lobo farto de carne, meteuse frade.

O lobo muda de pelo pero non de condición.

O lobo non come da carne que quer, senón da que houber.

O lobo non ve todo o que queda no monte.

O lobo, onde cría, non é donde fai a matanza.

O lobo perde do pelo pero das mañas.

O lobo vello caza á espera.

O lobo vello de noite oubea.

O porco que é pró lobo non hai san Antón que o garde .

O que entre lobos se mete, gandido sai.

Ó que se fai ovella, cómeno os lobos.

Onde non ves lobo, cata o lobo.

Os fillos do lobo, lobos serán.

Ovella de moitos cómena os lobos.

Palabra, díxolle o lobo á cabra.

Pola Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado.

¿Qué lle importa ó lobo o que come o zorro?

Quen con lobos anda, oubear deprende.

¡Quen o collera onde o lobo mata á ovella!

Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado.

Se marzo marcea non queda can nin ovella, nin pastor coa súa pelexa, nin o can coa súa carranca, nin o lobo coa súa zanca.

Son lobos dunha camada: se algún non esfola é que mata.

Toda carne come o lobo, agás a súa que a delambe.

Un bo día de xaneiro é un lobo no quinteiro.

Un lobo a outro lobo non se comen nin se morden.

Vaca de moitos, cómena os lobos .

The Fox and the Hound

The Fox and the Hound (en galego, O raposo e o can de caza) é un filme de drama animado estadounidense do ano 1981 producido por Walt Disney Productions e baseado libremente na novela homónima escrita por Daniel P. Mannix. O vixésimo cuarto filme animado de Disney, o filme narra a historia de dous amigos improbables, un raposo vermello chamado Tod e un can de caza, Copper, que loitan por preservar a súa amizada malia os instintos emerxentes e as presións sociais que os queren levar a ser adversarios. Dirixido por Ted Berman, Richard Rich, e Art Stevens, o filme inclúe as voces de Mickey Rooney, Kurt Russell, Pearl Bailey, Jack Albertson, Sandy Duncan, Jeanette Nolan, Pat Buttram, John Fiedler, John McIntire, Dick Bakalyan, Paul Winchell, Keith Mitchell, e Corey Feldman.

The Fox and the Hound foi estreado nos cines dos Estados Unidos o 10 de xullo de 1981. Ata a súa estrea, foi a película animada máis cara producida ata esa data: custou 12 millóns de dólares. Foi reestreado nos cines o 25 de marzo de 1988. En 2006 saíu á venda unha secuela, The Fox and the Hound 2.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.