Rapa das bestas de Sabucedo

A rapa das besta de Sabucedo é un evento que se celebra en Sabucedo (A Estrada) durante tres días, o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. En 2007 foi declarada festa de interese turístico internacional.

curro

Coordenadas: 42°35′36″N 08°24′54″O / 42.59333, -8.41500

Rapa das bestas sabucedo 1 jpereira
Aloitadores tentando suxeitar a unha besta.
Rapa das bestas sabucedo 5 jpereira
Momento da rapa.
Rapa das bestas sabucedo 11 jpereira
Neno retirando un poldro.

Características

En 2010 había máis de 600 cabalos -chamadas bestas as femias e garañóns os machos-, divididos en 14 mandas, que viven ceibos nunha extensión de máis de 200 km² de monte. Esta celebración consiste, coma noutros curros, en recoller os cabalos do monte, metelos ao curro, rapalos e marcalos na actualidade con microchips.

O de Sabucedo é o curro máis coñecido e presenta ademais trazos propios que o diferencian dos outros. Entre estas diferenzas a mais importante consiste en que en Sabucedo non se utilizan cordas, paus ou aparellos para reducir ao animal. Os "aloitadores", que son os que se encargan de suxeitar a besta ou garañón namentres se procede á rapa, usan tan só a súa destreza e o seu corpo para realizar o seu labor. Outra especificidade da rapa das Bestas de Sabucedo e que a "Baixa" ou actividade de xunta e condución das bestas ao lugar de Sabucedo forma parte da propia celebración e participan nela centos de persoas de Galiza e de fora do país.

O sábado pola mañá, moi cedo antes de subir ao monte, celébrase unha emotiva misa onde se pide a San Lourenzo (patrón de Sabucedo) para que non aconteza ningún accidente ou desgraza durante a festa.

A rapa é realizada polos aloitadores. O acto da Rapa é asemade segundo o estudoso Manuel Cabada Castro, unha iniciación simbólica do paso do neno á mocidade, ao agarrar por primeira vez un poldro guiado e dirixido polos maiores.

Historia

Xa a principios do século XVIII se teñen noticias da primeira celebración festiva da baixa das bestas do monte, a súa posterior rapa e o marcado dos poldros novos. Aínda así crese, e algúns estudosos como Manuel Cabada recollérono nos seus libros, que a tradición é moito máis antiga e incluso podería ser prerromana posto que se atoparon diversos petróglifos na zona, onde se representan a homes sobre cabalos.

Antigamente o curro estaba a carón da igrexa parroquial, pero a finais do século XX mudouse a unha zona despoboada cara ao norte da aldea.

Galería de imaxes

Rapa Das Bestas no curro de Sabucedo, A Estrada, Galicia 2
Arapa2010

Chegada dos cabalos a Sabucedo.

Rapa Das Bestas no curro de Sabucedo, A Estrada, Galicia
A rapa das bestas de Sabucedo - Ao ataque
A rapa das bestas de Sabucedo - A loita - The fight

A loita.

A rapa das bestas de Sabucedo - Traballo en equipo

Traballo en equipo.

A rapa das bestas de Sabucedo - Mordisco - Bite
A rapa das bestas de Sabucedo - Mordisco - Bite 2

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cabada Castro, Manuel (1992). Ir Indo, ed. "A rapa das bestas" de Sabucedo : historia e antropoloxía dunha tradición. Vigo. ISBN 84-7680-080-0.

Ligazóns externas

A Estrada

A Estrada é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 20 661 habitantes, dos cales 419 eran de orixe estranxeira. O concello ten 51 parroquias. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «estradés» (forma oficial), estradense (forma popular) ou estratense (forma culta).

Festas de interese turístico de Galicia

A seguinte é unha lista de festas de interese turístico de Galicia. Trátase dunha denominación honorífica outorgada a festexos ou acontecementos que se celebran en Galicia e que ofrecen interese real desde o punto de vista turístico. A declaración de Festas de Interese Turístico Galego é un nomeamento outorgado polo Consello da Xunta de Galicia a través dunha proposta por parte da Consellería de Economía e Industria.

As Festas de Interese Turístico Nacional e de Interese Turístico Internacional, son declaradas pola Secretaría de Estado de Turismo, dependente do Ministerio de Industria.

Galería de imaxes da rapa das bestas

A rapa das bestas é a denominación dunha operación que consiste en cortar as crinas dos cabalos nos curros.

Galería de imaxes da rapa das bestas de Sabucedo

Rapa das bestas celebrada en Sabucedo (A Estrada)

Galería de imaxes de cabalos de Galicia

Imaxes de cabalos en Galicia

Galería de imaxes de festas de Galicia

Galería de imaxes de festas de Galicia.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

José Fernández Canosa

José Fernández Canosa, máis coñecido como o Ghaiteiro do Piñeiro ou o Ghaiteiriño, nado en Piñeiro (Aldán) o 1 de decembro de 1935, é un gaiteiro galego.

Manuel Cabada Castro

Manuel Cabada Castro, nado en Sabucedo (A Estrada) o 21 de outubro de 1935, é un filósofo e escritor galego.

O cabalo na cultura popular galega

Véxase o artigo principal: cabalo.O que segue recolle unicamente información diversa sobre a pegada do cabalo (maila besta e o poldro) na cultura popular e na literatura oral galegas. Toda esta información recóllese de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Tendo presente que o termo besta non só designa a egua senón tamén a calquera animal de carga, especialmente os équidos, non se pode asegurar que algunha das seguintes manifestacións non se aplique realmente a mulas e burros.

Pobo galego

Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica.Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego. Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común co portugués (co que mantén un 85% de intelixibilidade) e semellante a outros romances ibéricos tales coma o asturiano ou o castelán.

Existiron numerosos persoeiros galegos con relevancia ó longo da historia. O relixioso galaico Prisciliano foi o principal impulsor do priscilianismo, unha corrente relixiosa cristiá, difundida no século IV en Hispania, e sobre todo na Gallaecia. O cristián do século X Paio, foi canonizado pola Igrexa católica. O explorador Joan de Novoa foi un cabaleiro, mariño e explorador descubridor da illa de Ascensión e de Santa Helena, e Luís Vaz de Torres foi un navegante e o primeiro europeo en ver Australia, levando o seu nome o estreito de Torres. Famosos escritores galegos foron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez e o Premio Nobel de Literatura Camilo José Cela. O futbolista Luis Suárez Miramontes é considerado un dos mellores xogadores do século XX. Ademais, numerosas personalidades políticas internacionais teñen orixe galega, como o presidente de Cuba, Fidel Castro, o presidente da Arxentina, Raúl Alfonsín e o presidente do Uruguai, Tabaré Vázquez, alén de personalidades do mundo do espectáculo, como A Bela Otero, Julio Iglesias, Manu Chao ou Martin Sheen.

A poboación de Galicia é de 2 718 525 habitantes (2016), pero por mor da emigración de finais do século XIX e comezos do XX, é común atopar descendentes de galegos noutras partes de España, de Europa e de moitos países do continente americano. Historicamente, a emigración do pobo galego debeuse a factores políticos, económicos e sociais. A raíz da diáspora galega, estímase que no presente hai 10 millóns de persoas de ascendencia galega, moitas delas reunidas nos Centros Galegos. O maior grupo de persoas de ascendencia galega reside na Arxentina, con case 150.000 galegos, sendo coñecida polos galegos como a quinta provincia.

Rafael Louzán

Rafael Louzán Abal, nado en Ribadumia o 21 de novembro de 1967, é un político e empresario galego.

Rapa das bestas

A rapa das bestas é o nome da operación que consiste en cortar a crina dos cabalos que se realiza nos curros celebrados en varias localidades do territorio galego.

A máis coñecida é a rapa das bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, que dura tres días: o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. De feito, dálle nome á celebración e así fálase da rapa das bestas de Sabucedo, mentres que na maioría dos lugares fálase de curro -o nome do recinto pechado no que se recollen os cabalos.

Sabucedo, A Estrada

San Lourenzo de Sabucedo é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 60 habitantes (31 mulleres e 29 homes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 78 habitantes.

Uvas e granito

Uvas e granito (Unha viaxe por Galicia) é un libro de viaxes da escritora inglesa Nina Epton publicado en lingua inglesa por Cassell en 1956 co título orixinal de Grapes and Granite. Foi traducido ao galego por Antonio e Francisco Fernández del Riego e publicado pola editorial Ir Indo no ano 1993.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.