Rapa das bestas

A rapa das bestas é o nome da operación que consiste en cortar a crina dos cabalos que se realiza nos curros celebrados en varias localidades do territorio galego.

A máis coñecida é a rapa das bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, que dura tres días: o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. De feito, dálle nome á celebración e así fálase da rapa das bestas de Sabucedo, mentres que na maioría dos lugares fálase de curro -o nome do recinto pechado no que se recollen os cabalos.

Principais rapas das bestas

Lugar Concello data
Curro da Valga Oia 2º domingo de maio
Curro de Torroña Oia 1º domingo de xuño
Curro de Mougás Oia 2º domingo de xuño
Curro de Morgadáns,
Monte Galiñeiro
Gondomar 3º domingo de xuño
Curro de San Cibrán,
Donas
Gondomar 4º domingo de xuño
Curro da Capelada Cedeira derradeiro domingo de xuño
Curro de Campo do Oso,
A Pastoriza
Mondoñedo derradeiro domingo de xuño
Curro de Paiosaco Laracha 1 de xullo
Rapa das bestas de Sabucedo
San Lourenzo de Sabucedo
A Estrada 1º sábado de xullo e os dous días seguintes
Curro de Candaoso,
Montes de Buio,
San Andrés de Boimente
Viveiro 1º domingo de xullo distinto do día 1
Curro de Amil Moraña 2º domingo de xullo
Curro de Monte Castelo Cerdedo-Cotobade 2º domingo de xullo
Curro das Cañizadas A Pobra do Caramiñal 2º domingo de xullo / día 12 ou 19
O Galiñeiro Gondomar 2º domingo de xullo
Curro de San Tomé Valadouro 1º domingo de agosto
Curro de Couselo Cuntis 1º domingo de agosto
Curro de Paradanta,
Luneda
A Cañiza 4º domingo de agosto
Curro da Escusa Poio finais de agosto ou comezos de setembro

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da rapa das bestas.
Rapa das bestas. Galiza

Rapa das bestas

Rapa das bestas sabucedo 1 jpereira

Tentando suxeitar ó cabalo

Rapa das bestas sabucedo 5 jpereira

Momento da rapa

Rapa das bestas sabucedo 9 jpereira

Momento da rapa

Curro

O termo curro pode referirse a:

Curral pequeno;

Recuncho;

Cerca ou valado de madeira ou pedra para concentrar o gando no monte;

Evento que se celebra para acurrar as bestas (véxase rapa das bestas).Amais, como topónimo pode referirse a:

Curro, parroquia do concello de Barro;

Curro, lugar da parroquia de Caamouco, no concello de Ares;

Curro, lugar da parroquia de Cascallá, no concello de Becerreá;

O Curro, lugar da parroquia de Limiñón, no concello de Abegondo;

O Curro, lugar da parroquia de Mabegondo, no concello de Abegondo;

O Curro, lugar da parroquia de Cabeiras, no concello de Arbo;

O Curro, lugar da parroquia de Cervás, no concello de Ares;

O Curro, lugar da parroquia de Figueiroa, no concello de Arzúa;

O Curro, lugar da parroquia de San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros;

O Curro, lugar da parroquia de Santa Marta de Babío, no concello de Bergondo;

O Curro, lugar da parroquia de Feás, no concello de Boborás;

O Curro, lugar da parroquia de Ansemar, no concello de Castro de Rei;

O Curro, lugar da parroquia de San Román de Montoxo, no concello de Cedeira;

O Curro, lugar da parroquia de San Fiz de Asma, no concello de Chantada;

O Curro, lugar da parroquia de Curtis, no concello de Curtis;

O Curro, lugar da parroquia da Guía, no concello de Gomesende;

O Curro, lugar da parroquia de Mesía, no concello de Mesía;

O Curro, lugar da parroquia de Perbes, no concello de Miño;

O Curro, lugar da parroquia do Viveiró, no concello de Muras;

O Curro, lugar da parroquia de Trasancos, no concello de Narón;

O Curro, lugar da parroquia de Vilarromarís, no concello de Oroso;

O Curro, lugar da parroquia de San Claudio, no concello de Ortigueira;

O Curro, lugar da parroquia de Santo Ourente de Entíns, no concello de Outes;

O Curro, lugar da parroquia de Ferreira de Pantón, no concello de Pantón;

O Curro, lugar da parroquia de San Cosme de Piñeiro, no concello da Pastoriza;

O Curro, lugar da parroquia de Pastor, no concello do Pino;

O Curro, lugar da parroquia de Lea, no concello de Pol;

O Curro, lugar da parroquia de Nebra do concello de Porto do Son;

O Curro, lugar da parroquia de Xuño do concello de Porto do Son;

O Curro, lugar da parroquia de Cira, no concello de Silleda;

O Curro, lugar da parroquia de Meixonfrío, no concello de Taboada;

O Curro, lugar da parroquia de Vila de Rei, no concello de Trasmiras;

O Curro, lugar da parroquia do O Vicedo, no concello do Vicedo;

O Curro, lugar da parroquia de Alba, no concello de Vilalba;

O Curro, lugar da parroquia de Nete, no concello de Vilalba;

O Curro, lugar da parroquia de Torres, no concello de Vilarmaior.

Curro da Enxa

O curro da Enxa é unha instalación ecuestre situada nos Chans de Raña, no monte da Enxa (538 m), en Baroña (Porto do Son). As instalacións inclúen un circuíto de carreiras de cabalos, 3 curros de madeira, unha zona de lecer e picnic, e 2 alpendres.

Curro da Valga

O curro da Valga é unha rapa das bestas que se celebra na Valga (Loureza, Oia) durante o segundo domingo de maio. É o primeiro curro do Val Miñor- Serra da Groba do ano.

De madrugada os veciños soben ó monte dirixidos polo bestilleiro e acurralan as burras do monte. O rito comeza coa baixa: acoso, acurralamento e condución dos grupos de cabalos. Os animais van descendendo ata chegar ó curro.

No recinto do curro, realízase a rapa das bestas: márcanse (cada dono posúe o seu marco) a lume e córtanselle as crins.

Cuspedriños, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

Cuspedriños é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2015 tiña 88 habitantes (48 homes e 40 mulleres), 14 menos ca en 2006.

O topónimo procede do latín CURROS PETRINEOS (curros de pedra). O lugar mantén o curro, no que ten lugar a rapa das bestas.

Neste lugar está o campo da Feira onde se celebraba a Feira de Cuspedriños. Dita feira rememórase desde o ano 2007, celebrándose o último domingo de maio. Xunto a el está a capela da Virxe do Carme, e no seu adro está a carballeira de Cuspedriños e un peto de ánimas de 1806, feito por advocación de Ramón Savorido e da súa muller Vicenta Lois.

Neste lugar naceu o lingüista Servando Pérez Barreiro.

Galería de imaxes da rapa das bestas

A rapa das bestas é a denominación dunha operación que consiste en cortar as crinas dos cabalos nos curros.

Galería de imaxes da rapa das bestas de Sabucedo

Rapa das bestas celebrada en Sabucedo (A Estrada)

Galería de imaxes da rapa das bestas no curro de Candaoso

Rapa das bestas no curro de Candaoso, nos montes de Buio, na parroquia de Santo André de Boimente (Viveiro)

Galería de imaxes de Viveiro

Galería de imaxes do concello de Viveiro na provincia de Lugo.

Galería de imaxes de cabalos de Galicia

Imaxes de cabalos en Galicia

Galería de imaxes de festas de Galicia

Galería de imaxes de festas de Galicia.

Manuel Cabada Castro

Manuel Cabada Castro, nado en Sabucedo (A Estrada) o 21 de outubro de 1935, é un filósofo e escritor galego.

Monte Xiabre

O monte Xiabre é unha montaña galega, situada entre os concellos de Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía de Arousa. Ten 641 metros de altitude.

Monte da Enxa

A Enxa é un monte galego situado na serra da Barbanza, na parroquia de Noal no concello de Porto do Son. Ten unha altitude de 538 metros. No seu cume hai unha Estación de Seguimento Marítimo e un miradoiro. Neste monte está situado o curro da Enxa, onde se realiza unha coñecida rapa das bestas no mes de xullo.

O cabalo na cultura popular galega

Véxase o artigo principal: cabalo.O que segue recolle unicamente información diversa sobre a pegada do cabalo (maila besta e o poldro) na cultura popular e na literatura oral galegas. Toda esta información recóllese de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Tendo presente que o termo besta non só designa a egua senón tamén a calquera animal de carga, especialmente os équidos, non se pode asegurar que algunha das seguintes manifestacións non se aplique realmente a mulas e burros.

Pobo galego

Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica.Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego. Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común co portugués (co que mantén un 85% de intelixibilidade) e semellante a outros romances ibéricos tales coma o asturiano ou o castelán.

Existiron numerosos persoeiros galegos con relevancia ó longo da historia. O relixioso galaico Prisciliano foi o principal impulsor do priscilianismo, unha corrente relixiosa cristiá, difundida no século IV en Hispania, e sobre todo na Gallaecia. O cristián do século X Paio, foi canonizado pola Igrexa católica. O explorador Joan de Novoa foi un cabaleiro, mariño e explorador descubridor da illa de Ascensión e de Santa Helena, e Luís Vaz de Torres foi un navegante e o primeiro europeo en ver Australia, levando o seu nome o estreito de Torres. Famosos escritores galegos foron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez e o Premio Nobel de Literatura Camilo José Cela. O futbolista Luis Suárez Miramontes é considerado un dos mellores xogadores do século XX. Ademais, numerosas personalidades políticas internacionais teñen orixe galega, como o presidente de Cuba, Fidel Castro, o presidente da Arxentina, Raúl Alfonsín e o presidente do Uruguai, Tabaré Vázquez, alén de personalidades do mundo do espectáculo, como A Bela Otero, Julio Iglesias, Manu Chao ou Martin Sheen.

A poboación de Galicia é de 2 718 525 habitantes (2016), pero por mor da emigración de finais do século XIX e comezos do XX, é común atopar descendentes de galegos noutras partes de España, de Europa e de moitos países do continente americano. Historicamente, a emigración do pobo galego debeuse a factores políticos, económicos e sociais. A raíz da diáspora galega, estímase que no presente hai 10 millóns de persoas de ascendencia galega, moitas delas reunidas nos Centros Galegos. O maior grupo de persoas de ascendencia galega reside na Arxentina, con case 150.000 galegos, sendo coñecida polos galegos como a quinta provincia.

Rapa das bestas de Sabucedo

A rapa das besta de Sabucedo é un evento que se celebra en Sabucedo (A Estrada) durante tres días, o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. En 2007 foi declarada festa de interese turístico internacional.

curro

Sabucedo, A Estrada

San Lourenzo de Sabucedo é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 60 habitantes (31 mulleres e 29 homes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 78 habitantes.

Valga

Valga é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2014 era de 6.050 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valgués, valguesa».

Viveiro

Viveiro é un concello e unha cidade, situada na provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia. O mesmo tempo, está situado dentro da comarca da Mariña Occidental, da cal é a súa capital. Nela tamén se atopa a sede do partido xudicial número 6 da provincia.

O seu termo municipal está situado na rexión costeira da Mariña, ocupando unha superficie de 109,3 km². Este territorio sitúase no val formado polo río Landro, que se estende polo sur dende os pedemontes da Serra do Xistral, e que desemboca ó norte na ría de Viveiro, que é unha das rías pertencentes á rexión das Rías Altas, que desembocan ó mar Cantábrico.

A fundación de Viveiro data da Idade de Ferro, como se pode ver nos numerosos sitios arqueolóxicos de asentamentos celtas. A partir dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínda se conserva a súa zona vella.

Viveiro dispón dun variado catálogo patrimonial, no que destacan os seus monumentos históricos de tipo civil e relixioso, o seu patrimonio artístico-cultural e o seu patrimonio natural. Así mesmo, as súas diversas festividades de interese turístico atraen a numerosos visitantes a cidade, entre as que destacan a Semana Santa de Viveiro, a Rapa das Bestas de Candaoso e a Romaría do Naseiro, estando as tres consideradas como Festas de Interese Turístico Nacional.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.