Ramiro I de Oviedo

Ramiro I, nado posiblemente polo 790, foi un rei de toda a Galiza alto-medieval, sucesor de Afonso II o Casto no 843, que accedeu ao trono tras depoñer a Nepociano, un nobre palatino, parente de Afonso II. Rexeitou os ataques normandos e aos musulmáns, legando a súa coroa ó seu fillo Ordoño I á súa morte en 850. Ao seu reinado fíxose remontar a tradición do "Voto de Santiago".

Predecesor:
Nepociano (nobre)
 Rei de Galicia 
843 - 850
Sucesor:
Ordoño I
Ramiro I de Oviedo
Ramiro I de Asturias (Museo del Prado)
Nacementoc. 790
 Oviedo
Falecemento1 de febreiro de 850
 Oviedo
SoterradoPantheon of Asturian Kings
NacionalidadeReino de Asturias
Relixióncatolicismo
Ocupacióngobernante
PaiVermudo I o Diácono
CónxuxePaterna
FillosOrdoño I de Oviedo, Rodrigo II de Castela e Gatón do Bierzo
Santa Maria del Naranco
Santa María do Naranco, en Oviedo, foi orixinalmente o pazo que acolleu a Ramiro I e ás súas tropas, antes de tomar Oviedo definitivamente.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
  • Anselmo López Carreira, O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8.
  • Anselmo López Carreira, Tucho Fernández Cal, Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
  • Barbosa Álvarez, José Manuel, Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0.
Camiño Francés

O Camiño Francés ou Camiño Real é a ruta principal entre as distintas variantes que ofrecen os Camiños de Santiago. Recolle os peregrinos procedentes de Europa e percorre o norte da península desde Roncesvalles (Navarra) ou Somport (Huesca) ata Santiago de Compostela. No seu percorrido vai acollendo outras vías que conflúen nesta en diferentes puntos; esta imaxe de diferentes camiños confluíndo nun mesmo destino final quérese ver representada na figura da vieira como símbolo do Camiño.

Pode considerarse como o Camiño de Santiago por antonomasia por ser, con diferenza, a vía máis frecuentada dos diferentes Camiños: en 2016 foi a vía escollida por 176.329 peregrinos rexistrados pola Oficina do Peregrino (un 63,38% do total); en segundo lugar, moi lonxe, estaría o Camiño Portugués, cunhas porcentaxes do 16-18%.. Tamén é a vía mellor sinalizada e a que conta cun maior número de albergues ó longo do seu percorrido.

Como o resto dos Camiños, tivo numerosas ramificacións e rutas alternativas polas que os peregrinos buscaban achegarse ós distintos santuarios que existían ou se foron construíndo ó longo do Camiño ou, simplemente, optar por rutas máis seguras ou máis cómodas.

A Historia Compostelá, escrita pola contorna do bispo Diego Xelmírez a partir do ano 1109 recolle a primeira referencia documentada sobre o número de peregrinos que ían cara a Santiago. Relata o asombro do emir Alí ibn Yúsuf (1083-1143) cando, na súa viaxe a Galicia para falar coa raíña Urraca, observou a marea de peregrinos e preguntou:

O Camiño de Santiago Francés foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1993, ampliado ás rutas francesas en 1998. Tamén fora declarado o 23 de o utubro de 1987 "Primeiro Itinerario Cultural Europeo" polo Consello de Europa e está recoñecido como a Rúa Maior de Europa.

Gatón do Bierzo

Gatón do Bierzo (Floruit 853-878), tenente no Bierzo e en Astorga, probablemente fillo do rei Ramiro I de Asturias, foi un magnate que xogou un papel primordial tanto na reconquista militar das terras de Galicia, León e Zamora, como na súa repoboación.

Historia de Galicia

A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa.

O feito de que no ano 298 d. C. o emperador Diocleciano decidise elevala ao rango de provincia consular —ampliando así tamén o seu territorio— supuxo un acrecentamento da súa cohesión política, pois desta maneira pasaba a estar baixo o goberno dun cónsul romano. A súa definitiva consolidación estatal chegaría no ano 409 d. C., cando o rei suevo Hermerico funda nela o primeiro reino de Galiza, afianzando a existencia de Galiza ata os nosos días.

A ocupación humana do territorio correspondente á actual Galiza, non obstante, é moito máis antiga cá chegada de Roma, existindo testemuños arqueolóxicos que certifican o seu poboamento desde o Paleolítico inferior. Estas poboacións recibiron diversas achegas culturais durante milenios, formando parte xa na Idade de Bronce da área cultural atlántica que se deu entre as terras máis occidentais de Europa. A finais da Idade de Ferro estas poboacións autóctonas formaban unha unidade cultural, que os romanos denominaron como galaicos e que supoñen o principal substrato da poboación actual en Galicia.

Do mesmo xeito, durante os séculos seguintes Galiza recibiu sucesivos asentamentos de xente, entre os que destacan romanos, suevos e bretóns, que non só se integraron na poboación autóctona senón que tamén influíron decisivamente na súa vida, como foi o caso da cultura romana que propiciou a formación dunha nova lingua autóctona, o galego. Ata o ano 1833 mantívose coma un reino, no ano 1933 recibe o recoñecemento internacional da súa realidade nacional e desde 1981 organízase xurídica e administrativamente como unha comunidade autónoma dentro do Estado español.

Igrexa de Santiago Apóstolo de Alcazarén

A igrexa de Santiago Apóstolo é un templo católico situado na localidade de Alcazarén (provincia de Valladolid). Está situada na Praza Maior, e foi reaberta tras máis dunha década cerrada ó público o 12 de maio de 2013. Foi declarada Ben de Interese Cultural.

Ramiro I

Ramiro I é un nome común aos seguintes soberanos:

Ramiro I de Oviedo, rei de toda a Galicia alto-medieval (842-850)

Ramiro I de Aragón, primeiro rei de Aragón (1035-1063)

Santa María do Naranco

Santa María do Naranco (en asturiano: Ilesia de Santa María'l Narancu) é unha igrexa prerrománica de estilo asturiano ou ramirense. Foi construída orixinariamente coma palacio polo monarca Ramiro I de Oviedo no 842, formando parte dun conxunto palacial no monte Naranco, e reconvertida a igrexa probablemente no século XII. Está situada na aba sur do Naranco, a tres quilómetros de Oviedo, en Asturias.

En 1885 foi declarada, xunto con San Miguel de Lillo, como monumentos nacionais; e levouse a cabo a restauración do monumento entre 1929-1934 dirixida por Luis Menéndez Pidal, que recupera o aspecto actual. En 1985, foi declarada, como parte do prerrománico asturiano, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Vermudo I o Diácono

Vermudo I (ou Veremund) foi posiblemente un princeps (nobre poderoso equiparable a un rei) da Galicia alto-medieval que gobernou de 788 a 791. Suponse que o seu alcuño, o Diácono, se debe ao seu pasado de diácono anterior á coroación.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.