Ramirás

Ramirás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2014 tiña unha poboación de 1.643 persoas (2.053 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é ramirao[5] ou ramiranense.

Coordenadas: 42°11′07.3″N 8°1′31.1″O / 42.185361, -8.025306

Ramirás
Bandeira de Ramirás
---
Escudo de Ramirás
Casa do Concello de Ramirás
Casa do Concello.
Situacion Ramirás
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Celanova
Poboación1.540 hab. (2018)
Área40,7 km²
Densidade37,84 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias
Capital do concelloO Picouto
Política (2019[2])
AlcaldesaIsabel Gil Álvarez (PSdeG-PSOE[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Ramirás
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes88,39%
Na rede
http://www.concelloderamiras.gal/
ramiras@eidolocal.es

Demografía

Censo total 1643 2014
Menores de 15 anos 75 (4,56 %)
Entre 15 e 64 anos 771 (46,93 %)
Maiores de 65 anos 797 (48,51 %)
Evolución da poboación de Ramirás   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
- 5.806 5.147 5.132 2.046 1.897 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Comezou a ser habitado polos Coelernos, que construíron os castros de Grixó e Marnotos. Na Idade Media estas terras remataron caendo baixo o dominio do mosteiro de Celanova, que tiña aquí un dos seus priorados en Paizás, en constante litixios e preitos contra das monxas do mosteiro de San Pedro de Ramirás por mor das lindes dos seus dominios ata que os monxes conseguiron que extinguisen a vida monástica feminina deste lugar e así dominar eles sós a zona.

O concello naceu administrativamente en 1926, trala fusión dos municipios de Freás de Eiras e Vilameá de Ramirás. A cabeza do antigo priorato de Celanova, San Salvador de Paizás, era chamado antigamente "de Eiras", sendo ese o nome dado ao río Tuño, segundo consta na documentación do mosteiro desde finais da Alta Idade Media.

Patrimonio

O mosteiro de San Pedro de Ramirás é do século X. Aínda que a orixe non está ben establecida, sábese que foi fundado por Omnéga abadesa do mosteiro de Santa Comba de Bande. Convento dos beneditinos no 1137, logo tivo moitos cambios. A igrexa, empezada no estilo románico, foi acabada no estilo gótico.

Ramirás conta con parte da ruta homologada de sendeirismo PR-G 143 Roteiro do río Arnoia. É unha ruta sendeirista lineal duns 11 km con principio/fin no Santuario da Nosa Señora do Val (concello de Gomesende) e fin/inicio en Escudeiros (concello de Ramirás).

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Ramirás.
Santiago de Rubiás, Ramirás, Galiza

Igrexa de Santiago de Rubiás.

Iglesia de San Pedro de Ramirás

Igrexa de San Pedro de Ramirás.

Iglesia de San Pedro de Ramirás (2)

Igrexa de San Pedro de Ramirás.

PaysageRamirás

Paisaxe do concello.

Lugares de Ramirás

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ramirás vexa: Lugares de Ramirás.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 11 de xuño de 2019.
  3. del Caño, X. M. (16 de xuño de 2019). "Isabel Gil, nueva alcaldesa de Ramirás, tras la votación en un pleno tenso". Faro de Vigo.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 56. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Casardeita, Ramirás

Santiago de Casardeita é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 134 habitantes, deles 60 eran homes e 74 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Comarca da Terra de Celanova

A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

Escudeiros, Ramirás

San Xoán de Escudeiros é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova , na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 64 habitantes, deles 25 eran homes e 39 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Freás de Eiras, Ramirás

Santa María de Freás de Eiras é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 274 habitantes (132 homes e 142 mulleres), 17 menos ca en 2006.

Gomesende

Gomesende é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 829 habitantes (1105 en 2003).

Grixó, Ramirás

Santa Isabel de Grixó é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 124 habitantes, deles 59 eran homes e 65 eran mulleres, o que supón un incremento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Mosteiro, Ramirás

San Pedro de Mosteiro é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 119 habitantes, deles 55 eran homes e 64 eran mulleres, o que supón un incremento de 9 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Paizás, Paizás, Ramirás

Paizás é un lugar da parroquia de Paizás, no concello ourensán de Ramirás. Segundo o IGE do 2009 tiña 24 habitantes dos que 11 eran homes e 13 eran mulleres, o que supón un aumento de habitantes con respecto a 2008.

Paizás, Ramirás

San Salvador de Paizás é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 300 habitantes, deles 138 eran homes e 162 eran mulleres, o que supón unha diminución de 0 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Pazo dos Condes de Ximonde

Non confundir co Pazo de Ximonde en Vedra, propiedade tamén da familia Ximonde.O pazo dos Condes de Ximonde ou Pazo de Ramirás en Santiago de Compostela é unha residencia urbana palaciana, situada no número 23 da rúa do Preguntoiro, na cidade vella.

Foi a residencia señorial dos Condes de Ximonde nesa cidade. Hoxe é un edificio dedicado a actividades culturais, sede do Auditorio Abanca de Afundación.

Penosiños, Gomesende

San Salvador de Penosiños é unha parroquia do concello ourensán de Gomesende na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2015 tiña 8 habitantes (5 homes e 3 mulleres) establecidos nunha única entidade de poboación.

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto cos 13 lugares da parroquia homónima do concello de Ramirás, forma a parroquia eclesiástica de Penosiños.

Penosiños, Ramirás

San Salvador de Penosiños é unha parroquia do concello ourensán de Ramirás na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2015 tiña 241 habitantes (105 homes e 136 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación.

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto co lugar de Fontebranca (en Penosiños, Gomesende), forma a parroquia eclesiástica de Penosiños.

Pilar Otilia López

María Pilar Otilia López García, nada en Ramirás en 1939, é unha mestra e política galega.

Rubiás, Ramirás

Santiago de Rubiás é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 117 habitantes, deles 53 eran homes e 64 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

San Cristovo, Paizás, Ramirás

A Corredoira é un lugar da parroquia de Paizás, no concello ourensán de Ramirás. Segundo o IGE do 2009 tiña 21 habitantes dos que 13 eran homes e 8 eran mulleres, o que supón un mantemento de habitantes con respecto a 2008.

Santo André de Penosiños, Ramirás

Santo André de Penosiños é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 384 habitantes, deles 186 eran homes e 198 eran mulleres, o que supón un incremento de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Serra da Moura

A Serra da Moura ou Serra de Silvaescura, está situada entre os concellos de Gomesende, Quintela de Leirado, Ramirás, Celanova e Verea. Ten unha orientación NO-SL, da aba oeste nacen pequenos afluentes ao río Deva e na leste ao río Tuño, polo norte está conectada á Serra da Pena e polo sur á Serra de Laboreiro e á extensión desta, a Serra da Edra.

A máxima altitude é o Coto da Moura con 950m entre Quintela de Leirado e Ramirás, aínda que tamén destacan outros cumios como O Castelo(819m), a Pena das Verrugas(883m) ou O Cimón(801m).

A vexetación de matogueira xunto coas amplas pasteiras fan que esta zona se aproveite para a cría de gando vacún e equino. Na cima tamén se sitúan dúas antenas de telecomunicacións.

Vilagarcía

O topónimo galego Vilagarcía pode referirse a:

Vilagarcía de Arousa, concello da provincia de Pontevedra;Vilagarcía, parroquia de dito concello;

Vilagarcía, vila de dita parroquia, que dá nome ao concello;

Vilagarcía, lugar da parroquia de Córneas, no concello de Baleira;

Vilagarcía, lugar da parroquia de San Mamede de Lousada, no concello de Carballedo;

Vilagarcía, lugar da parroquia de Paizás, no concello de Ramirás.

Vilameá de Ramirás, Ramirás

Santa María de Vilameá de Ramirás é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 178 habitantes, deles 84 eran homes e 94 eran mulleres, o que supón un incremento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.