Ramón Villar Ponte

Ramón Villar Ponte,[2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] (tamén coñecido como Ramón Vilar Ponte[9] [10]) nado en Viveiro o 10 de xullo de 1890 e finado na Coruña o 14 de setembro de 1953, foi un dos máis importantes ensaístas das Irmandades da Fala, xunto ao seu irmán Antón.

Ramón Villar Ponte
RamonVillarPonte foto de-mozo
Ramón Villar Ponte de mozo.
Nacemento10 de xullo de 1890
 Viveiro
Falecemento14 de setembro de 1953
 A Coruña
SoterradoCemiterio de Santo Amaro da Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e escritor
CónxuxeTeresa Chao Maciñeira [1]
FillosJosé Ramón Villar Chao e Antonio Villar Chao
IrmánsAntón Vilar Ponte
XénerosEnsaio
OrganizaciónIrmandades da Fala

Traxectoria

Placa en homenaxe ás Irmandades da Fala na Coruña
Fundouse aquí…. Placa na Coruña.

Fixo o bacharelato por libre e examinouse no Instituto de Lugo. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid entre 1912 e 1916, regresando a Galicia ao licenciarse. Dedicouse profesionalmente ao ensino privado e ao xornalismo. En 1919 casou con Teresa Chao Maciñeira, cuñada do seu irmán. En 1921 accedeu á dirección do xornal ferrolán El Correo Gallego; foi correspondente de El Sol e La Voz de Madrid e colaborou tamén en Galicia e El Pueblo Gallego de Vigo.

Organizou, xunto con Xaime Quintanilla, a Irmandade da Fala de Ferrol e foi o redactor dos seus boletíns. En 1921 o grupo de Ferrol fundou a editorial Céltiga, a primeira editorial nacionalista na que Ramón era xerente. En 1922 trasladouse a Viveiro onde creou o grupo nacionalista como Subdelegación da Delegación da ING en Ferrol. En 1927 ingresou no Seminario de Estudos Galegos.

Coa proclamación da Segunda República foi alcalde de Viveiro de abril a outubro de 1931 representando á ORGA. Porén, tras deixar a alcaldía acabou entrando no Partido Galeguista en 1932.[11]

En 1936 culminou a iniciativa do seu irmán Antón coa fundación, en Santiago de Compostela, da Asociación de Escritores de Galicia.

Ingresou na Real Academia Galega en 1951, a proposta de Manuel Casás Fernández, Francisco Vales Villamarín e Ángel del Castillo, cun discurso titulado "A Xeración do 16", lido o día 16 de xuño no acto da súa recepción, respondido por Ramón Cabanillas.[12]

Obra

Traducións

  • Teatro irlandés. Dous folk-dramas de W. B. Yeats (con Ramón Villar Ponte e P. R. Castro), Santiago, 1935.

Legado

Os fondos da biblioteca de Ramón Villar Ponte e do seu irmán Antón están no Parlamento de Galicia dende o ano 2001, cando foron adquiridos xunto co seu arquivo persoal. A colección está composta por 1216 volumes de monografías e alberga ademais 43 títulos de revistas, xunto con obras propias e un importante conxunto de documentación de carácter político, especialmente referido á actividade dos partidos galeguistas antes da guerra civil. Destacan preto de cen títulos impresos antes de 1900, entre os que hai obras de Benito Xerónimo Feijoo e algunhas primeiras edicións das de Manuel Murguía.[13]

Recoñecemento

O Concello de Viveiro convoca o Premio de Novela Vilar Ponte que rende homenaxe a Ramón e a Antón Vilar Ponte.[14]

Galería de imaxes

Voda de Teresa Chao Maciñeira e Ramón Villar Ponte, 1919.
Voda de Teresa Chao Maciñeira e Ramón Villar Ponte, 1919. 
Doctrina Nazonalista, 1921.
Doctrina Nazonalista, 1921. 
Retrato en Vida Gallega, 1928.
Retrato en Vida Gallega, 1928. 
Placa na casa natal, Viveiro.
Placa na casa natal, Viveiro. 

Notas

  1. Ínsua López, E. X. (2004). Antón e Ramón Villar Ponte. Unha irmandade alén do sangue Cadernos Ramón Piñeiro, VII. CIRP.[1]
  2. Hemeroteca Virtual da Real Academia Galega
  3. "Membros da Academia. Ramón Villar Ponte". Real Academia Galega.
  4. "Villar Ponte, Ramón". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e Ediciós do Castro. 2006. p. 2181.
  5. "Villar Ponte, Ramón". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo. p. 391. ISBN 84-7680-288-9.
  6. "Villar Ponte, Ramón". Diccionario enciclopédico galego universal 59. Ir Indo para La Voz de Galicia. p. 99. ISBN 84-7680-429-6.
  7. "Villar Ponte, Ramón". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo. pp. 315–316.
  8. Vilavedra, D. (coord), Cochón, I. et al (1995). Diccionario da Literatura Galega, volume I (Autores), pp. 618-619. Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
  9. Monterroso Devesa, X. M.; Baramendi, X. et al.: "Vilar Ponte, Ramón" na GEG.
  10. Ramón Vilar Ponte. Biblioteca Virtual Galega, Universidade da Coruña.
  11. Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Xerais:Vigo, p. 442
  12. A xeración do 16
  13. O pazo do Hórreo na páxina web do Parlamento de Galicia
  14. "Bases II Premio de Novela Vilar Ponte" (PDF). Concello de Viveiro. Consultado o 4 de setembro de 2019.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
José Santiago Seijo
 Escudo de Viveiro.svg
Alcalde de Viveiro
 
1931
Sucesor:
Eugenio Pérez Abadín
10 de xullo

O 10 de xullo é o 191º día do ano do calendario gregoriano e o 192º nos anos bisestos. Quedan 174 días para finalizar o ano.

14 de setembro

O 14 de setembro é o 257º día do ano do calendario gregoriano e o 258º nos anos bisestos. Quedan 108 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Antón Villar Ponte

Antón Villar Ponte (tamén coñecido como Antón Vilar Ponte), nado en Viveiro o 2 de outubro de 1881 e finado na Coruña o 4 de marzo de 1936, foi un dos fundadores dunha das primeiras Irmandades da Fala e un dos principais alentadores do galeguismo de preguerra. Estudou farmacia, aínda que exerceu tamén o xornalismo. A súa obra abrangueu varios eidos (novela, ensaio, conferencias, discursos etc) e especialmente a produción dramática, transmisora do ideario galeguista. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1977.Na súa traxectoria política foi un dos fundadores da ORGA (1929) e, como membro dela, foi elixido deputado da Federación Republicana Gallega pola provincia da Coruña nas eleccións de xuño de 1931. En 1934 incorporouse ao Partido Galeguista e volveu ser electo nas eleccións de febreiro de 1936 na candidatura da Fronte Popular, se ben non chegou a prometer o cargo nin presenciar o plebiscito do Estatuto de Galicia de xuño, pois morreu en marzo por mor dunha perforación gástrica.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Doctrina nazonalista

Doctrina nazonalista é un libro de ensaio político, un tratado de nacionalismo galego, escrito por Ramón Villar Ponte que se publicou na imprenta de El Correo Gallego de Ferrol a finais de 1921 e que se distribuíu en 1922, coincidindo co esgazamento das Irmandades da Fala en dous sectores enfrontados, o que lle restou difusión..

Editorial Nós

A editorial Nós foi unha casa editorial galega creada na Coruña en 1927. Foi fundada e dirixida polo político e escritor galeguista Ánxel Casal. Da súa imprenta saíron A Nosa Terra e a revista Nós. O seu nome completo era "Nós, pubricacións galegas e imprenta".

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

El Noroeste (1896)

El Noroeste foi un xornal que se editou na Coruña entre 1896 e 1934.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Emilio Ínsua

Emilio Xosé Ínsua López, nado en Viveiro en 1967, é un escritor galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala foi unha organización nacionalista galega activa entre 1916 e 1931. Coas Irmandades da Fala, o movemento galeguista asumiu por vez primeira o monolingüismo en galego.

José Ramón Villar Chao

José Ramón Villar Chao, nado en Viveiro o 5 de outubro de 1927 e finado o 27 de agosto de 1965, foi un pintor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Xusto Beramendi

Justo Beramendi González, nado en Madrid o 16 de xullo de 1941, é un historiador galego, presidente do padroado do Museo do Pobo Galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.