Ramón Varela

Ramón Varela Núñez, nado en Santiago de Compostela o 28 de maio de 1923 e falecido na mesma cidade o 12 de xuño de 2008, foi un médico galego.

Ramón Varela
Nacemento28 de maio de 1923
 Santiago de Compostela
Falecemento12 de xuño de 2008
NacionalidadeEspaña
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en medicina e cirurxía pola Universidade Complutense de Madrid, cunha tese sobre as alteracións producidas nos órganos dos animais de laboratorio sometidos a baixas temperaturas. Comezou a traballar como profesor axudante na Universidade de Santiago en 1947 ata que conseguiu praza de catedrático na Universidade de Sevilla (1963).

Dous anos máis tarde trasladouse de novo a Santiago xa como catedrático de histoloxía e anatomía patolóxica, onde ocupou diversos cargos administrativos tanto na facultade como no equipo reitoral da universidade, e onde foi decano de medicina entre 1970 e 1978. A súa liña principal de investigación foi a patoloxía tumoral.

Era membro da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, onde ocupaba a cadeira de anatomía patolóxica.

Galardóns

Véxase tamén

Bibliografía

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Club Baloncesto Breogán

O Club Baloncesto Breogán S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Leite Río Breogán, é un club de baloncesto profesional da cidade de Lugo (Galicia). Fundado en 1966 polos irmáns Juan e José Ramón Varela Portas, ascendeu por primeira vez á máxima categoría en 1970, converténdose nun dos equipos máis importantes da historia do baloncesto estatal, ocupando a novena posición na clasificación histórica de clubs. Con participacións en competicións europeas, actualmente compite na Liga LEB tras descender en 2019 desde a Liga ACB, competición da que é un dos equipos fundadores.

Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor celeste cun pantalón da mesma cor, aínda que nalgunhas tempadas este foi branco ou azul mariño. A súa pista de xogo, despois de trasladarse dende o Pavillón Municipal, é o Pazo dos Deportes, tamén sede oficial do club, que conta con capacidade para 7.500 espectadores, estando entre as dez canchas europeas con mellor media de asistencia. O seu actual presidente é Jesús Lázare, mentres que o director xeral é Tito Díaz. O club tamén dispón dun filial na liga EBA, o Club Estudiantes, contando ademais con múltiples equipos que xuntan a rapaces de tódalas idades, formando unha das mellores canteiras do Estado.

Eleccións municipais en Malpica de Bergantiños

Corporacións democráticas en Malpica de Bergantiños desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Luís Cancela Vecino — UG

1983 Alcalde: Luís Cancela Vecino — BNG

1987 Alcalde: Luís Cancela Vecino — BNG

1991 Alcalde: Luís Cancela Vecino — BNG. Substituído en 1992 por Manuel Pardines Arcay (PPdeG).

1995 Alcalde: Manuel Pardines Arcay — PPdeG

1999 Alcalde: José Ramón Varela Rey — PSdeG-PSOE

2003 Alcalde: José Ramón Varela Rey — PSdeG-PSOEModelo:Malpica de Bergantiños 2003

2007 Alcalde: José Ramón Varela Rey — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Eduardo Parga Veiga — PPdeG

2015 Alcalde: Eduardo José Parga Veiga — PPCandidatos: Eduardo José Parga Veiga (PP), Alfredo Cañizo Garrido (Alternativa dos Independientes por Malpica), María Isabel Loureiro Varela (PSdeG-PSOE), Francisco Souto Barreiro (BNG) e Francisco Quiroga López (Son d'aquí).

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

José Ramón Varela-Portas y Pardo

José Ramón Varela-Portas y Pardo, nado en Lugo en 1928, é un empresario, enxeñeiro técnico agrícola e sindicalista galego, moi vinculado á vida deportiva e social lucense. Foi o fundador, xunto co seu irmán Juan, do Club Baloncesto Breogán e primeiro presidente do club.

José Ramón Varela Rey

José Ramón Varela Rey, nado en Carballo o 22 de marzo de 1955, é un político galego do PSdeG-PSOE

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Ramón Varela Díaz

Ramón Varela Díaz, nado en Escairón (O Saviñao) en 1952, é un biólogo e ecoloxista galego.

Ramón Varela Fernández

Ramón Varela Fernández, finado en Ourense en novembro de 1951, foi un avogado e político galego.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.