Ramón Vázquez Molezún

Ramón Vázquez Molezún, nado na Coruña o 2 de setembro de 1922 e finado en Madrid o 1 de outubro de 1993, foi un arquitecto galego.

Ramón Vázquez Molezún
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento2 de setembro de 1922
 A Coruña
Falecemento1 de outubro de 1993
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Politécnica de Madrid
Ocupaciónarquitecto
Coñecido/a porCastellana Wagen Building e iglesia de María Inmaculada y San Vicente
PremiosMedalla Castelao

Biografía

Obtivo o título de arquitecto en 1948 pola ETSA de Madrid. Entre 1949 e 1952 estivo de bolseiro pensionado na Academia de España en Roma. Entre 1950 e 1952, ademais, foi correspondente en Roma da Revista Nacional de Arquitectura.

En 1952 fundou xunto a José Antonio Corrales Gutiérrez o estudio Corrales y Molezún. Entre 1981 e 1985 exerceu de Profesor de Proxectos III na ETSA de Madrid.

Obras principais

As obras do estudio Corrales y Molezún mantiñan un estilo racionalista-construtivista[1], e foi un dos estudios de referencia na arquitectura española da posguerra.

Proxectos representativos

En 1956 o estudio gañou o primeiro premio do Concurso Nacional para deseñar o pavillón español na Exposición Universal de Bruxelas de 1958[2]. Este pavillón, construído a base de módulos hexagonais desmontables soportados por esveltos piares metálicos, constitúe a obra máis representativa dos arquitectos. O pavillón foi reinstalado en 1959 na Casa de Campo de Madrid, onde se mantén nun estado de grande abandono.

Deseñaron o Centro de Segunda Enseñanza de Herrera de Pisuerga (1954-56) e, en colaboración con Alejandro de la Sota, a residencia infantil de Miraflores de la Sierra (1957).

No campo das vivendas unifamiliares destacan a casa Cela (Palma, 1961-1962), a Casa Huarte (Madrid, 1966), e a casa do propio arquitecto Corrales.

Outros edificios destacables son o edificio de Selecciones del Reader's Digest (1963-1965), e tres edificios madrileños: o edificio Bankunión (1970-1975), o edificio do Banco Pastor (1973) e o edificio auxiliar para o Banco de España (1984).

Premios

Fundación Barrié (1)
Sede da Fundación Barrié na Coruña, obra de Vázquez Molezún con Rafael Olalquiaga e Gerardo Salvador Molezún.
  • 1947: 1ª Medalla na exposición de Acuarelistas de España e Portugal, pola obra Paseo dos Melancólicos.
  • 1949: Gran Premio de Roma polo proxecto de Faro votivo a Santiago Apóstol.
  • 1951: Premio da Dirección Xeral de Belas Artes polo Teatro ao aire libre, homenaxe a Gaudí, na I Bienal Hispanoamericana celebrada en Madrid.
  • 1952: Medalla do Ministerio de Educación Nacional na exposición de Belas Artes.
  • 1953: Gran Premio do Ministerio de Educación Nacional polo proxecto de Museo de Arte Contemporánea e Pazo de Exposicións na II Bienal Hispanoamericana celebrada na Habana.
  • 1954: Premio Nacional de Arquitectura.
  • 1955: Premio de Arquitectura da Trienal de Arte de Milán.
  • 1955: Premio Nacional de Arquitectura polo Museo de Arte Contemporánea e o Pazo de Exposicións.
  • 1955: Primeiro Premio no Concurso de Proxectos para a Delegación de Facenda da Coruña.
  • 1955: Segundo Premio polo proxecto da Facultade de Ciencias de Barcelona.
  • 1956: Primeiro Premio para a realización do Pavillón de España na Exposición Universal de Bruxelas de 1958.
  • 1957: Primeiro Premio polo proxecto Residencia Infantil para Cristalera Española.
  • 1959: Premio do Círculo de Estudos de Arquitectura de París.
  • 1961: Primeiro Premio no Concurso para a Urbanización da Huerta del Rey en Valladolid.
  • 1962: Terceiro Premio no Concurso para a Prolongación da Alameda de Málaga.
  • 1963: Segundo Premio no Concurso de anteproxectos para a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños de Madrid.
  • 1964: Segundo Premio no concurso de anteproxectos para o Pavillón Español na Feira Mundial de Nova York.
  • 1964: Terceiro Premio no concurso internacional para a ópera de Madrid.
  • 1970: Primeiro Premio no Concurso para o edificio central de Bankunión en Madrid.
  • 1971: Segundo Premio no concurso para a Sede Central do Banco de Bilbao en Madrid.
  • 1972: Premio Mundial do Industrial Building Design en Chicago.
  • 1972: Primeiro Premio no concurso do novo edificio Banco Pastor en Madrid.
  • 1973: Primeiro Premio no concurso do Parador Nacional de La Seu d'Urgell.
  • 1974: Primeiro Premio no concurso de anteproxectos do Edificio Central de Renfe Chamartín.
  • 1975: Primeiro Premio no concurso de edificio de oficinas centrais de Aviaco.
  • 1975: Primeiro Premio no concurso Novo Gran Kursaal en Donostia.
  • 1977: Primeiro Premio no concurso dos Laboratorios Ibys en Tres Cantos (Madrid).
  • 1978: Premio Juan de Villanueva de Arquitectura polo edificio Banco Pastor.
  • 1978: Primeiro Premio polo Proxecto de Urbanización Sotogrande en San Roque (Cádiz).
  • 1984: Primeiro Premio no Concurso para Residencia do Banco Exterior de España en Conil de la Frontera (Cádiz).
  • 1989: Encargo por Concurso da Universidade Politécnica Carlos III en Leganés.
  • 1993: Medalla de Oro da Arquitectura 1992 do Consello Superior de Colexios de Arquitectos.
  • 1993: Medalla Castelao.
  • 1995: Medalla de Ouro de Honra Unión Fenosa (a título póstumo).

Notas

  1. "El arte de Corrales/Molezún", artigo de Antonio Fernández-Alba en El Mundo, 24 de maio de 1996 (en castelán)
  2. "Corrales y Molezún" Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. na enciclopedia Encarta (en castelán)
1 de outubro

O 1 de outubro é o 274º día do ano do calendario gregoriano (275ºnos anos bisestos). Quedan 91 días para finalizar o ano.

2 de setembro

O 2 de setembro é o 245º día do ano do calendario gregoriano e o 246º nos anos bisestos. Quedan 120 días para finalizar o ano.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Florentino Cacheda

Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Ramón Vázquez

Co nome de Ramón Vázquez podemos referirnos a:

Ramón Vázquez Molezún, arquitecto galego (1922-1993).

Ramón Vázquez García, futbolista español (n. 1964).

Ramón Vázquez Díaz, mestre e político galego (n. 1973).

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.