Ramón Nicolás

Ramón Nicolás Rodríguez, nado en Vigo o 9 de xuño de 1966, é un profesor, crítico literario, tradutor e escritor galego.

Ramón Nicolás
Ramón Nicolás Rodríguez
Nacemento9 de xuño de 1966
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónprofesor, escritor, tradutor e crítico literario
XénerosEnsaio e tradución

Traxectoria

Realiza crítica literaria desde o ano 1990 e, na actualidade, é crítico literario do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia.

Desde 2011 é patrono da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Exerce a docencia no departamento de Lingua e Literatura Galega no instituto Castelao de ensino secundario na cidade de Vigo.

Obra

Ensaio

Ramon Nicolas. Lapis na noite
Presentación de Lapis na noite na Casa das Campás, 18/09/2018. Con Xaime Toxo, Montse Fajardo e Fran Alonso

Narrativa

  • O espello do mundo, 2016, Xerais.
  • Lapis na noite, 2018, Xerais.

Edicións

  • Entrevistas a Álvaro Cunqueiro, 1994, Nigra.
  • Materia prima, 2002, Xerais.
  • Derradeira escolma ferida, de Manuel Lueiro Rey, 2003, Xerais.
  • O sol na crista do galo, de Manuel Lueiro Rey, 2003, Xerais.
  • Celso Emilio Ferreiro: Poesía galega completa, 2004, Xerais.
  • Celso Emilio Ferreiro: Semblanzas, crónicas e artigos, 2005, Xerais.
  • O Grove: canción do sal e do vento, de Manuel Lueiro Rey, 2005, Xerais.
  • Celso Emilio Ferreiro. Escolma poética, 2008, Faktoría K.
  • Celso Emilio Ferreiro. Fotobiografía sonora, 2008, Ouvirmos.
  • Non debían medrar, de Manuel Lueiro Rey, 2016, Xerais.
  • Novas crónicas dunha transición intransixente (1977-1988), de Manuel Lueiro Rey, 2016, Laiovento.
  • Irmandades da Fala: narrativa. Antoloxía, 2017, Real Academia Galega.[1]

Traducións

  • Unha odisea nórdica, de Jack London, 1995, Sotelo Blanco.
  • Cairo branco, de Jack London, 1997, Xerais.
  • O fillo do acordeonista, de Bernardo Atxaga, 2004, Xerais.
  • A fin da terra, de María Rosa Lojo, 2006, Galaxia.
  • Se eu fose moi delgado, de António Mota, 2006, Kalandraka.
  • Antología de poesía gallega 1, 2 = Antoloxía de poesía galega 1, 2, 2007, Xunta de Galicia. Edicións bilingües galego-castelán.
  • Comandante Hussi, de Jorge Araújo, 2007, Kalandraka.
  • Budapest, de Chico Buarque, 2008, Faktoría K.
  • Obabakoak, de Bernardo Atxaga, 2008, Faktoría K.
  • Sete casas en Francia, de Bernardo Atxaga, 2009, Faktoría K.
  • 30 gramos, de Leonel Moura, 2010, Alvarellos.
  • Catálogo de obxectos rebuldeiros, de Pablo Prestifilippo, 2011, Faktoría K.
  • Mefi, Sata e Demi, de Mercedes Neuschäfer-Carlón, 2011, Kalandraka.
  • A modelo descalza, de Jordi Sierra i Fabra, 2011, Galaxia.
  • A revolta dos indignados, de varios autores, 2011, Faktoría K.
  • Semanas, meses, de Reko e Tina Lundán, 2011, Faktoría K. Con Jarna Piippo.
  • Contos como pulgas, de Beatriz Osés, 2012, Kalandraka.
  • A guia necsia: de marcas, misterios, sucesos incribles, inventos e outras marabillas, de David Wapner, 2013, Faktoría K de Libros.
  • Legado nos ósos, de Dolores Redondo, 2013, Xerais.
  • Debuxos no muro, de Aurora Ruá, 2014, Galaxia.
  • Ofrenda á tormenta, de Dolores Redondo, 2014, Xerais.
  • Os fíos invisibles", de Montse Torrents, 2015, Tramuntana.
  • O neno bisesto", de José Luís Alonso de Santos, 2015, Kalandraka.
  • A miña grande árbore", de Jacques Goldstyn, 2016, Tramuntana.
  • A árbore dos soños, de Fernando Alonso, 2018, Kalandraka.
  • Nelson Mandela. O camiño cara á liberdade, de Antonio Lozano, 2018, Kalandraka.
  • Pedagoxía do oprimido, de Paulo Freire, 2018, Kalandraka.

Obras colectivas

Premios

  • Premio á cooperación editorial de Xerais no 2004.
  • Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Crítico/a literario no 2008, 2009, 2010 e 2011.
  • Premio Fervenzas Literarias á mellor tradución no 2009, por Sete casas en Francia, de Bernardo Atxaga.
  • Premio Lois Tobío á mellor tradución pola Asociación Galega de Editores no 2011, por 30 gramos, de Leonel Moura.
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á mellor traxectoria en xornalismo cultural no 2011.
  • Premio á mellor obra non literaria en galego do 2012 en Redelibros, por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.
  • Premio da AELG ao mellor blog literario do 2012, por Caderno da crítica.
  • Premio da AELG ao mellor ensaio do 2012, por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.
  • Premio Antón Losada Diéguez de ensaio no 2013, por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor crítico literario de 2013.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor blog literario de 2013, por Caderno da crítica.
  • Premio da AELG ao mellor blog literario do 2013, por Caderno da crítica.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor blog literario de 2014, por Caderno da crítica.
  • Premio da AELG ao mellor blog literario do 2014, por Caderno da crítica.
  • Entrada na Lista de Honra do IBBY en 2015 e 2016 da tradución de Bisa Bea, Bisa Bel, de Ana Maria Machado.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor blog/web literaria de 2017, por Caderno da crítica.
  • Premio "Proxecto literario da rede 2017" ao blog Caderno da crítica, na III Gala do Libro Galego.

Notas

  1. Irmandades da Fala: narrativa. Antoloxía en PDF.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A crueldade de abril

A crueldade de abril é unha novela negra de Diego Ameixeiras editada en 2018 por Edicións Xerais de Galicia. O título do libro deriva duns versos da obra A terra baldía de T. S. Eliot.

Afonso Vázquez-Monxardín

Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, nado en Ourense o 12 de abril de 1960, é un arqueólogo e catedrático de lingua e literatura galegas, historiador, investigador, profesor e escritor galego.

Conduce rápido

Conduce Rápido é unha novela negra de Diego Ameixeiras editada en 2014 por Edicións Xerais de Galicia. Conta a historia de dous irmáns de Santiago de Compostela despois de que un deles atope un saco de lona con cocaína nunha praia. No ano 2015 acadou o Premios Losada Diéguez de creación literaria. O título do libro é unha chiscadela ao disco Conducir despacio, do grupo ourensán Cosecha Roja.

Daniel Asorey

Daniel Asorey Vidal, nado en Santiago de Compostela en 1970, é un escritor e profesor galego.

Diccionario da literatura galega

O Diccionario da literatura galega -publicado en catro tomos- é un dicionario en lingua galega. Está coordinado pola doutora en filoloxía galega Dolores Vilavedra, contando con autores e autoras como Helena González Fernández e Ana Belén Fortes, entre outros. O primeiro tomo data de 1995 e, o cuarto, de 2004; todos os tomos contan cunha sobrecuberta que protexe as pastas duras que conforman o esqueleto do libro. Foron publicados en Vigo pola Editorial Galaxia.

Editorial Eneida

Eneida é unha editorial española en lingua castelá, con sede en Madrid.

Isaac Xubín

Isaac Fernández Fernández, coñecido como Isaac Xubín, nado na Coruña o 9 de xullo de 1978, é un escritor galego.

Libro aberto

Libro aberto é un programa literario emitido na TVG. A súa primeira emisión tivo lugar o 26 de setembro de 2006.

Manolo Romón é o presentador do espazo, que nos seus case dous anos de emisión ten recibido a moitas das principais figuras do mundo das letras galegas, como é o caso de Manuel Rivas, Fina Casalderrey, Darío Xohán Cabana, Paco Martín, Carlos G. Reigosa, Manuel Lourenzo, Xurxo Souto ou Agustín Fernández Paz entre outros.

Dirixido por Luís Rei Núñez, Libro aberto conta cun equipo de colaboradores especializados en distintas áreas: Armando Requeixo (literatura insólita), Ramón Nicolás (andel de novidades), Xesús Fraga (letras inglesas), Miguel Anxo Fernández (libros de cine), Susana Cendán (libros de arte) e Mercedes Queixas (historia das nosas letras).

Manuel Lueiro Rey

Manuel Lueiro Rey, nado en Fornelos de Montes o 9 de abril de 1916 e finado no Grove o 11 de outubro de 1990, foi un escritor e xornalista galego. Formou parte da chamada Xeración do 36.

Manuel Portas

Manuel Portas Fernández, nado en Barcelona en 1960, é un escritor e sociolingüista galego.

María Xosé Queizán

María Xosé Queizán Vilas, nada en Vigo o 5 de febreiro de 1939, é unha escritora, catedrática de lingua e literatura galega, e figura relevante no movemento feminista na Península Ibérica.

Montse Fajardo

Montse Fajardo Pérez, nada en Vilagarcía de Arousa o 27 de abril de 1973, é unha xornalista e escritora galega.

Premio Antón Losada Diéguez

O Premio Antón Losada Diéguez convócase anualmente desde 1985 polos concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense.

Prémianse obras publicadas no ano anterior de entre as presentadas a concurso polas editoriais. Hai dúas categorías: creación literaria e investigación,

Premio Modesto R. Figueiredo

O Premio Modesto R. Figueiredo é o nome que recibe o Certame Nacional de Narracións Breves convocado pola Fundación do Padroado Pedrón de Ouro desde 1975 para textos en lingua galega dun máximo de trinta páxinas, na actualidade o premio está dotado con 1.000 euros, podendo concederse dous accésits de 240 euros.

Outorgouse pola vez primeira en 1975 co nome de Concurso de Narracións Curtas Pedrón de Ouro pero a morte do seu patrocinador, Modesto Rodríguez Figueiredo vicepresidente do Pedrón de Ouro motivou que o premio adoptase o seu nome desde a terceira edición en 1977.

O Premio é un dos máis importantes do panorama literario galego que nas dúas primeiras edicións da convocatoria (1975 - 1976) premiou a destacados escritores como Xoán Ignacio Taibo, Xavier Alcalá, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xavier Rodríguez Barrio, Xosé Manuel Martínez Oca e Carlos Durán.

Posteriormente serviu para dar a coñecer a autores que contribuíron á renovación da literatura galega como Suso de Toro, Tucho Calvo, Carlos G. Reigosa, Antón Cortizas ou Ramiro Fonte.

Premios Fervenzas Literarias

Os premios Fervenzas Literarias son uns premios sen dotación económica que recoñecen diversos aspectos do mundo da edición. Son uns galardóns organizados pola páxina web Fervenzas Literarias. Teñen carácter anual e celébranse dende o ano 2007. O sistema de votación é público e funciona a partir dunha enquisa aberta aos lectores entre os meses de decembro e xaneiro. A participación entre 2011 e 2014 superou as 400 votacións.

Raigame

Para: Raigame, boletín informativo da irmandade galega de Madrid, véxase Raigame (1979).Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares é unha publicación cultural semestral do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e a Deputación de Ourense.

Ricardo Carballo Calero

Ricardo Carballo Calero (desde 1981 asinou como Ricardo Carvalho Calero), nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua.

Dentro da súa extensa obra, cultivou a poesía (Pretérito imperfeito 1927-1961, 1980), a novela (A xente da Barreira, 1951) e o teatro (Teatro completo, 1982). Destacou no campo da crítica literaria con Sete poetas galegos (1955), Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959), Historia da literatura galega contemporánea (1962), Libros e autores galegos I e II (1979, 1982), Estudios rosalianos (1979) e Letras galegas (1984). É autor, tamén, dunha Gramática elemental del gallego común (1966), Problemas da língua galega (1981) e Da fala e da escrita (1983). Está considerado como o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.

Empregou os pseudónimos de Eduardo Colmeiro, Fernando Cadaval, Ilex, José Loureiro, Leopoldo Calero, Martinho Dumbria.

Xosé Carlos López Bernárdez

Xosé Carlos López Bernárdez, nado en Vigo en 1958, é un ensaísta literario galego.

Úrsula Heinze

Úrsula Heinze de Lorenzo, nada en Colonia en 1941, é unha escritora galega de orixe alemá. É autora dunha vasta obra que abrangue a novela, o relato curto, a narrativa infantil e xuvenil e unha destacada produción poética.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.