Ramón Menéndez Pidal

Ramón Menéndez Pidal, nado na Coruña o 13 de marzo de 1869 e finado en Madrid o 14 de novembro de 1968, foi un lingüista, crítico literario, folclorista e historiador español.

Ramón Menéndez Pidal
Ramón Menéndez Pidal 01
Nacemento13 de marzo de 1869
 A Coruña
Falecemento14 de novembro de 1968
 Madrid
Soterradocemiterio de San Xusto
NacionalidadeEspaña
EtniaPobo español
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónlingüista, historiador, dialectologist, profesor e crítico literario
CónxuxeMaría Goyri
FillosJimena Menéndez-Pidal Goyri e Gonzalo Menéndez Pidal
XénerosFilólogo, historiador, folclorista e medievalista
PremiosCollar of the Civil Order of Alfonso X the Wise, Prêmio Antonio Feltrinelli e Great Cross with Star and Sash of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany
Placa conmemorativa de Menéndez Pidal en La Coruña
Placa conmemorativa do nacemento de Menéndez Pidal, situada na que foi a súa casa natal.

Traxectoria

Membro da Real Academia Española de la Lengua desde 1901, e o seu presidente de 1925 a 1939 e de 1947 a 1968. Está considerado como o introdutor da filoloxía moderna en España.

En 1907 propiciou a creación da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas. Entre as súas contribucións conceptuais á lingüística destaca a idea de substrato. Algunhas das súas obras teñen un grande interese específico para Galiza, p.ex. Poesía juglaresca y juglares (1924) ou Toponimia prerrománica hispana (1953).

Ramón Menéndez Pidal, de Franzen
Fotografía de Ramón Menéndez Pidal (c. 1902), realizada por Christian Franzen.

Foi bautizado o 18 de marzo de 1869 na Colexiata de Santa María do Campo da Coruña como Ramón Francisco Antonio Leandro. Era fillo do maxistrado Juan Menéndez Fernández, natural de Pajares (Asturias), e de Ramona Pidal, natural de Villaviciosa. Foi irmán de Juan e Luis Menéndez Pidal. Cando tiña trece meses o seu pai foi destituído como Maxistrado por non xurar a constitución de 1869, e a familia mudouse a Oviedo. Alí viviu até os sete anos, cando o seu pai foi rehabilitado no cargo e destinado a Sevilla. Despois a familia mudouse a Albacete, e alí ingresou no Instituto con dez anos para comezar a Segunda Ensinanza, que seguiu en Burgos (segundo curso) e Oviedo (terceiro e cuarto). Xa en 1883 matriculouse no Instituto Cardenal Cisneros de Madrid. Menéndez Pidal referíase a este período da súa formación como «a súa castelanización», segundo escribiu Carmen Conde en 1969, porque «os seus condiscípulos burlábanse dos asturianismos da súa fala».

Na Universidade de Madrid foi discípulo de Marcelino Menéndez Pelayo. En 1893 a Real Academia Española premiou un estudo seu sobre a gramática e vocabulario do Poema del Çid, que publicou anos despois. O seu primeiro libro importante foi La leyenda de los infantes de Lara (1896), estudo exhaustivo da lenda e da súa transmisión até ese momento. Este libro serviu para intentar explicar a totalidade da primitiva épica medieval castelá, até entón descoidada pola crítica. A súa tese defende a orixe oral, anónima e fragmentaria dos cantares de xesta.

En 1899 obtivo a cátedra de Filoloxía Románica, que mantivo até a súa xubilación en 1939. Desde a súa cátedra e desde o Centro de Estudios Históricos, institución vinculada ao krausismo da ILE, impulsou a Institución para impulsar as tarefas científicas desde o propio Estado. Este Centro sería precursor do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, fundado en 1939 tras rematar a guerra. Co seu labor académico, no CEH educou toda unha xeración de filólogos españois, como Tomás Navarro Tomás, Américo Castro, Dámaso Alonso, Rafael Lapesa ou Alonso Zamora Vicente, amais doutros que en gran parte marcharon ao exilio ao rematar a guerra.

O 28 de outubro de 1899 ingresou na Real Biblioteca como auxiliar temporal para a elaboración do Catálogo de manuscritos, logo de publicar o ano anterior o Catálogo de Crónicas Generales de España. Estivo vinculado á Biblioteca ata o 5 de abril de 1911, se ben estivo ausente durante varios períodos por diversas viaxes por Europa e América. En 1904 o rei Afonso XIII nomeouno comisario xeral no laudo arbitral sobre os límites fronteirizos entre Ecuador e Perú[1]. Se ben non chegou a completar o Catálogo de manuscritos, axudou a establecer as fontes históricas de España a partir da cronística, e estudou os cancioneiros e romanceiros manuscritos que nela se custodian. Tras rematar a arbitraxe entre Ecuador e Perú viaxou por outros países hispanoamericanos para estudar neles o Romancero tradicional español que aínda pervivía.

En 1900 casou con María Goyri, a primeira muller que estudou na Facultade de Filosofía e Letras de Madrid (1896). Na lúa de mel descubriron a persistencia do Romancero español como literatura oral e comezaron a recoller moitos romances en sucesivas excursións por terras de Castela a Vella. En 1901 foi nomeado membro da Real Academia Española, e o seu mestre Menéndez Pelayo pronunciou o seu discurso de acollida.

En 1902 ingresou na Real Academia Española cun discurso sobre El condenado por desconfiado de Tirso de Molina. En 1904 publicou o Manual de gramática histórica española, que se foi puíndo e enriquecendo en edicións posteriores. De 1906 é «El dialecto leonés», impreso na Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos. Seguiu desenvolvendo a súa tese na edición da súa tese doutoral, Cantar del Mío Cid: texto, gramática y vocabulario (1908–1912), edición paleográfica acompañada de importantes notas eruditas, revisadas non obstante pola crítica actual. Reconstruíu ademais a gramática da época a partir do material lingüístico desta obra, o que sentaba as bases da súa Gramática histórica. Por esta obra recibiu un premio da Real Academia de la Historia.

É interesante sinalar, que o manuscrito do "Cantar del Mío Cid" era propiedade da súa familia. Foi comprado en 1863 polo seu tío avó Pedro José Pidal y Carniado, marqués de Pidal, o que permitiu que Menéndez Pidal o manipulase. Mudou a data que figura no texto, retocou versos e cambiou palabras para facer pasar o poema por máis antigo do que era na realidade.[2] Isto foi denunciado polo hispanista inglés Colin Smith baseándose na análise das tintas do manuscrito con raios X.[3]

O 16 de xuño de 1910 foi nomeado Presidente do Comité Directivo da Residencia de Estudiantes, creada o 6 de maio dese mesmo ano. O 2 de marzo de 1915 foi confirmado nol cargo de Director do Centro de Estudos Históricos, que viña exercendo desde a súa creación. O 21 de maio de 1926 foi elixido vicepresidente primeiro da Xunta de Ampliación de Estudos; todas estas institucións estaban vinculadas cos principios propugnados pola Institución Libre de Enseñanza, e de feito unha das súas fillas foi a pedagoga Jimena Menéndez Pidal Goyri, fundadora do centro de ensinanza Colegio Estudio, cuxo ideario recollía o espírito da ILE.

En 1912 ingresou na Real Academia da Historia cun discurso sobre La Crónica General que mandó componer Alfonso X. En 1914 fundou a Revista de Filología Española, que publicou como anexos as obras de discípulos seus como Navarro Tomás, Rodolfo Lenz, Wilhelm Meyer-Lübke ou el mesmo, e que supuxo unha recuperación do hispanismo en España. Nela publicou estudos sobre Elena y María, os restos do Cantar de Roncesvalles ou sobre o vocalismo na toponimia ibérica.

En 1925 foi elixido director da Real Academia Española. Durante a guerra civil española decidiu saír do estado e viviu en Bordeos, Cuba, Estados Unidos e París. En setembro de 1937 inaugurou dous cursos na Universidade de Columbia sobre a historia da lingua española e os problemas da épica e o romanceiro. En Burdeos comezou a escribir a Historia de la lengua Española, obra póstuma publicada en 2005 por Diego Catalán Menéndez-Pidal. En 1939 cesou como director da RAE en sinal de protesta ante as decisións que o poder político tomou sobre a situación dalgúns dos seus membros; porén, volveu ser elixido director en 1947 e seguiu neste cargo ata a súa morte, logrando que as cadeiras de académicos exiliados permanecesen sen cubrir ate que falecesen. O 31 de maio de 1950 foi nomeado fillo adoptivo de Burgos con apoio ministerial, obrigatorio por orde circular do 20 de xullo de 1939.[4]

A Revista de Filología Española seguiu publicándose durante a Guerra Civil baixo o coidado de Rafael Lapesa até o tomo 24, correspondente a 1937, baixo a supervisión de Tomás Navarro Tomás e dirección de Emilio Alarcos García, aínda que sufriu algún atraso por falta de papel para a súa impresión no obradoiro de Hernando. O Centro de Estudios Históricos permaneceu activo polo menos durante 1937, abríndose unha sección na Casa da Cultura de Valencia, onde traballaban Dámaso Alonso, Emilio Alarcos García e Antonio Rodríguez Moñino, amais de varios bolseiros e os estranxeiros Bonfante e Ángel Rosenblat. Dado que Menéndez Pidal marchara de España, en 1938 o Goberno da II República cesouno como Director do CEH «por abandono del servicio» mentres estaba dando un curso na Universidade de Columbia de Nova York. Ese mesmo ano o Goberno de Franco suprimiu a Xunta de Ampliación de Estudos e o Centro de Estudios Históricos ante a aparición do Consejo Superior de Investigaciones Científicas. No verán de 1938 Menéndez Pidal trasladouse a París e non recibiu permiso para refresar a Madrid ata o 4 de xullo de 1939, ao pesar sobre el un expediente de depuración, que non foi sobresido até que fixo 83 anos.

En 1941 apareceu o tomo 25 da Revista de Filología Española, aparecendo xa como dependente do CSIC, coas colaboracións de Emilio Alarcos (pai), Dámaso Alonso, José María de Cossío, Vicente García de Diego, Manuel García Blanco, Francisco Rodríguez Marín, María Josefa Canellada, Alonso Zamora Vicente, Francesc de Borja Moll e Rafael Lapesa. Os discípulos de Menéndez Pidal Amado Alonso e Alonso Zamora Vicente crearon dúas revistas de investigación filolóxica en Bos Aires: Revista de Filología Hispánica e Filología.

Obra

Mz Pidal y María Goyri
Menéndez Pidal e María Goyri en 1900, facendo a ruta do Cid na súa viaxe de vodas.

En 1910 publicou La epopeya castellana a través de la literatura española, que demostrou a persistencia da tradición épica castelá por medio do Romanceiro e o teatro clásico barroco español. En 1924 publicou Poesía juglaresca y juglares, onde investiga as orixes da poesía en Castela e a súa relación coas cortes nobiliarias, e reconstrúe con diversas testemuñas fragmentarias unha das primeiras serranillas.

Interesouse pola lingua éuscara, e en 1962 publicou En torno a la lengua vasca 1962. Foi membro correspondente da Real Academia da Lingua Vasca. Expresou publicamente a súa preocupación polo futuro do idioma e defendeu a súa protección, así como para as demais linguas de España.[5]

  • La leyenda de los siete infantes de Lara (1896)
  • Crónicas generales de España (1898)
  • Manual elemental de Gramática histórica española (1904)
  • El dialecto leonés (1906)
  • Cantar del Mío Cid: texto, gramática y vocabulario (1908-1912)
  • Orígenes del español (1926)
  • La España del Cid (1929)
  • La idea imperial de Carlos V (1938)
  • Reliquias de la poesía épica española (1952)
  • Romancero hispánico (1953)
  • En torno a la lengua vasca (1962), recolle traballos anteriores
  • El padre Las Casas: su doble personalidad (1963)

Notas

  1. Cfr. Archivo General de Palacio, Personal de Empleados, caja 2651-expediente 29.
  2. Murado, Miguel-Anxo (2013). La invención del pasado. Debate. pp. 98–99. ISBN 978-84-8306-853-3.
  3. Smith, Colin (1985). La creación del poema de mio cid. Crítica. ISBN 9788474232646.
  4. Diario de Burgos: "Don Ramón Menéndez Pidal, hijo adoptivo" 1 de xuño de 1950.
  5. Diario Vasco, 10 de octubre de 1964

Véxase tamén

Bibliografía

12 de marzo

O 12 de marzo é o 71º día do ano do calendario gregoriano e o 72º nos anos bisestos. Quedan 294 días para finalizar o ano.

14 de novembro

O 14 de novembro é o 318º día do ano no Calendario Gregoriano e o 319º nos anos bisestos. Quedan 47 días para rematar o ano.

Dámaso Alonso

Dámaso Alonso Fernández de las Redondas, nado en Madrid o 22 de outubro de 1898 de pai de Ribadeo e nai de Castropol, e finado o 25 de xaneiro de 1990, foi un escritor, crítico literario e filólogo español. Membro da xeración do 27 e Premio Miguel de Cervantes 1978.

Edelmiro Bascuas

Edelmiro Bascuas López, nado na Meda (Castroverde) o 15 de abril de 1931 e finado na Coruña o 10 de febreiro de 2011, foi un teólogo e lingüista galego.

Editorial Calpe

A Compañía Anónima de Librería y Publicaciones Españolas (CALPE) foi unha empresa editora española fundada por Nicolás María de Urgoiti en xuño 1918. Funcionou ata decembro de 1925 cando se fusionou coa Editorial Espasa para formar a Editorial Espasa-Calpe.

Tivo como asesores a Manuel García Morente como director da Colección Universal, José Ortega y Gasset da Biblioteca de Ideas do Século XX, Manuel Bartolomé Cossío, Dantín Cereceda e Santiago Ramón y Cajal. Para o seu catálogo xeral de 1923 presentou aproximadamente 1.300 títulos, dos que 900 eran de contido científico e literario.

Publicou o Diccionario del español hablado en ambos mundos (1918), baixo a edición de Ramón Menéndez Pidal.

Foro de Avilés

O Foro de Avilés (en asturiano Fueru d'Avilés) é un documento do ano 1086, a través do cal o rei Afonso VI de Castela deu á vila de Avilés privilexios políticos, económicos e comerciais. Está considerado xunto co Documento de Kesos o primeiro documento escrito en asturiano, e é o primeiro documento xurídico nesta lingua e o máis antigo de Asturias. O foro foi confirmado polo rei Afonso VII, neto de Afonso VI, en 1155, no que supuxo o nacemento da cidade de Avilés.O foro foi dado por Afonso VI mentres era monarca do reino de Castela. En Avilés existían asentamentos humanos xa desde a romanización. O foro de Avilés daba á poboación a categoría de vila de reguengo, e ao longo da Idade Media apoiou sempre á coroa, a quen pagaba impostos. Avilés non foi nunca feudo nin tivo outro tribunal competente que non fosen os reais.

O documento serviu para o desenvolvemento económico da poboación, converténdoa na primeira vila do vello Reino de Asturias e un dos principais peiraos da Europa atlántica da época. Tras a ratificación do foro iniciouse a construción da muralla da cidade, e co impulso do seu novo status a cidade converteuse na segunda de Asturias.Ramón Menéndez Pidal calificouno como un dos documentos medievais máis importantes polo seu valor lingüístico. No arquivo municipal da vila consérvase unha copia de 1289 da confirmación feita por Afonso VII.

Gonzalo Menéndez Pidal

Gonzalo Menéndez Pidal y Goyri, nado en Madrid o 12 de abril de 1911 e finado ibídem o 11 de decembro de 2008, foi un historiador español, académico da Real Academia da Historia.

José Rodríguez Carracido

José Rodríguez Carracido, nado en Santiago de Compostela o 21 de maio de 1856 e finado en Madrid o 3 de xaneiro de 1928, foi un bioquímico galego.

Julio Rodríguez Yordi

Julio Rodríguez Yordi, nado na Coruña o 7 de novembro de 1894 e finado na mesma cidade o 27 de setembro de 1967, foi un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego.

Lar (Buenos Aires)

LAR foi unha revista primeiramente bimensual (despois trimestral e finalmente anual) da Asociación Galega de Beneficencia e Mutualidad, adscrita ao «Hospital Gallego» de Buenos Aires (1934-1963).

Libro de buen amor

O Libro de buen amor é unha obra escrita por Juan Ruiz (arcipreste de Hita) a mediados do século XIV. É unha composición en verso extensa, pertencente ao mester de clerecía. Aínda que escrito cara a 1343, o título co que se coñece actualmente deullo Ramón Menéndez Pidal en 1898; anteriormente fora coñecido como Libro do arcipreste ou Libro dos cantares.

O libro consta de 1728 estrofas, entre as que predomina o tetrástrofo. Constitúe unha colección heteroxénea de diversos materiais, e o fío condutor constitúeo o relato da autobiografía amorosa ficticia do seu autor. Nela representa a través das súas amantes todas as camadas da sociedade medieval do Reino de Castela. Recóllense composicións líricas profanas (serranillas, moitas veces paródicas) ao lado doutras relixiosas, fábulas, apólogos, glosas do Ars Amandi de Ovidio, parodias da liturxia das horas canónicas ou cos cantares de xesta (como o "Combate de don Carnal con doña Cuaresma"), prantos (como o da morte de Trotaconventos, personaxe que constitúe un precedente da Celestina), sátiras (como as dirixidas contra as donas chichas ou o poder igualador do diñeiro), alegorías, moralidades, sermóns, cantigas de cegos e de escolares etc.

Do libro existen tres códices, dos que o de Salamanca (S, actualmente conservado na Biblioteca Real) está considerado o máis completo; os outros son o da Real Academia Española (G, ou de Gayoso) e o de Toledo.

Luis Rodríguez de Viguri

Luis Rodríguez de Viguri Seoane, nado en Santiago de Compostela o 16 de outubro de 1881 e finado en Madrid o 12 de decembro de 1945, foi un avogado, diplomático e político galego.

María Goyri

María Amalia Goyri y Goyri, nada en Madrid o 29 de agosto de 1874 e finada na mesma cidade o 28 de novembro de 1954, foi unha escritora, investigadora, profesora, filóloga, pedagoga e feminista española. Foi tamén a primeira estudante oficial de Filosofía e Letras da Universidade Española (1896) e formou parte da vangarda de defensores dos dereitos da muller. Os seus estudos sobre o romanceiro español, xunto co seu home Ramón Menéndez Pidal, sentaron as bases da investigación neste campo.

Ramón Pérez Costales

Ramón Pérez Costales, nado en Oviedo en 1832 e finado na Coruña o 18 de xaneiro de 1911, foi un médico e político galego.

Subgrupo lingüístico asturleonés

O asturleonés é un grupo lingüístico Romance pertencente ao grupo Iberooccidental, falado nas provincias españolas de Asturias (Lingua asturiana), e nalgunhas aldeas de León, Zamora e Salamanca (Lingua leonesa) e nalgunhas aldeas dos concellos de Braganza e Miranda do Douro, en Portugal, onde é chamado Mirandés.

Os dialectos do Asturleonés (altamente mesturados co castelán) son tamén falados en Estremadura (chamado alí Estremeño) e en Cantabria (chamado Cántabro ou Montañés). Hoxe en día hai aberto un debate sobre se estas falas son dialectos do castelán, ou ben unha variedade do asturleonés.

A lingua leonesa foi considerada como un dialecto informal do castelán, mais, no 1906, Ramón Menéndez Pidal demostrou que naceu do resultado da evolución do latín vulgar no Reino de León, considerándose agora unha lingua separada. En Portugal o Mirandés acadou un recoñecemento de lingua oficial.

Xeración do 98

A Xeración do 98 é o nome co que se coñece ao conxunto de intelectuais e escritores españois nados entre 1864 e 1876 que desenvolveron posturas ideolóxicas próximas ao nacionalismo español e que estiveron profundamente marcados pola derrota militar española na Guerra Hispano-Estadounidense e a conseguinte perda das colonias de Porto Rico, Cuba e Filipinas.

Integrarían este grupo, aceptados unanimemente por todos os investigadores, Miguel de Unamuno, Azorín, Pío Baroja e Ramiro de Maeztu. Máis discutibles son os casos de Antonio Machado e Ramón María del Valle-Inclán, á parte doutros coetáneos.

Álvaro Gil Varela

Álvaro Gil Varela, nado en Lugo en 1905 e finado en Madrid o 2 de outubro de 1980, foi un empresario e filántropo galego.

Membros de honra da Real Academia Galega

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.