Ramón Mariño Paz

Ramón Mariño Paz, nado en Valbargos, Argalo, Noia, o 8 de abril de 1962. É catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, investigador do Instituto da Lingua Galega e, desde 2011, codirector da revista Verba. Anuario galego de filoloxía.

Ramón Mariño Paz
Ramón Mariño Paz
Nacemento8 de abril de 1962
 Valbargos
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónlingüista

Traxectoria

Entre 1986 e 1991 foi profesor de lingua galega na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB de Ourense, profesor titular da área de filoloxías galega e portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, e desde 1999 é o director do Departamento de Filoloxía Galega desa universidade.

En 1984 comezou a colaborar co Instituto da Lingua Galega, onde participou nos traballos da súa Sección de Linguaxe Administrativa, da que sairían uns Cadernos de Documentación Municipal (1986-1988) e un Léxico da administración castelán-galego (1991). Desde 1992 colaborou como investigador principal no proxecto de investigación do ILG denominado Historia do galego escrito.

Estudos lexicográficos

Dedicouse tamén á lexicografía, colaborando na elaboración do Diccionario normativo galego-castelán de 1988 e mais na do Diccionario escolar galego de 1989, e nos anos noventa e inicios do novo século investigou fundamentalmente a historia e a gramática histórica da lingua galega. Estas investigacións fóronse publicando en revistas como Verba, Cadernos de Lingua, Revista Galega de Filoloxía, Estudios de Sociolingüística, A Trabe de Ouro e Grial, así como en libros colectivos.

Sobre o Padre Sarmiento

En 1995 publicou unha edición do Coloquio de vintecatro galegos rústicos do Padre Sarmiento que se acompaña dun estudo en que se analizan algúns dos principais cambios lingüísticos experimentados polo galego entre o período medieval e o século XIX. Con todo, a obra máis destacada de Ramón Mariño é a súa Historia da lingua galega (Santiago, 1998), onde explica a historia social da lingua galega e os cambios lingüísticos da mesma desde as súas orixes até 1998.

Outras tarefas

En 2001 publicou o libro Eladio Rodríguez e a cultura galega, onde analiza o papel deste rexionalista que foi presidente da Real Academia Galega, poeta e autor do coñecido Diccionario enciclopédico gallego-castellano.

Desde 1994 comparte con Ramón Lorenzo, Antón Santamarina, Mercedes Brea López e Jesús Pena as tarefas propias do comité de redacción da revista Verba (Anuario Galego de Filoloxía), creada en 1974 na universidade compostelá por persoas vinculadas ó Instituto da Lingua Galega.

Libros publicados

Historia da lingua galega. Ramón Mariño Paz. Sotelo Blanco
Historia da lingua galega.
  • Ramón Otero Pedrayo (1990): Os camiños da vida. Edición, introdución e notas de Ramón Mariño Paz. Vigo: Galaxia, 355 pp. [“Introducción”: pp. 7-72].
  • Ramón Otero Pedrayo (1993): Xelmírez, xenio do románico. Edición, introdución e notas de Ramón Mariño Paz. Vigo: Galaxia [“Introducción”: pp. 7-22].
  • Fr. Martín Sarmiento (1995): Coloquio de vintecatro galegos rústicos. Edición de Ramón Mariño Paz. Consello da Cultura Galega [“Estudio introductorio”: pp.7-102].
  • Ramón Mariño Paz (1998): Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco Edicións; 2ª edición: 1999.
  • Ramón Mariño Paz (2001): Eladio Rodríguez a e cultura galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
  • Ramón Mariño Paz (2003): O idioma galego no limiar da súa renacenza. Estudo lingüístico de textos pregaleguistas. Monografía 2 da Revista Galega de Filoloxía. UDC.
  • Ramón Mariño Paz (2008): Historia de la lengua gallega. München: Lincom GmbH.
  • Ramón Mariño Paz / Xosé Ramón Barreiro / Rosa Aneiros (2008): Papés d’emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846 (I).[1] Santiago de Compostela: CCG.
  • Ramón Mariño Paz (ed.) (2012): Papés d’emprenta condenada (II). Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea. CCG/ILG.
  • Ramón Mariño Paz / Margarita Sánchez Yáñez / Damián Suárez Vázquez (2012): O romance da urca de Santo Antón. Poesía en galego no Ferrol do século XVIII. Fundación Barrié.
  • Mar Campos Souto / Ramón Mariño Paz / José Ignacio Pérez Pascual / Antonio Rifón (eds.) (2012): “Assí como es de suso dicho”. Estudios de morfología y léxico en homenaje a Jesús Pena. San Millán de la Cogolla: Cilengua.
  • Ramón Mariño Paz / Xavier Varela Barreiro (eds.) (2015): Lingüística histórica e edición de textos galegos medievais. Anexo 73 de Verba (Anuario Galego de Filoloxía). USC.
  • Ramón Mariño Paz / Xavier Varela Barreiro (eds.) (2016): A lingua galega no solpor medieval. Santiago de Compostela: CCG.
  • Ramón Mariño Paz (2017): Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Notas

  1. Edición dos textos, fichas introdutorias e notas de Mariño. Notas histórico-biográficas de Barreiro. Coordinadora da edición: Aneiros.

Véxase tamén

Bibliografía

8 de abril

O 8 de abril é o 98º día do ano do calendario gregoriano e o 99º nos anos bisestos. Quedan 267 días para finalizar o ano.

Antonio Benito Fandiño

Antonio Benito Fandiño Martínez, nado na parroquia de Santa María do Camiño (Santiago de Compostela) o 22 de xullo de 1779 e finado cara a 1834, foi un destacado liberal e escritor en lingua galega.

Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.

Estandarización da lingua galega

Cando se comezou a escribir de novo a lingua galega a comezos do século XIX non había memoria entre os novos escritores da literatura nin da escrita medieval polo que para escribiren a súa lingua tenderon a adaptar a ortografía da lingua castelá ao galego.

Galego-portugués

O galego-portugués (tamén chamado galaico-portugués) é a lingua medieval que se falou no noroeste da Península Ibérica que deu lugar ó galego e portugués actuais. Procedía do latín falado na Gallaecia e foi introducido polos colonizadores romanos. É polo tanto unha lingua romance. Tivo especial relevancia cultural durante varios séculos, e disto dan fe os textos medievais conservados nesta lingua.

A lingua considérase formada no século VIII, principalmente coma desenvolvemento do latín vulgar falado polos conquistadores romanos a partir do século II d. C.[Cómpre referencia]O documento da lírica galego-portuguesa máis antigo parece ser a cantiga satírica "Ora faz ost'o senhor de Navarra" de Johan Soarez de Pávia, datado en 1196 por algúns expertos. As recompilacións líricas medievais galego-portuguesas máis importantes que se conservan hoxe son o Cancioneiro da Ajuda, o Cancioneiro da Vaticana, o Cancioneiro Colocci-Brancutti e as Cantigas de Santa María.

O rei Afonso X o Sabio, de Castela, coordinou as Cantigas de Santa María en galego-portugués, que daquela era a lingua por excelencia para a lírica nos reinos de Galicia, León e Castela (estando o reino de Aragón na zona de influencia da literatura occitana). Tamén compuxo algunhas cantigas de amor, mais ningunha de amigo.

Algúns poetas salientábeis incline Bernal de Bonaval, Airas Nunez, Pero da Ponte, Pero Amigo, Xohán de Cangas, e Martín Codax.

O galego-portugués tivo a súa máxima importancia dende finais do s. XII ata mediado o s. XIV.

Juan Antonio Posse

Juan Antonio Posse Varela, nado en Soesto (Laxe) en 1766 e finado en San Andrés del Rabanedo (León) o 13 de maio de 1854, foi un relixioso galego. Exerceu o seu ministerio relixioso en León dende 1794 ata o seu pasamento.

Como relixioso afastouse das características xerais dos seus colegas da época, pois, aínda que algúns destes cualificativos son discutidos polos estudosos da súa vida e obra, pasa por ser un sacerdote ilustrado e liberal, constitucionalista español e tamén pregaleguista; republicano nunha época en que poucos o eran; colectivista cando todo o liberalismo defendía a propiedade privada; anticlerical –e loitador contra a Inquisición- e, á vez, profundamente crente e relixioso ata case o integrismo, debido á influencia que exerceran nel as lecturas xansenistas.

Deixou escritas dúas obras políticas de carácter constitucionalista: un sermón do 28 de novembro de 1812 defendendo a Constitución de Cádiz -publicado ese mesmo ano en León e reeditado ó ano seguinte na Coruña- e unha crítica á Constitución de 1837 –publicada en 1838-. Tamén son del varios artigos publicados coas iniciais do seu nome en El Ciudadano por la Constitución, da Coruña (en 1813). Non obstante, o máis interesante foron as súas memorias, redactadas en 1834, que permaneceron inéditas ata que Gumersindo de Azcárate conseguiu publicalas entre 1916 e 1918 na revista La Lectura; en 1984 o hispanista estadounidense Richard Herr, profesor emérito da Universidade de Berkeley, volveunas publicar na editorial Siglo XXI. Destas memorias, das que desapareceu o manuscrito orixinal, quedou sen publicar o período final, de 1820 a 1834.

Literatura galega do Prerrexurdimento

Tradicionalmente, denomínase Prerrexurdimento o espazo de tempo transcorrido entre 1808 -ano do comezo da guerra contra o francés (1808-1814)- e 1863 (data da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro).

Literatura galega dos Séculos Escuros

A creación literaria en lingua galega foi practicamente nula durante os séculos XVI, XVII e XVIII, razón pola que estes se denominan Séculos Escuros.

Mariño

O adxectivo galego mariño indica algo relacionado co mar ou pertencente a el. O oficio de mariño é desempeñado pola persoa que traballa nun buque, xa sexa civil ou da mariña de guerra.

Como antropónimo masculino ou como apelido pode referirse a:

Mariño I (latín Marinus), papa de 882 a 884.

Mariño II, papa de 942 e 946

Pedro Mariño de Lobeira (152?-1594), militar e cronista galego.Pedro Mariño de Lobeira Lemos (1618-1649), nobre galego;Fernando Antonio Mariño de Lobeira, fillo do anterior;

Fernando Pablo Mariño de Lobeira Quirós, fillo do anterior;

Fernando Pablo Mariño de Lobeira Nieto (n. 1712), morgado do anterior;

Rosario Mariño de Lobeira, filla do anterior;Antonio Mariño de Lobeira (164?-?), primeiro Marqués de Mariño.Brais de Mariño de Caamaño (ss XVI-XVII), pintor betanceiro;

Tomás Mariño Pardo (1798-1880), galego precursor da aviación;

Pedro Mariño Ortega (1865-1931), arquitecto na Coruña;

Francisco Mariño García (†1905), alcalde da Coruña de 1903 a 1905;

María Mariño Carou (1907-1967), poetisa galega;

Celso Mariño Ferreira (1910-1992), adestrador do Deportivo da Coruña;

Luís Mariño Pampín (1941-1999), xornalista galego;

Manuel Roberto Mariño Fernández (Roberto Verino), deseñador galego;

Pedro Manuel Mariño Campos (1947), político e médico galego;

José Bernardo Mariño Acebal (1950), enxeñeiro de telecomunicacións galego;

Xosé Ramón Mariño Ferro (1950), antropólogo galego;

Delfín Mariño Espiñeira (1951), militar enxeñeiro de telecomunicacións galego;

Perfecto Mariño Espiñeira (1951), enxeñeiro de telecomunicacións galego;

María Mariño López (1953), deseñadora galega;

Paula Mariño Pazó (1958), artista visual e narradora;

Ramón Mariño Paz (1962), filólogo galego;

Xose Carlos Mariño Pereira (1970), futbolista galego;

Diego Mariño Villar (1990), futbolista galego.Amais, como topónimo pode referirse a:

En Galiza

Mariño, lugar da parroquia de Marei, no concello do Corgo;

Mariño, lugar da parroquia de Santaia de Rairiz, no concello de Santiso;

O Mariño, lugar da parroquia de Taboexa, no concello das Neves;

O Mariño, lugar da parroquia de Goiáns, no concello de Porto do Son.En Venezuela

Mariño, Nueva Esparta, Venezuela.

Mariño, Sucre, Venezuela.

Martín Sarmiento

Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como frei Martín Sarmiento, nado en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695 e finado en Madrid o 7 de decembro de 1772, foi un relixioso beneditino e escritor galego. É un dos pais da filoloxía románica en xeral e da galega en particular. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002.

Os camiños da vida

Os camiños da vida é unha novela de Ramón Otero Pedrayo publicada en 1928 pola Editorial Nós en tres volumes independentes. A editorial Galaxia editouna xa nun único tomo no ano 1978 como terceiro volume da súa Obra Selecta e en 1990 na colección Narrativa, cun estudo introdutorio de Ramón Mariño Paz, que vai pola 15ª edición.

Revista Galega de Filoloxía

A Revista Galega de Filoloxía (RGF) é unha publicación científica galega dedicada á investigación filolóxica e, en especial, aos estudos lingüísticos no ámbito galego e portugués.

Ricardo Carballo Calero

Ricardo Carballo Calero (desde 1981 asinou como Ricardo Carvalho Calero), nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua.

Dentro da súa extensa obra, cultivou a poesía (Pretérito imperfeito 1927-1961, 1980), a novela (A xente da Barreira, 1951) e o teatro (Teatro completo, 1982). Destacou no campo da crítica literaria con Sete poetas galegos (1955), Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959), Historia da literatura galega contemporánea (1962), Libros e autores galegos I e II (1979, 1982), Estudios rosalianos (1979) e Letras galegas (1984). É autor, tamén, dunha Gramática elemental del gallego común (1966), Problemas da língua galega (1981) e Da fala e da escrita (1983). Está considerado como o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.

Empregou os pseudónimos de Eduardo Colmeiro, Fernando Cadaval, Ilex, José Loureiro, Leopoldo Calero, Martinho Dumbria.

San Martiño de Vilapoupre, Vilapoupre, Antas de Ulla

San Martiño de Vilapoupre é un lugar da parroquia de Vilapoupre no concello lugués de Antas de Ulla na comarca da Ulloa. Segundo o IGE, en 2011 tiña 25 habitantes (14 homes e 11 mulleres).

Sociolingüística

A sociolingüística é unha rama da socioloxía e da lingüística que estuda a relación entre a lingua e a sociedade.

Xermanismo

Xermanismo é o empréstimo lingüístico efectuado por unha lingua xermánica a calquera outra. Dado que a influencia da lingua inglesa constitúe por si mesma un caudal abundantísimo de empréstimos, resérvaselle o termo específico de anglicismo, e considéranse xermanismos os procedentes de calquera dos outros idiomas da familia, ben sexa o alemán nas súas diferentes modalidades e dialectos, ou outros como o flamengo e o holandés (que en si son variedades dialectais do baixo alemán) ou das linguas escandinavas (islandés, danés, sueco, noruegués). Estes empréstimos enténdese non só sincrónicamente, senón tamén diacronicamente e por máis que estean hoxe tan intimamente incorporados á lingua que constitúan parte do seu patrimonio histórico. Forman parte tamén, polo tanto, os empréstimos do suevo, gótico, fráncico etc.

Ñ

O Ñ (eñe) é a décimo terceira letra do alfabeto galego, e representa o fonema nasal velar sonoro /ɲ/.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.