Ramón María Otero

Ramón María Otero Estévez, nado en Albarellos (Boborás) o 19 de xaneiro de 1819 e finado en Riobó (A Estrada) o 26 de novembro de 1903[1], foi un avogado e político galego.

Ramón María Otero
Nacemento19 de xaneiro de 1819
 Boborás
Falecemento26 de novembro de 1903
 Riobó
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político

Traxectoria

Fillo de Xosé Otero Santia e María Estévez Munín. Casou en Riobó o 19 de decembro de 1841 con Ramona Arén Seoane, usufrutuaria dos bens libres do pazo da Mota. Ao pouco de casar mercou a fábrica de papel de Riobó que estaba preto da torre da Barreira. Foi alcalde da Estrada en 1842, e ao ano seguinte foi comandante do 2º batallón da Milicia Nacional do partido da Estrada; de 1855 a 1856 concelleiro síndico da Estrada e en 1873 foi vocal do comité alfonsino da Estrada. Vinculado ao Partido Liberal, foi nomeado administrador de Rentas estancadas da Estrada en 1875[2]. Volveu ser nomeado alcalde da Estrada Real Orde o 1 de xullo de 1891[3] e permaneceu no cargo até o 1 de xullo de 1895.

Predecesor:
Manuel do Pazo Rodríguez
 Escudo de A Estrada.svg
Alcalde da Estrada
 
1842
Sucesor:
Manuel Otero
Predecesor:
Jenaro Otero Vinseiro
 Escudo de A Estrada.svg
Alcalde da Estrada
 
1891 - 1895
Sucesor:
Laurentino Espinosa Valladares

Notas

  1. Gaceta de Galicia, 29-11-1903, p. 2.
  2. El Diario de Santiago, 19-11-1875, p. 3.
  3. Gaceta de Galicia, 2-7-1891, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía

Alcaldes da Estrada

Esta é unha lista completa dos alcaldes da Estrada, tomando como punto de arranque a fusión entre os Coutos de Vega e Oca, Viso, Codeseda e Vea co Concello de Tabeirós, producido o 1 de xaneiro de 1837, mudando o novo concello ao nome de Concello de Cereixo. O 23 de xaneiro de 1841 mudou o nome ao actual da Estrada.

A principais fontes de información empregadas son a obra de Pedro Varela Castro, "La Estrada" (1923) e a de María Jesusa Fernández Bascuas, "Alcaldes estradenses" (2004).

Antonio Sanjurjo Badía

Antonio Sanjurjo Badía, coñecido polo alcume herdado do pai de Habilidades, nado en Sada en 1837 e finado en Vigo o 8 de xaneiro de 1922, foi un inventor galego.

Gumersindo Otero García

Gumersindo Otero García, nado en Breixa (Silleda) o 9 de decembro de 1845 e finado en Riobó (A Estrada) en novembro de 1914, foi un político galego.

Jenaro Otero Vinseiro

Jenaro Otero Vinseiro, nado en Ribeira (A Estrada), foi un avogado e político galego.

Laurentino Espinosa Valladares

Laurentino Espinosa Valladares, nado en Vilancosta (parroquia de Berres, A Estrada) en 1861, foi un avogado, xornalista e político galego.

Manuel Pazo Rodríguez

Manuel do Pazo Rodríguez, nado en Ouzande (A Estrada) e finado no mesmo concello o 16 de setembro de 1893, foi un político galego.

Pazo da Mota

O Pazo da Mota é unha casa señorial galega situado no lugar da Mota na parroquia de Riobó, no concello da Estrada.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.