Ramón María Narváez

Ramón María Narváez y Campos, nado en Loja (Granada) o 5 de agosto de 1800 e falecido en Madrid o 23 de abril de 1868, foi un político e militar español. Coñecéuselle co nome de El Espadón de Loja.

Ramón María Narváez
Ramon Maria de Narvaez by Vicente Lopez 1772 1850
Nacemento5 de agosto de 1800
 Loja
Falecemento23 de abril de 1868
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndiplomático, político e militar
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Ordem de Santo André e Gran Cruz da Orden de Carlos lll
Ramon Maria Narvaez
Ramón María Narváez

Traxectoria

A súa carreira militar comezou no rexemento de Gardas Valoas en 1815, e en 1822 serviu baixo o mando de Francisco Espoz y Mina en Cataluña, onde sería apresado polas tropas dos Cen Mil Fillos de San Luís. Permaneceu en Francia até 1824. Tras rexeitar calquera tipo de cargo durante o Reinado de Fernando VII de España, incorporouse en 1834 ao lado dos isabelinos durante as Guerras Carlistas. En xullo de 1835 participou na Batalla de Mendigorria, e en 1836 tomaría parte na batalla de Arlabán, onde gañaría o ascenso a brigadier.

Durante 1837 encárgaselle o mando das reservas andaluzas para expulsar aos carlistas de Castela, e durante esta campaña nace unha forte inimizade co xeneral Espartero. A súa grande habilidade militar e a súa ideoloxía liberal fixeron que tanto progresistas como moderados pretendesen que se incorporara aos seus partidos. A pesar de isto tivo que exiliarse despois de presidir xunto co xeneral Córdoba unha xunta de oposición a Espartero. Permanecería en París durante os tres anos que durou a Rexencia.

En 1843 regresaría a Valencia, e o 23 de xullo dese mesmo ano, derrotaría as tropas esparteristas de Seoane en Torrejón de Ardoz, preto de Madrid; por esta vitoria sería ascendido a tenente xeneral. En novembro é vitima dun atentado en Madrid do que consegue sobrevivir.

Ao rematar a Rexencia de Espartero, a maioría de idade de Isabel II en 1844, foi nomeado presidente do goberno e converteuse nun dos impulsores da Constitución de 1845. Trala Revolución de 1846 o 2 de abril contra a súa maneira de gobernar (estivo na Presidencia do Consello de Ministros entre o 3 de maio de 1844 e o 12 de febreiro de 1846 e entre o 16 de marzo e o 5 de abril de 1846, recobrándoa entre o 4 de outubro de 1847 e o 19 de outubro de 1849), o 26 de novembro de 1847 Isabel II premia a súa lealdade concedéndolle o Ducado de Valencia con Grandeza de España. Volve gobernar entre o 20 de outubro de 1849 e o 14 de xaneiro de 1851, cando presentou a súa dimisión, pero tras o golpe de Leopoldo O'Donnell foi chamado de novo para formar goberno entre 12 de outubro de 1856 e o 15 de outubro de 1857. Ata 1868 presidiu dous gabinetes ministeriais máis (16 de setembro de 1864 a 21 de xuño de 1865 e 10 de xullo de 1866 a 23 de abril de 1868) alternándose especialmente con Leopoldo O'Donnell, dende os cales exerceu unha política represiva contra calquera manifestación revolucionaria. Tras a súa morte produciuse a Revolución de 1868, que derrocaría a Isabel II.

Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Luis González Bravo
Ramón María Narváez
Precede a:
Manuel Pando Fernández de Pineda
Presidente do Goberno de España
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Manuel Pando Fernández de Pineda
Ramón María Narváez
Precede a:
Francisco Javier de Istúriz
Presidente do Goberno de España
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Florencio García Goyena
Ramón María Narváez
Precede a:
Serafín María de Soto
Presidente do Goberno de España
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Leopoldo O'Donnell
Ramón María Narváez
Precede a:
Francisco Armero Peñaranda
Presidente do Goberno de España
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Alejandro Mon y Pidal
Ramón María Narváez
Precede a:
Leopoldo O'Donnell
Presidente do Goberno de España
23 de abril

O 23 de abril é o 113º día do ano do calendario gregoriano (114º nos anos bisestos). Quedan 252 días para finalizar o ano.

5 de agosto

O 5 de agosto é o 217º día do ano do calendario gregoriano e o 218º nos anos bisestos. Quedan 148 días para finalizar o ano.

Bienio Moderado

O Bienio moderado é o nome co que se coñece o breve período da Historia de España transcorrido entre xullo de 1856 e xuño de 1858, baixo o reinado de Isabel II.

Década de 1840

A década de 1840 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1840 e remata o 31 de decembro de 1849.

Eleccións xerais de España de 1871

As eleccións xerais de España de 1871 foron convocadas para o 8 de marzo baixo sufraxio universal masculino. Foron as primeiras eleccións celebradas durante o breve reinado de Amadeo I, unha vez aprobouse a Constitución de 1869. Exercía a funcións de Presidente do Consello de Ministros no momento Francisco Serrano Domínguez, sucesor político de Juan Prim tralo seu asasinato. Para aproveitar a división existente entre os partidarios do Antigo Réxime (carlistas, monárquicos isabelinos, liberais partidarios de Ramón María Narváez), presentáronse xuntos o Partido Progresista de Manuel Ruiz Zorrilla, a Unión Liberal de Francisco Serrano e o Partido Democrático de Nicolás María Rivero, encabezados por Serrano. Era unha coalición similar á das eleccións de 1869.

A oposición estaba formada polos federalistas republicanos de Francesc Pi i Margall, os carlistas e o Partido Moderado de Alejandro Mon. En total foron elixidos 391 deputados, ademais dos 11 de Porto Rico e 18 de Cuba. Foi nomeado Presidente do Congreso dos Deputados o progresista Salustiano de Olózaga, que foi substituído o 6 de outubro por Práxedes Mateo Sagasta. O Presidente do Senado foi Francisco Santa Cruz.

O goberno de Serrano durou ata o 24 de xullo, cando foi substituído por Ruiz Zorrilla, quen o 5 de outubro foi substituído por José Malcampo, e este o 12 de decembro por Práxedes Mateo Sagasta, quen ante a situación política inestable convocará eleccións en abril de 1872.

Francisco Armero Peñaranda

Francisco Armero Peñaranda, nado o 3 de maio de 1804 en Fuentes de Andalucía (Sevilla), e finado en 1867, foi un mariño e político español.

Francisco Javier de Istúriz

Francisco Javier de Istúriz Montero, nado en Cádiz o 31 de outubro de 1790 e finado en Madrid o 2 de abril de 1871, foi un político español.

Juan Bravo Murillo

Juan Bravo Murillo, nado en Fregenal de la Sierra o 24 de xuño de 1803 e finado en Madrid o 11 de febreiro de 1873, foi un político, xurista e economista español.

Leopoldo O'Donnell

Leopoldo O'Donnell y Jorís, nado en Santa Cruz de Tenerife o 12 de xaneiro de 1809 e finado en Biarritz (Francia) o 5 de novembro de 1867, foi un militar e político español. Foi nomeado primeiro Duque de Tetuán, Conde de Lucena e Vizconde de Aliaga.

Lista de presidentes de España

Até 1834 a denominación oficial foi a de Secretario de Estado de España. Ese ano comezou a se empregar a de Presidente do Consello de Ministros, que se mantivo até 1967 en que apareceu a de Presidente do Goberno de España, aínda que non se fai efectiva como denominación até 1973 co nomeamento de Luis Carrero Blanco.

Luis González Bravo

Luis González Bravo, nado en Cádiz o 8 de xullo de 1811 e finado en Biarritz o 1 de setembro de 1871, foi un Periodista e político español.

Luis José Sartorius

Luís José Sartorius Tapia, nado en Sevilla en 1820 e finado en Madrid o 22 de febreiro de 1871, foi Conde de San Luís, xornalista e político español.

De familia de orixe polaca, Sartorius formouse como autodidacta do periodismo, fundando El Heraldo, xornal que se converteu nun dos esteos do Partido Moderado durante o reinado de Isabel II. Dende as súas páxinas combateu a rexencia de Espartero, o que lle permitiu en recompensa ser elixido Deputado en 1843. Foi Ministro de Gobernación con Ramón María Narváez. Dende este posto controlou os procesos electorais e atribúeselle falsificar moitos dos resultados en distintas eleccións mentres que ocupou o cargo, o que lle obrigou a dimitir en 1851.

Foi nomeado Presidente do Consello de Ministros en 1853, en plena crise dos gobernos moderados dende a caída de Juan Bravo Murillo. Tras perder varias votacións no Congreso dos Deputados e no Senado, o 9 de decembro decidiu disolver as Cámaras e gobernar mediante decreto, vulnerando a Constitución de 1845. Neste período iniciou a persecución dos moderados adictos a Leopoldo O'Donnell, así como aos progresistas até a Vicalvarada e con ela, o fin da Década Moderada e o paso ao Bienio Progresista

Manuel Pando Fernández de Pineda

Manuel Pando Fernández de Pineda, nado en Madrid en 1792 e falecido na mesma cidade o 20 de febreiro de 1872, foi Marqués de Miraflores e de Pontejos, Conde de Villapaterna e da Ventosa, Señor de Villargarcía del Pinar e de Miraflores. Político, diplomático e historiador español.

Foi embaixador de España en Londres en 1834 durante a Regencia de María Cristina de Borbón sendo un dos artífices da Cuádrupla Alianza. En 1838 foi embaixador en París. Foi nomeado durante pouco máis dun mes Presidente do Consello de Ministros en 1846, pero a convulsión dos primeiros días derribaron o seu goberno en favor de Ramón María Narváez. Posteriormente foi Ministro de Estado en 1851, e de novo Presidente do Consello en 1863. Pouco antes da Revolución de 1868 foi Presidente do Senado.

Foi membro da Real Academia da Historia.

Partido Moderado

O Partido Moderado ou Partido Liberal Moderado era a principal organización política española en liza polo poder no reinado de Isabel II (1833-1868). O nome procede do acordo tácito coa rexente María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias para mante-la orde social. Tamén foi coñecido como Partido Estatutista, porque defenderon o Estatuto Real de 1834, aprobado por Francisco Martínez de la Rosa. A outra organización política rival que se lles opuña era o Partido Progresista. Ámbalas dúas organizacións eran liberais e dinásticas ou isabelinas —é dicir, defensoras da liña dinástica borbónica representada por Isabel II fronte aos carlistas—.

Ramón Abeleira Menéndez

Ramón Abeleira Menéndez foi un político de mediados do século XIX, alcalde presidente de Vigo.

Ramón de la Sagra

Ramón Dionisio José de la Sagra y Peris, nado na Coruña o 8 de abril de 1798 e finado en Neuchâtel (Suíza) o 23 de maio de 1871, foi un botánico, político, escritor e anarquista galego, fundador da primeira publicación anarquista do mundo, El Porvenir.

Revolución de 1868

A Revolución de 1868, tamén denominada La Gloriosa ou La septembrina, foi un levantamento revolucionario español que tivo lugar en setembro de 1868 e supuxo o destronamento da raíña Isabel II e o inicio do Sexenio Democrático.

Serafín María de Soto

Serafín María de Soto, nada en Barcelona o 12 de outubro de 1793 e finado en Madrid o 23 de febreiro de 1862, foi un político, militar e historiador catalán.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.