Ramón González-Alegre

Ramón González-Alegre Bálgoma, nado en Vilafranca do Bierzo o 30 de novembro de 1920 e finado en Vigo o 15 de setembro de 1968,[1] foi un escritor e avogado leonés.

Ramón González-Alegre
Nacemento30 de novembro de 1920
 Vilafranca do Bierzo
Falecemento15 de setembro de 1968
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado e poeta

Traxectoria

Fillo de Manuel González-Alegre López de Tejada. En 1924 trasladouse á Coruña, cidade do seu pai, pero en 1926 a familia mudouse a Vilagarcía de Arousa, onde realizou o bacharelato. Fixo Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e foi membro do SEU, primeiro como delegado provincial de bibliotecas[2] e logo como xefe provincial de prensa e propaganda. Logo de pasar un tempo como profesor de Universidade en Madrid, e na Coruña, instalouse definitivamente en Vigo (1949).

Dirixiu a revista literaria Alba, clave no rexurdir da poesía galega trala guerra civil.

Vida persoal

Casou en Valladolid con María de los Ángeles Burgueño Cela en 1947.[3]

Obra

En galego

Poesía

En castelán

  • Clamor de tierra (poemas al Bierzo), 1950
  • Raíz de las horas, 1951, León
  • Romería, 1953, Pontevedra
  • Poemas del ser, 1954, Madrid
  • Los manantiales, 1958, Vigo
  • Los poemas del pavor y la piedad, 1963, Palencia.
  • El ágape de Dios , 1964, Madrid.
Ensaio
  • Aportaciones para el estudio de las fuentes del Derecho medieval de Galicia, 1945, Madrid.
  • Fuentes indirectas en la historia del Derecho. Un texto de Fuenteovejuna, 1945, Madrid.
  • Poesía gallega contemporánea. Ensayo sobre literatura gallega, 1954, Pontevedra, Colección Huguin.
  • El libro de los andares, 1963.
  • Por entre el arpa y la saudade. Viajes gallegos, 1965.
Edición
  • Antología de la poesía gallega contemporánea, 1958.

Notas

  1. La Voz de Galicia, 21-9-1968, p. 18.
  2. El Pueblo Gallego, 17-2-1937, p. 4
  3. El Pueblo Gallego, 10-6-1947, p. 2.
  4. Os namoros imaxe da portada.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

15 de setembro

O 15 de setembro é o 258º día do ano do calendario gregoriano e o 259º nos anos bisestos. Quedan 107 días para finalizar o ano.

Alba (revista)

Alba é o título dunha revista poética, en galego e castelán, editada na Coruña, primeiro, e Vigo, de 1948 a 1956, baixo a dirección de Ramón González-Alegre Bálgoma (1920-1968). Alcanzou un total de 16 números.

Ó longo da publicación, a dirección de Ramón González-Alegre estivo compartida co xuíz e poeta vigués Otto José Cameselle Barcia (1921-1976) desde o cuarto número, e por un consello de dirección entre os números 10 e 13, para volver ser asumida en exclusiva a partir do número 14.

Sábese que a revista se creou na Coruña porque alí traballaban González Alegre e Alfonso Alcaraz, que inspiraron a edición de Alba, e que pasou a editarse en Vigo a partir de 1949 porque González Alegre foi trasladado a esta cidade pola empresa navieira para a que traballaba, e alí coñeceu a Cameselle. Non constan razóns do cesamento da publicación, e o propio González Alegre so di que

Foi reeditada como facsímile en 1995 polo Centro Ramón Piñeiro.

Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. Foille adicado o Día das Letras Galegas de 1989.

De Pondal a Novoneyra

De Pondal a Novoneyra é un libro de consulta, de biografías e crítica literaria, de referencia para o estudo da poesía galega contemporánea, obra de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicado no ano 1984 por Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Xerais Universitaria.

Galician Programme (BBC)

Galician Programme foi un programa radiofónico emitido pola emisora inglesa BBC desde Londres entre os anos 1947 e 1956. Atinxiuse unha continuidade periódica e realizáronse 83 programas que, a excepción de 3, se transmitían en lingua galega.

Hilozoísmo

O hilozoísmo ou imaxinismo foi un movemento poético propio da vangarda galega inspirado na poesía popular, cuxo pai foi Luís Amado Carballo. A súa innovación consistiu en vestir a tradición de novas imaxes e ritmos, é dicir, de incorporala ás vangardas. Nos poemas hilozoístas préstaselle unha grande atención á natureza, a cal aparecece en constante movemento, grazas moitas veces ao uso de imaxes autónomas.

Homaxe da Galicia Universal

Ramon Otero Pedrayo: A súa vida e a súa obra. Homaxe da Galicia Universal é unha obra literaria de diversos autores e autoras, escrita en homenaxe a Ramón Otero Pedrayo e publicada en 1958.

Lista de pseudónimos e sobrenomes galegos

Esta listaxe de pseudónimos, sobrenomes e alcuños comprende personalidades galegas e algunhas non galegas pero que dalgún xeito tiveron ou teñen vencellos con Galicia.

Modesto Prieto Camiña

Modesto Prieto Camiña foi un escritor, xornalista e pintor galego.

Otto José Cameselle Barcia

Otto José Cameselle Barcia, nado en Vigo o 17 de xuño de 1921 e finado en Palma o 24 de abril de 1976, foi un xuíz e poeta galego.

Poesía Gallega Contemporánea

Poesía Gallega Contemporánea. Ensayo sobre literatura gallega é unha obra de Ramón González-Alegre en lingua castelá, publicada pola Colección Huguin en 1954.

Porto y Cía. Editores

Porto y Cía. Editores foi unha editorial galega fundada por Ángel Porto Anido.

Promoción de enlace

Chámaselle Promoción de Enlace á xeración de escritores galegos que fai de enlace entre a Xeración de 1936 e a Xeración das Festas Minervais.

Ramón González

Ramón González pode referirse a:

Ramón González Vigide, agrarista e benfeitor galego (1854-1931).

Ramón González Fernández, filántropo e empresario galego (1856-1925).

Ramón González Brunet, político e sindicalista galego (1886-1936).

Ramón González Figueroa, futbolista galego (1898-1977).

Ramón González Babé Castro, avogado e político galego (1905-1984).

Ramón González-Alegre, escritor galego (1920-1968).

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.