Ramón Gallego García

Ramón Gallego García, nado en Pontevedra o 31 de agosto de 1870 e finado en Santiago de Compostela o 4 de decembro de 1942, foi un catedrático de ensino secundario e xornalista galego.

Ramón Gallego García
Nacemento31 de agosto de 1870
 Pontevedra
Falecemento4 de decembro de 1942
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista

Traxectoria

Catedrático de Xeografía e Historia no Instituto de Santiago de Compostela. Colaborou con Antonio López Ferreiro. Foi director de El Pensamiento Gallego, El Pensamiento de Galicia e El Correo de Galicia. Foi profesor auxiliar da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela.

Véxase tamén

Bibliografía

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

El Correo de Galicia (1900)

El Correo de Galicia foi un xornal editado en Santiago de Compostela entre 1900 e 1920.

El Pensamiento Gallego (1895)

El Pensamiento Gallego foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1895 e 1898.

El Pensamiento de Galicia (Santiago de Compostela)

El Pensamiento de Galicia foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1898 e 1900.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.