Ramón Fernández Mato

Ramón Fernández Mato, nado en Boiro o 13 de maio de 1889 e finado en Vilagarcía de Arousa o 22 de novembro de 1980, foi un xornalista, escritor e político galego.

Ramón Fernández Mato
Ramón Fernández Mato
Nacemento13 de maio de 1889
 Cespón
Falecemento22 de novembro de 1980
 Vilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, dramaturgo, médico, político e escritor

Traxectoria

Naceu en Cespón (Boiro), de onde procedía a súa familia materna, aínda que a paterna era orixinaria de Outeiro de Rei (era tío de Manuel María). Estivo moi vinculado ao Valadouro polo seu matrimonio con Josefa López, natural de Ferreira e filla dun adiñeirado contratista que construíu numerosas estradas da rede viaria provincial.

Ramón Fernández Mato 1933
Ramón Fernández Mato, retrato en Vida Gallega, 1933.

Cursou estudos no colexio dos escolapios de Monforte de Lemos, e alí publicou ás súas primeiras colaboracións no semanario El Cantaclaro. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Foi amigo persoal de Castelao (con quen fundou na súa xuventude a revista Galicia Moza) e de Valle Inclán. En 1910 presidiu en Santiago a asociación Joven Galicia, que esixía a creación da cátedra de Lingua e Literatura Galego-Portuguesa na Universidade e que se crease teatro en galego. Tamén foi redactor do periódico La República. Participou no movemento agrarista con Basilio Álvarez e foi un dos asinantes do Manifesto de Ourense da Liga Acción Gallega (1912). Residiu na Arxentina entre 1914 e 1915.

Anuncio de La Zarpa
Anuncio de La Zarpa.

Pero a súa actividade máis importante é a de xornalista. Foi o primeiro director de El Pueblo Gallego, dirixiu a revista deportiva Los Deportes (1927), ademais de colaborar en múltiples xornais e revistas: Suevia (1917); a coruñesa Vida; La Zarpa, Ronsel, Vida Gallega, El Regionalista de Chantada, Mi Tierra (Ourense, 1911), Gaceta de Galicia; Cultura Gallega da Habana, onde publicou relatos entre 1936 e 1940; Caras y Caretas e La Nación de Bos Aires; La Esfera, Nuevo Mundo e El Liberal de Madrid; Prensa Libre e Carteles da Habana. Dirixiu tamén a revista Raíz. España en América da Habana.

Fundou unha biblioteca mariñeira en Bouzas, polo que foi condecorado coa Gran Cruz del Mérito Naval. Foi presidente do Real Club Celta, Presidente de Mérito do Centro Galego de Madrid e membro correspondente da Real Academia Galega.

Figura destacada na Segunda República, participou nos gabinetes de Alejandro Lerroux, Portela Valladares e Casares Quiroga, con cargos como o de Director Xeral de Seguridade. Foi gobernador civil de Cidade Real (16-6-1932 a 19-3-1933), Málaga (19-3-1933 a 14-9-1933), Logroño (14-9-1933 a 19-9-1933) e Xaén (11-2-1934 a 27-11-1935)[1]. Nas eleccións xerais de 1936 foi elixido deputado nas Cortes da Segunda República pola provincia de Lugo.[2]

A Guerra Civil obrigouno a exiliarse en Cuba, Venezuela e Santo Domingo, onde dirixiu o diario La Nación e escribiu, baixo a protección do ditador Rafael Leónidas Trujillo, o panexírico Trujillo o la transfiguración dominicana.

Foi, segundo Borobó, o único exiliado republicano galego que, xunto a Álvaro das Casas, se converteu ao franquismo no exilio. Volveu a España na década dos sesenta, da man do entón Ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga Iribarne, que, previo paso por Foz, conseguiulle a quinta Miña Terra en Vilagarcía.

Morreu en Vilagarcía de Arousa en 1980. Os seus restos foron trasladados ao cemiterio de Ferreira.

Obras

Ramón Fernández Mato 1915
Ramón Fernández Mato, retrato en Vida Gallega, 1915.

Narrativa

  • 1913: El atrio profanado.
  • 1929: La tragedia del delantero centro.

Teatro

Poesía

  • 1931: Títeres del corazón.

Ensaio

  • 1916: Patriotismo. Conferencia dada en el “Círculo de las Artes” el día 6 de noviembre de 1916 (Lugo, 1916).
  • 1941: Con los ojos del recuerdo. España.
  • 1945: Trujillo o la transfiguración dominicana.
  • 1964: Galicia como emoción y realidad.
  • 1965: La pelea gozosa.

Notas

  1. Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7). Consultado o 1 de setembro de 2012.
  2. Ficha no Congreso dos Deputados

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lembrando a Fernández Mato. Concello de Boiro (Cadernos Culturais, 4).

Ligazóns externas

13 de maio

O 13 de maio é o 133º día do ano do calendario gregoriano e o 134º nos anos bisestos. Quedan 232 días para finalizar o ano.

22 de novembro

O 22 de novembro é o 326º día do ano no Calendario Gregoriano e o 327º nos anos bisestos. Quedan 39 días para rematar o ano.

Bernardo Bermúdez Jambrina

Bernardo Bermúdez Jambrina, coñecido como Bernardo Jambrina, nado na Coruña en 1887 e finado en Avilés o 6 de marzo de 1918, foi un actor e escritor galego.

El Cantaclaro

El Cantaclaro foi un semanario editado en Monforte de Lemos en 1900.

El Gran Bufón

El Gran Bufón foi un semanario ilustrado humorístico español editado en Madrid que se fundou en decembro de 1912, en total apareceron 18 números. Entre os colaboradores estiveron José Francés, Ricardo Marín, Eugenio López Aydillo, Ramón Fernández Mato. Castelao colaborou ao longo do ano 1913.

El Pueblo Gallego

El Pueblo Gallego, subtitulado Diario de la mañana e posteriormente Al servicio de los intereses de Galicia, foi un xornal que se editou en Vigo entre 1924 e 1979.

El Regionalista

El Regionalista foi un periódico editado en Chantada entre 1920 e 1924.

Eleccións a Cortes de 1936 en Galicia

As terceiras eleccións ás Cortes españolas da II República celebráronse o 16 de febreiro de 1936. A lei electoral establecía un sistema maioritario de listas abertas, a lista maioritaria obtiña o 80% dos escanos por circunscrición e reservábase para as minorías o outro 20%. Tiñan dereito ao voto os maiores de 23 anos.

A da Coruña elixía 17 deputados, a de Lugo 10 deputados, a de Ourense 9 deputados e a de Pontevedra 13 deputados, en total en Galicia elixíanse 49 deputados.

Eugenio López Aydillo

Eugenio López Aydillo, nado en Ourense en 1888 e finado en Oviedo o 8 de decembro de 1965, foi un xornalista e escritor galego.

Galicia Moza

Galicia Moza foi unha revista editada en Vilagarcía de Arousa en 1909.

Javier Montero Mejuto

Francisco Javier Montero Mejuto, nado en Santiago de Compostela en 1887 e finado en Madrid en xaneiro de 1974, foi un xornalista e político galego.

José Rodríguez Pavón

José Rodríguez Pavón, finado en Ourense o 6 de xaneiro de 1941, foi un político galego.

La República (1911)

La República foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1911.

La Zarpa

La Zarpa foi un diario agrarista que se publicou en Ourense entre 1921 e 1936. Fundouno o crego e xornalista Basilio Álvarez o 27 de xullo de 1921 e foi dirixido, entre outros, por Antonio Buján, Jacinto Santiago e Roberto Blanco Torres. Colaboraron no xornal, entre moitos outros, Ramón Cabanillas, Manuel Lustres Rivas, Ramón Fernández Mato, Xaime Quintanilla Martínez, Eduardo Blanco Amor, Alexandre Bóveda, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Valentín Paz-Andrade, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Antón Villar Ponte e Antonio Rey Soto.

Manuel Lustres Rivas

José Manuel Antonio Lustres Rivas, nado en Ribeira o 14 de xaneiro de 1888 e asasinado en Redondela o 10 de novembro de 1936, foi un xornalista e escritor galego.

Vida (revista)

Vida foi unha revista editada na Coruña entre 1920 e 1921.

Vida Gallega (A Habana)

Vida Gallega foi unha revista editada na Habana entre 1938 e 1954.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.