Rairiz de Veiga

Rairiz de Veiga é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.767 en 2003).

Coordenadas: 42°4′59″N 07°49′56″O / 42.08306, -7.83222

Rairiz de Veiga
Escudo de Rairiz de Veiga
Concello de Rairiz de Veiga
Casa do Concello.
Situacion Rairiz de Veiga
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Limia
Poboación1.282 hab. (2018)
Área72,39 km²
Densidade17,71 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldesaAsunción Morgade (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 2
Outros: AGER 2
Eleccións municipais en Rairiz de Veiga
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes93,49%
Na rede
http://www.rairizdeveiga.es
concello.rairizdeveiga@eidolocal.es

Demografía

Censo Total 1.456 (2014)
Menores de 15 anos 80 (5,49 %)
Entre 15 e 64 anos 780 (53,57 %)
Maiores de 65 anos 596 (40,93 %)
Evolución da poboación de Rairiz de Veiga   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.084 4.151 4.463 4.114 1.788 1.673 1.622 1.568 1.527 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello ten unha superficie de 72,39 km², e abrangue 8 parroquias. Atópase na Limia Alta, a unha altitude entre 600 e 1000 m. Ocupa parte dos terreos antigamente anegados pola lagoa de Antela, conservándose algunhas charcas, como as Veigas da Ponte Liñares. As Veigas da Saínza, Ordes e Congostro forman unha valgada enchoupada, de pouca drenaxe. A zona é un un Lugar de importancia comunitaria de 15 km². Estas veigas adoitan ser zonas húmidas nas tempadas de choiva, permitindo unha grande riqueza biolóxica nos pastos e nas carballeiras. A zona está incluída na Rede Natura 2000 e na reserva da biosfera Área de Allariz. Alí atópase a carballa da Rocha.

Historia

Na zona foron achados restos de palafitas, construcións propias de poboados á beira de lagos e lagoas feitas con madeira e barro, de planta circular e paramentos de cestería. Durante a cultura castrexa houbo asentamentos como o castro de Monte Albán (parroquia de Sabariz), escavado a comezos do s. XX por Florentino López Cuevillas e Vicente Risco, e onde apareceu un enxoval con numerosas pezas de cerámica campaniforme e outros materiais.

Quedou bastante pegada da romanización de Galicia, ao pasar por aquí a via XVIII do itinerario de Antonino entre Braga e Astorga, que cruzaba o río Limia na Ponte Pedriña.

Na idade media construíuse a Torre de Celme, da que non quedan restos. Xa na idade moderna construíronse o pazo de Santa María de Ordes, un conxunto de casas grandes e capela, na actualidade reformado. respecto á arquitectura relixiosa, a igrexa de Guillamil é de estilo románico. As de Lampaza e Rairiz de Veiga son do s. XVIII con portada renacentista. As de Candás, Congostro, Ordes e Sabariz son barrocas.

Durante o antigo réxime na xurisdición de Rairiz de Veiga impartían xustiza o Conde de Moctezuma (parroquias de Congostro e Ordes) e o Conde de Monterrei. O actual concello constituíuse coa división territorial de España en 1833.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Rairiz de Veiga.
Igrexa de Santo André de Guillamil, Rairiz de Veiga

Igrexa de Santo André de Guillamil.

Portada meridional igrexa de Santo André de Guillamil, Rairiz de Veiga

Igrexa de Santo André de Guillamil.

Lugares de Rairiz de Veiga

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rairiz de Veiga vexa: Lugares de Rairiz de Veiga.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultados eleccións 2019". Consultado o 10 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Rairiz de Veiga". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
Amiadelo, Ordes, Rairiz de Veiga

Amiadelo é un lugar da parroquia de Ordes, no concello ourensán de Rairiz de Veiga.

Anciviñal, Ordes, Rairiz de Veiga

Anciviñal é un lugar da parroquia de Ordes, no concello ourensán de Rairiz de Veiga.

Candás, Rairiz de Veiga

San Martiño de Candás é unha parroquia do concello ourensán de Rairiz de Veiga na comarca da Limia. En 2017 tiña 29 habitantes. En 2007 tiña 34 habitantes (11 homes e 23 mulleres), 7 menos ca en 2000. Ten cinco entidades de poboación.

Carballa da Rocha

A Carballa da Rocha é un carballo situado na Saínza de Abaixo, en Rairiz de Veiga, no concello de Rairiz de Veiga, Ourense, declarado Monumento natural pola Xunta de Galicia o 1 de marzo do ano 2007, englobando seis leiras lindeiras que suman 0,6429 ha. Tamén foi declarada árbore senlleira o 17 de abril do 2007 .

A Carballa da Rocha atópase dentro da reserva da biosfera Área de Allariz.

Carballal, Ordes, Rairiz de Veiga

Carballal é un lugar da parroquia de Ordes, no concello ourensán de Rairiz de Veiga. No 2008 tiña 7 habitantes.

Comarca da Limia

A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. A cal pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo plano, na cal estivo a lagoa de Antela, desecada a partir do ano 1958. Ten unha altitude media duns 600 metros, cunha topografía de chaira rodeada polo sur pola serra do Larouco.

Os concellos que se inscriben nesta depresión son: Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Trasmiras e un pequeno sector de Os Blancos, xa fóra da depresión, o mesmo cós concellos de Calvos de Randín e Baltar, xa na serra do Larouco. No nordeste, o concello de Vilar de Barrio, xa comeza a situarse na depresión de Maceda, así como nas serras centrais ourensás.

A comarca ocupa unha extensión de 801,9 km² e tiña unha poboación de 21.964 habitantes no 2014 (IGE), cunha densidade de poboación de 27.39 habitantes por quilómetro cadrado. Arredor do 40% desta poboación concéntrase no concello de Xinzo de Limia. Esta comarca está a experimentar un forte proceso de despoboamento, sobre todo nos concellos situados nas zonas montañosas como o de Baltar e o de Calvos de Randín.

O cultivo de cereais e a pataca, produto con denominación de orixe, predominan na maior parte das terras de labradío. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferenza, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.

A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de Galicia, con 350 familias vivindo exclusivamente da agricultura e outras 500 dedicadas a ela como unha segunda actividade. No relativo ós cultivos, colléitanse unhas 16.000 Has de cereais, cun 55% de trigo; seméntanse unhas 4000 Has de pataca, a maior parte para consumo en fresco, sostendo a única indicación de pataca protexida de Europa. Estes cultivos manteñen un sector de servizos directos (fertilizantes, sementes, fitosanitarios, cereais, talleres) moi desenvolto.

Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa Coren nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.

A actividade industrial máis destacada está relacionada co sector da construción, (serradoiros de madeira, canteiras, areeiras etc.).

A vila de Xinzo de Limia actúa como centro comercial de toda a comarca, concentrando asemade a maioría das actividades industriais e de servizos.

Congostro, Rairiz de Veiga

Santa Mariña de Congostro é unha parroquia do concello ourensán de Rairiz de Veiga na comarca da Limia. En 2017 tiña 83 habitantes, 48 menos ca en 2007 (63 homes e 68 mulleres) e 54 menos ca en 2000. Ten dúas entidades de poboación.

Espiñeiro, Ordes, Rairiz de Veiga

Espiñeiro é un lugar da parroquia de Ordes, no concello ourensán de Rairiz de Veiga.

Fondevila, Ordes, Rairiz de Veiga

Fondevila é un lugar da parroquia de Ordes, no concello ourensán de Rairiz de Veiga.

Guillamil, Rairiz de Veiga

Santo André de Guillamil é unha parroquia do concello ourensán de Rairiz de Veiga na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 358 habitantes (178 homes e 180 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 67 habitantes en relación ao ano 2000.

Lampaza, Rairiz de Veiga

Santa María de Lampaza é unha parroquia do concello ourensán de Rairiz de Veiga na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 183 habitantes (84 homes e 99 mulleres), 28 menos ca en 2000. Ten seis entidades de poboación.

Martices, Ordes, Rairiz de Veiga

Martices é un lugar da parroquia de Ordes, no concello ourensán de Rairiz de Veiga.

O Igrexario, Ordes, Rairiz de Veiga

O Igrexario é un lugar da parroquia de Ordes, no concello ourensán de Rairiz de Veiga.

O Rial, Ordes, Rairiz de Veiga

O Rial é un lugar da parroquia de Ordes, no concello ourensán de Rairiz de Veiga.

Ordes, Rairiz de Veiga

Santa María de Ordes é unha parroquia do concello ourensán de Rairiz de Veiga na comarca da Limia. En 2017 tiña 175 habitantes, 71 menos ca en 2007 (122 homes e 124 mulleres) e 75 menos ca en 2000. Ten 19 entidades de poboación.

En 1061 tivo lugar nesta parroquia un caso de adelphopoiesis, un enlace celebrado pola igrexa católica entre dúas peroas do mesmo sexo.

Rairiz de Veiga, Rairiz de Veiga

San Xoán de Rairiz de Veiga é unha parroquia do concello ourensán de Rairiz de Veiga na comarca da Limia. No ano 2008 tiña 592 habitantes (289 homes e 303 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento de 5 habitantes en relación ao ano 2007.

Reserva da biosfera Área de Allariz

A Área de Allariz e unha reserva da biosfera declarada o 25 de xuño do ano 2005 e que abrangue os concellos de Allariz (bisbarra de Allariz-Maceda), A Bola (Terra de Celanova), Vilar de Santos e Rairiz de Veiga (A Limia), todos eles pertencentes na provincia de Ourense. A reserva ten unha superficie de 21.482 hectáreas e nela vive unha poboación de menos de 10.000 persoas.

Sabariz, Rairiz de Veiga

San Pedro de Sabariz é unha parroquia do concello ourensán de Rairiz de Veiga na comarca da Limia. En 2017 tiña 135 habitantes, 18 menos ca en 2007 (77 homes e 76 mulleres) e 36 menos ca en 2000. Ten tres entidades de poboación.

Zapeaus, Rairiz de Veiga

Santo Adrao de Zapeaus é unha parroquia do concello ourensán de Rairiz de Veiga na comarca da Limia. En 2017 tiña 30 habitantes, 10 menos ca en 2007 (20 homes e 20 mulleres) e 34 menos ca en 2000. Ten catro entidades de poboación.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.