Raigame

Para: Raigame, boletín informativo da irmandade galega de Madrid, véxase Raigame (1979).
Raigame
PaísEspaña
Circulación
ISSN1136-3207

Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares é unha publicación cultural semestral do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e a Deputación de Ourense.

Descrición

Botou a andar en maio de 1995, impulsada pola Escola Provincial de Danza e a agrupación Castro Floxo.[1]

A edición, cun número de páxinas que xira arredor das 100, contén abundantes gravados, debuxos e fotografías en branco e negro.[2]

Autores

Raigame publicou textos de, entre outros, Marcelino Agís Villaverde, Marilar Aleixandre, Isaac Alonso Estraviz, Xesús Alonso Montero, Diego Ameixeiras, Rosa Aneiros, Miguel Anxo Araúxo Iglesias, Xosé Luís Axeitos, Carlos Baliñas Fernández, Carlos Barros, Begoña Bas, Justo G. Beramendi,Carlos L. Bernárdez, Carmen Blanco, Borobó, Lino Braxe, Manuel Caamaño Suárez, Francisco Calo Lourido, Tucho Calvo, Manuel Casado Nieto, Arturo Casas, Xavier Castro, Xosé Manuel Cid, Alba Cid, Antón Costa Rico, Isaac Díaz Pardo, Xosé María Dobarro, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Xosé Ramón Fandiño Veiga, Francisco Fariña Busto, Francisco Fernández del Riego, Miguel Anxo Fernández, Celso Emilio Ferreiro, José Fuentes Alende, Olga Gallego, Valentín García Gómez, Carlos García Martínez, Pilar García Negro, Helena González Fernández, Xosé González Martínez, Clodio González Pérez, Xosé Manuel González Reboredo, Ricardo Gurriarán, Modesto Hermida, Baldomero Iglesias Dobarrio, Anselmo López Carreira, Francisco López-Barxas, Manuel Lugrís Freire, Manuel Mandianes, Manuel María, Xosé Luís Méndez Ferrín, Henrique Monteagudo, Xosé Neira Vilas, Ramón Nicolás, Olga Novo, Ramón Otero Pedrayo, Cándido Pazó, Augusto Pérez Alberti, Victorino Pérez Prieto, Xosé Ramón Quintana, Belén Regueira, Elixio Rivas Quintas, Claudio Rodríguez Fer, Eladio Rodríguez González, Xosé Manuel Sánchez Rei, Olegario Sotelo Blanco, Raúl Soutelo Vázquez, Marga do Val, Marcos Valcárcel, Carlos Aenlle, Pura Vázquez, Afonso Vázquez-Monxardín, Xosé Lois Vilar, Miro Villar e Ramón Villares.[3]

Notas

  1. "Raigame". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). 2005.
  2. Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións periódicas. p. 400.
  3. Directorio de autores e artigos

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Atis

Atis (en grego clásico Άττις Áttis) ou Córibas é, na mitoloxía grega e frixia, o fillo/amante de Cibeles, o seu servinte eunuco e condutor da súa carroza tirada por leóns. Atis entoleceu por causa de Cibeles e se castrou a si mesmo. Inicialmente Atis era un deus local de Frixia, con raigame no gran centro comercial frixio de Pesino, situado no sopé do monte Agdistis. A montaña era personificada como un daemon, a quen os estranxeiros emparentaban coa Gran Nai Cibeles.

Os seus sacerdotes eran eunucos, tal como se explica na orixe do mito en referencia a Atis e a castración, ocorrida trala chegada de Cibeles á súa voda cunha ninfa que remata con todo o mundo entolecendo e autocastrándose, esta parte do ritual acabaría converténdose no bautismo de sangue do "Taurobolio".

Boletín da Real Academia Galega

O, inicialmente, Boletín de la Academia Gallega, despois Boletín de la Real Academia Gallega (ata 1980), e, por último, Boletín da Real Academia Galega (dende o ano 2000), é o órgano de expresión oficial da Real Academia Galega (RAG) no que se recollen os traballos e noticias relacionadas co funcionamento interno da RAG. O adxectivo ‘’Real’’ úsase dende o número cinco. A finalidade deste boletín é difundir a cultura galega.

Cenlle

Cenlle é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.235 habitantes (1.601 en 2003)

Clodio González Pérez

Clodio González Pérez, nado en Cenlle o 16 de setembro de 1947, é un mestre (xubilado), etnógrafo, historiador e conferenciante galego, membro correspondente da Real Academia Galega, Cronista Oficial do concello de Cenlle, de abundante produción humanística.

Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense é o órgano institucional propio da provincia de Ourense e engloba os 92 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.

Florencio Delgado

Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un escritor galego.

Francisco Taxes

Francisco Manuel Taxes Prego, nado na Coruña o 26 de xullo de 1940 e finado na mesma cidade o 19 de febreiro de 2003, foi un dramaturgo galego do nomeado Grupo de Ribadavia ou Grupo Abrente.

Galería de imaxes de Celanova

Galería de imaxes do concello de Celanova na provincia de Ourense.

Ir Indo

Ir Indo Edicións é unha editorial viguesa, en galego, castelán, inglés e francés, fundada en 1985 por Bieito Ledo Cabido.

Maside, Maside

San Tomé de Maside Vello é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 884 habitantes, deles 432 eran homes e 452 eran mulleres, o que supón un incremento de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Polveiras

Non confundir coas homónimas Polveiras, arquipélago de illotes rochosos na costa de Corrubedo, en 42°34′27.58″N 9°5′30.72″O.

Polveiras é un arquipélago de illotes situado en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona. Atópase no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.

Santa Compaña

A Santa Compaña é unha procesión de mortos ou ánimas en pena que percorren os camiños dunha parroquia. Trátase dun tema do folclore galego. O tema das procesións de mortos e/ou de ánimas é propio da literatura e das tradicións culturais da Europa occidental dende a Idade Media. A zona xeográfica "galega" na que a Santa Compaña influíu máis notoriamente considérase que é o territorio correspondente á antiga Gallaecia, incluíndo o norte de Portugal e Asturias, xa que esta zona posúe características que a identifican como unha comunidade, reflectidas nos seus contos e na súa literatura e testemuñas do fenómeno.

A crenza na Santa Compaña, analizada por Vicente Risco como unha tradición cristiá de poucas pegadas anteriores, está rexistrada por outras fontes anteriores vinculada a tradicións europeas de raigame diferente, integrada máis ou menos ao cristianismo. Recollendo isto por exemplo Martín Sarmiento despois da súa viaxe a Galicia como elemento da antiga cultura aínda vixente. Logo, nos séculos seguintes, atópase en dicionarios, almanaques e na literatura, con máis ou menos consideración da súa función na cultura tradicional galega. Ramón María del Valle-Inclán deulle o toque máis poético. Está tamén estudada dende finais do século XX coma un elemento da antropoloxía cultural galega.

Na súa función de mito, a disgregación da crenza ilustra a desestruturación e a desintegración das partes constituíntes da antiga sociedade galega, é dicir, a desaparición dun estilo de vida tradicional anterior que se constrúe dende a urbanización e a industrialización modernas. Polo tanto a cultura popular de finais do século XX e comezos do XXI considera a Santa Compaña como unha das lendas da mitoloxía popular galega máis arraigada no medio rural.

Unión General de Trabajadores

A Confederación Sindical Unión General de Trabajadores de España, máis coñecida como Unión General de Trabajadores (UGT), en galego Unión Xeral de Traballadores, é unha organización sindical obreira española, de orientación socialista de práctica socialdemócrata e que comparte orixe histórico co Partido Socialista Obrero Español (PSOE). É a segunda central sindical do país, detrás de CC.OO.

Valentín Lamas Carvajal

Valentín Lamas Carvajal, nado en Ourense o 1 de novembro de 1849 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1906, foi un autor e xornalista galego. No ano 1972 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Entre outros feitos, Lamas realizou dúas iniciativas importantes en relación co xornalismo e coa literatura en lingua galega, contando ambas con moi boa acollida: fundar o primeiro semanario en lingua galega, titulado O Tio Marcos d'a Portela, e publicar o Catecismo do labrego.

Velle, Ourense

Santa Marta de Velle é unha parroquia que se sitúa ao leste do concello de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 732 habitantes (351 homes e 381 mulleres), 22 menos ca en 1999.

Vilanova dos Infantes, Celanova

San Salvador de Vilanova dos Infantes é unha das 19 parroquias do concello ourensán de Celanova. En 2017 tiña 222 habitantes.

Xosé Lois Vilar

Xosé Lois Vilar Pedreira, nado en Baiona en 1965, é un activista cultural, empresario, arqueólogo e historiador galego, especialista en toponimia e arqueoloxía da costa sur de Galicia.

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Zapato

Un zapato ( pronunciación ) é un calzado para humanos, que cobre o pé menos que unha bota e máis que unha sandalia e serve para a estabilidade e resistencia sobre o terreo. Este calzado é moldeado para calzar no pé cunha parte superior flexible de coiro ou plástico e unha sola dun material máis pesado. Os zapatos diferéncianse das botas por non superar a altura do nocello.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.