Raia

O termo raia, derivado do baixo latín radia, e este do latín radiŭs, "raio", pode referirse a:

  • unha liña ou trazo longo e delgado;
  • a raia, unha forma coloquial para denominar a fronteira entre Galicia e Portugal.
  • a raia de puntuación, un signo gráfico máis longo ca o guión;
  • o método da raia, un método sinxelo para a identificación de minerais;
  • a raia de cocaína, unha liña desta droga en po (dun par de milímetros de grosor e varios centímetros de lonxitude), que se forma para aspirar polo nariz (esnifar).
  • a raia, cada un dos membros da orde dos Rajiformes, especialmente os pertencentes á familia dos Rajiidae, moi característicos polo seu corpo aplanado.
  • Así mesmo, coñécense como raias,
    • as raias eléctricas, os membros da orde dos torpediniformes (denominados popularmente tamén como estrugas ou ortigas (de mar).
    • as raias látego ou raias de aguillón, os membros da orde dos miliobatiformes.

Como topónimo dá nome a:

A Raia

A Raia é unha forma coloquial para denominar a fronteira entre España e Portugal. Dunha forma máis ampla, a raia é igualmente o espazo xeográfico, dun e doutro lado da fronteira política, onde as aldeas dos dous lados da raia comparten os mesmos elementos históricos, lingüísticos, culturais e económicos.

Acento agudo

O acento agudo é un signo diacrítico consistente nunha pequena raia que baixa de dereita a esquerda colocada sobre unha vogal ou unha consoante. O acento agudo é o único acento gráfico utilizado habitualmente na lingua galega.

Acento grave

O acento grave (`) é un signo diacrítico consistente nunha pequena raia que baixa de esquerda a dereita colocada sobre unha vogal ou unha consoante. O acento grave non se utiliza na norma oficial do galego.

Bandeira de Uzbekistán

A bandeira de Uzbekistán (en uzbeko: Oʻzbekiston davlat bayrogʻi/Ўзбекистон давлат байроғи) foi aprobada na oitava sesión extraordinaria do concilio supremo da República de Uzbekistán o 18 de novembro de 1991.As 12 estrelas representan as 12 divisións administrativas (viloyat) do país. A raia azul representa o ceo, a raia branca representa a xustiza, e a raia verde representa a hospitalidade, as dúas raias vermellas representan a forza. A lúa crecente representa a renovación e o reaparecer do país, ademais da base islámica tradicional.

Barra diagonal

A barra diagonal, barra oblicua ou barra (/) é un signo ortográfico auxiliar consistente nunha raia oblicua inclinada desde abaixo á esquerda a arriba á dereita.

Barra inversa

A barra inversa ou barra invertida (\) é un signo tipográfico auxiliar consistente nunha raia oblicua. Corresponde á versión reflectida da barra diagonal, polo que tamén se coñece como antibarra.

Barra vertical

A barra vertical (|) é un signo tipográfico auxiliar consistente nunha raia vertical.

Calendario rúnico

O calendario rúnico era un calendario perpetuo baseado no ciclo metónico utilizando as runas desenvolvidas polas culturas nórdicas ou xermánicas que habitaban as rexións da actual Alemaña e Escandinavia. Escribíanse en pergameos ou ben nunha vara de madeira no cal se entallaban cunha raia os días normais e os días especiais con figuras xeométricas ou símbolos, en Suecia coñecíase este último método como runstav e en Noruega como Primstav

O inicio do ano, polo calendario rúnico ocorría no día 23 de xuño, representado pola runa Feob. O máis antigo data do século XIII e empregouse ata o século XVII e aínda máis tarde esporadicamente.

Camponaraia

Camponaraia (en castelán e oficialmente: Camponaraya) é un concello da comarca do Bierzo (provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León) que cobre unha superficie de 29,13 km², na que vivían 4.230 habitantes no ano 2010, cunha densidade de poboación de 145,21 h/km². Está composto de cinco aldeas: Camponaraia, Erbededo, Magaz de Abaixo, Naraiola e A Válgoma. Por este concello pasa o río Naraia, o cal permite deducir que o topónimo debe dividirse en dous (Campo+Naraia) e non en tres (Campo+na+raia). Esta dedución ven avalada pola ortografía e pola existencia do topónimo Naraiola, diminutivo do hidrónimo.

Castelo da Picoña

O castelo da Picoña é unha fortaleza situada no outeiro da Almena, no municipio de Calvos de Randín, no camiño que une Randín con Vilar e Vilariño. Está situado ó leste da actual freguesía portuguesa de Tourém. Situado na Raia, na marxe esquerda do río Salas, era a cabeza das Terras da Picoña, defendendo o chamado Couto Mixto, que pasou ó reino de España polo Tratado de Lisboa de 1864. Consérvanse as ruínas dos alicerces, carecendo de clasificación por parte do poder público e de escavacións arqueolóxicas. Actualmente, só é visible o alxibe escavado na rocha.

Código postal

O código postal está composto por unha serie de caracteres que se inclúen nos enderezos postais para facilitar e axilizar o servizo de correos. Normalmente, os códigos son unha serie de díxitos, mais algúns estados tamén empregan letras.

Ictioloxía

A ictioloxía é unha rama da zooloxía dedicada ao estudo dos peixes. Esta inclúe os Osteichthyes (peixes óseos), os Chondrichthyes (peixes cartilaxinosos) tales como a quenlla e a raia e os Agnatha (peixes sen mandíbula). Estímase que hai ao redor de 25.000 especies descritas e que cada ano son descritas oficialmente 250 novas especies. A dificultade na clasificación radica na gran variedade que alcanzaron durante o proceso evolutivo e a accesibilidade dos humanos ao medio acuático. Por outra banda, a ictioloxía ademais ocúpase da bioloxía e do comportamento dos peixes. Así mesmo, está estreitamente ligada coa limnoloxía e a oceanografía.

Lobios

Lobios é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia, situado na Raia Seca, na fronteira entre Galicia e Portugal. Segundo o padrón municipal de habitantes en 2014 tiña unha poboación de 2.025 persoas (2.584 en 2003).

Pentagrama

O pentagrama (do grego penta, 'cinco', e gramma, 'raia') é o lugar onde se escriben as notas e todos os demais signos musicais. Ten cinco liñas e catro espazos, que se enumeran de abaixo cara a arriba. As liñas son equidistantes e horizontais. A música escríbese por medio de signos que se colocan no pentagrama.

Raia (puntuación)

A raia (—) ou trazo longo é un signo de puntuación consistente nun trazo horizontal máis longo có guión. Úsanse nalgúns casos dúas raias para encerrar algunha parte do discurso.

Serra Calva

A serra Calva é unha serra galega que se estende dende Pena Trevinca cara ao sur, pola raia coa provincia de Zamora, e serve de límite cos termos municipais de Viana do Bolo e mais da Veiga. Está conformada por granitas e gneis.O cumio de maior altitude é o Sextril, con 1.755 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Xurés

A Serra do Xurés (en portugués Serra do Gerês) é un macizo do norte de Portugal e o sur da provincia de Ourense, que forma un sistema montañoso coa serra da Peneda. Forma parte do Parque Nacional da Peneda-Gerês e do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés.

O cumio de maior altitude é o Pico da Nevosa (1548 m), xusto na Raia seca. O Alto do Borrageiro ten 1430 m.

Serras do sur de Galicia

As serras do sur de Galiza son aquelas que se estenden polo país ao longo da raia con Portugal até o río Miño. Trátase dunha agrupación de serras que non teñen unha continuidade dado que están interrompidas pola depresión de Monterrei. Teñen a fractura de varias fallas con orientación N-S ou NE-S.

Serras orientais de Galicia

Pódense considerar serras orientais de Galiza aquelas que discorren dende o río Eo até A Mezquita, xa na raia con Portugal. Trátase dunha serie de cadeas montañosas con distinta orientación que conectan nalgún punto coa cordilleira cantábrica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.