Rafinosa

A rafinosa ou melitosa é un trisacárido composto por galactosa, frutosa, e glicosa [1]. Pode encontrarse en feixóns, repolo, col de Bruxelas, brócoli, espárragos, e outras hortalizas e cereais. A rafinosa pode ser hidrolizada a D-galactosa e sacarosa polo encima α-galactosidase (α-GAL), un encima que non se atopa no tracto dixestivo humano. A α-GAL tamén hidroliza outros α-galactósidos como a estaquiosa, e a verbascosa. O encima non rompe enlaces O-glicosídicos β [2].

A familia dos oligosacáridos da rafinosa son alfa-galactosil derivados da sacarosa (sacarosa unida a galactosa), e os máis comúns deles son o trisacárido rafinosa, o tetrasacárido estaquiosa, e o pentasacárido verbascosa. Estes oligosacáridos están moi estendidos no reino das plantas, poden atoparse en numerosas familias, e entre os carbohidratos solubles máis abundantes só estarían por detrás da sacrosa. Nas plantas poderían servir de protección contra o estrés oxidativo [3].

Os humanos e outros animais non ruminantes, como os porcos e polos, non posúen o encima α-GAL que degrada esta familia de oligosacáridos, polo que pasan polo tubo dixestivo sen dixerir, e chegan á metade final do intestino, onde son fermentados polas flora bacteriana intestinal, producindo moitos gases. As bacterias si teñen o encima α-GAL e producen nas súas fermentacións moito dióxido de carbono, metano, e/ou hidróxeno, orixinando a flatulencia típica despois da inxestión de feixóns e outros vexetais que conteñen estes azucres. O encima α-GAL é un compoñente de produtos que axudan á dixestión como certos suplementos dietéticos [4] ou pode utilizarse para o tratamento previo de certos alimentos [5].

Diversos procedementos de criopreservación utilizan a rafinosa para proporcionar hipertonicidade para facilitar a deshidratación antes do conxelado [6]. A rafinosa e a sacarosa utilízanse como substancias básicas para a produción do edulcorante sucralosa.

Rafinosa
Raffinose
Identificadores
Número CAS 512-69-6
CAS=17629-30-0 (pentahidrato)
PubChem 439242
ChemSpider 388379
UNII N5O3QU595M
ChEBI CHEBI:16634
ChEMBL CHEMBL223844
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C18H32O16
Masa molecular 504,42 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Biosíntese

A biosíntese da rafinosa nas plantas realízase pola adición de galactosa á sacarosa [7], funcionando como doante das galactosas o galactinol (L-1-O-α-D-galactopiranosil-mio-inositol), e orixinándose rafinosa e mio-inositol:

Sacarosa + Galactinol → Rafinosa + mio-Inositol.

Esta reacción está catalizada pola mio-inositol galactosil transferase. A galactosa enlázase á sacarosa por enlace glicosídico α-1,6, e o resultado final é a formación do O-D-Galactopiranosil-(1α→6)-O-D-Glicopiranosil-(1α→2β)-O-D-Frutofuranósido, que é a rafinosa.

Notas

  1. Definición
  2. Joseph J. Rackis. Oligossaccharides of food legumes: Galactosidase activity and the flatus problem.[1][Ligazón morta]
  3. Ayako Nishizawa-Yokoi, Yukinori Yabuta, and Shigeru Shigeoka. The contribution of carbohydrates including raffinose family oligosaccharides and sugar alcohols to protection of plant cells from oxidative damage [2]
  4. Beano, un produto que evita a flatulencia
  5. Christiane Gantera, , August Böck, Peter Buckel, Ralf Mattes. Production of thermostable, recombinant α-galactosidase suitable for raffinose elimination from sugar beet syrup. [3]
  6. Storey B., Noiles, E., Thompson, K. (1998). "Comparison of Glycerol, Other Polyols, Trehalose, and Raffinose to Provide a Defined Cryoprotectant Medium for Mouse Sperm Cryopreservation". Cryobiology 37 (1): 46–58. PMID 9698429. doi:10.1006/cryo.1998.2097.
  7. Ludwig Lehle, Widmar Tanner e Otto Kandler. Myo-Inositol, a Cofactor in the Biosynthesis of Raffinose [4][Ligazón morta]

Véxase tamén

Outros artigos

Cronobacter

Cronobacter é un xénero de bacterias gramnegativas, anaerobias facultativas, oxidase-negativas, catalase-positivas, con forma de bacilo da familia Enterobacteriaceae, que poden causar diversas doenzas infecciosas (bacteremias) en humanos. En xeral son motís, reducen o nitrato, usan citrato, hidrolizan esculina e arxinina, e son positivas para descarboxilación da L-ornitina. Producen ácido a partir da D-glicosa, D-sacarosa, D-rafinosa, D-melibiosa, D-celobiosa, D-manitol, D-manosa, L-ramnosa, L-arabinosa, D-trehalosa, galacturonato e D-maltosa.

As Cronobacter spp. son xeralmente positivas para a produción de acetoína (proba de Voges–Proskauer) e negativas para a proba do vermello de metilo, que detecta 2,3-butanodiol en vez dunha fermentación ácida mixta.

A especie tipo do xénero é Cronobacter sakazakii comb. nov. Secuenciouse e anotouse o xenoma dunha cepa de Cronobacter sakazakii (BAA-894). De acordo cunha análise de secuencia multilocus (MLSA) o xénero orixinouse hai ~40 millóns de anos, e a especie máis importante clinicamente, C. sakazakii, estaba individualizada hai uns ~15-23 millóns de anos.

.

Helianthus tuberosus

Helianthus tuberosus é unha especie de planta asterácea do mesmo xénero que o xirasol, nativa do leste de Norteamérica, que se encontra no leste do Canadá e Maine e cara ao oeste chega ata Dacota do Norte e cara ao sur ao norte de Florida e Texas. Cultívase moito na zona temperada, xa que o seu tubérculo é comestible.

Melecitosa

A melecitosa ou melicitosa é un oligosacárido do grupo dos trisacáridos formado por tres unidades monosacáridas: glicosa-frutosa-glicosa, unidas por enlace O-glicosídico. Está presente no mel, melazas e no zume elaborado de numerosas árbores e plantas. É un compoñente das gotas de líquido azucrado que expulsan polo seu abdome diversos insectos áfidos (pulgóns), que chuchan o zume elaborado das plantas.

Oligosacárido

Os oligosacáridos son polímeros de monosacáridos de cadea curta. Tradicionalmente considérase que teñen de 2 a 10 monosacáridos, pero algúns autores prefiren separar os disacáridos e clasificalos nun grupo á parte e considerar oligosacáridos os que constan de 3 a 10 monosacáridos. Tampouco está estritamente fixado o límite superior de 10 . Os monosacáridos únense uns a outros por enlace O-glicosídico.

Os oligosacáridos diferéncianse uns doutros polos seus monosacáridos compoñentes, a súa orde e número, o tipo de enlace O-glicosídico que os une e por teren ramificacións ou non, polo que existe unha grande diversidade entre eles.

Moitos oligosacáridos atópanse na superficie externa da membrana celular unidos a proteínas e lípidos, formado glicoproteínas e glicolípidos. Un exemplo son as glicoproteínas dos grupos sanguíneos A-B-0, que se distinguen polo tipo de oligosacárido que levan. Na membrana celular os oligosacáridos teñen unhas funcións moi importantes, como son:

Protexer a superficie da célula do dano mecánico e químico

Recoñecemento celular: son os principais marcadores de identidade que actúan en:

Comunicacións intercelulares

Funcionamento do sistema inmunitario

Capacidade patoxénica de axentes infecciosos (virus e bacterias).Pero non todos os oligosacáridos naturais son compoñentes de glicoproteínas e glicolípidos. Algúns, como os da familia da rafinosa, aparecen como carbohidratos de almacenamento ou transporte nas plantas. Outros, como as maltodextrinas ou as celodextrinas, orixínanse da rotura microbiana de polisacáridos máis longos como o amidón e a celulosa.

Na natureza son moi abundantes os frutooligosacáridos e os galactooligosacáridos.

Soia

A soia (Glycine max) é unha especie de legume nativa do leste de Asia, amplamente cultivada polo seu feixón comestíbel, que ten numerosos usos. A FAO clasifícaa coma unha oleaxinosa no canto dun legume seco.

A fariña de soia desgraxada é unha fonte de proteínas para a alimentación animal e precociñados importante e barata; O aceite de soia é outro subproduto importante deste cultivo. Por exemplo produtos de soia coma a proteína vexetal texturizada (TVP nas súas siglas en inglés), son a base de moitos sucedáneos de leites e carnes. A soia produce moita máis proteína por hectárea ca ningún outro cultivo.A comida tradicional non fermetada adoita usar a soia, incluíndo leite de soia, e desta, tofu e tona de soia. A comida fermentada incúe o mollo de soia, pasta de feixón fermentado, natto e tempeh, entre outros. O aceite emprégase en moitas aplicacións industriais. Os maiores produtores de soia son os Estados Unidos (35%), o Brasil (27%), a Arxentina (19%), a China (6%) e maila India (4%). Os feixóns conteñen unha significante cantidade de ácido fítico, ácido alfa-linolénico, e isoflavonas.

Tipos de carbohidratos
Xeral
Xeometría
Pequenos/Grandes
Pentosas
Hexosas
Disacáridos
Outros Oligosacáridos
Polisacáridos
Glicosaminoglicanos
Aminoglicósidos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.