Radioisótopo sintético

Os radioisótopos sintéticos son isótopos radioactivos que non se atopan de forma natural na Terra, pero que se poden crear mediante reaccións nucleares (algúns isótopos radioactivos poden estar presentes de forma natural ou ben ser preparados artificialmente).

Un exemplo é o isótopo tecnecio-99 metaestable, 99mTc, que se obtén por desintegración beta de 99Mo. Emprégase en medicina.

Radioisótopo

Chámase radioisótopo ou radionúcleo a aquel isótopo que é radioactivo. A palabra isótopo, do grego "en mesmo sitio", úsase para indicar que todos os tipos de átomos dun mesmo elemento químico atópanse no mesmo sitio da táboa periódica. Os átomos que son isótopos entre si, son os que teñen igual número atómico (número de protóns no núcleo), pero diferente número másico (suma de número de neutróns e o de protóns no núcleo). Os distintos isótopos dun elemento, difiren pois no número de neutróns. Hai varios tipos de isótopos os cales aínda non teñen un nome fixo xa que cambian constantemente.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.