Radio Vigo

Radio Vigo é unha emisora local que emite para a cidade de Vigo.

Radio Vigo e Localia Vigo, rúa Areal 8
Sede. Rúa Areal 8.

Descrición

Foi a primeira emisora de Vigo e comezou as súas emisións o 24 de abril de 1934. Está xestionada por Radio Vigo Grupo de Comunicación e pertence á rede de emisoras da Cadena SER desde 1957. As súas frecuencias de emisión son: 100.6 FM e 1026 OM.

Programación

A programación inclúe diversas desconexións locais.

De luns a venres:

  • Vigo Hoy por Hoy con Jacobo Buceta.
  • Vigo Hora 14 con Jaime González de Haz.
  • SER Deportivos Vigo con Paula Montes.
  • La Ventana de Vigo.

Sábados:

  • La Guía Gastronómica con Carmen Albo.
  • Cambio de Rasante con Antonio Soto.
  • Vigo Hora 14.

Tamén inclúe a retransmisión dos partidos do Celta de Vigo por medio da Onda Media e a través da FM no sinal de M80 Radio Vigo (101.2).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Alejandro Sesmero

Alejandro Rodríguez-Sesmero González (nalgunhas ocasións asinaba como Alejandro Sesmero), nado en Xixón en 1843 e finado en Córdoba (Arxentina) o 22 de outubro de 1913, foi un arquitecto que traballou en Galicia.

Asociación de Escritores de Galicia

A Asociación de Escritores de Galicia foi unha asociación constituída en 1936 que representaba aos escritores galegos e que apenas tivo actividade.

CG-4.1

A CG-4.1 ou Corredor do Morrazo é unha vía de alta capacidade dependente da Xunta de Galicia. Vertebra a cara sur da península do Morrazo desde a AP-9 até a súa conexión coa PO-315 mediante unha prolongación denominada VG-4.6. Desde 2016 están a se acometer obras de desdobramento para converter esta infraestrutura nunha autoestrada.

Cadena SER

A Cadena SER (acrónimo de Sociedad Española de Radiodifusión) é unha das canles xeralistas de radio de maior antigüidade e ouvintes de España. Ademais, é a que conta cun maior número de emisoras repartidas por toda España e cos mellores índices de audiencia do país.

Pertence ó grupo radiofónico Unión Radio e está controlada accionarialmente polo Grupo PRISA, grupo editorial que conta tamén coas emisoras musicais Los 40 Principales, Cadena Dial, M80 Radio, Radiolé, Máxima FM e Ona FM, así como tamén xornais coma El País.

Movemento esperantista en Vigo

Vigo ten destacado entre as cidades de Galiza polo seu movemento esperantista. O seu grupo de esperanto mantívose durante máis tempo que calquera outro de Galiza. En Vigo tiveron lugar dous Congresos Españois de Esperanto, en 1972 e 1986, e a cidade posúe nunha parte bastante céntrica unha Rúa do Esperanto inaugurada en ocasión do Día de Zamenhof en 1987. Na historia do seu movemento esperantista destacou Xulio Bueno Cortés (1903-1988), auténtica alma do grupo local Paco kaj Amo. Este grupo mantivo longas relacións coa comunidade esperantófona do Porto.

Na actualidade o grupo Paco kaj Amo xa non existe, aínda que as e os esperantistas vigueses permanecen en contacto e reúnense con certa frecuencia. Na cidade teñen lugar cursos de esperanto de varios niveis.

Prudencio Romo

Prudencio Romo, nado en Noia o 10 de outubro de 1927 e falecido en Santiago de Compostela o 19 de marzo de 2007, foi un compositor e intérprete de guitarra, baixo e violín principalmente. Foi director musical do mítico grupo Los Tamara.

Radio (medio de comunicación)

A radio é unha tecnoloxía que posibilita a transmisión de sinais mediante a modulación de ondas electromagnéticas. Estas ondas non requiren un medio físico de transporte, polo que poden propagarse tanto a través do aire coma do espazo baleiro.

Unha onda de radio orixínase cando unha partícula cargada (por exemplo, un electrón) excítase a unha frecuencia situada na zona de radiofrecuencia (RF) do espectro electromagnético. Outros tipos de emisións que caen fóra da gama de RF son os raios gamma, os raios X, os raios cósmicos, os raios infravermellos, os raios ultravioleta e a luz visible.

Cando a onda de radio actúa sobre un condutor eléctrico (a antena), induce nel un movemento da carga eléctrica (corrente eléctrica) que pode ser transformado en sinais de son ou outro tipo de sinais portadoras de información.

Aínda que se emprega a palabra radio, as transmisións de televisión, radio, radar e telefonía móbil están incluídas nesta clase de emisións de radiofrecuencia.

En Galicia existen varias cadeas de radio con distintas radiofórmulas, algunhas de distribución estatal e outra de ámbito case exclusivamente galego. As canles oficiais teñen unha presenza en tódalas sete grandes cidades galegas, mentres que outras emisoras son escasas ou de recente implantación. Existen dúas cadeas privadas de ámbito exclusivamente galego: Radio Voz, asociada ó xornal La Voz de Galicia, e Radio Noroeste, do grupo Radio Líder.

TeleVigo

TeleVigo (anteriormente Localia Vigo) é unha televisión local da cidade de Vigo propiedade do grupo de comunicación Radio Vigo. Emite a través do canal 34 pola Televisión Dixital Terrestre na comarca de Vigo dende o 18 de marzo de 2010.

En 2017, tras a desaparición da súa única competidora Televigo, comprou a súa marca e pasou a chamarse Localia Televigo. Con este cambio de nome mudou o seu logotipo, xirando o "L" característico herdado da rede Localia para converterse nun "V". Mais tarde volveu mudar o nome polo de, simplemente, TeleVigo.

Televigo

Televigo foi a primeira televisión local con sede en Vigo. Nada en 1995, era propiedade da sociedade Tranvías Eléctricos de Vigo, e non tiña relación con ningún outro grupo de comunicación local. Televigo emitía sen licenza, a través da Televisión Dixital Terrestre, TDT, dende o día 12 de maio na canle 32.

En marzo de 2011 anova a súa páxina web, cunha interface moito máis moderna e coa posibilidade de ver a canle en directo ou recuperar algúns dos programas en diferido.

Interrompeu as emisións o 10 de outubro de 2014. O 1 de decembro do mesmo ano retomou as emisións co nome provisional de La Tele de Vigo para despois volver adoptar o nome orixinal o 18 de marzo de 2015, o 30 de setembro de ese ano pecha definitivamente as súas emisións. En 2017 a marca Televigo foi comprada polo grupo Radio Vigo, dono de Localia Vigo. Así, a que fora a súa única competidora absorbeu a marca e pasou a chamarse Localia Televigo.

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

Xesús Conde González

Xesús Conde González, nado en Castrelos, Vigo en 1906 ou 1909 e finado na mesma cidade, foi un carniceiro, escritor e debuxante galego.

Xesús Franco González

Xesús Franco González, nado en Vigo en 1943, é un escritor galego.

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.