Radio Galega

Radio Galega (RG) é o nome da radio pública de Galicia, integrada na Corporación de Radio-Televisión de Galicia, que inclúe tamén á Televisión de Galicia (TVG). Comezou a emitir, en fase de probas, o 24 de febreiro de 1985 e iniciou a súa programación regular o 29 de marzo dese ano[1]. Desde mediados de 2009 a súa directora é a xornalista Rosa Martínez, en substitución do tamén xornalista Virxilio Costas.

Logo da Radio Galega.

Historia

Despois da aprobación da Lei de creación da CRTVG no Parlamento de Galicia o 11 de xullo de 1984, inícianse as obras da Casa da Radio coa remodelación do vello edificio sede da residencia do gobernador militar.

Radio Galega iniciou as súas emisións en probas o domingo 24 de febreiro de 1985, día que coincide co aniversario do nacemento da poetisa Rosalía de Castro. A súa programación regular comezou o 29 de marzo de 1985, e a partir desta data as súas emisións abrangueron as 24 horas do día ininterrompidamente en lingua galega.

O programa Fío directo foi o primeiro dos realizados polos Servizos Informativos da emisora. Inicialmente presentado por Pedro Revaldería, na súa terceira emisión pasou a ser dirixido e presentado por Xosé María Fernández Pazos, quen o levou ata outubro de 1985, cando pasou a coordinar os informativos da fin de semana. Sería substituído por Xan Docampo.

Fío directo emitíase inicialmente os luns de 7 a 8 da tarde, e, ó mes do inicio da súa emisión, pasou a emitirse de luns a mércores á mesma hora. O programa levaba cada día un invitado distinto, a quen os oíntes facían preguntas a través do teléfono.

A marcha de Xosé Luís Blanco Campaña como director da Televisión de Galicia nesa época trouxo como responsable da emisora a Xerardo Rodríguez Rodríguez. Na época de Xerardo Rodríguez a emisora chegou a cambiar o nome, pasando de Radiotelevisión Galicia a Radio Autonómica Galega e usando ademais o indicativo a radio nacional de Galicia.

O 15 de xullo de 1987 a Radio Galega inaugurou a súa segunda delegación territorial trala de Ferrol, cuxas instalacións, situadas no edificio El Moderno da cidade olívica, ascenderon a un coste* de 13 millóns de pesetas da época.

Días despois dos atentados terroristas que na noite do 11 de outubro de 1990 deixaron tres mortos e 46 feridos en diversos puntos de Galicia, a Radio Galega logrou gravar nun comunicado a unha persoa que se identificou como Manolo Chao, considerado o máximo dirixente do EGPGC, que reivindicou na súa chamada a autoría dos mesmo e a pertinencia de dous dos falecidos á organización, englobandoo tamén nunha campaña contra os intereses do narcotráfico.[2]

Despois de seis anos no vello Palacete de San Caetano, a necesidade de ampliar o espazo da emisora que se atopaba no recinto da Administración Autonómica e o de aumentar medios, fixo que o goberno galego decidira a construción do novo edificio, que se fixo en menos dun ano. Foi o 23 de novembro de 1990 cando a Radio Galega inaugurou oficialmente as súas novas instalacións en San Marcos, na parroquia compostelá de Bando, ao lado da Televisión de Galicia. O proxecto do edificio das novas instalacións empezáronse sendo director xeral de medios, Rafael Valcarce.

O primeiro anuncio da Radio Galega foi emitido ás 10.30 da mañá do 7 de outubro de 1990. Foi o de Loteria La Favorita da Coruña. Despois viría Autos Buenos Aires, do que se pudio escoitar na seguinte gravación a súa cuña publicitaria.

Emisión

A Radio Galega é a única emisora de Galicia con total cobertura do seu sinal en todo o territorio da Comunidade Autónoma. O seu sinal distribúeo en Galiza Retegal. Tamén emite fóra de Galicia vía satélite, coma en Europa (a partir do 24 de decembro de 1998) e en América (a partir do 22 de febreiro de 1999).

Ademais, a Radio Galega foi a terceira emisora de España e unha das primeiras de Europa en poder ser escoitada en directo a través de Internet. Fíxoo o 20 de agosto de 1996.

O 3 de marzo de 2004 Radio Galega Música comeza a emitir en FM, dixital, Internet e TDT (Televisión Dixital Terrestre).

A segunda enquisa do EGM da temporada 2002-2003 sitúa á Radio Galega como a segunda emisora máis escoitada de Galicia, cunha media de 142.000 oíntes diarios.

Na actualidade conta con dúas cadeas que emiten dun xeito convencional: A Radio Galega, con programación xeralista integramente en galego, e Radio Galega Música, unha sorte de radiofórmula musical. No que se refire á emisión pola Internet e pola TDT, a ámbalas dúas cadeas antes citadas hai que engadir a de Son Galicia Radio, dedicada á música en lingua galega, tanto á tradicional como á máis contemporánea. Cabe salientar que no caso de Son Galicia Radio e dos "non-programas" de Radio Galega Música a emisión musical faise de forma ininterrompida.

A canle Son Galicia Radio botou a andar o 17 de maio de 2004 emitindo a través de Internet e da TDT.

O sitio web de CRTVG comezou o 21 de xuño de 2018 a Radio Picariña[3], unha nova emisora de radio musical en galego para os máis pequenos que se pode escoitar dixitalmente no seu sitio web.

Notas

  1. Historia da CRTVG[Ligazón morta], Web da CRTVG.
  2. Vinte anos do bombazo que apagou a música do Clangor, La Voz de Galicia.
  3. "Nace 'Radio Picariña', a primeira emisora dixital de música infantil e xuvenil da CRTVG", Teleame.

Véxase tamén

Outros artigos

10 de novembro

O 10 de novembro é o 314º día do ano do calendario gregoriano e 315º nos anos bisestos. Quedan 51 días para rematar o ano.

20 de agosto

O 20 de agosto e o 232º día do ano do calendario gregoriano e o 233º nos anos bisestos. Quedan 133 días para finalizar o ano.

24 de febreiro

O 24 de febreiro é o 55º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 310 días para finalizar o ano, 311 nos anos bisestos.

29 de marzo

O 29 de marzo é o 88º día do ano do calendario gregoriano e o 89º nos anos bisestos. Quedan 277 días para finalizar o ano.

A polo ghit

A polo ghit é un concurso de música con letra en galego que organizan conxuntamente o diario electrónico Vieiros e a Radio Galega desde 2006, e que ten a finalidade de encontrar unha canción do verán en galego. A Radio Galega deixou de colaborar co concurso na edición do ano 2010.

Ana Romaní

Ana Romaní Blanco, nada en Noia o 5 de agosto de 1962, é unha poeta e xornalista cultural galega, académica numeraria da Real Academia Galega.

Anxo Quintela

Anxo Quintela González, nado en Castrelos (Vigo) o 21 de decembro de 1960, é un escritor e xornalista galego.

Begoña Caamaño

Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega.

Belén Regueira

Belén Regueira Leal, nada na Coruña o 1 de setembro de 1977, é unha xornalista galega.

Carlos Blanco Vila

Carlos Blanco Vila, nado en Vilagarcía de Arousa o 2 de xaneiro de 1959, é un actor galego.

Corporación de Radio e Televisión de Galicia

A Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) é un ente público con titularidade xurídica propia creada polo Parlamento de Galicia en 1984 co obxectivo de pór en funcionamento, xestionar, e explotar os medios de comunicación públicos de Galicia. Para tal fin e para contribuír na normalización lingüística e a cohesión social de Galicia, creáronse as sociedades anónimas Televisión de Galicia S.A. e Radio-televisión de Galicia S.A. que co seu sinal chegan a todo o territorio galego.

Diario Cultural

Diario Cultural é un programa informativo diario que se emite en bloques de mañá, sobremesa e tarde, especializado na cultura que a Radio Galega comezou a emitir en outubro de 1990. Programa decano na información cultural en Galicia, é un dos máis veteranos da radiodifusión galega e da Península Ibérica. O programa, ideado e dirixido desde os seus inicios por Ana Romaní, está conducido por ela e mais Xiana Arias, Belén Regueira e Paula Ribeiro desde setembro de 2018.

Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra Fernández, nada en Vigo o 4 de agosto de 1963, é profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do consello de redacción da revista Grial, e dirixe a sección de crítica literaria. Coordinou o Diccionario da literatura galega, en catro tomos, que publicou Galaxia. Colaborou durante anos no Diario cultural da Radio Galega.

Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu director xeral é Francisco Castro.

Pemón Bouzas

José Ramón Bouzas Camaño, nado en Palmeira (Ribeira) en 1957, é un xornalista e escritor galego.

Televisión de Galicia

A Televisión de Galicia, tamén chamada A Galega, é unha canle televisiva galega que forma parte da Corporación de Radiotelevisión de Galicia (CRTVG) xunto coa Radio Galega. As súas instalacións centrais están en San Marcos, na parroquia do Bando, no concello de Santiago de Compostela.

No mes de xaneiro do ano 2009 a TVG fixo historia ao converterse en líder autonómica por primeira vez na súa historia, pero foi entre 1988 e 1990 cando tivo as maiores audiencias da súa historia.

Xiana Arias

Xiana Arias Rego, nada na Fonsagrada o 28 de maio de 1983, é unha poetisa e xornalista galega.

Xosé Luís Blanco Campaña

Xosé Luís Blanco Campaña, nado en Camariñas o 14 de marzo de 1948, é un xornalista, escritor, locutor de radio, presentador de televisión e compositor galego.

Xurxo Souto

Xurxo Manuel Souto Eiroa, máis coñecido como Xurxo Souto, nado na Coruña o 25 de xullo de 1966, é un cantante, acordeonista, escritor, locutor e licenciado en filoloxía clásica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.