Racismo

O racismo é un modo de pensar, unha filosofía social biolóxico-cultural, unha actitude e/ou un sistema social que propugna e afirma que a xente de diferentes grupos humanos son diferentes en valor, en base ás súas características físicas hereditarias, e determinados trazos de carácter e intelixencia ou manifestacións culturais; que esas diferenzas poden ser medidas ou catalogadas xerarquicamente e que teñen consecuencias en vantaxes económicas, políticas e sociais dun grupo en relación aos demais.

Esta crenza da existencia de razas humanas, superiores e inferiores, utilizouse moitas veces para xustificar a escravitude, o dominio de determinados pobos por outros, e os xenocidios que ocorreron ó longo da historia da humanidade.

Bases científicas

O racismo non é unha teoría científica, senón un conxunto de opinións preconcibidas onde a principal función é darlle valor ás diferenzas biolóxicas entre os seres humanos, de forma que algúns se consideran superiores ós outros conforme coa súa matriz racial.

O ser humano actual constitúe unha única especie. Así e todo, presenta unha visible variabilidade morfolóxica que deu lugar ó concepto de raza. Este concepto pode conducir a un uso ideolóxico da idea de raza que pode levar ó racismo.

Racismo e outras discriminacións de tipo racial

Racismo propiamente dito

O termo "racismo" aplícase xeralmente ás accións dun grupo dominante nunha sociedade sobre os outros, posto que os grupos máis débiles teñen menos probabilidades de manifestaren publicamente condutas racistas en contra dun grupo máis numeroso por razóns prácticas.

O racismo comporta as seguintes afirmacións:

  • Hai razas superiores e inferiores (a superioridade na xerarquía das razas corresponde á branca no caso do racismo europeo).
  • A superioridade e a inferioridade raciais maniféstanse na superioridade e a inferioridade das culturas producidas, respectivamente, polas distintas razas.

Ambas as afirmacións son facilmente refutables:

  • As diferenzas raciais non explican as diferenzas culturais. Os procesos de endoculturación poñen de manifesto que a orixe racial dos individuos non garda relación ningunha coa súa capacidade para asimilar calquera cultura.
  • As diferenzas raciais non explican as diferenzas intelectuais. Na capacidade intelectual dos individuos inflúen os factores hereditarios, que non están necesariamente vinculados á súa orixe racial; e tamén os factores culturais, como o ambiente e a educación recibida.

Discriminación racial

Porén, coñecemos como "discriminación racial" o feito de outorgar ou reter dereitos ou privilexios baseándose na raza, ou ben rexeitar o trato ou asociación con persoas pola raza.

Racialismo

A crenza de que o carácter e as habilidades dos individuos están correlacionadas coa súa raza non ten por que ser necesariamente racismo, pois esta diferenza pode afirmarse sen implicar unha desigualdade de valor.

Historia

Historicamente, o racismo serviu para xustificar o imperialismo, o colonialismo, a escravitude, e o xenocidio de pobos enteiros. O racismo acostuma a estar relacionado co etnocentrismo e o chauvinismo cultural.

Amerindios e negros

Foi durante a expansión española e portuguesa na América cando xurdiu a idea de procurar unha base ideolóxica, influenciada pola relixión, de que os "indios" non eran seres humanos. Estes eran animais e polo tanto era xustificada por Deus a súa explotación para o traballo, desta forma eran socialmente aceptados os suplicios a que eran sometidos. Esta crenza estendeuse logo á raza negra.

Os negros foron traídos para seren escravos debido ás dificultades da escravización dos amerindios. A Igrexa católica era contraria a predación dos amerindios, pois quería catequizalos, así obterían novos adeptos á relixión católica. En contrapartida, a igrexa non se opuña á escravitude negra, pois considerábaa unha raza inferior (tanto que se chegou a pensar na época, que un fillo de branco cun negro sería estéril, igual que as mulas, e dese pensamento xurdiu a expresión mulato), considerábase nun comezo que os negros non tiñan almas. Isto serviu para xustificar a motivación financeira, pois o tráfico negreiro foi unha importante fonte de renda no período colonial.

Orixes

As orixes do racismo son controvertidas. O fenómeno ocorre na maioría de etnias e países. Un exemplo típico de racismo ocorreu cando o Xapón, pouco antes da Segunda Guerra Mundial, atinxiu un desenvolvemento económico social equivalente ós países máis adiantados económica e tecnoloxicamente. O pobo xaponés comezou entón a se comportar de forma extremadamente racista con respecto doutras nacionalidades, os estranxeiros en terras xaponesas non eran benvidos. Da mesma maneira que ocorreu no Extremo Oriente, no mundo occidental tamén houbo fenómenos extremadamente violentos ligados ao racismo. Na América, en especial nos Estados Unidos de América, o racismo chega ós extremos en contra dos negros e dos latinos, en especial no sur do país. Ata a década de 1950, nos EUA acontecía que se asasinaba a negros, enforcándoos nas árbores, sen xuízos, sen que os autores destes asasinatos fosen castigados. Había, e hai, mesmo unha sociedade secreta, o Ku Klux Klan, co obxectivo de perseguir e axustizar os negros.

A tentativa de explicación da superioridade racial

No século XIX houbo unha tentativa científica para explicar a superioridade racial a través da obra do conde de Gobineau, intitulada Essai sur l'inégalité des races humaines (Ensaio sobre a desigualdade das razas humanas). Nesta obra o autor sustentou que da raza aria naceu a aristocracia que dominou a civilización europea e cuxos descendentes eran os señores naturais das outras razas inferiores.

O nazismo

Antisemitisme Duitsland 1933
Alemaña nazi: "Non compre aos xudeus!"
Artigo principal: nazismo.

En 1899, o inglés Houston Stewart Chamberlain, chamado O antropólogo do káiser, publicou na Alemaña a obra Die Grundlagen des neunzehnten Jahrhunderts (Os fundamentos do século XIX). Esta obra trouxo de volta o mito da raza aria, identificándoa co pobo alemán.

Alfred Rosenberg tamén creou obras que reforzaron a teoría da superioridade racial. Estas foron aproveitadas polo programa político nazi de cara á unión dos alemáns utilizando a identificación dos trazos raciais específicos. Como a "raza alemá" estaba bastante mesturada, isto é, non había unha normalidade de trazos fisionómicos, definíronse entón razas inimigas, reforzando desta forma un sentimento de hostilidade e aversión dirixido a persoas e cousas estranxeiras. Deste xeito, os nazis usaron a xenofobia asociada ó racismo, atribuíndo a individuos e grupos sociais actos de discriminación para amalgamar o pobo alemán contra o que era diferente. A escravización dos pobos da Europa oriental e a persecución ós xudeus eran as probas pretendidas polos nazis da superioridade da raza aria sobre os demais ‘‘grupos diferentes’‘ e raciais.

O apartheid

ApartheidSignEnglishAfrikaans
Cartel en Suráfrica coa indicación Soamente para brancos.
Artigo principal: Apartheid.

Unha demostración vergoñosa sobre o racismo ocorreu en pleno século XX, a partir de 1948 en Suráfrica, cando o apartheid mantivo a poboación africana so o dominio dun pobo de orixe europea. Este réxime político racista acabou cando por presión mundial se convocaron as primeiras eleccións para un goberno multirracial de transición, en abril de 1994.

Israel

AbuDisWall
O muro entre Abu Dis e Xerusalén, xuño de 2004.

En 1975, por presión dos países árabes e co apoio dos soviéticos, o sionismo foi considerado unha forma de racismo pola Resolución 3379 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Porén, en 1991, esa acusación eliminouse pola Resolución 4686 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

En 2002, o Parlamento israelí aprobou unha lei que nega os cidadáns de orixe árabe do país o dereito de conviviren cos seus cónxuxes en caso de contraeren matrimonio con palestinos, pois a estes será recusada a permisión de residencia no país. A lei foi levada a xuízo por diversas entidades de dereitos humanos, aínda que o 15 de maio de 2006 foi confirmada pola Suprema Corte de Israel.[1]

A Asociación polos dereitos civís no Israel alega un plan de prácticas discriminatorias do Israel, a flagrante e sistémica discriminación dos palestinos coa única base na súa orixe nacional ... reminiscencia de políticas características do réxime do Apartheid.[2]

Racismo e xenofobia

Moitas veces o racismo e a xenofobia, malia seren fenómenos distintos, poden considerarse paralelos e dunha mesma raíz, isto é, acontece cando un determinado grupo social comeza a hostilizar a outro por calquera motivo. Esta antipatía xera un movemento polo que o grupo máis poderoso e homoxéneo hostiliza o grupo máis feble, ou diferente, pois o segundo non acepta seguir as mesmas regras e principios ditados polo primeiro.

Día internacional

O Día Internacional pola abolición da discriminación racial é o 21 de marzo.

Notas

  1. "Adalah v. Israel". Open Society Foundations (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2019. Consultado o 28 de marzo de 2019.
  2. [1] Arquivado 26 de setembro de 2007 en Wayback Machine. Office of the United Nations High Commissioner for Human Rights.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

10 de novembro

O 10 de novembro é o 314º día do ano do calendario gregoriano e 315º nos anos bisestos. Quedan 51 días para rematar o ano.

A color púrpura

A color púrpura (en inglés: The Color Purple) é un filme estadounidense dirixido por Steven Spielberg que foi estreado en 1985. Está baseado na novela de Alice Walker The Color Purple.

Alemaña nazi

Alemaña nazi e Terceiro Reich son os nomes comúns para designar a Alemaña durante o período entre 1933-1945, cando o goberno estaba controlado por Adolf Hitler e o seu Partido Nacional Socialista dos Traballadores Alemáns, máis coñecido como Partido Nazi. Baixo o goberno de Hitler, Alemaña foi transformada nun estado totalitario, onde case todos os aspectos da vida eran controlados polo Estado. A Alemaña nazi deixou de existir despois de que as Forzas Aliadas derrotaran a Wehrmacht en maio de 1945, terminando así a Segunda Guerra Mundial en Europa.

Despois de Hitler fora nomeado chanceler de Alemaña polo Presidente da República de Weimar Paul von Hindenburg o 30 de xaneiro de 1933, o Partido Nazi comezou a eliminar toda a oposición política e consolidar o seu poder. Hindenburg finou o 2 de agosto de 1934, e Hitler converteuse en ditador de Alemaña, cando os poderes e as oficinas da chancelaría e a presidencia foron fundidas. Un referendo nacional realizado o 19 de agosto de 1934 confirmo a Hitler como único Führer (líder) de Alemaña. Todo o poder centralizouse nas mans de Hitler, e a súa palabra estaba por enriba de todas as leis. O goberno non era un corpo de cooperación coordinada, senón unha colección de faccións que loitaban para acumular poder e gañar o favor de Hitler. No medio da Gran Depresión, os nazis restauraron a estabilidade económica e remataron co paro masivo usando gastos militares pesados ​​e unha economía mixta. Realizouse unha gran cantidade de obras públicas, incluíndo a construción de Autobahns (estradas de alta velocidade). O retorno á estabilidade económica impulsou a popularidade do réxime.

O racismo, sobre todo antisemitismo, foi unha das características centrais do réxime. Os pobos xermánicos foron considerados como a representación máis pura do arianismo e, polo tanto, a raza superior. Os xudeus e outros considerados indesexables foron perseguidos ou asasinados, e a oposición ao goberno de Hitler foi brutalmente reprimida. Os membros da oposición liberal, socialista e comunista morreron, foron prendidos ou forzados ao exilio. As igrexas cristiás tamén foron oprimidas, con moitos líderes presos. A educación estaba centrada na bioloxía racial, política de poboación e aptitude para o servizo militar. A carreira e oportunidades educativas para as mulleres foron reducidas. Nas Olimpíadas de verán de 1936 presentouse o Terceiro Reich no escenario internacional. O Ministro de Propaganda, Joseph Goebbels, fixo uso efectivo das película, mitins e oratoria de Hitler para controlar a opinión pública. O goberno controlaba a expresión artística, promovendo formas de arte específicas e evitaba ou prohibía outras.

Alemaña fixo esixencias territoriais cada vez máis agresivas, ameazando coa guerra se non eran atendidas. Austria e Checoslovaquia foron anexadas en 1938 e 1939. Hitler fixo un pacto con Stalin e invadiu a Polonia en setembro de 1939, comezando así a Segunda Guerra Mundial en Europa. En alianza coa Italia de Benito Mussolini e outras potencias do Eixo, Alemaña conquistou a maior parte de Europa en 1940 e ameazou a Gran Bretaña. Os Reichskommissariats asumiron o control brutal das áreas conquistadas, e unha administración alemá foi fundada en Polonia. Os xudeus e outros grupos considerados como indesexables foron aprisionados en campos de concentración. A implantación de políticas raciais do réxime culminou co asasinato en masa de xudeus e outras minorías no Holocausto. Tras a invasión alemá da Unión Soviética en 1941, a marea virou contra o Terceiro Reich, e as grandes derrotas militares chegaron en 1943. O bombardeo a grande escala de cidades alemás, ferrocarrís e centrais de petróleo intensificouse en 1944. Alemaña foi invadida en 1945 polos soviéticos no leste e outros aliados por occidente. A negativa de Hitler a admitir a derrota levou á destrución masiva de infraestrutura alemá e perda innecesaria de vidas, nos meses finais da guerra. Os aliados vitoriosos iniciaron unha política de desnazificación e xulgaron aos líderes nazis por crimes de guerra nos Xuízos de Nuremberg.

Big Black

Big Black foi unha banda estadounidense de punk rock procedente de Evanston, Illinois, activa dende 1981 ata 1987. Fundada polo guitarrista e vocalista Steve Albini, a súa formación incluía tamén ao guitarrista Santiago Durango e ao baixista Jeff Pezzati, ambos da banda Naked Raygun. En 1985 Pezzati foi substituído por Dave Riley, quen tocou nos dous álbums de estudio da banda, Atomizer (1986) e Songs About Fucking (1987).

O son agresivo e abrasivo de Big Black caracterízase polas súas distintivas guitarras metálicas e o uso dunha caixa de ritmos antes que unha batería, elementos que precederon a aparición do rock industrial. A banda non tiña tabús, e nas letras de Albini falábase abertamente de temas como o asasinato, a violación, o abuso sexual a menores, o racismo ou a misoxinia. Tamén tiveron uns principios moi firmes, fuxindo da industria da música comercial e mantendo un control completo sobre todos os aspectos da súa carreira. Big Black organizou as súas xiras, pagou as gravacións e rexeitou asinar contratos, evitando moitos dos símbolos corporativos das bandas de rock. Este feito tivo un impacto moi significativo na evolución estética da música rock independiente.

Ademais dos dous álbums de estudio, Big Black editou dous álbums en directo, dous recompilatorios, catro EPs e cinco sinxelos, todos eles através de selos independentes.

Crash (filme de 2004)

Crash é un filme estadounidense dirixido por Paul Haggis, que foi estreado no 2004, galardoado con tres premios Oscar e dous premios BAFTA.

Familia (socioloxía)

Unha familia é unha unidade social formada por un conxunto de individuos vinculados por relacións de matrimonio, parentesco ou afinidade, que conviven e organizan colectivamente a vida cotiá ou parte dela. Segundo a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, é o elemento natural, universal e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do Estado.

Non hai consenso sobre unha definición universal da familia. É un concepto antropolóxico inferior ao clan, a tribo e a nación; sociolóxico e incluso económico (unidade mínima de empresa). A familia nuclear é o modelo principal de familia e a estrutura máis difundida na actualidade; porén, as formas de vida familiar son moi diversas, dependendo de factores sociais, culturais, económicos e afectivos. A familia, como calquera institución social, tende a adaptarse ao contexto dunha sociedade.

Feminismo

O feminismo é un conxunto de movementos políticos, sociais, ideolóxicos e filosóficos que teñen como obxectivo común conseguir dereitos ecuánimes (iguais) e unha convivencia humana por medio do apoderamento feminino e da liberación de padróns patriarcais, baseados en normas de xénero. Abrangue diversos movementos, teorías e filosofías que avogan pola igualdade entre homes e mulleres, alén de promover os dereitos das mulleres e os seus intereses. De acordo con Maggie Humm e Rebecca Walker, a historia do feminismo pode dividirse en tres "ondas". A primeira produciuse no século XIX e comezos do século XX, a segunda nas décadas de 1960 e 1970, e a terceira na década de 1990 até o presente. A teoría feminista xurdiu destes movementos femininos e maniféstase en diversas disciplinas como a xeografía feminista, a historia feminista e a crítica literaria feminista.

O feminismo alterou principalmente as perspectivas predominantes en diversas áreas da sociedade occidental, que van da cultura ó dereito. As activistas femininas fixeron campañas polos dereitos legais das mulleres (dereitos de contrato, dereitos de propiedade, dereitos ó voto), polo dereito da muller á súa autonomía e á integridade do seu corpo, polos dereitos ó aborto e polos dereitos reprodutivos (incluíndo o acceso á contracepción e a coidados prenatais de calidade), pola protección de mulleres e nenas contra a violencia doméstica, o acoso sexual e a violación, polos dereitos laborais, incluíndo o permiso por maternidade e salarios iguais, e todas as outras formas de discriminación.Durante gran parte da súa historia, a maioría dos movementos e teorías feministas tiveron líderes que eran principalmente mulleres brancas de clase media, de Europa Occidental e de América do Norte. Porén, dende o discurso de Sojourner Truth ás feministas dos Estados Unidos de América, feito en 1851, mulleres doutras etnias e orixes sociais propuxeron formas alternativas de feminismo. Esta tendencia foi acelerada na década de 1960, co movemento polos dereitos civís que xurdiu nos Estados Unidos e o colapso do colonialismo europeo en África, no Caribe e en partes de América Latina e do sueste asiático. Dende entón, as mulleres nas antigas colonias europeas e nos países en vías de desenvolvemento propuxeron feminismos "poscoloniais", nos cales algunhas postulantes, como Chandra Talpade Mohanty, critican o feminismo tradicional occidental como etnocéntrico. Feministas negras, como Angela Davis e Alice Walker, comparten este punto de vista.Dende a década de 1980, as feministas argumentaron que o movemento debería examinar como a experiencia da muller coa desigualdade se relaciona ó racismo, á homofobia, ó clasismo e á colonización. A finais desa década e comezos da seguinte as feministas posmodernas argumentaron que os papeis sociais dos xéneros foron construídos socialmente, e que sería imposíbel xeneralizar as experiencias das mulleres por todas as súas culturas e historias.

Gangs of New York

Gangs of New York é un filme do 2002 feita polo estudio Miramax, situada na metade do Século XIX no distrito de Five Points de Nova York. Foi dirixida por Martin Scorsese e escrita por Jay Cocks, Steven Zaillian e Kenneth Lonergan.

Foi nomeada a dez premios Oscar da Academia incluíndo mellor película e mellor director, aínda que non gañou ningún.

Georges Cuvier

Georges Léopold Nicolas Frédéric Cuvier, barón de Cuvier, coñecido como Georges Cuvier (leva tamén os nomes de Dagobert e de Chrétien) , nado en Montbéliard (Doubs) o 23 de agosto de 1769 e finado en París o 13 de maio de 1832, foi un naturalista francés, un dos máis importantes da primeira metade do século XIX. Desenvolveu métodos e programas de investigación en varias áreas da Historia Natural, destacando especialmente como promotor da anatomía comparada e da paleontoloxía.

Ocupou diferentes cargos de importancia na educación nacional francesa na época de Napoleón e tras a restauración dos Borbóns, e foi profesor de anatomía comparada no Museo Nacional de Historia Natural de Francia, en París. Tamén é famoso por ser o principal enunciador do catastrofismo.

Está enterrado no cemiterio do Père-Lachaise de París.

Green Book (filme)

Green Book é un filme estadounidense de 2018 dirixido por Peter Farrelly. Ambientado no ano 1962, inspírase na historia real dunha xira musical do pianista clásico e de jazz afroamericano Don Shirley (Mahershala Ali) polo Deep South acompañado do italoamericano Frank "Tony Lip" Vallelonga (Viggo Mortensen), que serve como condutor e gardacostas de Shirley. O filme foi escrito por Farrelly, Brian Hayes Currie e o fillo de Vallelonga, Nick Vallelonga, baseándose en entrevistas co seu pai e con Shirley, así como en cartas que o seu pai lle escribiu á súa nai. O filme recibe o seu título por The Negro Motorist Green Book, unha guía de mediados do século XX para viaxeiros afroamericanos escrita por Victor Hugo Green.

Green Book estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 11 de setembro de 2018, onde gañou o premio People's Choice. Estreouse posteriormente nos cinemas dos Estados Unidos o 16 de novembro de 2018, distribuído por Universal Pictures, e recadou máis de 306 millóns de dólares en todo o mundo. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica, con aclamacións ás interpretacións de Mortensen e Ali, aínda que recibiu tamén certo criticismo pola súa representación de Shirley.

Green Book gañou o premio National Board of Review ó mellor filme de 2018, e tamén foi escollido como un dos 10 mellores filmes do ano polo American Film Institute. O filme recibiu numorosos galardóns e nomeamentos, e na 91ª edición dos Oscar gañou os premios de mellor filme, mellor guión orixinal e mellor actor secundario para Mahershala Ali.

Killing in the Name

"Killing in the Name" é un sinxelo da banda estadounidense de rap metal Rage Against the Machine, editado en novembro de 1992 e tirado do seu primeiro álbum Rage Against the Machine. O tema acadou o posto 25 nas listas de sinxelos inglesas.

O tema, composto pouco despois dos graves disturbios de Los Ángeles de 1992, trata do racismo institucionalizado nas forzas policiais dos Estados Unidos e a conseguinte brutalidade policial en nome da supremacía branca.

No ano 2009, a canción formou parte dunha exitosa campaña en Facebook para evitar que a canción gañadora do programa The X Factor acadase o número 1 en Nadal no Reino Unido 5 anos consecutivos. "Killing in the Name" converteríase no primeiro tema en acadar ese posto só a base de descargas.

O solo interpretado por Tom Morello para esta canción foi elixido pola revista NME como o cuarto mellor solo de todos os tempos.

Misoxinia

A misoxinia é unha tendencia á aversión, que pode ser patolóxica, ás mulleres. Normalmente, fálase da misoxinia como un sentimento por parte do home cara á muller, pero as mulleres tamén poden presentar actitudes misóxinas. Na teoría feminista, a misoxinia está recoñecida como unha ideoloxía política similar ao racismo ou ao antisemitismo, existente para xustificar e reproducir a subordinación das mulleres polos homes. A misoxinia pode manifestarse de diferentes xeitos, incluíndo a exclusión social, a discriminación sexual, hostilidade, androcentrismo, patriarcado, privilexio masculino, a depreciación das mulleres e a obxectificación sexual.

A misoxinia forma parte dos patróns culturais de moitas sociedades en que o rol da muller, sempre supeditado exclusivamente ao fogar e a reprodución, supón que toda actividade se xustifique en tanto e en canto conforme unha extensión do seu quefacer maternal. Así —nestas culturas— o ámbito da educación ou da saúde pode ser unha actividade permitida; non así aqueles ámbitos que se consideran de dominio exclusivo masculino.

A misoxinia tamén implica a aceptación en contrapartida da idea do machismo como balance necesario. Un individuo masculino misóxino pode facer exercicio da súa heterosexualidade sen que isto mingüe o seu prexuízo polo outro sexo.

Unha sociedade misóxina establece ríxidas regras de conduta para as mulleres de maneira que estas cumpran coa función que se lles asigna. En tales sociedades ante a dúbida con respecto ao cumprimento estrito destas regras tómase a vía de culpar a muller dado que o home goza de preeminencia e maior credibilidade. Outro aspecto onde se manifestou e aínda se manifesta a misoxinia é na lexislación, pois nela as integrantes do mal chamado "sexo débil" adoitan depender dos familiares masculinos para o seu desenvolvemento, para a crianza dos fillos ou para o sustento.

A misoxinia pode atoparse nos textos sagrados de relixións e mitoloxías, e varios filósofos e pensadores occidentais foron descritos como misóxinos.

Nazismo

O nazismo ou o nacionalsocialismo designa a política da ditadura que gobernou a Alemaña de 1933 a 1945, o Terceiro Reich. O nazismo é frecuentemente asociado ao fascismo, aínda que os nazis dixesen practicar unha forma nacionalista e totalitaria de socialismo (oposta ao internacionalismo proletario marxista).O Partido Nacionalsocialista alemán defendía o Nationalsozialismus 'nacionalsocialismo'. Algunha dereita e extrema-dereita, chegando por veces ata ao centro, en especial en países con máis forte tradición anticomunista (como os Estados Unidos de América), refírense ao nazismo como unha forma de socialismo, apuntando para o nome, para algunha da retórica nazi e para a estatización da sociedade como probas. A xeneralidade da esquerda rexeita esas ideas, apuntando á existencia, desde aínda antes da toma do poder por Hitler, dunha resistencia comunista e socialista ao nazismo, para o carácter internacionalista e fraterno do socialismo, totalmente oposto á teoría e práctica nazi, e para a manutención, polos nazis, de toda a estrutura capitalista da economía alemá, limitada apenas polas condicionantes dunha economía de guerra e pola abordaxe a aquilo a que os nazis chamaban o "problema xudeu".O ditador Adolf Hitler chegou ao poder como líder dun partido político, o Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, ou NSDAP). A Alemaña deste período é tamén coñecida como "Alemaña nazi" e os partidarios do nazismo eran (e son) chamados nazis. O nazismo foi prohibido en Alemaña moderna, aínda que pequenos grupúsculos de simpatizantes, chamados neonazis, continúen a existir en Alemaña e noutros países. Algúns revisionistas históricos difunden propaganda que nega ou minimiza o Holocausto e outras accións dos nazis e tenta deitar unha luz positiva sobre as políticas do réxime nazi e os acontecementos que ocorreron baixo el.

Oi!

"Oi!" é o nome dado a un subxénero da música punk que busca aliñar o punk coa clase obreira. Comezou a finais de 1977, fusionando os estilos das primeiras bandas punk como The Clash e os Ramones, cos de bandas de rock británicas como os Rolling Stones e The Who, promovendo a unidade entre punks e skinheads. Orixinalmente, o estilo chamouse "streetpunk" ou "reality-punk"; non foi ata comezos dos anos 80 cando o xornalista musical Garry Bushell denominou o movemento como "Oi!", supostamente derivado da canción dos Cockney Rejects "Oi! Oi! Oi!".

As bandas de Oi! orixinais inclúen a Cock Sparrer, Cockney Rejects, Angelic Upstarts, Slaughter and the Dogs, Skrewdriver, The Lurkers, Anti-Nowhere League e Sham 69. Foron seguidos por The Business, The Last Resort, The Burial, The 4-Skins, Combat 84, Infa-Riot, The Blood, Anti-Heros, e outras.

Como bastantes skinheads foron recrutados por organizacións racistas como o Fronte Nacional, algunhas historias de música rock tachan todo o Oi! como racista. Porén, ningunha das bandas de streetpunk orixinais eran particularmente racistas, e algunhas, coma os Angelic Upstarts, sempre foron asociadas coa esquerda e participaron en campañas anti-racismo. Unha posible excepción é Skrewdriver. O primeiro material da banda é considerado habitualmente como Oi! clásico, pero a mediados dos 80 Skrewdriver dirixía unha pequena escena de rock neo-Nazi. Alén do cantante principal Ian Stuart Donaldson, a banda seguía unha liña diferente a de finais dos 70, pero a súa música era recoñecible como Oi!, aínda que eles querían afastarse do punk en xeral, preferindo o termo "R.A.C." ("Rock Against Communism" ("Rock Contra Comunismo") — como reacción ó Rock Against Racism ("Rock Contra o Racismo")). Os membros orixinais de Skrewdriver manifestaron que non querían ser asociados coa versión da banda de Donaldson.

O Oi! tamén está asociado coa dereita política, despois dos eventos do 4 de xullo de 1981 no Hamborough Tavern en Southall, Londres, cando un concerto das bandas The Business, The Last Resort e 4-Skins acabou en disturbios violentos entre a audiencia branca predominante e os asiáticos locais. A pesar diso, paga a pena mencionar que após os sucesos varias bandas Oi! non foron lentas á hora de condenaren o racismo en tódalas súas formas, ademais de negaren calquera tipo de asociación co fascismo.

Desafortunadamente estas negacións foron vistas con cinismo por algúns logo do lanzamento dun álbum recompilatorio titulado Strength Thru Oi, sobre o mesmo tempo máis ou menos. Non só o seu título era un xogo de palabras co eslogan nazi (Strength Through Joy), senón que na portada aparecía Nicky Crane, un activista nazi condenado a catro anos de prisión por violencia e racismo. Gary Bushell, responsable de compilar el álbum, dixo porén que o título procedía do disco de The Skids Strength Through Joy. Tamén negou coñecer a identidade do skinhead da frontal do álbum ata que dous meses despois apareceu no Daily Mail. Bushell, socialista por aquel entón, notou despois a ironía de ser chamado activista de extrema dereita por un xornal que apoiara a Oswald Mosley, as camisas negras, a invasión de Abyssinia por Mussolini, Abyssinia, e tolerancia con Hitler ata a fin da Segunda Guerra Mundial.

O movemento Oi! axiña comezou a perder o seu momento no Reino Unido, pero o Oi! estaba a estenderse por Europa, Xapón e máis América do Norte. Nos Estados Unidos, o fenómeno Oi! foi repetido pola explosión do Hardcore a comezos dos 80, especialmente bandas como Black Flag, Iron Cross, e S.S. Decontrol. Aínda que similar en espírito e influencia ó Oi! (particularmente nas primeiras fases), o Hardcore estendeuse como unha moda peculiar entre a clase media americana (en lugar de na clase obreira) ó aumentar a súa influencia. A mediados dos 90, comezou de novo un interese pola música Oi!, xurdindo novas bandas e un maior recoñecemente polas vellas. Con este renacemento viu un novo esforzo por afastar o Oi! do racismo.

As bandas Oi! recentes inclúen The Templars, Oxblood, The Wretched Ones, Those Unknown, The Lager Lads, Oxymoron e Hard Skin.

En Galiza a principios do oitenta aparecen os primeiros grupos Oi!, a destacar os vigueses Desvirgheitors ou Katarrak en Ourense. Mais tarde aparecen en Vigo outros como Ruín Bois ou Doctor Marten's Beat. Pero sen dúbida o grupo Oi! galego máis recoñecido son os Keltoi!, un grupo galegofalante, antifeixistas, e siareiros do Celta de Vigo.

Paseando a Miss Daisy

Paseando a Miss Daisy (en inglés: Driving Miss Daisy) é un filme estadounidense de drama e comedia dirixido por Bruce Beresford que foi estreado en 1989. É unha adaptación da obra de Alfred Uhry Driving Miss Daisy. Está protagonizado por Morgan Freeman, que retoma o papel de Hoke Colburn (que xa interpretara na obra) e por Jessica Tandy que interpreta a Miss Daisy.

Estreouse en galego na TVG o 31 de agosto de 2001.

Stock de coque

Stock de coque (en francés Coke en stock), é o décimo noveno álbum de As aventuras de Tintín, escritas e ilustradas polo historietista belga Hergé. Publicouse en francés en 1958.

Stock de coque é a primeira aventura de Tintín que integra a un gran número de personaxes de anteriores números: o Xeneral Alcázar (A orella rota) os personaxes do ficticio pais do Khemed (Tintín no país do ouro negro), Rastapopoulos (Os xarutos do faraón), Dawson (O Loto Azul), Allan Thompson (O caranguexo das tenaces de ouro), e o Dr Müller (A illa negra).

Stock de coque é unha aventura na cal Tintín descobre que Sheikh Bab el Ehr está detrás do derrocamento de Mohammed Ben Kalish Ezab, o emir do Khemed.

The Shape of Water

The Shape of Water é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Guillermo del Toro e escrito por Toro e Vanessa Taylor. Está protagonizado por Sally Hawkins, Michael Shannon, Richard Jenkins, Doug Jones, Michael Stuhlbarg e Octavia Spencer. Está ambientada en Baltimore en 1962, e conta a historia dunha limpadora muda que traballa nun laboratorio de alta seguridade do goberno que se namora dunha criatura anfibia de aparencia humana.

The Shape of Water foi estreada na competición principal do Festival Internacional de Cine de Venecia o 31 de agosto de 2017, e foi premiado co León de Ouro. Tamén foi estreado no Festival Internacional de Cinema de Toronto. Comezou cunha estrea limitada en dous cines de Nova York o 1 de decembro de 2017, antes da estrea en todo o país o 8 de decembor de 2017. Obtivo unha recadación de $148 millóns en todo o mundo. A partir do filme, del Toro e Daniel Kraus crearon unha novela que foi publicada o 6 de marzo de 2018.The Shape of Water recibiu a aclamación da crítica polas interpretacións, o guión, a dirección, os efectos visuais, o deseño de produción e a banda sonora, sendo considerado o mellor traballo de del Toro dende El laberinto del fauno; a American Film Institute escolleuno como un dos 10 mellores filmes do ano. Recibiu un bo número de premios e nomeamentos, incluíndo trece nomeamentos na 90ª edición dos Oscar, onde gañou o Óscar ó mellor filme (o primeiro filme de fantasía dende The Lord of the Rings: The Return of the King en gañar nesta categoría), mellor director, mellor banda sonora e mellor deseño de produción. Foi nomeado a sete premios nos Globos de Ouro, gañando o de mellor director e mellor banda sonora. Nos BAFTA, tivo doce nomeamentos e gañou tres premios, incluíndo o de mellor director. Tamén obtivo catorce nomeamentos nos Critics' Choice Awards gañando catro deles.

Xenofobia

A xenofobia (do grego xeno, "estranxeiro", e fobia, "temor") é o rexeitamento ao estranxeiro, con manifestacións que van desde o rexeitamento máis ou menos manifesto, o desprezo e as ameazas, até as agresións e asasinatos.

Xosé Lois González Vázquez

Xosé Lois González Vázquez, alcumado O Carrabouxo, nado en Ourense en 1949, é un debuxante galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.