Racing Club de Ferrol

O Racing Club de Ferrol, S.A.D. é un club de fútbol da cidade de Ferrol (A Coruña), fundado no 1919 pola fusión de Racing Club e Club Ferrol, dous dos equipos da cidade nesa época. Xoga actualmente na Segunda División B tras conseguir o ascenso na tempada 2018-19.

Entre os seus maiores logros conta con varios campionatos galegos, un subcampionato da Copa do Rei en 1939, e un segundo posto na Segunda División en 1940, categoría na que xogou 34 tempadas até o momento.

Racing de Ferrol
Banderí Ferrol.jpeg
NomeRacing Club de Ferrol, S.A.D.
Alcume(s)Diaños verdes
Fundación1919
EstadioA Malata,
Ferrol, Galicia
Inauguración1993
Capacidade12.042
PresidenteGalicia José María Criado Labajo
AdestradorEmilio Larraz
Liga2ªB – Grupo 1
2018–19 (3ª – Grupo 1)
VestimentaNike
PatrocinadorReganosa[1]
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

Nome do club

  • Racing Ferrol Foot-ball Club (1919–1941)
  • Club Ferrol (1941–1972)
  • Racing Club de Ferrol (1972–2001)
  • Racing Club de Ferrol, S.A.D. (2001–presente)

Historia

Inicios do equipo

Racing Ferrol Football Club 1919-1920
Racing de Ferrol 1919-1920.

Aínda que as primeiras noticias futbolísticas en Ferrol están datadas en novembro de 1892 e os primeiros clubs da cidade non se crearon até o verán de 1904, o Racing non viu a luz até a segunda metade do ano 1919. Foi por iniciativa de Manuel Fernández, coñecido como Cancela, un futbolista que quixo unir aos mellores xogadores dos distintos cadros da cidade para formar un club competitivo.[2] A data de fundación da entidade racinguista é 05-10-1919, por fusión do Racing Club (formado no mes de xullo pola fusión de Jaime I F.C. e Giralda F.C., equipos estes nacidos en 1912) e mais o Club Ferrol (cadro nacido en 1917 co nome de Círculo Rojo F.C. da man dun vigués que cursaba estudos en Ferrol chamado Fernando De Ponte). Desa unión xurdiu o Racing Ferrol Foot-Ball Club, que é o club actual. Foi admitido na FGF na súa asemblea anual, celebrada en Vigo o 18-10-1919, pero o 30-11-1919 foi expulsado por non estar aínda inscrito no rexistro de asociacións nin contar con campo de seu, trámites estes que formalizaría nos meses seguintes para reingresar na federación.

O Racing empezou xogando en 1919 no Campo de Sport de Caranza e debutou na Serie B do extinto Campionato de Galicia na tempada 1920/21, logrando o ascenso á máxima categoría, a Serie A, ao remate da campaña 1922/23, cando xa xogaba no Campo do Inferniño, inaugurado en maio de 1921. En 1923/24 queda subcampión galego tras o Celta. Durante os anos seguintes experimenta unha imparábel progresión até proclamarse campión de Galicia na tempada 1928/29 (sen coñecer a derrota), logo de vencer ao Deportivo da Coruña no último partido do torneo rexional.[3] Con esa vitoria o equipo puido xogar por primeira vez na súa historia a Copa do Rei, deixando na cuneta ao potente Alavés e sendo eliminado nos oitavos de final polo Athletic Club con polémicas arbitrais incluídas. Durante esas eliminatorias a prensa vasca deulle ao Racing o sobrenome de Diaños Verdes, pola grande impresión que os verdes deixaran en Vitoria e en Bilbao. No equipo verde, dirixido polo catalán José Planas Artés, salientaban Gerardo Bilbao e Guillermo Gorostiza, que despois ficharían polo Athletic, o rioxano Alejandro (que anos despois xogaría no Atlético de Madrid), o lucense Silvosa, Pedro Basterrechea e o ferrolán Manuel Rivera, considerado como un dos mellores medios centros do fútbol galego de antes da guerra civil.

En 1928 créase a Liga española de fútbol, e o Racing Club comezou a súa andaina no campionato nacional dentro do grupo galego de Terceira División (por entón, terceira categoría pura). Nas súas dúas primeiras tempadas, os ferroláns terminan en primeira posición do seu grupo. En 1931/32 mesmo chegan a xogar a fase de ascenso á 2ª División sendo eliminados polo C.D. Nacional madrileño. Finalmente conseguirían o ascenso ao término da tempada 1933/34 cando a Real Federación Española de Fútbol ampliou a Segunda División a máis formacións. O Racing, no que xogaba xa o futuro internacional Juan Vázquez, só puido permanecer un ano nela, xa que terminou a tempada 1934/35 na última posición do seu grupo.

Finalista na Copa de España

Durante a guerra civil española o fútbol oficial non se detivo en Galicia, e o Racing, con Planas como técnico, proclamouse vencedor do campionato galego nas tempadas 1937/38 e 1938/39 (esta última sen coñecer a derrota, superando con claridade ao Deportivo da Coruña). Grazas ao título desta última campaña conseguiu clasificarse para o Campionato de España / Copa do Xeneralísimo no primeiro ano baixo esa denominación. Os estragos da guerra afectaron a moitos clubs, que renunciaron a participar polos custos ou porque se atopaban sen xogadores. O Racing eliminou a Real Sociedad en cuartos de final e o Baracaldo-Oriamendi nas semifinais.[4]

O equipo conseguiu así chegar até a súa primeira final do torneo copeiro. O partido disputouse o 25 de xuño de 1939 no Estadio de Montjuïc (Barcelona), e o Racing de Ferrol caeu derrotado fronte ao Sevilla FC, que partía como claro favorito, por 6 a 2. Silvosa marcou os dous goles dos ferroláns, un deles de penalti.[5] O once verde na cita foi o formado por: Alberty Kiszel; Caliche, Moreno; Bertolí, Silvosa, Basterrechea; Lelé, Gallart, Barón, Edelmiro e Portugués.

Paso pola Segunda División

Logo da final de Copa, o Racing de Ferrol (que dende xaneiro de 1941 pasara a denominarse por imperativo legal Club Ferrol) permaneceu catro tempadas en Segunda División desde o ano 1939 até 1943, e logo de forma ininterrompida desde 1944 até 1960, cando volveu descender á 3ª División. En 1952 o equipo ferrolán disputou por primeira vez na súa historia a liguiña de ascenso a Primeira División, aínda que non puido conseguir o seu obxectivo ao terminar en última posición de seis equipos.

En 1954, logo de varios anos sometido a un proceso de remodelación, o campo do Inferniño foi rebautizado co nome de estadio Manuel Rivera, en memoria do excelso futbolista falecido de maneira prematura. Ampliou capacidade, pasou de 3 000 a 8 000 localidades, e quedou convertido nun estadio con pista de atletismo e torre do Maratón.

En 1960 o club regresou, como queda dito, ao grupo galego de Terceira División. A pesar de ser o seu máximo dominador, gañando e goleando case sempre, o Racing caía nas fases de ascenso (Huelva, Rayo Vallecano, Abarán...) e non conseguiu o seu obxectivo até o ano 1966, con Satur Grech á fronte do banco, cando superou na rolda final á UE Sants barcelonesa no Camp Nou azulgrana. O seu novo paso por Segunda durou nesta ocasión seis tempadas e o seu posto máis destacado foi unha cuarta posición na tempada 1968/69, a un só do ascenso, despois de 17 partidos consecutivos sen coñecer a derrota, case toda a 2ª volta en postos de ascenso e unha liña de oito triunfos seguidos. Por outra banda, en 1967 o equipo fíxose co Trofeo Teresa Herrera logo de eliminar ao Deportivo da Coruña na semifinal e superar por 3 a 0 ao Celta de Vigo na final. Nestes anos, os da presidencia de Ramón Sánchez Dopico, o Racing bateu récords en número de socios e milleiros de afeccionados enchían o estadio Manuel Rivera domingo tras domingo.

O Racing de Ferrol descendeu a Terceira en 1972 (ano no que deixou de chamarse Club Ferrol para pasar a titularse Racing Club de Ferrol, até hoxe) e os verdes non conseguiron regresar á división de prata até seis anos despois. En 1978 a Federación Española reestrutura todo o campionato profesional: a vella Terceira pasa a chamarse Segunda División B (cos mellores da Terceira da tempada 1976/77) e nace a cuarta categoría estatal, co nome de 3ª División. Os ferroláns quedarían encadrados no grupo 1º desa Segunda B con rivais de toda a metade norte de España, e conseguiu o seu ascenso como campión da súa división. Con todo, só permaneceron unha tempada en Segunda, a 1978/79, ao terminar en última posición de 20 equipos.

Crise de resultados

Tras o seu descenso, o Racing de Ferrol atravesou unha grave crise deportiva e económica. O equipo chegou até a descender a Terceira División en 1984, obtendo a súa posición máis baixa en 1987 ao rozar os postos de descenso á división rexional. A estas crises sumouse unha mala xestión da directiva, que terminou coa inhabilitación do presidente da entidade, Vicente Bastida De la Calle, en 1983, polo famoso "caso Camilo". O club conseguiu regresar a Segunda B en 1988 e tamén en 1992, asentándose por completo nesa categoría a partir dese ano. En 1993 tivo lugar a inauguración do Campo da Malata.

En 1995 os ferroláns volven loitar por subir logo de quedaren primeiros no seu grupo de Segunda B, aínda que na liguiña de ascenso empataron na última xornada fronte ao Beasain e quedaron por detrás do Almería CF. Durante seis anos o conxunto galego termina nas posicións altas da táboa, até que na tempada 1999/2000, ao cuarto intento, o Racing de Ferrol logra subir a Segunda co ferrolán José Ramón Arteche como técnico, logo de vencer na fase final ao Barakaldo CF, AD Ceuta e CF Gandia.

Século XXI

Estadio da Malata Ferrol
Encontro do Racing de Ferrol no Estadio Municipal da Malata en Terceira División.

Para poder xogar na Segunda División (na que se atoparía con rivais como o Atlético de Madrid, Betis ou o Sevilla), o Racing de Ferrol tivo que converterse en sociedade anónima deportiva, trámite verificado no verán de 2001 co Concello de Ferrol e Isidro Silveira (presidente dende 1995) como principais accionistas. O equipo permaneceu tres tempadas na segunda categoría, cun noveno lugar como posto máis destacado na tempada 2001/02, pero descendeu en 2003 ao finalizar en antepenúltima posición.

Cunha tempada en Segunda B, o club regresou a Segunda División en 2004 con Luis César como adestrador logo de superar na fase de ascenso a Castellón, At. Madrid B e Sevilla B, e viviu dous anos na división de prata. Os galegos volven ascender en 2007 da man dos irmáns Juan e José Veiga (superando os desaparecidos CD Linares primeiro e Alicante CF despois) e na tempada 2007/08 terminan en décimo novena posición, o que supón de novo perder a categoría.

Na tempada 2008/09 o equipo acaba sétimo en Segunda B. A crise económica obrigou ao club a desprenderse dalgúns dos seus mellores xogadores, o que provocou, na tempada 2009/10, o descenso a Terceira logo de 18 tempadas sen xogar no cuarto andar do fútbol español.

Na tempada 2010/11 o Racing acadou a segunda posición na táboa. Os ferroláns xogaron a fase de ascenso, superando na primeira rolda ao Binéfar, pero caendo eliminados na segunda polo Izarra. A tempada seguinte foi moito máis irregular para o Racing, que quedou en novena posición, a 15 puntos da promoción. Na tempada 2012/13, o equipo proclámase campión do grupo I de Terceira, sumando 97 puntos, novo récord histórico no grupo galego ademais de ser o campión con máis puntos dos 18 grupos nesa tempada. Na promoción de campións, o Racing empatou 1-1 contra o Laudio en terras vascas, sentenciando a eliminatoria por 1-0 na Malata e volvendo a Segunda B tres anos despois.

Estadio

Artigo principal: Estadio Municipal da Malata.

O campo onde xoga como local é o estadio Municipal da Malata. Sitúase nunha superficie municipal de 144 806 metros cadrados na zona da Malata, xunto ao Recinto feiral de Punta Arnela. O campo ten unhas dimensións de 105 x 68 metros e unha capacidade para 12 024 persoas.

Canteira

Conta cunha ampla canteira nas categorías inferiores como prebenxamíns, benxamins e alevín.[Cómpre referencia]

Tamén conta con categorías superiores en ligas galegas como infantil, cadete e xuvenil.[Cómpre referencia]

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta e medias verdes, pantalón branco.
  • Uniforme reserva: Camiseta a raias verticais brancas e negras, pantalón negro.
  • Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias verdes.

Datos do club

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 34
  • Tempadas no terceiro nivel ligueiro (antiga Terceira + actual Segunda B): 40 (até 2015/16)
  • Tempadas no cuarto nivel ligueiro (actual Terceira): 9
  • Mellor clasificación na liga: (Segunda División grupo 1º, tempada 1939-40); (Segunda División, grupo único, tempada 1968/69).

Historial na liga

Tempada Categoría Posto
1929
1930/31
1931/32
1932/33
1933/34 Green Arrow Up.svg
1934/35
1939/40
1940/41
1941/42
1942/43 Red Arrow Down.svg
1943/44 Green Arrow Up.svg
1944/45 10º
1945/46
1946/47 10º
1947/48
1948/49 14º
1949/50 12º
1950/51
1951/52
1952/53
1953/54
Tempada Categoría Posto
1954/55 12º
1955/56
1956/57 16º
1957/58 12º
1958/59 10º
1959/60 16º Red Arrow Down.svg
1960/61
1961/62
1962/63
1963/64
1964/65
1965/66 Green Arrow Up.svg
1966/67
1967/68
1968/69
1969/70 10º
1970/71
1971/72 18º Red Arrow Down.svg
1972/73
1973/74
1974/75
Tempada Categoría Posto
1975/76
1976/77 Green Arrow Up.svg
1977/78 2ªB Green Arrow Up.svg
1978/79 20º Red Arrow Down.svg
1979/80 2ªB 16º
1980/81 2ªB 11º
1981/82 2ªB 17º
1982/83 2ªB
1983/84 2ªB 20º Red Arrow Down.svg
1984/85
1985/86
1986/87 17º
1987/88 Green Arrow Up.svg
1988/89 2ªB 13º
1989/90 2ªB 17º Red Arrow Down.svg
1990/91
1991/92 Green Arrow Up.svg
1992/93 2ªB 12º
1993/94 2ªB 13º
1994/95 2ªB
1995/96 2ªB
Tempada Categoría Posto
1996/97 2ªB
1997/98 2ªB
1998/99 2ªB
1999/00 2ªB Green Arrow Up.svg
2000/01 16º
2001/02
2002/03 20º Red Arrow Down.svg
2003/04 2ªB Green Arrow Up.svg
2004/05 16º
2005/06 20º Red Arrow Down.svg
2006/07 2ªB Green Arrow Up.svg
2007/08 19º Red Arrow Down.svg
2008/09 2ªB
2009/10 2ªB 19º Red Arrow Down.svg
2010/11
2011/12
2012/13 Green Arrow Up.svg
2013/14 2ªB
2014/15 2ªB
2015/16 2ªB
2016/17 2ªB

Xogadores

Cadro actual

Datos do 12 de outubro de 2016.
Posto País Xogador
POR Galicia Ian Mackay
POR Galicia Brais Pereiro
POR España Sergio García
DEF España Javier Velayos
DEF España Adrián Armental
DEF España Aitor Pascual
DEF Galicia Diego Maceira
DEF Galicia Víctor Vázquez
DEF Galicia Nano
DEF España José Cruz
DEF España José Catalá
Posto País Xogador
MED España Álex Felip
MED Galicia Bicho
MED España Juan Martínez
MED España David Bandera
MED España Sergio Martín
MED Galicia Pablo Rey
MED España Dani Benítez
DIA Galicia Joselu
DIA Galicia Brais Abelenda
DIA España Julio Delgado

Goleadores por tempada

Corpo técnico

Actualmente (outubro de 2018) o adestrador do Racing de Ferrol é Emilio Larraz López.

Adestradores

Categoría principal: Adestradores do Racing de Ferrol.
  • 1928-1929 Cataluña José Planas
  • 1929-1930 José Messenger [Cómpre referencia]
  • 1930-1931 Cataluña José Planas
  • 1931-1932 Juan Lozano [Cómpre referencia]
  • 1931-1932 Agustín Marín Barranco [Cómpre referencia]
  • 1932-1933 Cataluña José Planas
  • -----
  • 1934-1935 Cataluña José Planas [Cómpre referencia]
  • 1935-1936 José Messenger
  • 1935-1936 César Moledo
  • 1936-1939 Cataluña José Planas
  • -----
  • 1941-1942 Galicia Fernando Fariña
  • 1942-1943 Cataluña José Planas
  • -----
  • 1944 España Tomás Rodríguez
  • 1944-1945 España Hilario
  • 1945-1947 España Amadeo Sánchez
  • 1947-1949 España Hilario
  • 1949-1950 Benito Pérez Bao
  • 1950-1951 Cataluña José Planas
  • 1951-1952 España Tomás Castro Serrano
  • 1952 España Lorenzo Ausina Tur

Palmarés

Torneos nacionais

Torneos estatais

Torneos amigables

Premios

Notas

  1. El Racing aprovecha su solidez[Ligazón morta], Diario de Ferrol, 17/8/2010
  2. Caixa Galicia (ed.). "Racing de Ferrol". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2010. Consultado o 8 de marzo de 2010.
  3. Mundo Deportivo, ed. (5 de decembro de 1928). "O Racing de Ferrol venceu onte 1 a 0 ao Deportivo da Coruña". Consultado o 8 de marzo de 2010.
  4. ABC, ed. (20 de xuño de 1939). "O Racing de Ferrol del Caudillo, 2; Oriamendi, 1". Consultado o 8 de marzo de 2010.
  5. La Vanguardia, ed. (27 de xuño de 1939). "El domingo se clausuró brillantemente la "Copa del Generalísimo", en el Estadio". Consultado o 8 de marzo de 2010.
  6. "El Ferrol, campeón de la Copa Federación Gallega, al empatar con el Deportivo (2-2)" (TIFF). Ciudad: Semanario de Pontevedra nº76. 7 de xullo de 1947. p. 3.
  7. Juego Limpio en España - Real Federación Española de Fútbol (en castelán)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Campionato de Galicia de fútbol 1924/25

O Campionato de Galicia da Serie A 1924/25 foi a décimo primeira edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en outubro de 1924 e rematou en febreiro de 1925. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.

Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Unión Sporting Club e o Pontevedra Athletic Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. Proclamouse campión o Celta de Vigo.

Campionato de Galicia de fútbol 1925/26

O Campionato de Galicia da Serie A 1925/26 foi a décimo segunda edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en outubro de 1925 e rematou en febreiro de 1926. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España.

Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Unión Sporting Club e o Pontevedra Athletic Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. Proclamouse campión o Celta de Vigo e subcampión o Deportivo da Coruña.

Campionato de Galicia de fútbol 1926/27

O Campionato de Galicia da Serie A 1926/27 foi a décimo terceira edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en outubro de 1926 e rematou en agosto de 1927. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España.

Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol e o Unión Sporting Club. O Pontevedra Athletic Club retirouse do campionato antes de que principiase a competición. O torneo foi disputado en forma de liga a catro voltas. Proclamouse campión o Deportivo da Coruña e subcampión o Celta de Vigo.

Campionato de Galicia de fútbol 1927/28

O Campionato de Galicia da Serie A 1927/28 foi a décimo cuarta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en outubro de 1927 e rematou en decembro do mesmo ano. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España.

Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Emden Foot-ball Club e o Unión Sporting Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. Proclamouse campión o Deportivo da Coruña e subcampión o Celta de Vigo.

Campionato de Galicia de fútbol 1929/30

O Campionato de Galicia da Serie A 1929/30 foi a décimo sexta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en setembro de 1929 e rematou en decembro do mesmo ano. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España.

Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Emden Foot-ball Club e o Unión Sporting Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas, aínda que o calendario fixado intercalou os encontros de ámbalas dúas. Proclamouse campión o Celta de Vigo e subcampión o Deportivo da Coruña.

Campionato de Galicia de fútbol 1930/31

O Campionato de Galicia da Serie A 1930/31 foi a décimo sétima edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en setembro de 1930 e rematou en novembro do mesmo ano. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España.

Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Club Coruña e o Burgas Foot-ball Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. Proclamouse campión o Deportivo da Coruña e subcampión o Celta de Vigo.

Campionato de Galicia de fútbol 1931/32

O Campionato de Galicia da Serie A 1931/32 foi a décimo oitava edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en setembro de 1931 e rematou en novembro do mesmo ano. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España.

Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Ourense Fútbol Club e o Burgas Foot-ball Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. Proclamouse campión o Celta de Vigo e subcampión o Deportivo da Coruña.

Campionato de Galicia de fútbol 1932/33

O Campionato de Galicia da Serie A 1932/33 foi a décimo novena edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en setembro de 1932 e rematou en novembro do mesmo ano. Os tres primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España.

Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Unión Sporting Club, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol e o Ourense Fútbol Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. Proclamouse campión o Deportivo da Coruña, seguido na clasificación polo Racing de Ferrol e mais polo Celta de Vigo.

Campionato de Galicia de fútbol 1933/34

O Campionato de Galicia da Serie A 1933/34 foi a vixésima edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en setembro de 1933 e rematou en outubro do mesmo ano. Os tres primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España.

Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Unión Sporting Club, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol e o Galicia Sport Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. Proclamouse campión o Celta de Vigo, seguido na clasificación polo Deportivo da Coruña e mais polo Racing de Ferrol.

Campionato de Galicia de fútbol 1934/35

O Campionato de Galicia da Serie A 1934/35 foi a vixésimo primeira edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en outubro de 1934 e rematou en xaneiro de 1935. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.

Participaron o Club Lemos, o Eiriña Club de Fútbol, o Unión Sporting Club, o Lugo Sporting Club, o Club Coruña e o Vilagarcía Foot-ball Club. O Celta de Vigo, o Deportivo da Coruña e o Racing Club de Ferrol non participaron por tomaren parte do Campionato Mancomunado Galaico-Ástur desa tempada. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. Proclamouse campión o Unión Sporting.

Campionato de Galicia de fútbol 1935/36

O Campionato de Galicia da Serie A 1935/36 foi a vixésimo segunda edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en setembro de 1935 e rematou en novembro do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.

Participaron o Club Lemos, o Eiriña Club de Fútbol, o Racing Club de Ferrol, o Lugo Sporting Club, o Club Coruña e o Vilagarcía Foot-ball Club. O Celta de Vigo, o Deportivo da Coruña e o Unión Sporting Club non participaron por tomaren parte do Campionato Mancomunado Galaico-Ástur desa tempada. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. Proclamouse campión o Club Lemos.

Campionato de Galicia de fútbol 1937/38

O Campionato de Galicia 1937/38 foi a vixésimo cuarta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en maio de 1938 e rematou en xullo do mesmo ano. Esta edición do campionato recibiu o nome de Copa Corpo de Exército de Galicia.

Participaron o Real Club Deportivo da Coruña, o Real Club Celta de Vigo, o Racing Club de Ferrol e o Eiriña Club de Fútbol. O torneo foi disputado en forma de liga. Inicialmente, íanse xogar só dúas voltas, mais durante o transcurso da competición acordouse ampliala ata catro voltas e que non fose adoptada a diferenza de goles como sistema de desempate. O campión foi o Racing de Ferrol.

Campionato de Galicia de fútbol 1938/39

O Campionato de Galicia 1938/39 foi a vixésimo quinta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Xogouse entre os meses de febreiro e marzo de 1939. O primeiro posto no torneo outorgaba a clasificación para a Copa do Xeneralísimo, disputada por primeira vez nesa mesma tempada.

Por instrucións da Comité Executivo da RFEF de Donostia, nominalmente non foi denominado Campionato, senón Torneo eliminatorio para a Copa do Xeneralísimo. Isto permitía que equipos non federados formados por militares puidesen tomar parte na competición, algo que finalmente non aconteceu en Galicia, mais si noutros campionatos territoriais do resto do estado. Inscribíronse inicialmente o Real Club Celta de Vigo, o Real Club Deportivo da Coruña e o Racing Club de Ferrol, mais finalmente o Celta decidiu non participar no torneo e soamente foi disputado polos dous equipos do Arco Ártabro. O torneo foi disputado en forma de liga a catro voltas, resultando vencedor o Racing de Ferrol.

Campionato de Galicia de fútbol 1939/40

O Campionato de Galicia da Serie A 1939/40 foi a vixésimo sexta e derradeira edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en setembro de 1939 e rematou en novembro do mesmo ano. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa do Xeneralísimo.

Participaron o Real Club Deportivo da Coruña, o Real Club Celta de Vigo, o Racing Club de Ferrol, o Eiriña Club de Fútbol, o Club Coruña e o Foot-ball Club Vigués. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. Proclamouse campión o Deportivo da Coruña e subcampión o Foot-ball Club Vigués. As renuncias do Vigués e do Eiriña a participaren na Copa do Xeneralísimo fixeron que o Celta de Vigo obtivese a clasificación para o torneo estatal.

Copa Deputación da Coruña de fútbol

A Copa Excelentísima Deputación Provincial da Coruña, comunmente coñecida como Copa Deputación da Coruña é un torneo futbolístico no que participan anualmente clubs da provincia da Coruña. Está patrocinada pola Deputación da Coruña, que reparte premios en metálico aos equipos participantes en función do seu desempeño na competición, e é organizada pola Federación Galega de Fútbol. Foi creada en 1988 e desde entón celébrase anualmente (agás no ano 1998). O equipo con máis títulos é o Racing Club de Ferrol, que é o actual campión e en 2017 conquistou o seu sexto título.

Fase Autonómica Galega da Copa RFEF

A Fase Autonómica Galega da Copa RFEF é unha competición de fútbol, ronda previa da antedita copa estatal en Galicia. Está organizada pola Federación Galega de Fútbol.

Jesús Barrio

Jesús Barrio Álvarez, nado en Xixón o 16 de outubro de 1916 e finado o 3 de outubro de 2002, foi un adestrador de fútbol español. Antes, na súa faceta como futbolista, salientou no Racing Club de Ferrol, no que militou nas campañas 1937/38 (nela o club verde foi campión de Galicia por segunda vez na súa historia), 1938/39 (na que o Racing foi outra volta campión de Galicia, nesta oportunidade invicto, e subcampión de Copa, ao perder a final ante o Sevilla F.C. en Montjuic) e 1939/40 (xogando na 2ª División). Barrio disputou un total de 19 partidos oficiais coa Verde, marcando 17 goles.

Luis Rodríguez Vaz

Luis Rodríguez Vaz, nado en Verín o 7 de febreiro de 1942, é un adestrador de fútbol galego.

Trofeo Concepción Arenal 2015

A 54.º edición do Trofeo Concepción Arenal celebrouse en Ferrol a partido único entre o Racing Club de Ferrol e o Club Deportivo Lugo o 7 de agosto de 2015, despois de non celebrarse o ano anterior. O campión foi o Lugo por un gol a tres, sendo o gol obra dos ferroláns de Diego Vela e os tres dos lucenses de Igor Martínez, Campillo e Israel Puerto.

Máximos goleadores por tempada
Tempada Xogador P.Xogados P.Titular Minutos Goles Cos mesmos goles
1934–35 Galicia Juan Vázquez
1944–45 Flag of the Basque Country.svg José Caeiro Igós 20 20 1.768 12
1945–46 Flag of the Basque Country.svg Ortiz 26 26 2.340 11
1946–47 Flag of the Basque Country.svg José Caeiro Igós 28 28 2.520 15
1947–48 Flag of the Basque Country.svg José Caeiro Igós 29 29 2.610 33
1948–49 EspañaPolo 25 25 2.250 15
1949–50 Galicia Paseiro 33 33 3.000 16 Galicia Telesforo
1950–51 Flag of the Basque Country.svg Marquínez 18 18 1.620 11
1951–52 Galicia Alvarito 34 34 3.058 19
1952–53 Flag of the Basque Country.svg Sabino 32 32 2.880 16
1953–54 Galicia Carriega 23 23 2.070 10
1954–55 Galicia Fábregas 14 14 1.260 10
1955–56 Galicia Alvarito 24 24 2.160 17
1956–57 Galicia Tucho Sampedro 35 35 3.150 21
1957–58 Galicia Suco 24 24 2.160 9
1958–59 Galicia Rogelio Rodríguez Cao 23 23 2.070 10 Galicia Suco
1959–60 España Bermejo 31 31 2.790 15
1960–61 - - - - - - - - - - - - - - -
1961–62 - - - - - - - - - - - - - - -
1962–63 Galicia Ramón Posada - - - - - - - - - 26
1963–64 - - - - - - - - - - - - - - -
1964–65 - - - - - - - - - - - - - - -
1965–66 - - - - - - - - - - - - - - -
1966–67 España Sornichero 27 27 2.430 12
1967–68 Galicia Germán Muiños 24 24 2.160 16
1968–69 Galicia Germán Muiños 27 27 2.430 19
1969–70 Galicia Germán Muiños 28 28 2.430 12
1970–71 Galicia Garrido 33 32 2.895 11
1971–72 Galicia Pedro Amado 30 29 2.342 6
1972–73 - - - - - - - - - - - - - - -
1973–74 - - - - - - - - - - - - - - -
1974–75 - - - - - - - - - - - - - - -
1975–76 - - - - - - - - - - - - - - -
1976–77 - - - - - - - - - - - - - - -
1977–78 Flag of the Basque Country.svg Argüeso 37 - - - 3.031 22
1978–79 Flag of the Basque Country.svg Argüeso 27 26 2.210 6
1988–89 Galicia Javi 36 31 2.516 7
1989–90 Galicia Miguel Ángel 37 36 3.090 12
1992–93 Galicia Pazolo 34 34 2.896 21
1993–94 España Peña 26 26 2.235 15
1994–95 GaliciaJuanito 36 32 2.945 15
1995–96 España Javi Prendes 33 32 2.751 17
1996–97 España Chili 27 21 2.002 12
1997–98 Galicia Pazolo 32 22 2.073 12
1998–99 Galicia Manel 35 31 2.831 13 Galicia Pazolo
1999–00 Flag of the Basque Country.svg Sueiro 32 18 1.521 8
2000–01 Galicia Pazolo 30 21 1.904 10
2001–02 España Irurzun 42 42 3.722 17
2002–03 España Cuéllar 33 33 2.763 12
2003–04 España Barbarín 33 17 1.646 8
2004–05 España Mario Bermejo 39 34 2.980 25
2005–06 Cataluña Juan Carlos 33 26 2.403 10
2006–07 Francia Fabien Lamatina 34 27 2.388 9 Francia Steven Cohen
2007–08 Galicia Jonathan Pereira 39 38 3.346 11
2008–09 Francia Fabien Lamatina 34 26 2.225 10
2009–10 Francia Rudy Carlier 29 26 2.257 8
2010–11 Galicia Pablo Rey - - - - - - - - - 12
2011–12 Galicia Pablo Rey - - - - - - - - - 5
2012–13 España Jorge Rodríguez - - - - - - - - - 16
2013–14 Galicia Manu Barreiro 33 31 2.628 21
2014–15 Galicia Joselu 38 37 3.108 15
2015–16 Galicia Joselu 38 38 3.349 20
2016–17 Galicia Joselu 38 38 3.322 18
Federación
Selección
Equipos
Outras competicións
Equipos desaparecidos
Torneos desaparecidos
Estadios (listaxe)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.