Raíña Lupa

A Raíña Lupa, (tamén coñecida como Raíña Lopa, Raíña Luparia, Raíña Luca e Raíña Loba) é un personaxe da mitoloxía galega.

Lenda

Fonte da Ponte do Carme - Padrón - Galiza - PA38
Bautismo da raíña Lupa por Santiago Apóstolo. Fonte do Carme, Padrón.

Aparece no Códice Calixtino, no que se conta como chegados os restos do apóstolo Santiago a Iria Flavia, son depositados na propiedade dunha señora chamada Lupa. Esta mándaos cabo do gobernador de Duio, coa intención de que se desfaga deles. Mais o gobernador non só non consegue botalos de alí, senón que morre no intento. Tempo despois volven os discípulos co corpo xunto de Lupa e esta, (con malicia, xa quere enganalos por segunda vez), mándaos ó Monte Ilicino (o Pico Sacro), para que que collan dous bois dos seus que lles carrexen o material necesario para o sepulcro. No Monte Ilicino, que ten unha cova que é a entrada do Inferno, hai un dragón. Pero a presenza da cruz fulmínao, e os touros bravos que levaban os discípulos fanse mansos milagrosamente. Lupa, ó coñecer que o seu plan fracasara, convértese ó cristianismo e axuda na construción da morada do apóstolo. Pénsase que Lupa podería ser a representación dunha deusa precristiá, probablemente a versión feminina de Lug.[1]

Notas

  1. Xoán Ramiro CUBA, Xosé MIRANDA e Antonio REIGOSA (1999). Dicionario dos seres míticos galegos (Xerais ed.). Vigo. p. 212. ISBN 84-8302-363-6.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Antonio Balboa Salgado

Antonio Balboa Salgado, nado en Verín en 1966, é un historiador galego.

Antonio Reigosa

Antonio Reigosa Carreiras, nado en Zoñán (Mondoñedo) o 15 de agosto de 1958, é un escritor, conferenciante e investigador da mitoloxía popular e da literatura galega de tradición oral.

Antonio Yáñez Casal

Antonio Yáñez Casal, nado en Ferrol en 1959, é un escritor galego, principalmente de literatura infanto-xuvenil.

Antón Lamazares

Antón Lamazares Silva, nado en Maceira (Lalín) o 2 de xaneiro de 1954, é un pintor galego da xeración dos '80. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.

Bastavales, Brión

San Xulián de Bastavales é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2014 tiña 1 338 habitantes (618 homes e 720 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 382 habitantes.

Castro Lupario

O castro Lupario, tamén coñecido como castro de Beca, é un castro galaico que se localiza entre as parroquias de San Xulián de Bastavales (Brión) e Ribasar (Rois). Foi declarado Ben de Interese Cultural en decembro de 2009. É de fácil acceso e poden verse restos das murallas.

Esta acrópole castrexa quizais foi a capital dos Amaecos e chegou a acadar moita importancia. Como aconteceu noutras acrópoles, aquí tamén existiu durante séculos unha parroquia: Santo Antonini de Castro, suprimida a comezos do século XVII.

A lenda xacobea sitúa neste castro a residencia da raíña Lupa.

César Lombera

César Lombera Moret, nado en Barakaldo en 1953, é un escultor galego. Cursou estudos de Ciencias Económicas (1971-73) na USC e de Artes Plásticas na Universidade Vincennes, Francia. Na actualidade vive e traballa entre Catoira e Santiago de Compostela.

Marcos Calveiro

Marcos Sánchez Calveiro, coñecido artisticamente como Marcos S. Calveiro, nado en Vilagarcía de Arousa o 13 de outubro de 1968, é un escritor, avogado e hostaleiro galego.

Marilar Aleixandre

María Pilar Jiménez Aleixandre, nada en Madrid o 1 de maio de 1947, é escritora en lingua galega, tradutora, bióloga e académica de número da Real Academia Galega.

Mario Pereira

Mario Pereira Fernández, nado en Lalín en 1961, é un escritor galego.

Pazo do Faramello

O Pazo do Faramello é un pazo barroco (século XVIII) situado na parroquia de Ribasar, Rois (A Coruña), moi preto do Camiño portugués de Santiago e a 12 quilómetros de Padrón e Santiago de Compostela. Conta cun eido de 12,6 hectáreas onde salientan os xardíns franceses deseñados no século XIX. Está arrodeado por unha carballeira de gran biodiversidade e do lendario castro da Raíña Lupa.

Emprégase actualmente como lugar de celebracións, xuntanzas, vodas etc. O seu actual propietario, Gonzalo Rivero de Aguilar, vive no pazo e acostuma servir de guía aos visitantes.

Pepa a Loba

Pepa a Loba é unha figura mítica de Galicia é unha figura lendaria de bandoleira galega de finais do século XIX, que, segundo a lenda, acadou a súa fama asaltando camiños e roubando a caciques e cregos.

Pico Sacro

O Pico Sacro, coñecido na antigüidade como monte Ilicino, está situado no concello de Boqueixón, na parroquia da Granxa. Nel érguese unha ermida, unha cova con varias entradas e un vértice xeodésico.

Premio Raíña Lupa

O Premio Raíña Lupa é un premio de literatura infantil e xuvenil en lingua galega, convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña desde 1998.

Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla

A Ruta do Mar de Arousa e Ulla ou Ruta Marítima Xacobea conmemora a chegada por mar do corpo do apóstolo Santiago a Galicia, logo do seu martirio en Xerusalén; ordenou Herodes Agripa I a súa decapitación no ano 44.

A antiga lenda xacobea, recollida nos textos medievais, relata que tralo martirio algúns discípulos de Santiago recolleron o seu corpo decapitado e trasladárono a través de todo o Mediterráneo e da costa atlántica ibérica ata Iria Flavia. A travesía fixérona na célebre "barca de pedra"; a tradición conta que foi no Pedrón, unha ara romana dedicada a Neptuno, onde se amarrou a barca do Apóstolo logo da longa viaxe.

Os dous discípulos que acompañaron o corpo de Santiago ata Galicia, Teodoro e Atanasio, tiveron que andar espelidos para se enfrontar á obstinación da raíña Lupa e a furia dos lexionarios romanos acantoados na cidade de Dugium (preto de Fisterra). No carro de bois que portaba o corpo do Apóstolo, vencidos os perigos, seguiron o seu camiño ata soterraren os seus restos no monte Libredón (Santiago de Compostela).

A conmemoración anual da Translatio Xacobea a través da ría de Arousa, promovida pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, celébrase a finais de xullo ou principios de agosto. Non se lle outorga ó peregrino a Compostela trala realización do percorrido, no canto obtense o Diploma Traslatio Xacobea.

San Pedro de Vilanova, Vedra

San Pedro de Vilanova é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Vedra na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2010 tiña 325 habitantes (167 mulleres e 158 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 332 habitantes.

Santiago o Maior

Xacobe (en arameo Yaqob bar Zibhdi, en hebreo עֲקֹב Yahăqōb ben Zebdi e en grego Iάκωβος Iàkovos), máis coñecido como Santiago o Maior, morto en 44, era fillo de Zebedeo e Salomé. Discípulo de Xesús, foi un dos Doce Apóstolos ou principais seguidores de Cristo. Chámaselle o Maior para distinguilo de Santiago o Menor, tamén discípulo de Xesús. Era irmán de san Xoán o Evanxelista.

O nome de Santiago en latín era Iacobus, unha derivación a través do grego do nome hebreo do patriarca Xacob. É a forma do primeiro romance occidental que daría lugar ao galego e que, debido á súa relevancia relixiosa e política, sería adoptado en todas as linguas romances hispanas. Deste xurdirían os nomes de Iago, Xacobe e Xaime, o inglés James e o francés Jacques; e de Sant Iacobus virían Santiago e o portugués Tiago.

Teo

Teo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 18.254 habitantes (8.962 homes e 9.292 mulleres) (17.807 no 2009, 17.168 no 2006, 16.809 no 2005, 16.428 no 2004, 16.028 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teense».

Xesús Fraga

Xesús Antón Fraga Sánchez, nado en Londres o 28 de febreiro de 1971, é un escritor galego.

Deuses
Heroes
Imaxinario popular
Lugares
Eventos
Fontes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.